Índice

Boiro - PREZO PÚBLICO DA ESCOLA DE MÚSICA. Curso 2020-2021

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 19/11/2020 BOP Nº: 197
Aplicable dende: 19/11/2020

Tarifas

Matrícula ordinaria (Linguaxe musical+ un instrumento): 350€

1º Instrumento complementario o coro en lugar dun instrumento 65€

2º Instrumento complementario o coro en lugar dun segundo instrumento 45€

Iniciación-Linguaxe Musical: 175€

Obradoiro de Pandereta: 150€

Coro 200€

 

Un prezo gratuíto para o Obradoiro da Terceira Idade.

As seguintes bonificacións, que son excluíntes entre si:

2ªActividade: 50% na actividade máis barata.

Familiar: 50% a partir do segundo membro da familia.

Terceira Idade: 50% sobre a matrícula ordinaria se van a algún instrumento

Prazo de matrícula:

Dende o día seguinte a publicación do anuncio destas tarifas no BOP de A Coruña ata o 15 de decembro de 2020.

No caso de transcorreren os prazos de matrícula, en calquera curso, poderase presentar solicitude de matrícula no Concello que será concedida no caso de quedar prazas libres, previo informe do técnico responsable.

Método de pago:

Admitirase o pago único ou o fraccionamento en tres cos xuros de demora correspondentes e que serán cargadas polo Concello previa entrega do documento de autorización para o cargo en conta polo obrigado do pago, establecendo coma prazo de ingreso:

-1ª cota ou pago único o 4 de Xaneiro

-2ª cota o 4 de Febreiro

-3ª cota o 5 de Abril

No caso de altas o prezo público prorratearase por trimestres anuais, no caso de baixa non se devolverá o importe salvo xustificación razoada.