Zas - Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo de tanatorio municipal de Zas
PREÁMBULO
No Concello de Zas era unha realidade a necesidade dun tanatorio municipal insistentemente demandado polos veciños, necesidade que dada a evolución da poboación nos próximos anos verase acrecentada e ampliada.
Hai que ter en conta a importancia das entidades locais, como administracións provedoras dos servizos públicos primarios á poboación, entre os que se atopan os servizos mortuorios. Os devanditos servizos públicos teñen tamén unha dimensión territorial que os suxeita a unha necesaria planificación e ordenación que levan a cabo ditas entidades locais, ao establecer as normas de planificación necesarias para integrar os devanditos servizos.
As peculiares características da organización social e da distribución da poboación no municipio, e das tradicións xeradas sobre os usos e costumes mortuorios incidiron tamén de maneira significativa na creación dun tanatorio.
Sendo necesaria a regulación do servizo do tanatorio, a determinación do prezo que teñen que aboar os solicitantes pola prestación do servizo.
En virtude do principio de proporcionalidade determínase mediante o presente a regulación imprescindible para a ordenación e fixación do prezo público.
A estrutura desta ordenanza consta de seis artigos e unha disposición final
1. NATUREZA E FUNDAMENTO
En usos das facultades conferidas polos artigos 41 e seguintes e 127 do Texto Refundido da Lei Reguladora de facendas locais. aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo e o art. 49 da Lei de bases de réxime local, aprobada por Lei 7/1985, de 2 de abril, é obxecto da presente ordenanza a regulación do prezo público pola prestación de servizos no tanatorio municipal de Zas, sendo servizos que son de solicitude ou recepción voluntaria para os administrados e prestados polo sector privado.
2. CONCEPTO
O servizo obxecto do presente prezo público está constituído pola prestación dos servizos de tanatorio municipal, en canto establecemento funerario como lugar da etapa do cadáver, entre o lugar de falecemento e o de inhumación ou cremación, debidamente acondicionado e disposto para o velorio do cadáver de conformidade co disposto no Regulamento regulador do servizo.
3. OBRIGADOS AO PAGAMENTO
Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, solicitantes da prestación do servizo.
Entre outros, teñen a consideración de solicitantes os familiares, herdeiros, sucesores, representantes etc. da persoa falecida. As entidades ou sociedades asegurados de riscos, empresas funerarias debidamente autorizadas que motiven e soliciten a utilización do tanatorio municipal para depositar os cadáveres das persoas falecidas e aseguradas por ditas entidades.
4. CONTÍA
A contía do prezo público será de 350,57 euros por servizo.
Serán gratuítos os servizos a favor de persoas ou familias en risco de exclusión social pola súa carencia de recursos, previo informe dos servicios sociais do Concello, e aqueles outros que resulten necesarios para facer fronte a situacións de emerxencia ou catástrofe.
5. COBRO.
A obriga de pagar o prezo público nace dende que se inicie a prestación do servizo, entendendo como tal o momento no que se conceda a autorización para utilizar o tanatorio municipal.
O pago efectuarase en réxime de autoliquidación polo obrigado ao pago, no número de conta designado polo Concello, debendo estar ingresado en calquera caso con anterioridade ao uso das instalacións.
6. PROCEDEMENTO DE XESTIÓN
1. Pola tesourería municipal comprobarase que o importe aboado e correcto. Caso de observar que o importe ingresado non é correcto, procederase a realizar unha liquidación complementaria
2. Na exacción do prezo públicos, os recárgoos e xuros de mora esixiranse e determinaranse nos mesmos casos, forma e contía que na exacción de tributos locais.
3. As débedas por prezo público poderán esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento.
4. Unicamente procederá a devolución do importe total ou parcial do prezo público ingresado, cando o servizo ou actividade non se preste ou desenvolva por causas non imputables ao interesado.
En caso ningún procederase á devolución dos ingresos realizados cando dita solicitude estea baseada na non asistencia do interesado por razóns alleas ao Concello de Zas, ou na renuncia voluntaria ao uso de calquera dependencia.
DISPOSICIÓN FINAL.
A presente Ordenanza entrará en vigor aos quince días da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de conformidade cos artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto
completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao
que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da
Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: ¿El
requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime
vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la
recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.