Zas - REGULAMENTO DO SERVIZO DE TANATORIO MUNICIPAL DE ZAS

Publicación provisional: 28/12/2020 BOP Nº: 222
Publicación definitiva: 24/02/2021 BOP Nº: 36
Aplicable dende: 17/03/2021

ÍNDICE

-PREÁMBULO

- CAPÍTULO I.DISPOSICIÓNS XERAIS

- CAPÍTULO II. XESTIÓN DOSERVIZO

- CAPÍTULO III. DEREITOSE DEBERES DOS USUARIOS

- CAPÍTULO IV. PERSOAL DO SERVIZO

- CAPÍTULO V. INSPECCIÓNE CONTROL

- CAPÍTULO VI.INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

- DISPOSICIÓN ADICIONAL

- DISPOSICIÓN FINAL

PREÁMBULO

No Concello de Zas era unha realidade a necesidade dun tanatorio municipal insistentemente demandado polos veciños, necesidade que dada a evolución da poboación nos próximos anos verase acrecentada e ampliada.

Hai que ter en conta a importancia das entidades locais, como administracións provedoras dos servizos públicos primarios á poboación, entre os que se atopan os servizos mortuorios. Os devanditos servizos públicos teñen tamén unha dimensión territorial que os suxeita a unha necesaria planificación e ordenación que levan a cabo ditas entidades locais, ao establecer as normas de planificación necesarias para integrar os devanditos servizos.

As peculiares características da organización social e da distribución da poboación no municipio, e das tradicións xeradas sobre os usos e costumes mortuorios incidiron tamén de maneira significativa na creación dun tanatario.

Sendo necesaria a regulación do servizo do tanatorio, a determinación dos dereitos e deberes dos usuarios e do concello é necesario e acorde co principio de eficacia , a concreción normativa a través do presente regulamento.

En virtude do principio de proporcionalidade determínase mediante o presente a regulación imprescindible para atender o bo funcionamento do servizo , non existindo outras medidas menos restritivas de dereitos, ou que impoñan menos obrigacións aos destinatarios e garantan o correcto desenvolvemento do mesmo.

A estrutura do regulamento consta de seis capítulos e unha disposición final.

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.

O presente regulamento ten por obxecto regular a prestación polo Concello de Zas do servizo funerario de tanatorio, para o que ten atribuída competencia ao abeiro do disposto nos artigos 25.2, letra ¿K", da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 80.2,letra ¿j", da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

A finalidade fundamental do servizo público de tanatorio é facilitar a familiares e achegados dos defuntos unhas condicións dignas para o depósito e vela dos cadáveres ate o momento da súa inhumación ou cremación, nas debidas condicións de salubridade e hixiénico sanitarias.

Artigo 2.

O citado servizo prestarase no inmoble do tanatorio municipal ,sito en estrada de Santiago nº 73, de titularidade municipal, destinado á prestación do servizo funerario que lle é propio, nos termos establecidos no artículo 3 do Decreto 151/2014, de 20 de novembro, sobre policía sanitaria e mortuoria.

As instalacións e as superficies útiles das mesmas que ten o citado inmoble son as seguintes:

ZONAS EXTERIORES

Rampla

22,20 m2

Galeria

5,43 m2

Porche 02

22,13 m2

Patio

20,78 m2

Porche 01

24,58 m2

Acceso Vehículos

38,25 m2

TOTAL

133,37 m2

ZONAS PÚBLICAS

Acceso 2

6,05 m2

Vestíbulo/estar 2

56,93 m2

Velatorio 2

36,44 m2

Sala de café

33,93 m2

Aseo masculino

5,60 m2

Aseo accesible

4,42 m2

Aseo feminino

5,60 m2

Acceso 1

6,05 m2

Recepción/oficina

18,15 m2

Vestíbulo/estar 1

57,35 m2

Velatorio 1

36,44 m2

TOTAL

271,38 m2

ZONAS RESTRINXIDAS

Túmulo 01

8,25 m2

Túmulo 02

8,25 m2

Distribuidor

14,02 m2

Tanatopraxia

17,97 m2

Corredor

2,33 m2

Vestiario

10,55 m2

Instalacións

3,15 m2

TOTAL

64,52 m2

ZONAS PUBLICAS

271,38 m2

ZONAS RESTRINXIDAS

64,52 m2

TOTAL

335,90 m2

Tanto o inmoble como as instalacións afectas ao dito servizo teñen a consideración de bens de dominio público, afecto a un servizo público.

En cada zona das instalacións se desenvolverán as funcións propias da mesma. En razón da actividade desenvolvida en cada zona, o acceso ao público á mesma será limitado total ou parcialmente.

Artigo 3.

O servizo de tanatorio municipal é un servizo público de titularidade municipal que se xestionara de forma directa, de conformidade cos artigos 85.2 da lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e demais normativa que a complemente e desenvolva.

O Concello asume a xestión do servizo de conformidade co disposto no presente regulamento, no do Decreto 151/2014, de 20 de novembro, de policía sanitaria mortuoria e demais normativa que lle sexa de aplicación.

Artigo 4.

O servizo poderá ser solicitado por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, con capacidade de obrar, sen que poida establecerse discriminación algunha por calquera condición ou circunstancia persoal ou social. Serán de aplicación a calquera que sexa o solicitante os criterios e requisitos que a lexislación vixente estableza para a prestación dos servizos.

As solicitudes de prestación do servizo estarán a dispor dos solicitantes nas oficinas do concello, na sede electrónica, na páxina web e no propio tanatorio e serán atendidas pola orde na que se produzan. O acceso a prestación do servizo só quedará limitado pola dispoñibilidade das salas de velorio para atender a demanda.

En caso de solicitude simultánea de utilización que impida atender todas as peticións, a preferencia para o uso das salas será a de quen estea empadroado no Concello (referido ò defunto), caso de estar todos (os defuntos) empadroados, a preferencia virá determinada por aqueles nos que os familiares en primeiro grao estean empadroados no concello. Caso de que se dean as citadas circunstancias en todos os casos., resolverase por sorteo.

Artigo 5.

Pola prestación dos servizos de tanatorio municipal percibiranse unha tarifas en función dos servizos prestados. As ditas tarifas deberán ser ingresadas na tesourería municipal no momento e forma que regule a ordenanza correspondente.

As tarifas vixentes en cada momento deberán ser previamente aprobadas polo órgano competente do Concello de Zas, debendo permanecer expostas ao público nun lugar visible das instalacións.

Serán gratuítos os servizos a favor de persoas ou familias en risco de exclusión social pola súa carencia de recursos, previo informe dos servicios sociais do Concello, e aqueles outros que resulten necesarios para facer fronte a situacións de emerxencia ou catástrofe.

CAPÍTULO II. XESTIÓN DO SERVIZO

Artigo 6.

O Concello disporá dos medios necesarios para a prestación do servizo de tanatorio, en canto establecemento funerario como lugar da etapa do cadáver, entre o falecemento e a inhumación ou cremación, dispostos para o velorio do cadáver, garantíndose a prestación do mesmo todos os días do ano e en todas as horas no que fose requirido.

O Concello non asume a obriga de prestar os servizos de traslado nin de preparación do cadáver nin calquera outro, mais alá do sinalado no paragrafo anterior.

Sen prexuízo da supervisión dos servizos polo persoal municipal, corresponderá á quen solicite a prestación do servizo, levar a cabo, ben sexa mediante empresas funerarias, compañías aseguradoras ou calquera outra debidamente autorizada, a subministración directa ou a realización dos trámites para a subministración de féretros, ataúdes, arcas, caixas urnas, etc., para ser destinados á condución, traslado e enterramento de cadáveres, restos cadavéricos ou cinzas; servizo de traslado dos féretros; acondicionamento sanitario e estético dos cadáveres, de conformidade ao previsto na normativa vixente, a mortalla ou vestido de cadáveres e subministración de mortallas coa devandita finalidade, realización de trámites necesarios para a prestación do servizo de floraría, subministración deramos, coroas, cruzamentos, etc., realizados con flores e plantas, organización do acto social e/ou relixioso do enterro, subministración de recordatorios e similares e a prestación dos servizos de confección e colocación de necrolóxicas, a colocación de mesas e de libros de sinaturas, a difusión do falecemento en calquera medio de comunicación. En xeral, a realización de cantas actividades e servizos se consideran propios da técnica e/ou actividade funeraria e dos hábitos sociais en materia de servizos funerarios, tanto actuais como futuros, a subministración dos bens accesorios e/ou necesarios para proceder ao enterro, inhumación ou cremación, así como todos aqueles actos, dilixencias propios da actividade funeraria ou complementarios a esta.

O Concello de Zas non será responsable en ningún caso do incumprimento ou cumprimento defectuoso dos servizos anteriores por quen os presten. O concello non terá vínculo laboral, nin contractual co prestador dos servizos mencionados.

En caso de que na prestación dos mesmos dentro do tanatorio municipal, se produzan danos de calquera orde ben a terceiros ou ao propio inmoble, será responsabilidade directa do causante que deberá asumir os costes que de elos se puideran derivar, incluídas indemnizacións a terceiros, reposición de dano no inmoble, mobiliarios ou calquera outra.

Queda expresamente prohibida a utilización das instalacións para outros fines distintos aos dos servizo público ao que están afectas.

Artigo 7.

O Concello asumirá o coidado, limpeza xeral, acondicionamento, mantemento, conservación e vixilancia das zonas publicas e exteriores descritas no artigo 2, respondendo dos danos que puidesen producirse nas mesmas pola acción do seu propio persoal, en caso de danos provocados polo uso defectuoso por parte dos solicitantes, se lle repercutirán os coste de reposición

A limpeza e desinfección das zonas restrinxidas, despois do seu uso serán por conta dos solicitantes, os cales deberan levar a cabo os traballos necesarios para deixalas en óptimas condicións de utilización.

Artigo 8.

As instalacións do Tanatorio deberán estar abertas e en servizo ao público dende o momento en que sexa requirido/autorizado o depósito do cadáver ata que teña lugar a inhumación, cremación ou traslado do mesmo, dacordo cos horarios establecidos na lexislación vixente aplicable.

Para requirir a prestación do servizo os usuarios deberán poñerse en contacto coas oficinas xerais do Concello e fóra do horario de atención do persoal municipal se chamará ao teléfono que se fará público a través dos medios de difusión municipal (taboleiro de anuncios, páxina web ¿).

Cando non se preste ningún servizo o tanatorio permanecerá pechado.

Artigo 9.

O Concello de Zas terá a disposición dos usuarios un libro de reclamacións e suxestións debidamente dilixenciado.

Artigo 10.

O Concello levará un libro rexistro, no seu caso en soporte informático, dos servizos prestados, coas prescricións que poidan ser establecidas pola administración sanitaria e no que se conterá como mínimo os seguintes: Data do servizo, identificación do cadáver, descrición do servizo, datos do peticionario e empresa funeraria.

Artigo 11.

Os ministros ou representantes das distintas confesións relixiosas ou de entidades legalmente recoñecidas poderán dispoñer o que crean máis conveniente para a realización dos servizos relixiosos ou doutro tipo, de acordo coas normas aplicables a cada un dos casos e dentro do respecto debido aos defuntos.

CAPÍTULO III. DEREITOS E DEBERES DOS USUARIOS

Artigo 12.

Os/as usuarios/as teñen, con respecto ao Concello, os seguintes dereitos:

a) Todos aqueles derivados ou consecuencia necesaria dos dereitos e obrigas legais ou regulamentarias.

b) Acceder aos servizos descritos no presente Regulamento sen máis limitacións que as legais ou regulamentariamente establecidas.

c) Que os servizos sexan prestados en condicións de respecto á intimidade, dignidade, conviccións relixiosas, filosóficas ou culturais e sentimento das persoas afectadas.

d) Formular cantas reclamacións estimen oportunas.

Artigo 13.

Os/as usuarios/as están obrigados a observar as normas de convivencia, usos e costumes deste municipio nesta materia

Co fin de preservar o dereito á intimidade e á propia imaxe dos usuarios, non se poderán obter fotografías, debuxos e/ou pinturas das instalacións, nin vistas xerais ou parciais dos recintos, salvo autorización expresa e escrita, sempre do Concello, oídos os familiares.

 Artigo 14.

Os/as usuarios/as que soliciten e obteñan a prestación do servizo de tanatorio, así como quen accedan ás instalacións que o conforman, quedan suxeitos as seguintes obrigas:

a) Aboar a tarifa correspondente e cubrir o modelo de solicitude para a autorización do uso do tanatorio.

b) Comportarse con corrección e respecto dentro das instalación do tanatorio municipal e non molestar a outros usuarios que poidan estar utilizando o servizo

c) Coidar os bens que teñan sido postos a súa disposición con motivo da prestación do servizo, evitando o seu deterioro ou extravío. sendo responsables da súa restitución en caso contrario.

d) Non subtraer bens afectos ao servizo que teñan sido postos a súa disposición ao acceder ao mesmo.

e) Actuar de boa fe na achega de datos necesarios para a correcta prestación do servizo demandado.

f) No seu caso, aboar ao Concello a indemnización que corresponda polos danos e prexuízos ocasionados aos bens postos a súa disposición.

CAPÍTULO IV. PERSOAL DO SERVIZO

Artigo 15.

O Concello disporá dos medios necesarios para a prestación do servizo de tanatorio, nos termos establecidos no presente regulamento; en todo caso garantirase a prestación dos servizo todos os días do ano e en todas as horas en que fose requirido.

Prestarase especial celo ao mantemento en óptimas condicións de limpeza e hixiene de todas as dependencias.

CAPÍTULO V. INSPECCIÓN E CONTROL

Artigo 16.

O Concello pode efectuar en calquera momento os labores de inspección e control que procedan conforme á normativa aplicable.

Artigo 17.

Os servizos municipais exercerán as funcións de inspección e control da actividade obxecto deste Regulamento e en consecuencia poderán:

a) Acceder libremente ás instalacións.

b) Solicitar información verbal ou escrita respecto á actividade.

c) Realizar comprobacións e cantas actuacións sexan precisas para o desenvolvemento óptimo da actividade.

d) Levantar actas cando aprecien indicios de infracción. Os feitos que figuren nestas presumiranse certos, salvo proba en contrario.

e) En situacións de risco grave para a saúde pública poderán impartir instrucións ou adoptar medidas preventivas, dando conta inmediata ás Autoridades competentes.

CAPÍTULO VI. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

Artigo 18.

As infraccións que poidan cometerse no exercicio da actividade funeraria regulada neste Regulamento cualificaranse como leves, graves e moi graves, atendendo aos criterios de risco para a saúde, alteración do servizo público, grao de intencionalidade e reincidencia.

Artigo 19.

Considéranse faltas leves:

a) Desatender as indicacións dos servizos municipais ou responsables das instalacións.

b) Falta de corrección leve cos usuarios ou cos membros dos servizos municipais que exerzan as funcións de inspección e control da actividade.

c) Ocasionar calquera molestia que interrompa o normal desenvolvemento do servizo.

d) Causar danos leves aos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles, cando o custe da súa reparación e/ou substitución estea comprendido entre 1 € e 600€.

e) Con carácter xeral, tipifícase como infracción leve todo incumprimento do presente regulamento que non se considere infracción grave ou moi grave.

Artigo 20.

Considéranse faltas graves:

a) Falta de corrección grave cos usuarios ou cos membros dos servizos municipais que exerzan as funcións de inspección e control da actividade.

b) A negativa absoluta a prestar colaboración á actividade inspectora.

c) A utilización das instalacións para fines distintos ao servizo.

d) O incumprimento das disposicións administrativas ou sanitarias que racionalmente non merezan a cualificación de moi grave.

e) Causar danos graves aos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles, cando o custe da súa reparación e/ou substitución estea comprendido entre 700,01€ e 1500€.

f) Calquera perturbación relevante da convivencia na instalación, non cualificada como moi grave.

g) Non aboar a tarifa.

h) Non abandonar a instalación unha vez finalizado o tempo de utilización autorizado.

i) Non comunicar os danos ocasionados nos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles.

j) A reiteración de máis de dúas faltas leves nun ano.

Artigo 21.

Considéranse faltas moi graves:

a) O incumprimento das disposicións administrativas ou sanitarias que racionalmente merezan a cualificación de moi grave.

b) Impedir o uso do servizo a outros usuarios con dereito á súa utilización.

c) Impedir ou obstruír de forma grave e relevante o normal funcionamento do servizo.

d) Calquera perturbación relevante da convivencia na instalación que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ao exercicio dos dereitos lexítimos doutras persoas, ao normal desenvolvemento do servizo conforme a normativa aplicable ou á salubridade ou ornato público.

e) Causar danos moi graves aos equipamentos, infraestruturas, instalacións e elementos, sexan mobles ou inmobles, cando o custe da súa reparación e/ou substitución sexa superior aos 1500€.

Artigo 22.

a) As faltas leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de ata 750,00 euros.

b) As faltas graves con multa comprendida entre 750,01 e 1.500,00 euros.

c) As faltas moi graves, con multas dende 1.500,01 a 3.000,00 euros.

As sancións serán independentes da obriga de reparar os danos causados cando así fora pertinente.

Artigo 23.

O procedemento sancionador tramitarase de conformidade coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, reguladora do proceso administrativo común das administracións públicas.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente regulamento entrara en vigor unha vez publicado o texto integro no Boletín Oficial da provincia, e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime local.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2  da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

Artigo 70.2: ...Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales..... (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2: El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.