Moeche - ORDENANZA FISCAL Nº 12, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/12/2021 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 01/01/2022

Artigo 1.-Natureza e fundamento.

O imposto sobre bens inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos bens inmobles sitos no termo municipal, establecido con carácter obrigatorio no Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais (TRLRFL).

De conformidade co artigo 59.1.a) da TRLRFL, o Concello de Moeche acorda a ordenación deste tributo segundo as normas que contén a presente ordenanza, en concordancia co disposto nos artigos 60 a 77 da TRLRFL, co Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do catastro inmobiliario e restante normativa de aplicación.

De conformidade co previsto no art. 72 da da TRLRFL, o tipo de gravame do imposto sobre bens de natureza inmoble aplicable neste Concello queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.

Artigo 2.-Tipos de gravame.

 O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmóbeis de natureza urbana queda fixado no 0,5%.

 O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmóbeis de natureza rústica queda fixado no 0,7%.

 O tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmóbeis aplicable aos bens de características especiais queda fixado no 1,3%.

Artigo 3.-Supostos de exencións.

Gozarán de exención os seguintes bens:

1. Os bens de natureza urbana, dos cales, a súa cota líquida sexa inferior a 3 €.

2. Os bens de natureza rústica, dos cales, a súa cota líquida sexa inferior a 1 €.

3. Os que sexan propiedade do Estado, das Comunidades Autónomas ou dos entes locais que estean directamente afectos á seguridade cidadá e aos servicios educativos e penitenciarios.

Artigo 4.-Bonificacións.

1.-Terán dereito a unha bonificación do 50 por cento na cota íntegra do imposto, durante os tres periodos impositivos seguintes ao do outorgamento da calificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a éstas segundo a normativa autonómica.

Esta bonificación concederase a petición do interesado, a solicitude poderá efectuarse en calquer momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración da mesma e surtirá efectos, desde o periodo impositivo seguinte daquel no que se solicite.

Unha vez esgotada a bonificación do 50%, estas vivendas gozarán durante 3 exercicios mais dunha bonificación do 25% da cota íntegra.

2.-Gozarán dunha bonificación do 95 por cento da cota íntegra do imposto os bens de natureza rústica das Cooperativas Agrícolas e de explotación comunitaria da terra, dacordo coa Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre réxime fiscal das Cooperativas.

3.-Gozarán dunha bonificación do 90 por cento da cota íntegra do imposto, aqueles inmobles nos que estean situadas unicamente construcións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras e forestais pertencentes ao sector primario, que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego, que xustifiquen tal declaración.

No suposto que nun mesmo inmoble existan, ademais das construcións indicadas no parágrafo anterior, outras construcións destinadas a un uso distinto das actividades agrarias, gandeiras ou forestais, aplicaráselle unha bonificación do 50 por cento da cota íntegra do imposto. Se nese mesmo inmoble se desenvolve unha actividade económica distinta á agraria ou gandeira non se poderá conceder bonificación algunha.

Para poder aplicar esta bonificación á construción cuxa existencia motiva a súa solicitude, deberá estar dada de alta debidamente en Catastro e ter asinado un valor catastral económico.

A bonificación terá carácter rogado e xerará efectos a partir do período impositivo seguinte ao da presentación da solicitude. Para poder gozar desta bonificación os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

 Declaración responsable do titular da actividade, que pode coincidir ou non co suxeito pasivo, de que está desenvolvendo a actividade agraria, gandeira ou forestal, así como Certificado de Facenda no que conste a súa situación censual.

 Declaración de que no inmoble para o que se solicita a bonificación non se está a desenvolver unha actividade económica distinta á agraria, gandeira ou forestal. Dita declaración deberá vir asinada polo suxeito pasivo.

 Credencial da titularidade catastral do inmoble.

 Certificado de que o suxeito pasivo non ten débedas coa Facenda estatal, autonómica e local, nin coa Seguridade Social.

 Xustificante de recoñecemento da explotación ou licenza da actividade correspondente.

Unha vez informada a solicitude pola Secretaría-Intervención, formularase proposta ao Pleno da Corporación aos efectos de determinar se concorren as circunstancias para a declaración de especial interese ou utilidade municipal, decidindo tal asunto por maioría simple.

O Concello realizará de oficio todas as actuacións precisas para a comprobación dos extremos expostos ao respecto desta bonificación.

Os obrigados tributarios deberán comunicar no Concello calquera modificación relevante das condicións ou requisitos esixibles para a aplicación do beneficio fiscal. O órgano competente poderá declarar, previa audiencia do obrigado tributario por un prazo de 10 días, contados a partir da notificación da apertura de dito prazo, se procede ou non a continuación da aplicación do beneficio fiscal. De igual xeito se procederá cando a Administración coñeza por calquera medio a modificación das condicións ou os requisitos para a aplicación do beneficio fiscal.

Esta obriga de comunicación da modificación das circunstancias que favorecen as anteriores bonificacións será extensible ao resto das mesmas.

4.-Terán dereito a unha bonificación do 50% da cota íntegra do imposto os bens inmobles residenciais onde se instalaran sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía con sistemas de captación solares, sempre e cando incorporen colectores que dispoñan da correspondente homologación pola administración competente e esta se manteña actualizada por períodos máximos de cinco anos.

A citada bonificación será outorgada ou renovada pola Alcaldía, ou concellería que teña delegadas as competencias en materia de Facenda, previa solicitude do suxeito pasivo e comprobación polo órgano de xestión tributaria do concello dos requirimentos das instalacións, con carácter previo á emisión da liquidación.

5.-Terán dereito a unha bonificación do 95% da cota íntegra do imposto a favor dos inmobles nos que se desenvolven actividades que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias culturais e/ou sociais. Aos efectos deste artigo, considerarase que concorren actividades económicas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias culturais, cando:

1.a) O suxeito pasivo estea inscrito no Rexistro de Asociacións do Concello de Moeche.

1.b) No inmoble se realicen actividades culturais de acceso público.

Correspóndelle ao Pleno da Corporación, a facultade de declarar por maioría simple, a declaración de especial interese ou utilidade municipal e a revogación de dita declaración.

O interesado deberá solicitar a declaración de especial interese ou utilidade municipal acompañada de Memoria xustificativa das actividades culturais que non estean restrinxidas exclusivamente a beneficiar aos seus asociados que desenvolven, subscrita por representante legal.

Esta bonificación concederase para cada exercicio, debendo solicitala os suxeitos pasivos antes do 1 de xaneiro do exercicio en que deba producir efectos.

6.-Os suxeitos pasivos que posúan a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do imposto sobre o inmoble de uso residencial que constitúa á súa residencia habitual e na que estea empadroado/a, de acordo co seguinte:

Categoría de familia numerosa

% bonificación valor catastral menor ou igual a 75.000 €

% bonificación valor catastral entre 75.000 e

120.000 €

% bonificación valor catastral maior de 120.000 ata 240.000 €

Xeral

55

45

20

Especial

65

55

30

Para a aplicación da presente bonificación será requisito imprescindible que o/a interesado/a o solicite con anterioridade ao devengo do imposto, debendo acreditar:

 O empadroamento na vivenda obxecto da solicitude do titular do recibo do IBI.

 A condición de familia numerosa mediante a presentación da copia e orixinal, ou copia compulsada, do título de familia numerosa.

 Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular.

 Para a bonificación prevista neste apartado, unha vez declarada a bonificación polo órgano competente expedirase un documento que acredite a súa concesión, e cuxa permanencia no tempo condiciónase á data límite de duración dos efectos que apareza no título, sempre que se manteñan as condicións de non existencia de débeda e o empadroamento sinalado anteriormente. Cando varíe o número de membros da unidade familiar ou as condicións que deron motivo á expedición ou posterior renovación do título e isto supoña un cambio de categoría ou a perda da condición de familia numerosa, o suxeito pasivo deberá renovar o título ou deixalo sen efecto, debendo no primeiro caso achegar a documentación xustificativa, e no segundo caso, comunicalo ao órgano competente.

A non comunicación destas variacións conlevará a apertura do correspondente expediente sancionador.

A bonificación concedida e as súas variacións posteriores causarán efectos a partir do exercicio seguinte á súa data de presentación ou acreditación da modificación ou extinción do título, non tendo en ningún caso carácter retroactivo.

Para ser beneficiario das bonificacións previstas nos números anteriores, o contribuínte deberá estar ao corrente das débedas co Concello de Moeche.

As solicitudes de bonificacións serán resoltas polo órgano competente.

As bonificacións deste artigo non serán compatibles con ningunha outra, salvo precepto legal que dispoña a compatibilidade.

As bonificacións descritas neste artigo non serán acumulables. No caso de seren posible a aplicación de mais de unha delas, aplicarase a que resulte mais favorable para o suxeito pasivo.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e terá vixencia dende o día 1 de xaneiro de 2022.