Pontedeume - Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola utilización da pista de pádel, así como a prestación de servizos no pavillón e noutras pistas municipais

Publicación provisional: 13/08/2005 BOP Nº: 185
Publicación definitiva: 04/10/2005 BOP Nº: 228
Aplicable dende: 07/03/2022

Artigo 1º.-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola utilización da pista de pádel, así como a prestación de servizos no pavillón e noutras pistas municipais, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, na que as súas normas atenden ó previsto no artigo 57 do citado texto refundido.

Artigo 2º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a utilización da pista de pádel, así como a prestación de servicios no pavillón e noutras pistas municipais.

Artigo 3º.- Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, seguintes:

As que soliciten a utilización da pista de pádel ou se beneficien do servizo prestado, ao que se refire o artigo anterior.

Artigo 4º.- Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Cota tributaria.

1.-A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar as tarifas especificadas na liña seguinte.

2.- As tarifas que rexerán na presente Ordenanza serán as seguintes:

-Primeiro. Aluger da pista de pádel:

- Sesión de mañá (de 9 a 15 horas): 8 euros

- Sesión de tarde (de 16 a peche): 12 euros.

O tempo de cada sesión será dunha hora e trinta menutos.

- Segundo. Publicidade.

-Parede frontal:

-( 0.90 m ) x ( 0,60 m ): 100 euros/ano

-( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 200 euros/ano

-( 3,60 m ) x ( 2,44 m ): 400 euros/ano

-Paredes laterais grada:

-( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 150 euros/ano

 

-Parede posterior:

-( 1,83 m ) x ( 1,22 m ): 125 euros/ano

-Círculo central:

-C.C: 800 euros/ano

 

-Círculos de zona:

-Inclúe os 2 círculos de zona: 800 euros/ano

-Durante o tempo que duren os partidos, cada club poderá colocar gratuítamente a publicidade dos seus patrocinadores, nun espacio que se lles será indicado polo Servizo. Unha vez rematado cada encontro, terán a obriga de retirala.

Artigo 6º.- Exencións e bonificacións

Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da taxa

Artigo 7º.- Esixibilidade da taxa

1. Devindícase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicita a utilización das instalacións contidas nesta ordenanza

2. Non están obrigados ao pago de cantidade ningunha as actividades organizadas e publicidade exposta polo Concello de Pontedeume, ben directamente ou ben a través doutras entidades ás que se lle conceda o patrocinio municipal.

Artigo 8º.- Normas de xestión.

1. Establécese o réxime de autoliquidación na xestión de cobro desta taxa.

O importe da taxa aboarase con carácter previo ao inicio do uso da instalación.

O resgardo de pagamento deberase presentar ao responsable da instalación para poder iniciar o uso da instalación

2. Cando a utilización leve aparellada a destrución ou deterioro da instalación municipal o suxeito pasivo da Taxa, estará obrigado ao reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrución ou reparación e ao depósito previo do seu importe.

Se os danos foran irreparables, o Concello será indemnizado na cuantía igual ao valor dos bens destruídos ou o importe do deterioro dos dañados.

 

DISPOSICIÓN FINAL

Esta ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo pleno da corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provinicia.