Pontes de García Rodríguez As - TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL BAROSA

Publicación provisional: 17/09/2004 BOP Nº: 216
Publicación definitiva: 17/09/2004 BOP Nº: 216
Aplicable dende: 01/09/2022

ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación co artigo 20 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo RDL 2/2004, de 5 de marzo, o Concello das Pontes de García Rodríguez establece a Taxa pola prestación do servizo da Escola infantil municipal ¿Barosa", que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servizo de Escola Infantil Municipal, consistente en gardería para nenos, educación, comedor e outros complementarios.

ARTIGO 3º.-SUXEITOS PASIVOS

1.- Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servizo que constitúe o feito impoñible desta Taxa.

2.- Tendo en conta que os usuarios do servizo gravado por esta Taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais e, no seu defecto, os familiares ou titores legais a quen correponda o exercicio da patria potestade.

ARTIGO 4º.- RESPONSABLES

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

ARTIGO 5º.-PERÍODO IMPOSITIVO E RETRIBUCIÓN

1. O período impositivo coincide co mes natural de prestación do/s servizo/s. A cota tributaria resultante da aplicación do cadro de tarifas non poderá reducirse aínda cando a prestación non teña lugar durante todo o mes natural.

2. A Taxa retribúese co inicio do mes natural, debendo realizarse o pagamento das cotas nos dez primeiros días do mes a que correspondan, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servizo. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ó día primeiro do mes, a cota correspondente ó dito mes ingresarase nos dez días seguintes ó da data de ingreso.

3. No caso de utilización do servizo de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.

4. Salvo o disposto no apartado sexto do presente artigo, a falta de asistencia do neno/a ó centro non supón reducción nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

5. A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas orixinará a perda do dereito á praza.

6. Os suxeitos obrigados ós que fai referencia o artigo 3º non terán a obriga de aboa-la cota durante os seguintes períodos:

a) O mes de vacacións anual do neno/a.

b) Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado un período superior a quince días.

c) Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia ó centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ao día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por cento.

A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o señor alcalde, que resolverá sobre a procedencia da suspensión.

Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresar as cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ao da notificación da resolución denegatoria.

ARTIGO 6º.-COTA TRIBUTARIA

1.- A cota tributaria virá determinada pola aplicación do cadro de tarifas máximas fixadas neste artigo e tendo en conta, de ser o caso, os coeficientes reductores establecidos no artigo seguinte, atendendo a criterios xenéricos de capacidade económica.

TARIFAS

As tarifas establecéronse segundo o Decreto da conselleria de traballo e benestar social nº 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 e no anexo da Resolución da axencia galega de servizos sociais, de 10 de maio de 2017, pola que se actualizan os prezos das escolas infantís.

Todos os usuarios aboarán a contía de once mensualidades por curso, salvo as excepcións establecidas na normativa reguladora destes centros.

Os prezos sinalados no mencionado Decreto refírense aos servizos básicos prestados polo centro ás unidades familiares. Para estes efectos, enténdese por servizos básicos, a asistencia ao centro, comedor e o transporte.

1. Prezo por asistencia

A tarifa pola prestación do servizo de escola infantil municipal, na modalidade de xornada completa (de 10.00 a 18.00 horas), fixase en 169,26 euros mensuais.

No suposto de que o benficiario asista só en xornada de mañá (de 9.00 a 13.00 horas) ou de tarde (de 15.00 a 18.00 horas), a tarifa pola prestación do servizo no correspondente horario será a seguinte:

- Xornada de mañá: 101,16 euros/mes.

- Xornada de tarde: 67,70 euros/mes.

2. Prezo por servizos complementarios

A) Os prezos aos que fai referencia no punto 1 incrementaranse segundo os servizos dos que o neno/a sexa usuario:

a) Servizo de comedor: o prezo por este servizo fixase en 74,05 euros mensuais. No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen usar o servizo algún día solto, o prezo será de 4,23 euros por día.

b) Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora en que se incremente o horario normal será de 21,16 euros.

B) Os servizos aos que fai referencia este punto 2 serán de utilización voluntaria polos nenos/as asistentes ao centro.

3. Beneficios fiscais

Establécese unha bonificación do 100 por cento do prezo correspondente á atención educativa, nos termos sinalados na Orde do 22 de xullo de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal.

ARTIGO 7º.- CRITERIOS XENÉRICOS DE CAPACIDADE ECONÓMICA

1.- De acordo co establecido no artigo 24.4 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, co fin de establecer as taxas atendendo ao criterio de capacidade económica de quen ten que satisfacelas, establéncense sobre as tarifas previstas no artigo anterior os seguintes descontos nos prezos mensuais segundo os tramos de renda da unidade familiar:

A. Prezo por asistencia

Segundo o indicador público de renda de efectos múltiples IPREM, sobre a tarifa aplicaranse as seguintes reduccións totais ou parciais:

a) Rendas inferiores ao 30 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor, 0,00 euros.

- sen servizo de comedor, 0,00 euros.

b) Rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor 17,45 euros.

- sen servizo de comedor, 0,00 euros.

c) Rendas comprendidas entre o 50 e inferiores ao 75 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor 52,36 euros.

- sen servizo de comedor 34,91 euros.

d) Rendas comprendidas entre o 75 e inferiores ao 100 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor 96,26 euros.

- sen servizo de comedor 69,81 euros.

e) Rendas comprendidas entre o 100 e inferiores ao 125 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor 149,15 euros.

- sen servizo de comedor 112,13 euros.

f) Rendas comprendidas entre o 125 e inferirores ao 150 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor 186,18 euros.

- sen servizo de comedor 133,29 euros.

g) Rendas comprendidas entre o 150 e o 200 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor 210,52 euros.

- sen servizo de comedor 147,05 euros.

h) Ás rendas superiores ao 200 por cento do IPREM, prezo da praza:

- con servizo de comedor 243,31 euros.

- sen servizo de comedor 169,26 euros.

No suposto de que o benficiario asista só en xornada de mañá (de 9.00 a 13.00 horas) ou de tarde (de 15.00 a 18.00 horas), aos prezos anteriores aplicaránselle as seguintes porcentaxes:

- Xornada de mañá: 60% do prezo.

- Xornada de tarde: 40% do prezo.

B. Outros beneficios

a) Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar o disposto no punto A anterior aplicaranse os seguintes descontos:

a.1) Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 50%.

a.2) Nenos/as pertencentes a familias numerosas mono parentais, desconto dun 20%.

Estes descontos cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

b) Cando por circunstacias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o neno/a ingrese no centro con posteiroridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.

Así mesmo calquera variación nas circunstancias persoais (separación dos cónxuxes, divorcio, abandono de fogar...) ou económicas da unidade familiar, deberá ser comunicado ao Concello, co fin de que se proceda a realizar as oportunas revisións se prexuízo de que de oficio, esta Adminsitración proceda ás correspondentes comprobacións. Unha vez concedida a redución, previo achegamento polo intersado da correspondente solicitude e xustificación documental, se como consecuencia das posteriores actuacións de comporobación efectuadas polo Concello, se tivese comprobado que as circunstancias alegadas polo interesado, en base ás cales lle forón aoutorgados os descontos, non se corresponden coa súa verdadeira situación, este virá na obriga de proceder ao reintegro das cantidades que indebidamente tivera deixado se ingresar na facenda local.

Todo elo sen prexuízo da correspondente responsabilidade persoal en que puidese incorrer ao interesado.

c) Para a determinación do importe a pagar, aplicaranse as regras e definicións do artigo 4 do Decreto da conselleria de traballo e benestar nº 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3.

ARTIGO 8º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolvan.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no BOP, mais os seus efectos aplicaranse con carácter retroactivo dende o 1 de setembro de 2022, permanecendo vixente ata que se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.