Boiro - Prezo público da Escola Municipal de Música para o curso 2022/2023

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 04/01/2023 BOP Nº: 3
Aplicable dende: 04/01/2023

Tarifas

· Matrícula ordinaria (Linguaxe musical+ un instrumento): 350€

- 1º Instrumento complementario o coro en lugar dun instrumento 65€

- 2º Instrumento complementario o coro en lugar dun segundo instrumento 45€

· Iniciación-Linguaxe Musical: 175€

· Obradoiro de Pandereta: 150€

· Coro 200€

· Obradoiro terceira idade 0€.

Bonificacións

As seguintes bonificacións, que son excluíntes entre si:

· 2ªActividade: 50% na actividade máis barata.

· Familiar: 50% a partir do segundo membro da familia.

· Terceira Idade: 50% sobre a matrícula ordinaria se van a algún instrumento

Prazo de matrícula

Dende o día seguinte a publicación do anuncio destas tarifas no BOP de A Coruña ata o 16 de xaneiro de 2023.

No caso de transcorreren os prazos de matrícula, en calquera curso, poderase presentar solicitude de matrícula no Concello que será concedida no caso de quedar prazas libres, previo informe do técnico responsable.

Método de pago

Admitirase o pago único ou o fraccionamento en tres cos xuros de demora correspondentes e que serán cargadas polo Concello previa entrega do documento de autorización para o cargo en conta polo obrigado do pago, establecendo coma prazo de ingreso:

- 1ªcota ou pago único o 6 de Febreiro de 2023

- 2ªcota o 6 de Marzo de 2023

- 3ªcota o 4 de Abril de 2023

No caso de altas o prezo público prorratearase por trimestres anuais, no caso de baixa non se devolverá o importe salvo xustificación razoada.