Val do Dubra - PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE MADRUGADORES DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA
Tarifas
Se aprueba con efectos desde o primeiro día do mes seguinte ao da publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, os seguintes prezos públicos para a actividade de madrugadores que se desenvolve no Concello de Val do Dubra:
A). Prezos aplicables á actividade de madrugadores:
· Prezo xeral (por usuario/a):
· 55 euros/mes
· 3 euros día (no caso de usuarios por días)
· Prezo por 2º usuario/a (por usuario/a):
· 2º usuario/a dunha mesma unidade familiar: 30 euros/mes
· Non se aplicará aos/ás usuarios/a por días
· Prezo por 3º usuario/a e seguintes:
· 3º e seguintes usuarios/as dunha mesma unidade familiar: 0 euros/mes
· Non se aplicará aos/ás usuarios/a por días
B) Condicións de aplicación dos prezos da actividade de madrugadores
1.- Aplicarase o prezo xeral íntegro a partires de 3 días de asistencia semanal (no caso de usuarios/as que se teñan inscrito un días concretos da semana) e, en todo caso, a partir de 12 días de asistencia ao mes.
2.- Para a aplicación dos prezos por 2º usuario e 3º usuario e seguintes será necesaria a previa solicitude dos interesados, mediante instancia formal presentada través do rexistro municipal que se deberá acompañar, ademais, de copia do libro de familia (ou documento oficial alternativo e acreditativo dos membros integrantes da unidade familiar de referencia). De non terse solicitado dentro dos primeiros 15 primeiros días de cada mes, terá efectos respecto da liquidación e pagamento do prezo público correspondente ao mes seguinte ao da súa solicitude.
3.- As solicitudes de baixa tramitaranse mediante instancia formal presentada a través do rexistro municipal, con indicación do mes en que se solicita que produza efectos. No caso de que se solicite a baixa con efectos no mes en curso despois de ter acudido á actividade cando menos 12 días do mes procederá a liquidación do mes completo; en caso contrario procederase á liquidación dos días que se tivese acudido conforme ao prezo diario.