Vedra - Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Publicación provisional: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2024

Artigo 1.º . Fundamento e natureza.

De conformidade co previsto no artigo 59, en relación cos seus artigos 92 a 99, do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, é un tributo directo, de carácter obrigatorio.

Artigo 2º. Normativa aplicable.

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, rexerase neste concello:

a) Polas normas reguladoras deste, contidas no Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentos que complementen e desenvolvan a dita lei.

b) Pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 3º. Feito impoñible.

1.- O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un imposto directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.

2.- Considérase vehículo apto para a circulación o que fose matriculado nos rexistros públicos correspondentes e mentres non tivera causado baixa nos mesmos. Para os efectos deste imposto tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.

3. A xestión, liquidación, recadación, inspección, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria corresponderá a este concello cando o enderezo que figure no permiso de circulación do vehículo radique no termo municipal.

Artigo 4º.- Supostos de non suxeición

Non estarán suxeitos a este imposto:

a) Non están suxeitos a este imposto os vehículos que, sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poden ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas aos desta natureza.

b) Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.

Artigo 5º.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos deste imposto, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a nome das cales conste o vehículo no permiso de circulación.

Artigo 6º.-Responsables.

Todo o relativo aos responsables deste tributo, determinarase de conformidade ao previsto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; na Lei Xeral Tributaria, artigos 41 a 43; no Regulamento Xeral de Recadación e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 7º.-Exencións.

1. Estarán exentos do imposto:

a) Os vehículos oficiais do Estado, comunidades autónomas e entidades locais adscritos á defensa nacional ou á seguridade cidadá.

b) Os vehículos de representación diplomáticas, oficinas consulares, axentes diplomáticos e funcionarios consulares de carreira acreditados en España, que sexan súbditos dos respectivos países, externamente identificados e a condición de reciprocidade na súa extensión e grao.

Así mesmo, os vehículos dos organismos internacionais con sede ou oficina en España e dos seus funcionarios ou membros con estatuto diplomático.

c) Os vehículos respecto dos cales así se derive do disposto en tratados ou convenios internacionais.

d) As ambulancias e demais vehículos directamente destinados á asistencia sanitaria, ou ao traslado de feridos ou enfermos.

e) Os vehículos para persoas de mobilidade reducida que se refire a letra A do anexo II do regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

Así mesmo, están exentos os vehículos matriculados a nome de discapacitados para o seu uso exclusivo. Esta exención aplicarase en tanto se manteñan as devanditas circunstancias, tanto aos vehículos conducidos por persoas con discapacidade como aos destinados ao seu transporte.

As exencións previstas nos dous parágrafos anteriores non resultarán aplicables aos suxeitos pasivos beneficiarios destas por máis dun vehículo simultaneamente.

Para os efectos do disposto neste parágrafo, considéranse persoas con discapacidade quen teña esa condición legal en grao igual ou superior ao 33 por cento.

f) Os autobuses, microbuses e demais vehículos destinados ou adscritos ao servizo de transporte público urbano, sempre que teñan unha capacidade que exceda de nove prazas, incluída a do condutor.

g) Os tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos da tarxeta de inspección agrícola.

2. Para poder gozar das exención á que se refiren as letras e) e g) do apartado 1 deste artigo, os interesados deberán instar a súa concesión, con anterioridade ao pago do imposto, indicando as características do vehículo, a súa matricula, a causa do beneficio e acreditar mediante a presentación da documentación na que conste a realidade do alegado. A notificación na que se resolva a concesión da exención servirá de documento acreditativo da súa existencia. Este beneficio fiscal recoñeceráselle aos suxeitos pasivos con certificado de discapacidade definitivo, mentres concorran as circunstancias que determinan o seu outorgamento, que se comprobará de oficio anualmente. A concesión debe ser renovada en caso de cambio de vehículo. En caso de presentar a solicitude con posterioridade ao pago do imposto, a concesión da exención terá efectos dende o período impositivo seguinte ao da solicitude.

Xunto coa petición de exención regulada no parágrafo e) do apartado 1 deste artigo os interesados deberán xuntar a seguinte documentación:

Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:

1.-Fotocopia do certificado do grao de discapacidade expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste o grao e a clase de discapacidade padecida.

2.-Fotocopia do permiso de condución (anverso e reverso). Exhibición do orixinal no momento da presentación.

3.-Fotocopia do permiso de circulación a nome do discapacitado. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

4.-Fotocopia da póliza de seguro do vehículo no que figure o condutor habitual do mesmo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

5.-Fotocopia DNI.

6.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

7.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.

8.-Estar empadroado no concello de Vedra.

Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do concello por todos os conceptos.

Vehículos destinados ao transporte de discapacitados:

1.-Fotocopia do certificado do grao de discapacidade expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste ademais do grao de discapacidade, se o discapacitado ten necesidade de asistencia de terceiras persoas e se ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.

2.-Fotocopia do permiso de circulación a nome do discapacitado. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

3.-Fotocopia da póliza de seguro do vehículo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.

4.-Fotocopia DNI do discapacitado e do condutor habitual do vehículo.

6.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.

7.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.

8.-Estar empadroado no concello de Vedra.

Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do concello por todos os conceptos, así como o oportuno informe, en caso necesario da policía local.

As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables aos suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por máis dun vehículo simultaneamente.

Artigo 8º.-Cota tributaria.

1.- O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que se incrementará, dentro dos límites permitidos polo artigo 95.4 da referida Lei, pola aplicación sobre o mesmo dun coeficiente do 1,35 polo que as cotas a satisfacer serán as seguintes:

Potencia e clase de vehículo

Cota-Euros

A) Turismos:

 

De menos de oito cabalos fiscais

17,04 €

De 8 ata 11,99 cabalos fiscais

46,01 €

De 12 ata 15,99 cabalos fiscais

97,12 €

De 16 ata 19,99 cabalos fiscais

120,97 €

De 20 cabalos fiscais en diante

151,20 €

B) Autobuses:

 

De menos de 21 prazas

112,46 €

De 21 a 50 prazas

160,16 €

De máis de 50 prazas

200,21 €

C) Camións:

 

De menos de 1.000 quilogramos de carga útil

57,08 €

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

112,46 €

De máis de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga útil

160,16 €

De máis de 9.999 quilogramos de carga útil

200,21 €

D) Tractores:

 

De menos de 16 cabalos fiscais

23,85 €

De 16 a 25 cabalos fiscais

37,49 €

De máis de 25 cabalos fiscais

112,46 €

E) Remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica:

 

De menos de 1.000 e máis de 750 quilogramos de carga útil

23,85 €

De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil

37,49 €

De máis de 2.999 quilogramos de carga útil

112,46 €

F) Vehículos:

 

Ciclomotores

5,97 €

Motocicletas ata 125 centímetros cúbicos

5,97 €

Motocicletas de máis de 125 ata 250 centímetros cúbicos

10,22 €

Motocicletas de máis de 250 ata 500 centímetros cúbicos

20,45 €

Motocicletas de máis de 500 ata 1.000 centímetros cúbicos

40,89 €

Motocicletas de máis de 1.000 centímetros cúbicos

81,78 €

2.-Para os efectos de facilitar a aplicación das tarifas, deberase ter en conta a seguinte normativa:

A) En canto á clasificación dos vehículos, o Anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, que recolle nas súas letras A", ¿B" e ¿C", as ¿Definicións", ¿Clasificación por criterios de construción" e ¿Clasificación por criterios de utilización"

B) En canto á determinación da potencia fiscal, mediante as fórmulas recollidas no Anexo V do referido Regulamento xeral de vehículos.

3.- No caso de que nas Leis de orzamentos do Estado modificarase o cadro de tarifas recollido no artigo 95.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o indicado coeficiente de 1,35 aplicarase sobre as novas tarifas fixadas nas referidas Leis de Presupostos estatais.

Artigo 9º.-Bonificacións.

1.-Terán unha bonificación do 50% na cota do imposto os vehículos eléctricos, de biodiésel ou movidos por hidróxeno, durante cinco anos naturais contados desde a data de primeira matriculación do vehículo.

Os interesados deberán presentar a solicitude de bonificación con anterioridade a data do pagamento do imposto. En caso contrario, a concesión da bonificación terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.

Os interesados deberán aportar a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas neste apartado.

2.-Gozarán dunha bonificación do 100% na cota os vehículos históricos, ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vinte e cinco anos contados a partir da data da súa fabricación, tomándose como tal, se esta non se coñecera, a da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante deixouse de fabricar.

Para poder gozar da bonificación, os interesados deberán instar a súa concesión indicando as características do vehículo, a súa matrícula e a antigüidade. Para estes efectos deberán acompañar á solicitude de bonificación os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos para gozar da mesma, ben por medio de copia compulsada da ficha técnica, o permiso de circulación do vehículo ou o certificado do fabricante ou de industria respecto da data na que deixou de fabricarse o modelo en cuestión. No caso de vehículos históricos acreditarase aportando a catalogación como tal polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

O peticionario deberá xustificar, así mesmo, estar ao corrente no pago do imposto mediante a exhibición dos recibos dos catro últimos exercicios ou certificado equivalente.

Os interesados deberán presentar a solicitude antes da data do pago do imposto. En caso contrario a exención aplicarase desde o exercicio seguinte ao da solicitude. Declarada a bonificación pola administración tributaria local, expedirase un documento que acredite a súa concesión.

Artigo 10º.-Período impositivo e pagamento.

1.- O período impositivo coincide co ano natural, salvo no caso de primeira adquisición dos vehículos. Neste caso o período impositivo comezará o día no que se produza a devandita adquisición.

2.- O imposto pagarase o primeiro día do período impositivo.

3.- O importe da cota do imposto ratearase por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo. Tamén procederá o rateo da cota nos mesmos termos nos supostos de baixa temporal por subtracción ou roubo do vehículo, e iso desde o momento no que se produza a dita baixa temporal no rexistro público correspondente.

Artigo 11º.- Xestión do imposto.

1.- Nos supostos de adquisición e primeira matriculación dos vehículos o cando estes se reformen, de xeito que altere a súa clasificación aos efectos do presente imposto, os suxeitos pasivos ou os seus representantes presentarán ante a administración municipal e con carácter previo á súa matriculación na Xefatura Provincial de Tráfico, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, autoliquidación do imposto, para o cal cumprimentarase o modelo impreso aprobado por este concello facendo contar los elementos tributarios determinantes da cota a ingresar.

Acompañarase:

- Documentación acreditativa da compra ou modificación do vehículo.

- Certificado das características técnicas .

- DNI o CIF do suxeito pasivo.

Simultaneamente á presentación da autoliquidación, o suxeito pasivo ingresara o importe da cota do imposto resultante da mesma.

Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional, en tanto que pola administración municipal non se comprobe que a mesma efectuouse mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do imposto. A oficina xestora, tras verificar que o pago se fixo na contía correcta, deixará constancia da verificación no impreso de declaración.

2. Nos supostos de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para circular, o imposto xestiónase a partir do padrón anual do mesmo.

As modificacións do padrón fundamentaranse nos datos do rexistro de tráfico e nas comunicacións da Xefatura de Tráfico relativas a altas, baixas, transferencias, reformas dos vehículos, sempre que se altere a súa clasificación a efectos deste imposto, e cambios de enderezo.

O padrón do imposto expoñerase ao público por un prazo dun mes para que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas. A exposición ao público do padrón anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.

O prazo de ingreso das débedas de cobro por recibo notificadas colectivamente determinarase cada ano e anunciarase publicamente no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do concello.

Finalizado o prazo de pago voluntario sen que a débeda fora satisfeita, iniciarse o período executivo de recadación, o que comportará o pagamento do recargo do 20% do importe da débeda non ingresada, así como o dos xuros de demora correspondentes. O devandito recargo será do 5% cando a débeda se ingrese antes de que fora notificada a providencia de constrinximento e do 10% cando se ingrese a totalidade da débeda non ingresada en período voluntario e o propio recargo antes da finalización do prazo previsto no artigo 62.5 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

3. Sen embargo, unha vez abonada a cota do imposto, se algún contribuínte estimase que ten dereito á devolución poderá solicitala dentro do prazo determinado ao efecto e por algunha das causas previstas na lexislación vixente.

Artigo 12º. Xustificación do imposto.

1.- O pago do imposto acreditarase mediante o impreso de autoliquidación ou o recibo, debidamente validado pola entidade recadadora.

2.- Os que soliciten ante a Xefatura Provincial de Tráfico a matriculación ou a certificación de aptitude para circular un vehículo, deberán acreditar previamente o pago do imposto.

3.- Os titulares dos vehículos, cando comuniquen á Xefatura Provincial de Tráfico a reforma dos mesmos, sempre que altere a súa clasificación a efectos deste imposto, así como tamén nos casos de transferencia, de cambio de enderezo que conste no permiso de circulación do vehículo, o de baixa de ditos vehículos, deberán acreditar previamente ante a referida Xefatura Provincial o pago do último recibo presentado ao cobro do imposto, sen prexuízo de que sexa esixible, por vía de xestión e inspección, o pago de todas as débedas por dito concepto, pagadas, liquidadas, presentadas ao cobro e non prescritas. Exceptúase da referida obriga de acreditación o suposto das baixas definitivas de vehículos con quince ou máis anos de antigüidade.

4.- As Xefaturas Provinciais de Tráfico non tramitarán os expedientes se non se acredita previamente o pago do imposto, nos termos establecidos nos apartados anteriores.

Disposición adicional única

As modificacións producidas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado o calquera outra norma de rango legal que afecten a calquera elemento do presente imposto, serán de aplicación automática dentro do ámbito desta ordenanza.

Disposición Final.

A presente modificación da ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 01 de xaneiro de 2024 e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.