CAPÍTULO I.-DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 15. Órganos necesarios.
Son órganos necesarios do concello os seguintes:
- Alcalde
- Tenentes de alcalde
- Pleno
- Xunta de Goberno Local
- Comisión Informativas, sempre e cando o concello teña máis de 5.000 habitantes e a Comisión Especial de Contas en todo caso.
Artigo 16. Das atribucións do alcalde, do Pleno e da Xunta de Goberno Local.
As atribucións do alcalde, do Pleno e da Xunta de Goberno Local son as que establece a Lei reguladora das bases do réxime local (Lei 7/1985), así como o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril).
Artigo 17. Das delegacións do alcalde e do Pleno.
1. Tanto o alcalde como o Pleno poden efectuar delegacións en favor da Xunta de Goberno Local. O alcalde tamén pode facer delegacións xenéricas en favor dos concelleiros membros da Xunta de Goberno Local e delegacións específicas en favor de calqueera dos concelleiros aínda que non pertenzan á Xunta de Goberno Local.
O número e a denominación das distintas áreas de servizos que poden ser obxecto de delegación determinarao o alcalde.
2. O alcalde deberá realizar as delegacións mediante decreto que conterá o ámbito dos asuntos aos que se refire a delegación, as facultads que se delegan así como as condicións específicas do seu exercicio.
3. A delegación de atribucións do alcalde producirá efecto dende o día seguinte ao da data do decreto, agás que nela se dispoña outra cousa, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia e no municipal, se existe.
4. O alcalde poderá, en calquera momento, modificar, revogar ou avocar para si todas ou parte das atribucións que tivera delegado.
Artigo 18. Do ámbito da delegación.
As delegacións xenéricas e as específicas refiriranse a unha ou a varias áreas ou materias determinadas, abarcando tanto a facultade de dirixir os servizos correspondentes como a de xestionalos baixo a supervisión directa do alcalde.
O alcalde daralle conta ao Pleno na primeira sesión que celebre de todas as delegacións e das súas modificacións.
Artigo 19. Da avocación de competencias.
O órgano que delega poderá avocar en calquera momento as competencias delegadas.
Ningún órgano poderá delegar nun terceiro as atribucións ou as potestades que recibiu por delegación doutro órgano.
CAPÍTULO II
Artigo 20. Do alcalde.
O alcalde é o presidente da Corporación, ostenta a representación do concello e as súas atribucións son aquelas que lle outorga a normativa vixente.
Artigo 21. Dos tenentes de alcalde.
O alcaldea nomeará e cesará libremente os tenentes de alcalde de entre os membros da Xunta de Goberno Local.
Os nomeamentos e os ceses faranse mediante resolución do alcalde e daralle da que dará conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, notificaralle a resolución, tamén, aos/ás designados/as e publicaraa no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao día no que a asine o alcalde, se nela non dispuxera outra cousa.
Artigo 22. Da perda da condicion de tenente de alcalde.
A condición de tenente de alcalde pérdese ademais de por cesar, por renunciar expresamente por escrito e por perder a condición de membro da Xunta de Goberno Local.
Artigo 23. Das atribucións dos tenentes de alcalde.
Correspóndelles aos tenentes de alcalde, en canto tales, substituír ao alcalde na totalidde das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que o imposibilite para exercer as súas atribucións, así como desempeñar as funcións de alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo alcalde.
Artigo 24. Das ausencias do alcalde.
Nos supostos en que o alcalde se ausente do termo municipal por máis de vinte e catro horas, sen ter delegado ou cando por causas imprevistas lle resultara imposible outorgala, substituirao o tenente de alcalde ao que lle corresponda na totalidade das súas funcións e daralle conta ao resto da Corporación.
Artigo 25. Das delegacións irrevogables.
Nos supostos de substitución do alcalde por razóns de ausencia ou enfermidade, o tenente de alcalde que asuma as súas funcións non poderá revogar as delegacións que outorgara o alcalde.
CAPÍTULO III.-DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Artigo 26. Da súa composición e atribucións.
A Xunta de Goberno Local, integrada polo alcalde, que a presidirá, e por un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal, nomeados e separados libremente polo alcalde, exercerá aquelas atribucións que este ou outro órgano municipal lle delegue, e asistirao no exercicio das súas funcións.
Artigo 27. Da periodicidade das súas sesións.
1. A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria con carácter quincenal.
Ao inicio de cada mandato corporativo, o alcalde determinará o día da semana e a hora na que se celebre. O presidente poderá adelantar ou retrasar as sesións así como suspendelas por causa xustificada e mediante resolución na que faga constar iso.
2. As sesións extraordinarias e as urxentes celebraranse cando as convoque o alcalde con tal carácter.
3. O alcalde poderá en calquera momento reunir a Xunta de Goberno Local cando estime necesario coñecer o seu parecer ou pedir a súa asistencia antes de ditar resolucións no exercicio das atribucións que lle correspondan.
Artigo 28. Da convocatoria, da orde do día e da publicidade das sesións.
1. Entre a conocatoria e a celebración da sesión non poderá transcorrer menos de vinte e catro horas, agás no caso das extraordinarias urxentes.
2. A orde do día será remitida aos membros da Xunta de Goberno Local, xunto coa convocatoria.
3. As sesións da Xunta de Goberno Local non son públicas.
4. Haberá que enviar copia das acta a todos os grupos políticos municipais, no prazo de dez días.
CAPÍTULO IV.-DO RÉXIME DE SESIÓNS DO PLENO
SECCIÓN PRIMEIRA.-DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 29. Da composición.
O Pleno está integrado por todos os concelleiros e presídeo o alcalde.
Artigo 30. Lugar de celebración das sesións.
1. O Pleno celebrará as súas sesións no salón destinado para o efecto na casa do concello de Ponteceso.
2. O alcalde poderá dispor a celebración das sesións plenarias noutro local ou noutro edificio adecuado, nos casos de forza maior, mediante resolución motivada e independiente da convocatoria da sesión plenaria que será notificada a todos os membros da Corporación.
Artigo 31. De todos os tipos de sesións.
O Pleno poderá reunirse en sesións ordinarias, extraordinarias e extraordinarias urxentes.
Artigo 32. Das sesións ordinarias.
1. O Pleno celebrará sesión ordinaria unha vez cada dous meses, agás no mes de agosto que se declara inhábil para estes efectos.
2. Na sesi¿n extraordinaria que hai que convocar dentro dos trinta días seguintes ao da sesión constitutiva da Corporación, por proposta do alcalde, o Pleno acordará o día e a hora na que haberá que celebrar as sesións ordinarias, en primeira convocatoria e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria. O alcalde poderá, por causa justificada, adelantar ou retrasar as datas e as horas da convocatoria, mesmo no suposto de que o novo día fixado non estivera comprendido no mes correspondente.
Artigo 33. Das sesións extraordinarias.
1. O Pleno celebra sesión extraordinaria cando así o decida o presidente ou cando o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal dos membros da Corporación, sen que ningún concelleiro poida solicitar máis de tres anualmente.
Os concelleiros deberán solicitar a convocatoria das sesións por escrito no que razonen o/s asunto/s que a motive/n. O escrito deberá estar asinado persoalmente por todos os que subscriben a convocatoria. A relación de asuntos incluídos no escrito non enerva a facultade do alcalde de determinar os puntos da orde do día, se ben a exclusión dalgún dos asuntos propostos deberá ser motivada.
2. As sesións para aprobar inicialmente os ornamentos municipais e para aprobar inicialmente as ordenanzas fiscais e de xestión tributaria terán carácter extraordinario.
Artigo 34. Das sesións extraordinarias urxentes.
1. Son sesións extraordinarias urxentes as que convoque o alcalde cando a urxencia do asunto ou dos asuntos que hai que tratar non permite convocar a sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles esixida pola lei.
2. Nese caso, hai que incluír como primeiro punt da orde do día o pronunciamento do Pleno sobre a urxencia. Se o Pleno non aprecia a urxencia, remata a sesión.
Artigo 35. Da convocatoria.
As sesións plenarias hai que convocalas, polo menos, con dous días hábiles de antelación, agás as extraordinarias que o foran con carácter urgente. A convocatoria con carácter urgente deberá ser ratificada polo Pleno.
Artigo 36. Do exame do expedientes.
A documentación dos asuntos incluídos na orde do día que ten que servir de base para o debate e, de ser o caso, para a votación, deberá estar ao dispor dos membros da Corporación dende o mesmo día da convocatoria na Secretaría.
Calquera membro da Corporación poderá examinar esta documentación e mesmo obter copias de documentos concretos que a integre, non os orixinais que non poderán saír da Secretaría.
Artigo 37. Da súa duración.
1. Todas as sesións respectarán o principio de unidade de acto, procurando que finalicen o día que comezan.
2. O alcalde poderá acordar, durante o transcurso da sesión, as interrupcións que estime convenientes para permitir as deliberacións dos grupos ou para un período de descanso, cando a duración das sesións así o aconselle. O alcalde deberá anunciar a hora na que, dentro do mesmo día, se reanudará a sesion.
Artigo 38. Da publicidade das sesións.
1. As sesións do Pleno son públicas. Malia o anterior, poderá ser secreto o debate e a votación dos asuntos que poidan afectar aos dereitos fundamentais dos cidadáns recollidos no artigo 18.1 da Constitución, cando así o acorden os concelleiros por maioría absoluta.
Para que non se altere o ritmo da sesión, estes asuntos serán incluídos ao principio da orde do dia, despois da aprobación da acta da sesión anterior.
2. O público que asista as sesións non poderá intervir nin poderá manifestar agrado ou desagrado. O alcalde poderá, en casos extremos, expulsar ao/á asistente que por calquera causa impida o normal desenvolvemento da sesión. O alcalde pode tamén decidir sobre a continuidade ou non da sesión, previa consulta aos portavoces dos grupos municipais.
3. Se o alcalde decidira non continuar, rematará a sesión. Nese caso, os asuntos que quedaran pendentes incluiranse na orde do día da seguinte sesión que celebre o Pleno.
Artigo 39. Constitución.
Para a válida constitución do Pleno, requírese a asistencia de un terzo do número legal dos membros da Corporación, que xamais poderá ser inferior a tres. Este quórum deberá manterse durante toda a sesión.
Sempre deberán asistir o presidente e o secretario da Corporación ou os que legalmente os substitúan.
Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderase automáticamente convocada á mesma hora, dous días despois. Nese suposto, non será necesario enviar a orde do día pero si a notificación da celebración da sesión en segunda convocatoria.
Se na segunda convocatoria tampouco se acada o quórum necesario, os asuntos previstos que se ían tratar nesa sesión posporanse para estudar na primeira sesión que celebre o Pleno con posterioridade, sexa ordinaria ou extraordinaria.
SECCIÓN SEGUNDA.-DA ORDE DO DÍA
Artigo 40. Da súa formación.
1. O alcalde fixará a orde do día das sesións, asistido do secretario, que terá elaborada previamente a relación dos asuntos que reúnan os requisitos necesarios para que os considere o Pleno.
2. Correspóndelle ao alcalde determinar se un asunto concreto se inclúe ou non na orde do día ou baixo que epígrafe ten que figurar. O alcalde poderá obter a asistencia dos membros da Xunta de Goberno Local e consultar, se o estima oportuno, aos portavoces dos grupos da Corporación.
Artigo 41. Da súa distribución.
1. A convocatoria e a orde do día distribuiránselles aos concelleiros a través dos procedementos ordinarios de notificación.
2. Os borradores das actas das sesións anteriores que teñan que ser aprobadas entregaránselles aos concelleiros por eses medios. Todo iso sen prexuízo de que esa documentación poida ser, tamén, remitida a través de medios telemáticos que aseguren unha máis rápida recepción.
O mesmo día da convocatoria, toda a documentación estará ao dispor dos membros da Corporación na Secretaría.
SECCIÓN TERCEIRA
Artigo 42. Principios de carácter xeral.
1. Correpóndelle ao alcalde asegurar a boa marcha das sesións e acordar, de ser o caso, as interrupcións que estime convenientes, dirixir os debates, manter a orde deles e sinalar os tempos da intervención, nos termos establecidos neste regulamento.
2. Os concelleiros poderán facer uso da palabra previa autorización do alcalde. Unha vez obtida non poderán ser interrumpidos a non ser polo alcalde para advertirlles que se esgotou o tempo, para chamarlles á cuestión ou á orde ou para retirarlles a palabra, o que procederá unha vez que transcurra o tempo establecido e logo de que lles indique dúas veces que conclúan.
3. En calquera momento, os membros da Corporación poderán pedir a palabra para formular unha cuestión de orde, invocando a norma a aplicación dal cal reclaman. O alcalde resolverá o que proceda sen que por iso poida haber debate.
Artigo 43. Do inicio da sesión.
As sesións comezarán preguntando o presidente se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación á acta da sesión anterior que se distribuira coa convocatoria.
Se non houbera observacions, considerarase aprobada e debatiranse e decidiranse as rectificacións que procedan, se as houbera.
O fondo dos acordos non poderá ser modificado en ningún caso e só se poderán corrixir erros materiais ou de feito.
Artigo 44. Da ordenación dos asuntos.
1. Todos os asuntos debateranse e votaranse seguindo a orde na que estivesen relacionados na orde do día ou na orde que se estableza na mesma sesión respecto de aqueles non incluídos na orde do día que se sometan ao Pleno por razóns de urxencia.
2. Malia o disposto no número anterior, o alcalde ou presidente pode alterar a orde dos temas ou retirar un asunto cando a súa aprobación esixira unha maioría especial e esta non se pudiera obter no momento previsto inicialmente na orde do día.
Calquera concelleiro poderá pedir, durante o debate, a retirada dalgún expediente incluído na orde do día, para os efectos de incorporar documentos ou informes. Tamén poderá pedir que o expediente quede sobre a mesa, aprazando a súa discusión para a seguinte sesión. En ambos os dous casos, o pedimento será votado, logo de rematar o debate e antes de votar sobre o fondo do asunto. Se a maioría simple votase a favor do pedimento non procederá votar a proposta de acordo.
3. Cando varios asuntos teñan un contido similar poderanse debater conxuntamente se así o dispuxese o alcalde. Deberanse votar por separado, de ser o caso, cada unha das propostas contidas nos asuntos. Tamén se poderán votar por separado os puntos ou as partes dunha proposta, cando foran susceptibles de tratamento autónomo e non tiveran incidencia ningunha nos restantes.
Artigo 45. Da intervención dos habilitados estatais.
Cando sexan asuntos que non se incluiron na orde do día e que requiran informe preceptivo do secretario ou do interventor haberá que solicitarlle ao presidente que aplace o seu estudo e o asunto quedará sobre a mesa ata a próxima sesión, se o secretario ou o interventor non puidesen emitir os informes no acto.
O secretario farao constar expresamente na acta, se o pedimento non fora atendido.
Artigo 46. Da adopción de acordos sen debate.
1. A consideración de cada punto incluído na orde do día comezará coa lectura íntegra ou o extracto do ditame da Comisión Informativa por parte do secretario ou, se se trata dun asunto urxente non ditaminado, da proposición que se somete ao Pleno. Se calquera grupo o solicita, leranse integramente aquelas partes do expediente ou do informe ou ditame da Comisión Informativa que se considere conveniente para mellorar comprensión.
2. O presidente someterá directamente a votación o ditame, se ninguén solicita a palabra despois da lectura.
Artigo 47. Do desenvolvemento dos debates.
1. Se se promove debate, este poderá iniciarse cunha exposición e xustificación da proposta con cargo dalgún concelleirointegrantes de Comisión Informativa que a tivese ditaminado.
Cando non existira ditame da Comisión, a exposición faraa algún dos membros da Corporación que subscribira a proposición ou moción da que se trate, no nome propio ou do colectivo e órgano municipal que a propón.
2. O relator non consumirá un tempo de exposición superior a dez minutos.
Artigo 48. Da primeira queda de intervencións.
1. A continuación, cada un dos grupos que así o solicite consumirá unha quenda de contestación que non poderá exceder de cinco minutos.
2. Poderá intervir nesa quenda máis dun membro de cada grupo mais, nese caso, non se poderá utilizar máis tempo do total de cinco minutos que corresponde a cada grupo.
3. A orde de intervención dos grupos nesa quenda de réplica será inverso ao número de concelleiros que os integran. No caso de ter igual número de concelleiros inservirá en primeiro lugar o partido que obtivese menos votos nas últimas eleccións municipais.
Artigo 49. Da segunda quenda de intervencións.
1. Se algún grupo así o solicitase, procederase a unha segunda quenda, na que os grupos, pola mesma orde que se indicou no artigo anterior, poderán volver a facer uso da palabra para fixar a súa posición e para explicar o seu voto. Nesa segunda quenda o grupo ao que pretenza o relator deberá ratificarse na súa proposta ou, de ser o caso, modificala.
2. As intervencións desta segunda quenda non poderán ter unha duración superior a tres minutos.
3. Os membros da Corporación poderán en calquera momento do debate pedir a palabra para formular unha cuestión de orde, invocando para o efecto a norma a aplicación da cal reclama. O presidente resolverá o que proceda, sen que por ese motivo comece ningun debate.
Artigo 50. Das intervencións por alusións.
1. Cando, no desenvolvemento do debate, se fixeran alusións sobre a persoas ou sobre a conduta dun membro da Corporación, este poderá solicitarlle ao presidente que se lle conceda o uso da palabra por tempo non superior a tres minutos para contestar estritamente ás alusións.
2. Cando a alusión afecte á dignidade ou ao decoro dun gruo, o presidente poderá conceder ao seu portavoz o uso da palabra durante o mesmo tempo e nas mesmas condicións que as establecidas no parágrafo anterior.
Artigo 51. Da orde nas sesións plenarias.
O/a presidente poderá chamar á orde a calquera membro da Corporación que:
- Profira palabras ou diga conceptos ofensivos para o decoro da Corporación ou dos seus membros, das institucións públicas ou de calquera persoa ou entidade.
- Interrumpa ou altere de calquera forma a orde das sesións.
- Pretenda facer uso da palabra sen que se lle concedera ou cando se lle retirara.
Logo de tres chamadas á orde na mesma sesión, con advertencia na segunda das consecuencias da terceira chamada, o presidente poderá ordenarlle que abandone o local no que se está celebrando a sesión e poderá adoptar as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión.
Artigo 52. Das abstencións nas sesións plenarias.
Cando, de conformidade co artigo 76 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, algún membro da Corporación deba absterse de participar no debate e na votación, deberá abandonar o salón mentres se discute e se vota o asunto. Cando se trate de debater a actuación dalgún membro como corporativo, poderá permanecer no salón e defenderse.
Artigo 53. Da terminología no desenvolvemento das sesións.
A terminología que para os efectos do desenvolvemento das sesións e para definir o carácter das intervencions dos membros da Corporación se utilizará será a seguinte
Ditame: é a proposta sometida ao Pleno logo de que a Comisión Informativa estude o expediente. Contén unha parte expositiva e un acordo que hai que adoptar.
Proposicion: é a proposta que se somete ao Pleno relativa a un asunto incluído na orde do día que vai coa convocatoria. Conterá unha parte expositiva ou unha justificación e un acordo que hai que adoptar. Non procederá debater nin votar unha proposición se antes non foi ratificada a súa inclusión na orde do día, de conformidade co que dispón o artigo 82.3 do Regulamento de organización, funcionamento e rexime xurídico das entidades locais.
Moción: é a proposta que se somete directamente ao Pleno por razóns de urxencia e que calquera membro da Corporación presentara no Rexistro, mediante un escrito dirixido ao presidente no que se motive debidamente a urxencia e que estea subscrito polo portavoz do grupo, ata as 14:00 horas do día anterior a aquel no que se celebre a sesión plenaria, agás casos de forza maior nos que está permitido presentar a moción no momento de hincar a comisión.
Voto particular: é a proposta de modificación dun ditame que formule un membro que forma parte da Comisión Informativa. Deberá acompañar ao ditame dende o día seguinte ao da súa aprobación por parte da Comisión.
Emenda: é a proposta de modificacion dun ditame ou proposición que presente calquera membro mediante un escrito presentado ao presidente antes de iniciarse o debate do asunto.
Artigo 54. Dos rogos e das preguntas.
1. O rogo é a formulación dunha proposta de actuación dirixida a algún dos órganos de goberno municipal.
Os rogos poderán ser efectuados oralmente ou por escrito e serán debatidos, xeralmente, na sesión seguinte, sen prexuízo de que o poidan ser na mesma sesión se o presidente o estima conveniente e previa a conformidade de quen teña que contestalos. Nese caso, os rogos poderán dar lugar a unha intervención do concelleiro que os formulara e a outra intervención para respostar. A continuación, o concelleiro que propón poderá facer novamente uso da palabra e, logo doutra intervención para responder, o debate rematará. Ningunha desas intervencións poderá exceder de dous minutos.
2. A pregunta é calquera cuestión formulada aos órganos de goberno na sesión plenaria.
As preguntas formuladas por escrito ou oralmente no transcurso dunha sesión contestaraas o seu destinatario, xeralmente, na sesión seguinte, agás as formuladas por escrito con vinte e catro horas de antelación que serán contestadas na sesión ou, por causas debidamente motivadas, na seguinte. Se a persoa á que se lle pregunta respostase á pregunta na mesma sesión, a súa intervención non poderá durar máis de dous minutos.
3. Os rogos e as preguntas non poderán ser sometidos a votación.
4. Os grupos municipais poderán formular cada un, como máximo, tres mocións, tres rogos e tres preguntas.
Artigo 55. Das votacións.
Unha vez debatidos os asuntos da orde do día, procederá a súa votación Antes de comezar a votación, o presidente sinalará clara e concisamente os seus termos e a forma de emitir o voto.
Unha vez que estea iniciada a votación, non se poderá interromper por ningún motivo. Durante o desenvolvemento da votación, o presidente non concederá o uso da palabra e ningún membro corporativo poderá entrar no salóns ou abandonalo.
Artigo 56. Da forma de adoptar acordos
O Pleno do Concello adopta os seus acordos, como regla xeral, por maioría simple dos membros presentes. Hai maioría simple cando os votos afirmativos son máis que os negativos.
Entenderase por maioría absoluta cando os votos afirmativos son máis da metade do número legal dos membros da Corporación e será necesaria nos supostos enumerados no artigo 47.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
No suposto de que, seguindo a Lei orgánica do réxime electoral xeral, non quedaran máis posibles candidatos ou suplentes que nomear, o quórum de asistencia e votación previsto na lexislación vixente entenderase automáticamente referidoao número de feito de membros da corporación que subsiste.
O voto dos concelleiros é persoal e non se pode delegar.
Artigo 57. Do senso do voto.
O senso do voto pode ser afirmativo ou negativo e os membros da Corporación poderán absterse de votar.
Para os efectos da votación correspondente, considerarase que se absteñen os membros da Corporación que se ausenten do salón de sesións unha vez iniciado o debate dun asunto e non estivesen presentes no momento da votación. Poderán tomar se voltan ao salón de sesións antes da votación.
No caso de votacións con resultado de empate, haberá unha nova votación e, se persiste o empate, decidirá o voto de calidade do presidente.
Artigo 58. Dos tipos de votación.
1. As votacións poderán ser de tres tipos:
- Ordinarias: son as que se manifestan por signos convencionais de asentimento, desestimento ou abstención
- Nominais: son aquelas votacións que se realizan mediante chamamento por orde alfabética dos apelidos e sempre no último lugar o presidente na que cada membro da Corporación, ao ser chamado, responde en voz alta ¿si", ¿non" ou ¿abstéñome".
- Secretas: son as que se realizan por papeleta que cada membro da Corporación irá depositando nunha urna ou bolsa.
2. O sistema normal será a votación ordinaria.
3. A votación nominal requerirá a solicitude dun grupo municipal aprobada polo Pleno por unha maioría simple en votación ordinaria.
4. A votación secreta só se poderá utilizar para elixir ou destituír persoas.
5. Terminada a votación ordinaria, o presidente declarará o que se acordou.
6. Inmediatamente de concluír a votación nominal ou secreta, o secretario computará os votos emitidos e anunciará en voz alta o seu resultado e o presidente proclamará o acordo que foi adoptado.
Artigo 59. Das actas.
De cada sesión plenaria, o secretaria redactará a acta na que fará constar todos os requisitos que sinala o artigo 109 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Se non se celebra a sesión plenaria por falta de asistentes ou por outro motivo, o secretario suplirá a acta por unha diligencia autorizada coa súa sinatura, na que conste a causa e os nomes das persoas que non asistiron e o nomes das persoas que asistiron.
A acta, unha vez que a aprobe o Pleno na sesión seguinte, transcribirase ao Libro de Actas, que asinará o alcalde ou o presidente e o secretario.
CAPÍTULO V.-DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E DA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS
SECCIÓN PRIMEIRA.-COMISIÓNS INFORMATIVAS
Artigo 60. Da natureza e das funcións das comisións informativas.
1. As comisións informativas son órganos municipais necesarios, sen atribucións resolutorias, que teñen como función o estudo, o informe ou a consulta dos asuntos que teñen que ser sometidos á decisión do Pleno, así como o seguimento da xestión do alcalde, da Xunta de Goberno Local e dos concelleiros que ostenten delegacións, sen prexuízo das competencias de control que lle correspondente ao Pleno.
2. Tamén emitirán ditame sobre aqueles asuntos da competencia da Xunta de Goberno Local e do alcalde que lles sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión de aqueles.
3. Será preceptivo o previo ditame da Comisión Informativa correspondente, nos asuntos nos que resolva o alcalde ou a Xunta de Goberno Local por delegación do Pleno.
Artigo 61. Dos tipos de comisións informativas.
As comisións informativas poden ser permanentes ou especiais. Son permantes as que se constitúen con carácter xeral, distribuíndo entre elas as materias que teñen que someterse ao Pleno. O seu número e denominación iniciais, así como calquera variación nelas durante o mandato corporativo, decidirase mediante acordo que adopta o Pleno por proposta do alcalde, procurando, no posible, a súa correspondencia co número e determinación das grandes áreas nas que se estruturan os servizos.
Son especiais as comisións informativas que o Pleno acorde constituír para un asunto concreto, en consideración ás súas características especiais de calquera tipo.
Artigo 62. Da súa composición.
a) As Comisions Informativas estarán exclusivamente integradas por concelleiros da Corporación e presidiraas o alcalde, que pode delegar a presidencia efectiva en calquera membro da Corporación.
b) No acordo de creación das das comisións informativas, que haberá que adoptar nunha sesión plenaria celebrada dentro do mes seguinte ao da constitución de cada Corporación, determinarase a súa composición concreta, tendo en conta as seguintes regras:
- Cada comisión estará integrada de forma que a súa composición se acomode á proporcionalidade que existe entre os distintos grupos políticos representados na Corporación
- A adscrición concreta a cada comisión dos membros da Corporación que teñan que formar parte dela, representando a cada grupo, realizarase mediante un escrito do portavoz do grupo dirixido ao alcalde, do que se dará conta ao Pleno. De igual forma, poderanse designar suplentes dos titulares
- A Secretaría das comisións informativas desempeñaraa o secretario da Corporación ou o funcionario no que delegue
- As súas convocatorias e as súas sesións axustaranse ao réxime previsto para as do Pleno.
SECCIÓN SEGUNDA.-DA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS
Artigo 63. Obxecto.
Á Comisión Especial de Contas, órgano de carácter preceptivo, correspóndelle estudar e informar todas as contas, orzamentarias e extraorzamentarias, que teña que aprobar o Pleno, de acordo co que establece o Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.