Padrón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 23/05/2024 BOP Nº: 99
Aplicable dende: 23/05/2024

ÍNDICE

ARTIGO 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

ARTIGO 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE E OBRIGA DE CONTRIBUÍR.

ARTIGO 3.º.-OBRIGADO TRIBUTARIO.

ARTIGO 4.º.-RESPONSABLES.

ARTIGO 5.º.-EXENCIÓNS SUBXECTIVAS.

ARTIGO 6.º.-COTA TRIBUTARIA.

ARTIGO 7.º.-LIQUIDACIÓN E INGRESO.

ARTIGO 8.º.-PRESTACIÓN DO SERVIZO FÓRA DO CONCELLO DE PADRÓN.

ARTIGO 9.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

DISPOSICIÓN FINAL

ARTIGO 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.

En uso das facultades concedidas polo artigo 150 e concordantes da Lei reguladora das facendas locais, texto refundido aprobado polo Real decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo (en diante, LRFL),e de conformidade co disposto polos artigos 15 e seguintes da LRFL, establecese a taxa pola prestación do servizo de extinción de incendios e de salvamentos á que fai referencia o artigo 20.4.k) do mencionado texto legal (LRFL) e que estará regulada polas normas ao efecto contidas na presente Ordenanza fiscal, así como as de aplicación contidas tanto na propia LRFL como na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e demais que lle foran tamén de aplicación.

ARTIGO 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE E OBRIGA DE CONTRIBUÍR.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa, a prestación dos servizos de extinción de incendios e salvamentos que a seguir se indica, os cales son de recepción obrigatoria:

a) A asistencia prestada en caso de incendios e/ou alarmas destes, salvamentos en xeral, afundimentos de edificios e construcións, ruínas ou prevencións destas, accidentes de tráfico, inundacións e calquera outra situación análoga que motive a necesidade de intervención dos servizos de emerxencias do Concello de Padrón, ben sexa por solicitude de particulares interesados, ou ben sexa de oficio por razóns de seguridade sempre que a prestación do devandito servizo redunde en beneficio do suxeito pasivo.

b) A presenza de persoal e materias do servizo en concentracións, espectáculos e outros, con fins preventivos.

c) Calquera outro servizo de recepción obrigatoria que fora prestado polos servizos de emerxencias do Concello na materia obxecto desta taxa.

d) A realización de actuacións que, aínda non sendo de recepción obrigatoria, foran prestadas polo persoal do servizo a requirimento dos interesados.

2. A obriga de contribuír nacerá e producirase a devindicación ou adquisición do dereito á percepción da taxa polo Concello, no momento no que saia do parque dos servizos de emerxencias a dotación correspondente para levar a cabo ou seu cometido.

3. Non estarán suxeitos ao pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza os servizos de prevención xeral realizados a instancia do propio Concello, nin aqueles outros servizos que se presten en beneficio da xeneralidade da veciñanza ou dunha parte considerable desta, tales como os prestados en casos de catástrofe ou calamidade pública oficialmente declarada.

ARTIGO 3.º.-OBRIGADO TRIBUTARIO.

1. Son obrigados tributarios, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas ás que fai referencia o art. 35 da Lei Xeral Tributaria, incluídos os mencionados no apartado 4 do mesmo., que sexan usuarios dos bens sinistrados e que foran obxecto da prestación do servizo. Entenderase por usuarios/as, aos propietarios/as, arrendatarios/as, usufrutuarios/as e posuidores, por calquera título, dos bens obxecto de actuación. Nos servizos de salvamento, será obrigados tributarios, os que teñan solicitado o servizo ou en cuxo interese redunde a prestación realizada.

2. Terán a condición de substituto do contribuínte, no caso de prestación do servizo de prevención e extinción de incendios, prevención de ruínas, construcións e derrubes, salvamentos e, en xeral, de protección de persoas e bens, as entidades ou sociedades aseguradoras do risco.

ARTIGO 4.º.-RESPONSABLES.

1. Serán responsables solidarios da débeda tributaria, as persoas ou entidades ás que fai referencia o artigo 42 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5.º.-EXENCIÓNS SUBXECTIVAS.

1. Estarán exentos os contribuíntes que sexan beneficiarios das prestacións económicas de apoio á convivencia e autonomía persoal, emerxencia social e inserción social, de conformidade co regulamento de prestación económicas dos servizos sociais comunitarios.

2. Os suxeitos pasivos que estean na/s situacións descritas no apartado anterior, deberán solicitalo por escrito ao Concello, acompañando a documentación acreditativa das circunstancias nas que se fundamenta dita exención. O prazo para se solicitar a exención será do máximo dun mes, contado desde a data da intervención dos efectivos do servizo.

3. Fóra dos supostos indicados non serán aplicables outros beneficios fiscais, salvo os que estean expresamente amparados en normas con rango de lei e os derivados de tratados internacionais.

ARTIGO 6.º.-COTA TRIBUTARIA.

1. A cota tributaria determinarase en función do número de efectivos, dos materias empregados na prestación do servizo, o tempo invertido nesta e o percorrido efectuado polos vehículos que actúen e, no seu caso, polas especiais incidencias na prestación do servizo, tal e como figura no apartado seguinte.

2. Aos efectos anteriores, aplicaranse as seguintes tarifas:

Persoal

Taxa

Xefe do Servizo / Xefe Parque

35,85 €/hora ou fracción

Xefe de Equipo / Cabo

29,87 €/hora ou fracción

Persoal de intervención / Bombeiro

26,29 €/hora ou fracción

Vehículos

Taxa

FSV (Furgón Salvamentos Varios)

65 €/hora ou fracción

BUL (Bomba Urbana Lixeira)

65,72 €/hora ou fracción

BUP (Bomba Urbana Pesada)

71,70 €/hora ou fracción

BRL (Autobomba Rural Lixeira)

72 €/hora ou fracción

BRP (Autobomba Rural Pesada)

72 €/hora ou fracción

BFL (Bomba Forestal Lixeira)

71,70 €/hora ou fracción

BNP (Bomba Nodriza Pesada)

71,70 €/hora ou fracción

Camión grúa

83,65 €/hora ou fracción

AEA (Autoescaleira Automática)

165 €/hora ou fracción

ABA (Autobrazo Articulado)

165 €/hora ou fracción

PICK-UP

41,82 €/hora ou fracción

VIR (Vehículo Intervención Rápida)

65 €/hora ou fracción

UMJ (Unidade de Mando e Xefatura)

35,85 €/hora ou fracción

UPC (Unidade Mixta de Persoal e Carga)

35,85 €/hora ou fracción

BUS (Unidade de Transporte de Persoal)

35,85 €/hora ou fracción

Outros vehículos pesados

71,70 €/hora ou fracción

Outros vehículos lixeiros

35,85 €/hora ou fracción

REM (Remolque Escada Manual)

47,8 €/hora ou fracción

RUV (Remolque Usos Varios)

23,90 €/hora ou fracción

RSA (Remolque Salvamento Acuático)

35,85 €/hora ou fracción

RUC (Remolque Unidade Canina)

35,85 €/hora ou fracción

Outros remolques

23,90 €/hora ou fracción

BSA (Barca de Salvamento Acuático)

47,80 €/hora ou fracción

BSA Grande (Barca Salvamento Acuático)

72 €/hora ou fracción

Quilometraxe

Taxa

Quilómetro (contabilizarase ida e volta)

1,19 €/quilómetro

Material

Taxa

Equipos de respiración autónoma (ERA)

29,87 €/unidade

Recarga de aire comprimido ERA

17,92 €/unidade

Extintores

47,80 €/unidade

Mangueiras e accesorios

17,92 €/tramo

Xerador de espuma

35,85 €/hora ou fracción

Xerador eléctrico

41,82 €/hora ou fracción

Equipo de submarinismo

59,75 €/hora ou fracción

Equipo de salvamento acuático

35 €/hora ou fracción

Bomba achique pequena

29,87 €/hora ou fracción

Bomba achique grande

41,82 €/hora ou fracción

Electrobomba

35 €/hora ou fracción

Detector de temperatura

11,95 €/hora ou fracción

Detector de gases

35,85 €/hora ou fracción

Cámara termográfica

47,80 €/hora ou fracción

Manta ingnífuga vehículos eléctricos/hibrídos

750€/unidade

RPAS / DRON (categoría ¿C0"cun peso menor de 250 gramos)

12 €/hora ou fracción

RPAS / DRON (categorías ¿C1 a C6"cun peso maior ou igual a 250 gramos)

35 €/hora ou fracción

Ventilador

50 €/hora ou fracción

Coxíns elevación alta e Baixa presión

50 €/hora ou fracción

Equipo de rescate de altura/subsolo

35,85 €/hora ou fracción

Trípode rescate espacios confinados

60 €/hora ou fracción

Equipo de excarceración

161,32 €/hora ou fracción

Equipos de iluminación

23,90 €/hora ou fracción

Motoserras ou motoradiais

35,85 €/hora ou fracción

Padiolas de rescate

23,90 €/hora ou fracción

Collarín cervical

1 €/unidade

Outros equipos especiais

47,80 €/hora ou fracción

Ferramentas e útiles

2,39 €/hora ou fracción

Espumóxeno

11,95 €/litro

Dispersante

14,34 €/litro

Absorbente

17,92 €/litro

Maniquies de prácticas

23,90 €/hora ou fracción

Tarifas mínimas

Taxa

Cando se solicite a saída para un servizo e non se chegue a intervir, contabilizarase o persoal e vehículos mobilizados

ver taxa anterior

Apertura de portas

107,55 €

Retirada ou captura de animais na vía pública, salvo que, da liquidación dos elementos persoais e materiais utilizados resulte unha cota superior.

143,4 €

Prestación de servizos tales como desconexión de alarmas, retirada de elementos arquitectónicos que ameacen ruína e outros similares, salvo que, da liquidación dos elementos persoais e materiais utilizados resulte unha cota superior.

95,60 €

Formación/simulacros

Taxa

Por formación impartida polo persoal do Servizo de Emerxencias de Padrón a asociacións, empresas, particulares ou a calquera outra entidade e organismo

59,75 €/hora ou fracción

Material empregado durante a formación

ver taxa anterior

Vehículos empregados

ver taxa anterior

Implantación de plans de autoprotección

Taxa

Entidades de ata 100 persoas

298,75 €

Entidades de máis de 100 persoas

298,75 € + 1,91 € / por cada persoa adicional ós 100

Expedición de documentos administrativos

Taxa

Por emisión de informes en relación as intervencións realizadas polo servizo

41,82 € cada informe

Pola copia de informes emitidos en soporte de papel

0,59 € por cada folla

Pola copia de informes emitidos en soporte dixital (CD ou DVD)

1,79 € por cada CD / DVD

Por fotografías requiridas acompañando ós informes citados

3,58 € cada fotografía

Pola remisión de calquera dos documentos anteriores mediante correo certificado ou ordinario

5,37 € cada remisión

INCREMENTOS DAS TARIFAS ANTERIORES:

1. SERVIZOS FÓRA DO TERMO MUNICIPAL.

Os membros dos servizos de emerxencias poden actuar fora do seu termo municipal cando sexan requiridos por la autoridade competente en situacións de emerxencia. Os servizos efectuados fóra do termo municipal terán unha recarga do 50% sobre a tarifa resultante.

2. INCIDENTES CON MATERIAS PERIGOSAS.

Naqueles incidentes nos que haxa presenza de substancias tóxicas, inflamables, explosivas, etc. en cantidades ou condicións non permitidas polas disposicións legais aplicables, recargarase a tarifa resultante nun 100%.

ARTIGO 7.º.-LIQUIDACIÓN E INGRESO.

De acordo cos datos remitidos no parte de intervención emitido polo persoal do servizo, no que constan a identificación do ben ou bens sinistrados, nome do usuario do servizo e titulares do ben, compañía aseguradora do risco e número de póliza, así como a especificación dos servizos prestados, dotación do persoal e material, tempo empregado e demais datos e indicadores necesarios, practicarase a liquidación que corresponda, que será aprobada mensualmente na oportuna resolución conxunta dese fin para se notificar, individualmente co fin do seu ingreso directo na forma e prazos sinalados no Regulamento Xeral de Recadación, ben na oficina de recadación municipal ou no número de conta que indique o Concello.

ARTIGO 8.º.-PRESTACIÓN DO SERVIZO FÓRA DO CONCELLO DE PADRÓN.

Para a realización de tal servizo bastara a solicitude do servizo a través do CAE 112 ou, no seu caso, da xerencia do Consorcio ou do Parque de Bombeiros do que teña dependencia o servizo de emerxencias de Padrón ou ben por orde do alcalde ou concelleiro delegado. Concederase, en todo caso, cando o servizo o permita.

ARTIGO 9.º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

En materia de cualificación das infraccións e da aplicación das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza estará en vigor tras a preceptiva aprobación plenaria e exposición pública da mesma e será de aplicación de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo cal se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.>>