Frades - ORDENANZA REGULADORA DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS DO CONCELLO DE FRADES
Artigo 1.-
Os servizos sociais especializados (podoloxía, perruquería, fisioterapia, hixiene postural, lavandería, prevención da dependencia¿) teñen por obxecto promover a autonomía persoal no medio habitual das persoas con limitacións para as actividades básicas e instrumentais da vida diaria. Poderán prestárselle a calquera persoa para a cal, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, atenderanse persoas maiores con déficit de autonomía e persoas con discapacidade recoñecida, especialmente cando carezan de apoio social no seu medio inmediato.
Este conxunto de atencións serán realizadas por persoal cualificado e sempre coa supervisión técnica dos servizos sociais comunitarios do concello.
Estes programas e/ou atencións, poderán complementar ou non á axuda no fogar.
Artigo 2.-
Os requisitos xerais para acceder ós servizos son:
- Empadroamento e residencia efectiva no Concello de Frades con 6 meses de antigüidade a lo menos.
- Ser persoas maiores de 65 anos, con dificultades de mobilidade ou autonomía determinados polo informe médico, ou con discapacidade/ dependencia recoñecida
- Non presentar un estado de deterioro físico ou psiquiátrico tal que precise dun internamento nun centro asistencial.
- Estar ó correntes das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, podendo autorizar ó concello a súa comprobación.
Excepcionalmente poderán ser beneficiarias as persoas que non cumpran estes requisitos, previo informe do traballador social, sempre que a gravidade ou urxencia da situación fagan necesaria esta axuda.
Artigo 3.-
As solicitudes da prestación do servizo serán facilitadas polos servizos sociais do concello, e á mesma xuntarase a seguinte documentación:
· DNI de todos os membros da unidade de convivencia.
· Xustificantes de ingresos económicos da unidade familiar.
· Informe médico segundo modelo
· Certificado de discapacidade o dependencia (se é o caso)
· Calquera outro documento que se considere necesario para a valoración da solicitude e que teña relación cos aspectos valorados nesta.
A solicitude e documentación presentada será estudada e valorada polo traballador social, por orde de entrada, e emitirá un informe no que se porá de manifesto se a persoa interesada cumpre os requisitos sinalados para percibir a prestación.
Artigo 4.-
A Alcaldía ou órgano municipal competente, logo de ver o informe-proposta resolverá a adxudicación da axuda no prazo máximo de 15 días hábiles. Se transcorrido este prazo, a solicitude non é respostada polo concello, considerarase desestimada
O prazo de solicitude permanecerá aberto todo o ano
Os usuarios dos servizos sociais especializados do Concello de Frades, terán os seguintes dereitos:
- Ser tratados co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.
- Acceder á axuda en condicións de igualdade e non discriminación.
- O tratamento confidencial dos seus datos de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
- A unha asistencia personalizada acorde ás súas necesidades específicas, coa calidade e duración prescritas en cada caso
Artigo 5.-
Os usuarios terán, ademais das obrigas que resulten do conxunto do ordenamento xurídico os seguintes deberes:
- Cumprir as normas, os requisitos e o procedemento para acceder ós diferentes servizos.
- Cumprir cas condicións do servizo, facilitar e colaborar na execución das tarefas do persoal, poñendo os medios necesarios.
- Facilitar e cooperar no seguimento, na avaliación e na inspección do servizo.
O incumprimento inxustificado e non comunicado dalgún destes deberes e obrigas por parte da persoa usuaria, ou persoa en que delegue, poderá implicar a suspensión cautelar ou a extinción da prestación do servizo.
O Concello de Frades prestará estes servizos ben directamente ou ben a través de entidades privadas debidamente autorizadas.
Artigo 6.-
No caso de que os servizos non conten con capacidade para atender todas as solicitudes elaborarase unha lista de agarda á que se accederá pola puntuación determinada por:
- Informe médico: o punto de corte establecese en ≤ 60 puntos (baseado no Indice de Barthel que valora a capacidade individual para realizar as actividades da vida diaria)
- Valoración de risco social, realizada polo traballador social. O punto de corte mínimo establecese en 12 puntos (baseada na escala de valoración sociofamiliar de Gijón)
- Capacidade económica segundo o seguinte baremo:
CAPACIDADE ECONÓMICA | PUNTUACION |
Inferior ou igual ó IPREM | 50 |
Máis do 100% e igual ou inferior ó 150% do IPREM | 30 |
Máis do 150% e igual ou inferior ó 200% do IPREM | 10 |
Máis do 200% do IPREM | 0 |
ANEXO
| |
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."