Aranga - ORDENANZA REGULADORA DE INCLUSIÓN E APOIO ÁS SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE ARANGA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Os poderes públicos deberán asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, así como a protección das persoas en situación de necesidade, desamparo, circunstancias graves ou de urxente necesidade por carencias económicas e socio-familiares.
Sinala o artigo o artigo 25.1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que ¿ toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure , así como á súa familia, a saúde e o benestar, en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios".
O artigo 39 da Constitución establece a obriga dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.
A Constitución española atribúe a competencia nesta materia a través do artigo 148.1.20 ás Comunidades Autónomas e estas, no marco dos seus estatutos, promulgaron as leis de servizos sociais, en Galicia, a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Pola súa banda, a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no seu artigo
25.e) establece que será competencia dos municipios a avaliación e información de situacións de necesidades sociais e a atención inmediata a persoas en situación de risco e de exclusión social.
A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, no seu artigo 80.k, establece como competencia municipal propia a prestación dos servizos sociais e a promoción e reinserción social.
A Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia, establece como principio de responsabilidade pública, entre outros, dispensar especial atención ás familias con dificultades derivadas da súa estrutura ou das súas circunstancias e mais a aquelas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión social.
En desenvolvemento dos principios e obrigas anteriores, servindo con obxectividade aos intereses xerais, e conforme á obriga a todas as Administracións Públicas que pauta o artigo
o da Constitución Española, o Concello de Aranga ten o dereito e a responsabilidade de establecer e regular o conxunto de dereitos e recursos municipais específicos dirixidos a persoas en situación de risco ou exclusión social en seguimento da seguinte normativa:
A Lei 13/2008 de 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia indica no Art. 21 que son ¿prestacións económicas dos sistema galego de servizos sociais as achegas en diñeiro, de carácter periódico ou de pagamento único, que teñen como finalidade, entre outras, apoiaro coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social", entre elas: A) as rendas de inclusión social, B) as axudas de emerxencia e necesidade social e igualmente as axudas económicas de análoga ou similar natureza e finalidade.
O Decreto 99/2012 de 16 de marzo polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e o seu financiamento, contempla no artigo 9 como Programa Básico de Servizos Sociais no eido municipal o Programa de Inserción Social que ¿procure valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo ás persoas en situación de risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.
Por último e de acordo co artigo 84 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, son competencias dos concellos: ¿1. En cooperación coa Xunta de Galicia, implantar e desenvolver os servizos sociais comunitarios necesarios para a aplicación do disposto nesta lei, consonte o establecido na precitada Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia" e ¿3. Cantas outras competencias lles correspondan por norma de rango legal ou regulamentario".
Xa por último, a Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, no seu artigo 29, modificación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia modifica a letra a) do artigo 2, que queda redactada do seguinte xeito ¿2. Non teñen carácter de subvención: a) As prestación prevista son artigo 2.4. da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, destinadas a persoas físicas e ás prestacións autonómicas e municipais de natureza similar a estas ou de carácter asistencial". A partir da entrada en vigor da antedita Lei 4/2021, de 28 de xaneiro, os concello quedan habilitados, por ministerio de lei, para xestionar prestacións económicas de carácter asistencial, sen ter que someterse ao réxime xeral da Lei de Subvencións.
TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS:
ARTIGO 1. RÉXIME XURÍDICO
As axudas ás que se refire esta ordenanza rexeranse polos preceptos básicos establecidos na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, tendo en conta a disposición adicional terceira e a disposición transitoria segunda da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, así como a disposición adicional cuarta da Lei 5/2014 de 27 de maio de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013 de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da administración local.
De conformidade co previsto no artigo 2.2.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado o seu carácter de prestación económica de carácter asistencial, as axudas emerxencia social non teñen carácter de subvención.
A concesión das prestacións municipais baixo a denominación de emerxencia social rexerase polo disposto na presente ordenanza e polas disposicións que se adopten para a súa aplicación e desenvolvemento
ARTIGO 2.- OBXECTO:
1. Esta Ordenanza ten por obxecto establecer un conxunto de axudas de emerxencia social que teñen por finalidade atender situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social e estean destinadas a sufragar gastos extraordinarios e urxentes.
2. Igualmente regula as condicións de acceso da veciñanza de Aranga ás prestacións municipais contempladas nesta Ordenanza.
3. Estas axudas caracterízanse por:
3.a. O seu carácter finalista, debendo destinarse para satisfacer a necesidade especificamente sinalada no acordo de recoñecemento da axuda.
3.b. O seu carácter subsidiario, respecto doutras prestacións económicas recoñecidas ou recoñecibles segundo a lexislación vixente.
3.c. O seu carácter persoalísimo e intransferíbel.
3.d. O seu carácter transitorio e non periódico.
ARTIGO 3. ÁMBITO DE APLICACIÓN
1. O ámbito subxectivo de aplicación desta ordenanza ven determinado por aquelas persoas que, acorde co Sistema Galego de Servizos Sociais, sexan valoradas como persoas en situación ou risco de exclusión social, de acordo a unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos e situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos seguintes factores de exclusión, cando supoñan unha especial dificultade de integración social ou laboral:
-. Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas, tanto de menores como de persoas maiores dependentes ou afectadas de discapacidade.
-.Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias aditivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
-.Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
-.Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
-.Ter unha discapacidade recoñecida superior ao 33 %
-.Ser inmigrante ou emigrante retornado/a
-.Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
-.Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaría.
-.Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
-.Pertencer a unha minoría étnica.
-.Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de tráfico de persoas.
-.Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
-.Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, valorado polo traballador/a social de referencia dos servizos sociais do Concello de Aranga, no contexto persoal e sociofamiliar da persoa, condicione negativamente e gravemente a súa inclusión sociolaboral.
ARTIGO 4. DEFINICIÓNS:
1. Prestacións: As prestacións recollidas nesta Ordenanza son prestacións económicas de pago único que teñen por obxecto atender situacións de carácter urxente, transitorio, puntual e previsiblemente non repetible. Estas situacións deberán estar incardinadas nun proceso de intervención social que inclúa unha análise da situación individual e familiar por parte da traballadora social de referencia.
2. Emerxencia social: Situación de necesidade económica grave e urxente, con afectación severa á saúde e/ou ao benestar dunha persoa ou dunha familia especialmente no que atinxe á alimentación, vestido, vivenda, asistencia médica e outras atencións básicas e urxentes.
3. Itinerario de inclusión activa: Ferramenta técnica de diagnose social individualizada de intervención social dirixida á inclusión social dunha persoa ou grupo. Valorará a situación ou risco de desemprego e/ou infraemprego, exclusión residencial ou infravivenda, así como de carácter persoal, familiar e/ou social ou que de calquera outra índole incidan na situación de risco ou exclusión e, contará con actuacións para a inclusión sociolaboral da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia.
4. Residencia efectiva: Residencia habitual, vivir habitualmente e de xeito ininterrompido.
5. Residente: persoa física que ten a súa residencia habitual no municipio de Aranga.
6. Situación ou risco de exclusión social: situación avaliada tecnicamente seguindo os criterios previstos na normativa estatal ou autonómica vixente en cada momento.
7. Unidade de convivencia: considérese, aos efectos deste regulamento, unidade de convivencia ao conxunto de persoas que habitan e desfrutan de xeito habitual e permanente unha vivenda, sempre e cando estean empadroadas na mesma, no momento da solicitude e con independencia da relación existentes entre todas elas, non podendo unha persoa formar parte de dúas ou mais unidades de convivencia distintas.
De xeito excepcional, a valoración da unidade de convivencia supeditarase ao criterio técnico nos seguintes casos:
1. Inmobles de titularidade familiar.
2. Residencia colectiva: en instalacións colectiva de carácter sanitario, terapéutico ou social de titularidade publica ou entidades de iniciativa social coa debida acreditación e rexistro no Sistema Galego de Servizos Sociais.
3. Establecementos de aloxamento hostaleiro en réxime de pensión, nas que medie contraprestación económica.
4. En vivenda particulares nas que medie contraprestación económica coa persoa propietaria da vivenda.
5. Vivendas compartidas por varias unidades familiares de convivencia sen vínculo de parentesco.
6. IPREM: Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples.
7. IPREM MENSUAL: corresponde a catorceava parte do IPREM anual vixente.
ARTIGO 5. PERSOAS BENEFICIARIAS:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas individuais ou unidades de convivencia empadroadas e residentes no concello de Aranga, que carezan de medios económicos e nas que concorran factores de risco ou emerxencia social e precisen dunha axuda para satisfacer as súas necesidades básicas, sempre como un apoio á intervención social.
ARTIGO 6. REQUISITOS:
1. Ser maior de idade ou menor emancipado/a
2. Acreditar a situación de risco ou exclusión social. Ter sido avaliada en situación de risco ou exclusión social polos servizos sociais municipais, en base ao Itinerario de inclusión activa. A documentación acreditativa deste requisito será o informe dos servizos sociais municipais emitido pola traballadora social de referencia.
3. Estar empadroado ou ter residencia legal e efectiva de xeito ininterrompido no termo municipal de Aranga cunha antigüidade mínima de seis meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, agás as seguintes excepcións;
3.a. Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado Español, sexan beneficiarias do sistema de rendas mínimas na comunidade autónoma da cal proceden, sempre que na lexislación da citada comunidade autónoma se recolla a reciprocidade ou convenio específico para o efecto.
3.b. A vítimas de violencia doméstica ou de violencia de xénero que cambiou o seu domicilio por motivos de seguridade.
3.c. As persoas emigrantes galegas, nos termos sinalados no artigo 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, cando fixasen a súa residencia no Concello de Aranga.
3.d. As que teñan recoñecida a condición de persoa refuxiada polo organismo competente da Administración Xeral do Estado ou aquelas persoas cuxa solicitude de asilo se admitise a trámite ou, non admitíndose, teñan as persoas solicitantes autorizada a súa permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social, no marco da lexislación reguladora do dereito de asilo e a condición de persoa refuxiada e da normativa reguladora dos dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España e da súa integración social.
3.e. As persoas vítimas de tráfico de seres humanos ou de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero que conten coa autorización de residencia ou cun traballo por circunstancias excepcionais nos termos que estableza a normativa de aplicación en materia de estranxeiría.
3.f. Persoas que se atopen nunha situación de necesidade, precariedade ou urxencia que provoque unha situación de desprotección e/ou de risco de exclusión no intre da solicitude, sendo necesario, nestes casos, un informe social motivado do persoal técnico de servizos sociais do Concello de Aranga.
4. Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifica a solicitude da axuda.
5. Acreditar a situación de necesidade, situación que será valorada polo/a traballador/a social e , de ser o caso, integrada nun proceso de intervención social.
6. No caso de unidades de convivencia con menores, estes deberán estar escolarizados e non poderá estar activado ningún protocolo de absentismo.
7. Achegar a documentación requirida en cada caso.
8. Aceptación expresa por parte do/a solicitante das condicións que figuran no deseño da intervención social, se é o caso.
9. No caso de ter expediente aberto nos servizos sociais, que a unidade familiar cumprira co plan de traballo e/ou seguimento establecido polos servizos sociais comunitarios básicos ou polo servizo especializado, consonte o seu Itinerario de inclusión activa.
10. Que a unidade de convivencia non dispoña mais do 50 % do IPREM anual (14 meses), á data da solicitude, en títulos, saldos en contas e valores ou calquera outro produtos financeiros
TÍTULO II. AS PRESTACIÓNS PARA AFRONTAR SITUACIÓNS EMERXENCIA SOCIAL. XESTIÓN E PROCEDEMENTO:
ARTIGO 7: FORMA, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes, acompañadas pola documentación especificada no artigo 8, formalizaranse conforme aos modelos que se publicarán xunto con esta ordenanza e, presentaranse no rexistro municipal correspondente ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
1. De forma excepcional, os expedientes poderán ser incoados de oficio, mediante informe social emitido polo persoal técnico de servizos sociais, cando concorran circunstancias extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen.
2. As solicitudes das axudas de emerxencia social poderán presentarse en calquera momento do ano.
ARTIGO 8. DOCUMENTACIÓN
1. A solicitude, segundo o modelo do anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1.a. DNI/NIE de tódolos membros da unidade de convivencia maiores de idade ou documento análogo de igual valor.
1.b. Libro de familia ou documentación equivalente e demostrativa da filiación.
1.c. Sentenza de separación ou divorcio ou do convenio regulador ou documento regulador das relacións paterno-filiais, de ser o caso, así como constancia da contía da manutención.
1.d. Autorización de consulta de datos relativos a IRPF, Catastrais, Certificado do grao de discapacidade, grao de dependencia e Padrón de habitantes. Anexo III.
1.e. Copia do contrato de alugueiro ou do préstamo hipotecario, e os últimos xustificantes de pagamento.
1.f. Xustificación de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia que se atopen en idade laboral relativo aos últimos 6 meses anteriores á presentación da solicitude. Para esta xustificación compre presentar a seguinte documentación acreditativa:
1.f.i. Follas de salario de todos os membros da unidade de convivencia computables y que perciban haberes. No caso de autónomo, modelos 130 e 131 dos dous trimestres anteriores á solicitude, no caso de persoas traballadoras do réxime especial agrario deberán presentar os dous trimestres inmediatamente anteriores á solicitude do modelo 303.
1.f.ii. Certificacións bancarias do saldo medio dos últimos seis meses anteriores á solicitude das contas e depósitos bancarios de cada un dos membros integrantes da unidade de convivencia.
1.f.iii. No caso de títulos e valores ou calquera outro produto financeiro, o valor determinarase a final do ano anterior.
1.f.iv. Certificación de percibir ou non prestacións económicas por parte do Servizo Público de Emprego ou da Seguridade Social, así como a contía das mesmas de ser o caso.
1.f.v. Extracto das entidades bancarias nas que confiasen as contas ou depósitos sobre os movementos bancarios existentes nos 6 meses anteriores á petición da axuda.
1.f.vi. Naqueles casos nos que as persoas solicitantes e/ou integrantes da unidade de convivencia carezan da documentación específica sinalada sobre os ingresos, solicitarase declaración responsable.
1.f.vii. Declaración xurada de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas polo mesmo concepto polas distintas administracións públicas competentes ou institucións privadas, segundo o anexo III.
1.f.viii. Vida laboral de tódolos membros da unidade de convivencia maiores de 16 anos.
1.g. Orzamento do gasto a realizar.
1.h. Informe médico de prescrición, de ser o caso, receitas e prescrición médicas da seguridade social.
1.i. Informe educativo, de ser o caso.
1.j. Certificado de IBAN bancario onde se ingresaría a prestación económica.
1.k. Autorización de pago delegado, segundo anexo II.
1.l. No caso de axudas vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual de alugueiro, autorización da persoa propietaria da vivenda para acometer as obras.
1.m. Certificado do recoñecemento do grao de discapacidade, de ser o caso.
1.n. Resolución do grao de dependencia, de ser o caso.
1.o. Documentación acreditativa de representante legal, de ser o caso.
1.p. Declaración de débeda de alugamento, subscrita pola persoa propietaria do inmoble arrendado.
1.q. Outros documentos específicos segundo a circunstancia da necesidade a pedimento dos servizos sociais.
ARTIGO 9: DETERMINACIÓN DOS RECURSOS ECONÓMICOS
Para determinar os recursos económicos da unidade de convivencia terase en conta:
Ingresos: O total de ingresos que perciban, no momento da solicitude, a persoa solicitante e mais os integrantes da unidade de convivencia, en concepto de rendas, pensións, rendementos do traballo (terase en conta o salario bruto), prestacións, axudas, subsidios e prestacións de pago único ou por calquera outro concepto, dos seis meses anteriores á data de solicitude. Así como as contías percibidas en concepto de rendemento do capital mobiliario e inmobiliario, alugueiros ou similares, ou calquera outra rendemento patrimonial.
Descontarase da suma total de ingresos os gastos derivados do uso da vivenda habitual en concepto de alugueiro ou préstamos hipotecario, dos últimos seis meses. A contía máxima que se pode restar aos ingresos polos ditos conceptos, en ningún caso, poderá ser superior ao 50 % IPREM mensual.
Para a determinación da capacidade económica mensual da unidade de convivencia, terase en conta a sexta parte dos ingresos totais existentes, unha vez descontado os gastos de alugueiro ou préstamo hipotecario, de ser o caso.
Considéranse ingresos insuficiente, no caso de cobertura de necesidades básicas recollidas no artigo 10.1. da presente ordenanza, cando os ingresos mensuais da unidade de convivencia non superan o 100 % do IPREM mensual, incrementado nun 10 % por cada membro maior de idade e dun 20 % por cada menor de idade.
No resto de categorías contempladas no artigo 10, seguirase a seguinte regra:
Para as unidades de convivencia constituídas por un só membro, o límite de ingresos será o equivalente ao IPREM mensual. .
Para as unidades de convivencia constituídas por dous membros o límite de ingresos será o equivalente ao IPREM mensual incrementado nun 50 %.
A partir do terceiro membro o límite de ingresos incrementarase nun 15 % por cada membro adicional da unidade de convivencia.
Bens patrimoniais, depósitos bancarios, contas correntes ou de aforro:
Terán a consideración de bens patrimoniais ou bens mobles e inmobles sobres os que se posúa dereito de propiedade, usufruto, posesión ou calquera outro, agás a vivenda habitual. Sempre que polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indiquen a existencia de medios suficientes para a subsistencia da unidade de convivencia.
Para os efectos utilizaranse os seguintes criterios de valoración, deducirase que existen medios suficiente para a subsistencia no seguintes supostos:
8. Cando o valor catastral dos bens inmobles, agás a vivenda habitual, teñen unha valoración superior ao 200 % do IPREM anual (14 meses)
9. Cando o valor do capital mobiliario de tódolos membros integrantes da unidade de convivencia sexa superior ao 50 % do IPREM anual (14 meses). O valor do capital mobiliario será o saldo medio dos seis meses anteriores á formulación da solicitude, no caso de contas e depósitos, e no resto o seu valor ao final do trimestre natural anterior.
Non se considerarán como recursos económicos:
10. Os ingresos non regulares de escasa contía que unicamente resulten un complemento da supervivencia.
11. Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada.
12. Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada, sempre que pola súa natureza e menor contía se deduza que só se remuneran os gastos de desprazamento ou incentivan a formación
13. A prestación de alimentos a favor dos fillos que deba ser satisfeita, de acordo co previsto no artigo 93 do Código Civil, sempre que se producira o pagamento.
14. As prestacións económicas públicas vinculadas ao servizo, para coidados na contorna familiar e de asistencias personalizada que se deriva da Lei de Promoción da Autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
15. Calquera outro tipo de axuda finalista para a cobertura de necesidades básicas doutras entidades ou administracións (bono social eléctrico, bono social térmico, axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables, tarxeta benvida, etc.)
ARTIGO 10: CLASIFICACIÓN E CONTÍA DAS PRESTACIÓNS:
As prestacións para afrontar situacións de risco social pretenden paliar situacións de emerxencia social relacionadas coa manutención, aloxamento e subministracións básicas, incluíndo situacións de pobreza enerxética, mantemento da vivenda habitual, equipamento básico, prestacións para a promoción da autonomía persoal e outras situacións de extrema gravidade, de difícil previsión.
As prestacións para a prevención e inserción social van destinadas a minguar factores de risco social no colectivo infanto-xuvenil, apoiar e fomentar a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia ou con discapacidade recoñecida, e favorecer proxectos formativos cun fin laboral.
Atención de necesidades básicas.
Son axudas destinadas a adquisición de alimentos, vestiario e enxoval doméstico de carácter básico imprescindible para satisfacer as necesidades primarias das persoas que permitan o desenvolvemento normalizado da vida diaria.
a.a. Alimentación, produtos de hixiene persoal e do fogar: Alimentos perecedoiros e non perecedoiros, alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas polo facultativo (celíacos, intolerancias, diabetes¿.), así como, os produtos de hixiene persoal e do fogar.
a.b. O vestiario básico englobará tanto a roupa e calzado da persoa solicitante e/ou familia como a roupa de fogar.
a) De carácter Xeral: Manutención: prestación destinada a cubrir as necesidades de alimentación diaria, vestido e coidados básicos das persoas da unidade de convivencia independente. A contía a percibir terá unha duración máxima de 3 mensualidades nun período dun ano . Baixo criterio técnico, podería ser ampliado ata un máximo de 6.
MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA | CONTÍA MÁXIMA SUBVENCIONABLE |
1 | 40% do IPREM mensual x 3 mensualidades |
2 | 50% do IPREM mensual x 3 mensualidades |
3 | 60% do IPREM mensual x 3 mensualidades |
4 | 70% do IPREM mensual x 3 mensualidades |
5 ou máis persoas membro da unidade de convivencia | Un 10% máis por cada persoa a maiores ata o máximo do 100% do IPREM x 3 mensualidades |
Axudas de atención sanitaria, farmacéutica e sociosanitaria
Non cubertas polos sistemas públicos de saúde de servizos sociais, acreditando a súa prescrición polo persoal médico de referencia do sistema público de saúde. Igualmente, poderase financiar a cobertura de elementos protésicos, axudas técnicas, estancias en centros residencial xeriátrico.
Contía da axuda:
16. 100% do custo ata un máximo do 100% do IPREM mensual. No caso de medicación poderanse solicitar ate 3 veces ao ano, sempre tendo como referencia un custo que non deberá superar o 100% do IPREM mensual no mesmo ano.
17. No caso de axudas técnicas, poderase realizar unha solicitude única ao ano tendo como límite de gasto o mesmo do 100% do IPREM mensual. Para solicitar unha axuda para o mesmo tipo de prótese ou axuda técnica, terán que transcorrer cando menos 2 anos, agás no caso de menores que terá que transcorrer cando menos 1 ano.
18. No caso de ingreso en centro residencial xeriátrico ata 150 % IPREM mensual por mes, ata un máximo de 1 mes. A persoa beneficiaria deberá ter solicitado o ingreso en centro residencial público. A persoa beneficiaria deberá aportar ao centro residencia
18.a. 100 % do importe da pensión agás que teña cónxuxe a cargo, en tal caso, apartaría
18.b. 50 % da pensión.
19. Gastos de funerais: cubriranse os gastos básicos de funeral, ata un máximo de 200 % do IPREM mensual.
Axudas vinculadas á vivenda
En todo caso a prestación solicitada deberá ser para a residencia habitual, real e efectiva de quen a solicita, sempre que estea situada dentro do termo municipal de Aranga.
1. Axudas vinculadas ao uso da vivenda, son as destinadas a posibilitar que se continúe habitando na vivenda habitual, comprende axudas de pago de alugueiro, hipoteca da vivenda habitual ou conceptos simulares que impidan o desafiuzamento e a perda de subministracións básicas, como a auga, e a luz e subministración para calefacción.
1.a. Contía das axudas:
20. Fianza do alugueiro da vivenda: Duración máxima da axuda: unha única vez. Contía da axuda: 100% do custo da fianza ata un máximo do 70 % do IPREM mensual.
21. Alugueiro da vivenda habitual ou hipoteca da adquisición da primeira vivenda. Duración máxima da axuda: 3 meses nun período de 12, sempre e cando existan garantías de continuidade da vivenda. A débeda deberá quedar acreditada con documentación e Declaración Xurada do Arrendador. Contemplaranse débedas contraídas por residentes que poidan vivir en vivendas colectivas. A contía da axuda será:
MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA | CONTÍA MÁXIMA SUBVENCIONABLE |
1 - 2 persoas membro | Contía do alugueiro ata un máximo do 50% do IPREM mensual x 3 mensualidades |
3 - 4 persoas membro | Contía do alugueiro ata un máximo do 60% do IPREM mensual x 3 mensualidades |
5 persoas ou máis | Contía do alugueiro ata un máximo do 70% do IPREM mensual x 3 mensualidades |
22. Débedas de subministro ( luz, gas, auga, calefacción), A contía máxima a financiar será ata o 100% do importe da subministración ou do importe de alta.
Poderá solicitarse o pagamento de distintas subministracións, pero en todo caso a contía anual máxima subvencionable será do 150 % do IPREM mensual.
En todo caso a persoa solicitante tramitará o bono social eléctrico.
23. Aloxamento de urxencia: Deberá estar motivado por cuestión de extrema gravidade así valorada pola Traballadora Social Municipal. O aloxamento alongarase ata a obtención dun aloxamento alternativo, e a contía máxima será valorada polo concello en base á gravidade, necesidade e número de persoas afectadas que se acreditará mediante informe social emitido pola traballadora social de referencia, non superando en ningún caso o 100 % do IPREM mensual. Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 24 meses.
2. Axudas vinculadas á mellora da habitabilidade da vivenda habitual, son as destinadas á adecuación da vivenda sempre e cando os acondicionamentos sexan imprescindibles e que garanten o mantemento da habitabilidade así como a mellora da súa accesibilidade.
A contía máxima da axuda non excederá o 250 % do IPREM mensual e non poderña solicitarse unha nova axuda no mesmo concepto ata que transcorra un período de 24 meses.
3. Axudas destinadas ao equipamento mobiliario básico da vivenda, son axudas destinadas á adquisición de mobiliario e electrodomésticos básicos, entendendo como básicos os que sexan imprescindibles para satisfacer as necesidades primarias das persoas e permitan un desenvolvemento normalizado na vida diaria. Excepcionalmente pola existencia de menores ou de persoas convivintes con problemas de saúde ou discapacidade, previo informe social xustificativo, poderán concederse mobiliario ou electrodomésticos non básico, entendidos como aqueles que contribúen á mellora do benestar das persoas.
A contía máxima da axuda non excederá o 100 % do IPREM mensual e só poderá ser solicitarse unha vez ao ano por unidade de convivencia.
Prestacións para afrontar situacións de risco social.
1. Fomento do dereito á educación e á participación da infancia: Concepto: Financiamento de cotas de Escolas Infantís, ludotecas, campamentos e outras actividades valoradas como idóneas con informe técnico emitido desde o Programa de Educación Familiar.
Igualmente poderanse sufragar gastos por mor de matrícula, materiais, desprazamentos, aloxamento, estudos ou outros destinadas a estudantes de formación profesional, nos seus ciclos de grao medio e superior, bacharelato ouuniversidade, sempre e cando se contemplen a nivel técnico como necesarias, e non haxa outro programa municipal ou de outras administracións que acheguen financiamento ao mesmo concepto. No caso de existiren liñas de financiamento para o mesmo fin, as persoas usuarias deberán ter resposta de denegación das mesmas para poder optar a esta liña de emerxencia. Non se poderá solicitar unha nova axuda polo mesmo concepto ata que transcorra un período mínimo de 12 meses.
Contía máxima: Sufragaranse os gastos educativos para os que se solicite a axuda ata un máximo de:
MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA | CONTÍA MÁXIMA SUBVENCIONABLE |
1 - 2 persoas | 40% do IPREM mensual nun pagamento único |
3 - 4 persoas membro | 50 % do IPREM mensual nun pagamento único |
5 persoas ou máis | 60% do IPREM mensual nun pagamento único |
2. Actividades de inserción-socio laboral (matrícula, material). Desenvolvemento de actividades de formación prelaboral ou de inserción socio-laboral e educación ou aprendizaxe para emprego. Duración da axuda: unha única vez nun período de 12 meses. Contía da axuda: 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual.
3. Gastos de Transporte. Poderanse cubrir gastos de transporte para acudir a actividades educativas, prelaborais, laborais ou de fomento da inserción. Igualmente poderase financiar o transporte para acudir a tratamentos terapéuticos necesarios para garantir procesos de inserción social. Contía anual da axuda: 100% do custo ata un máximo do 50% do IPREM mensual. Xuntarase como documentación: xustificantes de asistencia ás consultas médicas ou hospitalarias de ser o caso.
4. Reforzo educativo e aprendizaxe, para menores en idade escolar obrigatoria e previo informe favorable do equipo educativo. A contía da axuda será dun 100 % do custo ata un máximo dun 50 % do IPREM mensual.
5. Intervencións psico-sociais, requerirase de informe favorable do sistema sanitario público e/ou sistema educativo. A contía da axuda será dun 100 % do custo ata un máximo dun 100 % do IPREM mensual.
6. Conciliación, este servizo prestarase ás familias nas que, por concorrer unha situación inesperada ou carecer de rede familiar de apoio, precisen dun apoio puntual para o coidado de fillos/as menores de 12 anos ou fillos/as ata 18 anos cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%. A duración máxima será de 4 meses, debendo acreditarse a coincidencia da xornada laboral coa xornada extra-escolar do menor a cargo. A contía máxima será do 50 % do custo do servizo, ata un máximo do 50 % do IPREM mensual.
b. Outros gastos excepcionais non contemplados nos apartados anteriores. Poderá facilitarse o abono de axudas a individuos e familias na súa contorna de convivencia en situación non contempladas nesta ordenanza, cando a súa necesidade para un proceso de inclusión social sexa avalada por Informe Social emitido polos/as traballadores/as sociais de referencia, que tamén acordará a contía respectando os límites máximos que pauta a ordenanza, e sempre que haxa crédito dispoñible na Partida Orzamentaria creada ao efecto.
c. Non serán susceptibles de prestacións de emerxencia social os seguintes gastos:
1. Os gastos derivados das obrigas tributarias e/ou débedas coa seguridade social.
2. Os gastos derivados de multas e outras sancións pecuniarias debidas ao incumprimento de ordenanzas municipais.
3. Os gastos derivados do cumprimento dunha sentencia xudicial condenatoria.
a. Os diferentes conceptos subvencionables non serán incompatibles entre si. En todo caso, e de xeito combinado, a contía máxima a achegar en cómputo anual, non poderá exceder 4 veces o IPREM mensual .
ARTIGO 11. INSTRUCIÓN E VALORACIÓN DO EXPEDIENTE
Presentada a solicitude, ben a instancia de parte ou de oficio, conforme ao establecido nesta ordenanza e a documentación establecida no artigo 8, será o persoal técnico de servizos sociais os responsables da tramitación do mesmo e comprobación de que a solicitude estea completa.
No caso de que a solicitude estivera incompleta e non reúna os requisitos precisos para a súa tramitación, requirirase á persoa solicitante para que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo 10 días hábiles, emende os defectos e/ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo así, entenderase que desiste do seu pedimento, previa resolución nos termos previstos no artigo 21 de dito texto legal.
O persoal técnico dos servizos sociais do concello e Aranga procederán a comprobar das circunstancias familiares, sociais e económicas da persoa interesada e da súa unidade de convivencia. Asemade realizarán cantas actuacións estimen necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos presentados pola persoa solicitante, en virtude dos que debe pronunciarse para a proposta de resolución, precederán á valoración das solicitudes e emitirán un informe social e se é o caso, o proxecto de intervención social.
Dende o departamento de servizos sociais remitirán a solicitude ao departamento de intervención coa finalidade de verificar a existencia de crédito adecuado e suficiente en atención á natureza do gasto pretendido.
A proposta de concesión ou denegación, así como a proposta de pagamento, a acreditación da urxencia, de ser o caso, en base aos conceptos e contías establecidas na presente ordenanza, será elevada ao órgano competente para a posterior resolución, que deberá axustarse necesariamente ás características da presente ordenanza.
Na resolución quedarán reflectidos os seguintes extremos:
1. Identificación da persoa beneficiaria.
2. Concepto para o que se concede a axuda.
3. Contía da axuda concedida.
4. Forma de pagamento.
5. Definición de procedemento ordinario ou urxente..
6. Duración máxima da axuda
Notificarase á persoa interesada no prazo máximo dun mes, transcorrido dito prazo sen que se producira unha resolución expresa poderase entender desestimada a solicitude por silencio administrativo.
De xeito excepcional, poderá ditarse unha resolución provisional, cando concorran unhas circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen, ata que sexa completado o expediente, cunha certificación previa de crédito orzamentario.
A concesión das prestacións reguladas na presente norma, está limitada pola dispoñibilidade orzamentaria establecida no Orzamentos do Concello de Aranga nos exercicios nos que se imputen os gastos. Polo tanto, as concesión da axudas ao abeiro da ordenanza supedítase en todo momento ao crédito dispoñible existente na aplicación orzamentaria de imputación de gasto.
Igualmente, de conformidade co previsto no artigo 20.8.b) da Lei 38/2003, Xeral de Subvención, en atención á natureza das subvencións previstas na presente ordenanza e o respecto e salvagarda da honra, a intimidade persoal e familiar das persoas físicas beneficiarias, non será obxecto de publicación na Base Nacional de Subvencións, as subvencións concedidas e identidade das persoas beneficiarias ao abeiro da presente ordenanza.
ARTIGO 12. INCOMPATIBILIDADE
Ningunha persoa poderá ser beneficiaria simultaneamente de máis dunha prestación para a mesma finalidade, calquera que sexa a administración pública outorgante. Excepcionalmente poderán concederse axudas cando as prestacións económicas ou servizos que se reciban doutras administracións públicas non cubran a totalidade do importe da prestación para a que se solicitou a axuda, sempre e cando non superen a contía do gasto a efectuar e nos límites establecidos na presente ordenanza.
TÍTULO III. XESTIÓN, ABONO E XUSTIFICACIÓN
ARTIGO 13. PAGAMENTO DAS AXUDAS
a.a. A forma de pagamento da axuda concedida determinarase na resolución, podendo ser:
a.a.i. En metálico, directo ou indirecto. No primeiro caso será a favor da persoa solicitante da axuda, por medio dunha transferencia bancaria. No segundo caso, de xeito indirecto, será a favor da persoa provedora, tras a comprobación da factura correspondente, en todo caso, a persoa beneficiara da axuda deberá asinar a autorización de delegación de pago, conforme ao modelo do anexo IV.
a.a.ii. En especies: cando a xuízo do persoal técnico de servizos sociais, a entrega de diñeiro non sexa axeitada, as axudas xestionadas de xeito puntual polos conceptos de alimentos, medicamentos ou outras, serán subministradas directamente pola empresa subministradora designada pola Concello de Aranga. A estes efectos, a persoa beneficiaria, acudirá ao departamento de Servizos Sociais a recoller a autorización, segundo modelo do anexo V, que lle permita acudir á empresa subministradora. A empresa subministradora deberá presentar xunto co factura a antedita autorización, para poder aboarlle a contía da axuda.
ARTIGO 14. XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS
1. Pagamento en metálico.
a. A xustificación das cantidades subvencionadas farase no prazo máximo de un (1) mes despois do pagamento da axuda, mediante os seguinte medios:
a.a. Factura con tódolos requisitos regulamentarios.
a.b. Contrato ou documento probatorio da prestación no caso de servizos prestados por persoas ou entidades non obrigadas a facturar.
En todo caso, deberán quedar de manifesto os seguintes extremos:
a.c. Nome e razón social e NIF da persoa provedora ou prestadora dos servizos.
a.d. Nome e NIF da persoa perceptora da prestación, que deberá ser obrigatoriamente o preceptor da axuda.
a.e. Concepto do subministro, servizo ou prestación de servizos.
a.f. Contía do importe do subministro, servizo ou prestación de servizos.
a.g. Data ou período de entrega do subministro, servizo ou prestación de servizos.
2. A persoa perceptora da axuda estará obrigada á sinatura do recibín das autorización ou vales necesarios para a retirada dos produtos, así como a súa entrega á empresa subministradora designada polo Concello. En todo caso, transcorridos seis (6) meses dende a concesión da axuda sen que se xustifique, entenderase caducada e anularase, agás a concesión rogada de prórroga, outorgada unicamente para casos excepcionais.
3. De non xustificarse a totalidade do importe concedido cando así se requira, no suposto de que sexan axudas periódicas, no mes seguinte descontaráselle a cantidade non xustificada. No caso de ser a última mensualidade ou axuda de pago único a persoa quedará obrigada a reintegrar o importe sen xustificar.
ARTIGO 14. OBRIGAS DA PERSOA BENEFICIARIA
As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
- Comunicar ao Departamento Municipal de Servizos Sociais, no prazo de 10 días, todas aquelas variacións producidas na súa situación sociofamiliar e económica, que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude e a súa resolución.
- Destinar a axuda percibida para os fins para os que se concedeu.
- Acreditación ou xustificación da realización da actividade financiada, e do cumprimento dos requisitos e condicións que determinen a concesión da axuda.
- Permitir e facilitar a actuación dos Servizos Sociais para avaliar a situación e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que se concedeu.
- Reintegrar os importes concedidos cando non se destinen aos fins que se concederon.
ARTIGO 15. EXTINCIÓN
Serán causas de extinción da axuda concedida:
- Falseamento ou ocultación de datos para obter ou conservar o dereito da axuda.
- Desaparición das circunstancias que deron orixe a súa concesión.
- Cambio de residencia efectiva a outro concello.
- Falecemento da persoa beneficiaria. Non obstante, cando a axuda implique a varios membros da unidade de convivencia, valorarase a súa continuidade desta por outra persoa.
- Cumprimento do prazo máximo de duración da axuda.
- Non colaborar coas accións contempladas no proxecto de intervención acordado.
ARTIGO 16. INFRACCIÓNS E RÉXIME SANCIONADOR.
- O réxime de infraccións e sancións será o establecido no título IV da Lei 38/2003.
- O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da axuda para servizos, subministracións, prestacións ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, ou incumprimento da obriga da xustificación, a duplicidade de axudas para á mesma finalidade, sempre que non sexan complementarias con cargo a créditos doutras administracións públicas, constituirán causa determinante para a revogación da axuda concedidas, coa conseguinte devolución dos créditos obtidos.
- Igualmente, o falseamento dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, así como a aplicación do servizos, subministracións ou prestación a fins distintos dos previstos, dará lugar á cancelación da axuda e a abriga do reintegro das cantidades percibidas.
- O falseamento ou ocultación dos datos ou documentos achegados, así como, a non xustificación total ou parcial da axuda, ou o feito de destinala a un fin distinto para o que foi concedida, implicará o impedimento dunha nova solicitude por un período de 2 anos, sen prexuízo das responsabilidades que desta conduta se puideran derivar.
- As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobre o previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira. Modelos normalizados
O anexo que se incorpora a esta ordenanza non terá carácter regulamentario, polo que o seu contido poderá ser adaptado, modificado ou ampliado por resolución de Alcaldía ou Órgano Delegado, se ben, a súa obrigatoriedade supeditarse á súa publicación no BOP da provincia, así como na páxina web municipal.
Segunda. Normativa subsidiaria
No non previsto expresamente na presente Ordenanza estarase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e os seus correspondentes regulamentos, así como na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bo goberno
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza municipal de Emerxencia Social do Concello de Aranga, publicada no BOP núm. 124 de 6 de agosto de 2020.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente regulamento entrará en vigor logo de que se publique integramente o seu texto no BOP e transcorra o prazo previsto nos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e permanecerá en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXOS
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Artigo 70.2: ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).
Artigo 65.2: ¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.