Corcubión - ORDENANZA FISCAL Nº 14 REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO CON TERRAZAS, MESAS E CADEIRAS, OU OCUPACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO CON ESPAZOS SUSCEPTIBLES DESTE FIN, DENTRO DO ÁMBITO URBANO, E QUE TEÑAN UNHA FINALIDADE LUCRATIVA
ARTIGO 1. FUNDAMENTO Y OBXETO
En uso das facultades concedidas polos artígos 133.2 e 144 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réximen Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locaies, o Concello de Corcubión establece a Taxa por ocupación do dominio público con terrazas, mesas e cadeiras, ou ocupación do dominio público con espazos susceptibles deste fin, dentro do ámbito urbano, e que teñan finalidade lucrativa, a que se refiere o artículo 20.3 l) do citado Real Decreto, que se rexirá pola presente Ordenanza Fiscal e cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 da Lei Reguladora deas Facendas Locais.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
Constituen o feito impoñible de esta Taxa, a realización de ocupacións do dominio público con terrazas, mesas e cadeiras, sillas, ou ocupación do dominio público con espazos susceptibles deste fin, dentro do ámbito urbano, e que teñan unha finalidade lucrativa.
ARTIGO 3. BENEFICIOS FISCAIS.
Se aplicarán os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei nos tratados internacionais.
ARTIGO 4. SUXEITOS PASIVOS
1. É suxeito pasivo, en concepto de contribuinte, a persoa física ou xurídica e as entidades a que se refiere o artigo 36 da Lei Xeral Tributaria a cuxo favor se outorguen as licenzas, ou quenes se beneficien ou realicen os aproveitamentos, se se procedío sen a oportuna autorización. Si o aproveitamento se realizara sen obter licenza, se considerará que ten a condición de suxeito pasivo o titular da empresa que explote a instalación á que está afecto o elemento situado en terreno público.
2. Responderán solidariamente das obligas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refieren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.
3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e con alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5 TARIFAS
Se establecen as seguintes:
- Tarifa 1: Pola ocupación do dominio público con terrazas, mesas, cadeiras, expositores, barras móbiles, ou elementos análogos nas vías integrantes do dominio público local, nos meses de xaneiro a maio, así como de outubro a decembro: 4,43 euros/m2 ocupado/mes.
- Tarifa 2: Pola ocupación do dominio público con terrazas, mesas, cadeiras, expositores, barras móbiles, ou elementos análogos nas vías integrantes do dominio público local, nos meses de xuño a setembro: 6,20 euros/m2 ocupado/mes.
As fraccións de m2 deberanse tomar como metro cadrado completo.
ARTIGO 6 NORMAS DE XESTIÓN
1. As cantidades exisibles con arreglo ás tarifas se liquidarán por cada aproveitamento solicitado ou realizado.
2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados na presente ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licenza conforme ao disposto no capítulo terceiro do título terceiro da ordenanza sobre tráfico, circulación de vehículos a motor, seguridade viaria e utilización das vías públicas do Concello de Corcubión.
3. Os servizos técnicos de este Concello comprobarán e investigarán as solicitudes formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións segundo a normativa local.
4. Coa solicitude de licenza se abonará en concepto de depósito a cantidade resultante de aplicar a tarifa (réxime de autoliquidación).
5. Cuando se realicen aproveitamentos sen licenza ou excedendo do autorizado, se practicarán de oficio as liquidacións que correspondan e se impondrán as sancións que procedan. O pago da taxa non supón a adquisición do dereito a realizar o aproveitamento, podendo a administración municipal adoptar as medidas que procedan para evitar a continuación de aqueles que non podan ser autorizados por no cumprir as condicións requeridas, se ben a actuación municipal en este sentido provocará a baixa na matrícula.
ARTÍCULO 7 INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS
Para a calificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, se estará ao disposto na Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e manterá a súa vixencia en tanto non sexa modificada ou derogada expresamente.