Carral - ACORDO REGULADOR Nº 1 DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS, CULTURAIS, XUVENÍS E SOCIOEDUCATIVAS.
ARTIGO 1.º.- FUNDAMENTO E RÉXIME.
Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dacordo co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello establece o prezo público por actividades deportivas municipais regulado polo presente acordo.
ARTIGO 2.º.- CONCEPTO DOS PREZOS PÚBLICOS.
Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades deportivas municipais
ARTIGO 3.º.- OBRIGADOS Ó PAGAMENTO
Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie da prestación, por parte do Concello de Carral, de actividades deportivas, culturais, xuvenís, extraescolares ou sociais, prestados polo Concello e especificados no artigo anterior.
ARTIGO 4.º.- TARIFAS
O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos, culturais, xuvenís e socieducativas municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
Epígrafe 1. Servizo de escolas deportivas e culturais municipais. Tarifas: (solo se prestarán cando exista un mínimo de quince alumnos o inicio do curso).
Epígrafe 1. Servizo de escolas deportivas, culturais ou socioeducativas municipais. Tarifas:(solo se prestarán cando exista un mínimo de quince alumnos ao inicio de curso).
CONCEPTO | Tarifa curso 8 meses | Tarifa/mes |
Escola deportiva de natación | 155,00 € | 22,00 € |
Escola deportiva de tenis | 155,00 € | 22,00 € |
Escola de piano e solfeo | 280,00 € | 40,00 € |
Escola de Teatro (2 horas semanais) (mínimo 7 persoas) | 125,00 € | 18,00 € |
Escolas deportivas ou culturais (2 horas semanais) | 98,00 € | 14,00 € |
Escolas deportivas ou culturais (3 horas semanais) | 105,00 € | 15,00 € |
Escolas deportivas ou culturais (4 horas semanais) | 112,00 € | 16,00 € |
Descontos familias numerosa | -3 € mes/actividade | |
Descontos membros terceira idade (salvo as específicas deles) e persoas con discapacidade. | -3 € mes/actividade | |
Descontos voluntarios protección civil | -3 € mes/actividade |
Epígrafe 2. Cursos especiales a realizar no centro deportivo-spa. Tarifas:
CONCEPTO | Aboados | Non aboados |
Cursos para bebés (bimensuais) | 28,00 € | 40,00 € |
Cursos corrección postural (bimensual) | 18,00 € | 40,00 € |
Cursos aeróbic (bimensual) | 15,00 € | 35,00 € |
Cursos pilates (bimensuais) | 18,00 € | 38,00 € |
Epígrafe 3. Actividades de apoio escolar. Tarifas:(estas actividades só se realizarán con un mínimo de 15 alumnos).
CONCEPTO | Tarifa |
Programa madrugadores | 37,00 €/mes |
Programa madrugadores (por día solto) | 3,00 €/día |
Excursións de día ( aquapark, pista de xeo ...) | 8,00 €/día |
Clases de español e galego para inmigrantes | 14,00 €/mes |
Clases Inglés ou francés para alumnado | 14,00 €/mes |
Clases reforzo escolar (primaria ou ESO) | 14,00 €/mes |
Epígrafe 4. Actividades específicas para a Terceira Idade. Tarifas:
CONCEPTO | Tarifa curso completo | Tarifa/día |
Ximnasia mantemento terceira idade (socios do centro da terceira idade) | 60,00 € | ---------- |
Ximnasia mantemento terceira idade (non socios) | 65,00 € | ---------- |
Baile terceira idade (socios do centro da terceira idade) | ------- | 3 €/día |
Baile adultos e terceira idade non socios | ------- | 4 €/día |
Epígrafe 5. Actividades durante as vacacións escolares e outras actividades. Tarifas:
CONCEPTO | Tarifa/curso |
Curso manipulador alimentos | 22,00 € |
Curso de natación de verán para nenos | 28,00 € |
Curso de natación de verán para adultos | 40,00 € |
Cursos de defensa persoal | 8,00 € |
Roteiro 20 km. Cultura con Camiño (entre 25 e 50 persoas por roteiro) | 15,00 € |
Outros cursos de ata 6 h (mínimo 12 e máximo 20 persoas) | 15,00 € |
Outros cursos entre 6 e 12 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) | 35,00 € |
Outros cursos de 12 a 24 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) | 50,00 € |
Outros cursos de 24 a 35 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) | 75,00 € |
Outros cursos de 35 a 50 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) | 100,00 € |
Outros cursos de 50 a 70 h (mínimo 12 e máximo 15 persoas) | 150,00 € |
Curso de Monitor de Tempo Libre (mínimo 20 alumnos) | 215,00 € |
Semana da estela | 8,00 € |
Campamentos urbanos Opcións Madrugadores/Tempo xantar | 30,00 €/semana 9,25 €/semana |
Soña, vive crea. Campamento de creación artística | 70,00 € |
Curso Carretilleiro (5 horas teóricas e 15 horas prácticas) | 70,00 € |
Epígrafe 6. Saídas e viaxes. Tarifas: (Estas tarifas estarán supeditadas a subidas pertinentes de prezos dos establecemento)
CONCEPTO | Tarifa | |
Saídas dun día socios centro terceira idade e pensionistas(con comida e baile) | 20,00 € | |
Saídas dun día terceira idade non socios/as centro e adultos (con comida e baile) | 28,00 € | |
Saídas e xuntanzas de terceira idade e pensionistas a outros Concellos | Supeditadas a tarifas segundo Concello | |
Xuntanzas Terceira Idade, pensionistas e socios (magosto, comidas populares...) | 28,00 € | |
Xuntanzas adultos e non socios (magosto, comidas populares...) | 33,00 € | |
Xuntanzas nenos (de 5 a 14 anos) ((magosto, comidas populares...) | 13,00 € | |
Saídas a espectáculos gratuítos (partidos fútbol...) para maiores (de 5 A 14 anos) | 4,00 € | |
Saídas dun día adultos (sen comida) | 17,00 € | |
Saídas dun día adultos (con comida) | 28,00 € | |
Saídas dun día nenos (de 5 a 14 anos) con comida | 14,00 € | |
Saídas de máis dun día nenos (de 5 a 14 anos) | 13,00 € por día | |
Saídas de máis dun día adultos e maiores de catorce anos (aloxamento, media pensión e transporte) | 55,00 €por día | |
Suplementos: | Distancia ao lugar de destino máis de 300 km 0,02 €/km | |
Excursión a neve: | ||
Aluguer esquís 14,00 €/día | ||
Forfait debutantes 11,00 €/día | ||
Forfait tódalas pistas 16,00 €/día |
ARTIGO 5.º.- NORMAS DE XESTIÓN.
1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Nembargantes, poderase esixir o depósito previo do seu importe.
2. A estos efectos, deberase practicar polo obrigado ó pago a declaración-liquidación (autoliquidación) correspondente, ingresándose o importe do precio público nas entidades bancarias colaboradoras deste concello, e sempre antes de iniciar a actividade.
3. O ingreso do prezo público se fará en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
4. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.
5. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia, no caso dos particulares, ós empadroados no Concello de Carral e, no caso de entidades, ás que teñan a súa sede social no Concello.
6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
7. Unha vez prestado o servizo, polo responsable da dependencia correspondente, darase conta do cumprimento, duración e contido deste.
Nun prazo de quice días dende a prestación do servizo, remitirase ós servizos económicos municipais o importe resultante da devandita prestación, xunto coa conta xustificativa correspondente (cotas, entradas, relación de matrículas....).
ARTIGO 6º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
A calificación das infraccións tributarias e as correspondentes sancións rexiranse polo establecido nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 7º.- DELEGACIÓN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL.
No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.
DISPOSICIÓN ADICIONAL.
As tarifas fixadas no artigo 4 desta Ordenanza modificaranse anualmente de acordo coa variación do Índice de Prezos ó Consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre por exceso ou por defecto á centena superior ou inferior.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA.
O presente acordo regulador derogará calqueira precepto doutra ordenanza ou acordo que se opoña á mesma.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
Esta Ordenanza, unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial Provincial.