Cariño - PREZO PÚBLICO PARA O CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN VERAN 2024 E NADAL 2024-2025

Publicación provisional: 19/06/2024 BOP Nº: 118
Publicación definitiva: 19/06/2024 BOP Nº: 118
Aplicable dende: 19/06/2024

Feito impoñible

Prezo público pola prestación do servizo da actividade de campamento Concilia Cariño Verán 2024, e Nadal 2024-2025), que se realizará no Concello nas seguintes datas: Verán (dende o 01/07/2024 ao 30/08/2024) e Nadal (dende o 23/12/2024 ao 03/01/2025). O feito do que deriva a obriga do pagamento é a asistencia dun menor ao citado campamento.

Suxeito pasivo

Os suxeitos pasivos do prezo público son os pais/nais ou titores legais.

Cota

O prezo por asistencia ao Campamento é de:

*Para o verán (cota semanal): 1º membro da unidade familiar: 20 €; 2º membro da unidade familiar (15 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (12 €)

*Para o Nadal (cota por todo o campamento): 1º membro da unidade familiar: 25 €; 2º membro da unidade familiar (19 €); 3º e seguintes membros da unidade familiar (15 €).

Exención

Exención do pago do prezo previa recomendación polo Departamento de Servizos Sociais, trala acreditación da situación de asistencia aos campamentos e da imposibilidade de asumir a cota por parte da familia.