Vilarmaior - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio da Piscina Municipal

Publicación provisional: 05/05/1999 BOP Nº: 100
Publicación definitiva: 25/06/1999 BOP Nº: 143
Aplicable dende: 27/06/2024

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988 do 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998 do 13 de xullo de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de reordenación das Prestacións Patrimoniais de carácter público, este concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal que atende ó previsto nos artigos 20 a 27 da devandita Lei 39/1988.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.4.o) da Lei 39/1988 de 28 de decembro reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servicio da piscina municipal e realización de actividades deportivas na piscina municipal.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as Entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas dos servicios ou actividades prestadas ou realizadas polo concello na piscina municipal.

ARTIGO 4. RESPONSABLES.

Serán responsables solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5.- COTA TRIBUTARIA.

A cota tributaria, consistirá nunha cantidade fixa, expresada no apartado seguinte.

5.1.- Abonados:

5.1.1.- Abono individual tempada (persoa con menos de 18 anos): 25 euros.

5.1.2.- Abono individual tempada (a partir de 18 anos): 30 euros.

5.1.3.- Abono familiar tempada: (será necesario xustificar mediante certificado expedido por organismo público competente, perante o Concello de Vilarmaior, a unidade familiar, persoas que unidas por un vínculo de parentesco vivan no mesmo domicilio), 50 euros.

5.2.- Non abonados:

Entrada:

5.2.1.- Persoas menores de 18 anos: 2 euros / día.

5.2.2.- Persoas a partir de 18 anos: 3 euros / día.

5.3.- Cursos de natación:

5.3.1.- Abonados: 10 euros.

5.3.2.- Non abonados: 20 euros.

ARTIGO 6.- DEVENGO.

A taxa devengarase no intre en que se inicie a prestación dos servicios ou actividades especificadas no artigo anterior.

O pagamento da taxa efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina, de solicita-lo abono ou no acto de formalizar a inscrición a un curso.

Os abonos emitiranse polo concello previa solicitude, e serán persoais e intransferibles.

ARTIGO 7.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS.

Estará exceptuada do pagamento, a utilización da piscina con motivo de competicións organizadas por iniciativa do concello ou patrocinadas polo concello, previa resolución do Alcalde Presidente.

ARTIGO 8.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria artigos 77a 89, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 39/1988 de 28 de decembro Reguladora das Facendas Locais.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza fiscal, que consta de oito artigos, foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 29 de abril de 1999, entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.