Santa Comba - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EDUCATIVOS E FORMATIVOS NA AULA MENTOR DO CONCELLO DE SANTA COMBA

Publicación provisional: 22/05/2024 BOP Nº: 98
Publicación definitiva: 18/07/2024 BOP Nº: 138
Aplicable dende: 18/07/2024

1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

1.1. De conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación dos servizos educativos e formativos da Aula Mentor do Concello de Santa Comba, especificando as tarifas no artigo 4, que se rexerán polo presente texto normativo.

2. CONCEPTO.

2.1. Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten a inclusión nos cursos e programas formativos da plataforma de ensinanza non regrada online da ¿Aula Mentor¿ dependente do Ministerio de Educación e Formación Profesional , co cal o Concello concertou un convenio de colaboración.

3. OBRIGADOS AO PAGAMENTO.

3.1. Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza, aqueles usuarios que soliciten e se beneficien dos servizos especificados no artigo anterior.

4. CONTÍA.

4.1. A contía do prezo público deriva da aplicación das seguintes tarifas:

4.1.1. Matrícula e asistencia de dous meses á plataforma, por curso: 48 euros.

4.1.2. Mes de asistencia e acceso á plataforma, por curso ou programa: 24 euros: transcorrido o período de 2 meses que cubre a matrícula, cobrarase 24€ por mes de asistencia.

O importe a satisfacer é o fixado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, correspondente a 2 meses de inscrición obrigatoria mínima (48€), e 24 € máis por cada mes adicional en que o alumno vaia manter a súa realización.

5. BONIFICACIÓNS.

5.1. Aqueles usuarios que fosen seleccionados para participar en programas formativos desenvolvidos polo Concello coma medidas de integración social e laboral, para loitar contra a exclusión de colectivos como son o da mocidade , as persoas en situación de desemprego e outros colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, terán unha bonificación do 100% das cotas previstas nesta ordenanza.

5.2. Exención da porcentaxe do pago da matrícula que corresponde ao Concello, para familias ou persoas en situación de vulnerabilidade social anexando informe de Servizos Sociais.

5.3. O desfrute das bonificacións previstas no artigo 5.1 desta ordenanza quedarán supeditadas ao cumprimento por parte dos usuarios das condicións establecidas nas bases e acordos do Concello que regulen os programas.

5.4. Non terán dereito a bonificación ou redución algún aqueles alumnos que non estean ao corrente coas obrigas tributarias co Estado, Comunidade Autónoma e a facenda municipal, así coma coa Seguridade Social.

6. DEVINDICACIÓN

A obriga de pagar o prezo público regulado nesta ordenanza, nace dende o momento no que se formalice a matrícula ou inscrición correspondente, como trámite previo á prestación do servicio.

7. NORMAS DE XESTIÓN.

7.1. O cobro das tarifas do prezo público recollidas nesta ordenanza farase mediante autoliquidación dos obrigados ao pago nos impresos habilitados ao efecto pola Administración municipal e ingreso das contías correspondentes nas entidades bancarias autorizadas, con anterioridade, en todo caso, ao inicio da prestación do servizo.

7.2. O desestímeno ou falta de asistencia dos usuarios ao servizo non suporá redución nin exención da obriga de pagamento, non procedendo a devolución das contías ingresadas salvo que por causas non imputables ao obrigado ao pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenrole.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogadas calquera normativa sobre os servizos previstos nesta ordenanza

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza entrará en vigor cando unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da corporación e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.