Vedra - ORDENANZA FISCAL NÚM. 27, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DEPORTIVOS E UTILIZACIÓN DO PAVILLÓN MUNICIPAL

Publicación provisional: 05/06/2024 BOP Nº: 108
Publicación definitiva: 27/08/2024 BOP Nº: 142
Aplicable dende: 27/08/2024

Artigo 1.- Fundamento e obxecto

En uso das facultades contidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 20 en relación cos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por prestacións de servizos deportivos e utilización do pavillón municipal.

Artigo 2.- Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible desta taxa a realización de actividades deportivas e a utilización do pavillón municipal.

Artigo 3.- Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas, así como as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación dos servizos deportivos.

Artigo 4.- Cota Tributaria

A cota tributaria consiste na aplicación das seguintes tarifas:

1. Actividades deportivas en idade escolar (menores de 16 anos)

Persoas empadroadas en Vedra ou matriculadas en centros escolares de Vedra

40 €/cuadrimestre

Supostos distintos dos anteriores

80 €/cuadrimestre


2. Actividades deportivas para adultos (dende os 16 anos)

Persoas empadroadas en Vedra ou matriculadas en centros escolares de Vedra

60 €/cuadrimestre

Supostos distintos dos anteriores

120 €/cuadrimestre


3. Ximnasio municipal (dende os 18 anos)

Persoas empadroadas en Vedra

60 €/cuadrimestre

Supostos distintos do anterior

120 €/cuadrimestre


4. Utilización do pavillón municipal

Persoas empadroadas en Vedra

15 € /hora

Supostos distintos do anterior

30 €/hora

Reserva especial para competicións deportivas ou espectáculos non deportivos sen entrada libre

150 €/día


Artigo 5.- Bonificacións

1. Actividades deportivas en idade escolar (menores de 16 anos)

a) Bonificación do 50% no 2º irmán.

b) Bonificación do 75% no 3º ou máis irmáns

c) Bonificación do 50% pola matrícula na segunda ou máis actividades deportivas. Esta bonificación aplicarase, no seu caso, unha vez obtida a taxa bonificada nos puntos a) e b) anteriores.

Artigo 6.- Normas de xestión e recadación

De acordo coas normas e calendario que se aprobe e publique anualmente polo Concello, o pago das taxas periódicas realizarase mediante domiciliación bancaria debidamente autorizada coa sinatura e presentación das solicitudes de inscrición. Excepcionalmente poderá habilitarse outra forma de pagamento.

O incumprimento da obriga de pago ou devolución do recibo dará lugar á baixa da persoa usuaria no servizo. Non admitiranse inscricións nos servizos aos/as usuarios/as que teñan recibos pendentes.

No suposto da utilización do pavillón municipal, o pagamento da taxa deberá realizarse no momento de realizar a reserva.

Artigo 7.- Infraccións e Sancións

En todo o referente a infraccións e sancións, será de aplicación a Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, en concreto os artigos 181 e seguintes, así como as súas disposicións de desenvolvemento, segundo o disposto no artigo 11 o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas a Ordenanza nº 14 reguladora da taxa por servizos culturais e deportivos e a Ordenanza fiscal nº10 reguladora da taxa pola utilización do pavillón municipal.

Disposición Final

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia.