Coristanco - Programa Xermolar 2024
ANTECEDENTES:
O Concello de Coristanco quere ofertar unha interesante opción de conciliación durante todo o ano cun servizo de conciliación municipal que de resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias coristanquesas. A sobrecarga de obrigacións no ámbito familiar e doméstico, xunto cos deberes profesionais, fai imprescindible recorrer a certos servizos públicos e privados. O acceso a determinados servizos domésticos,educativos ou de coidados persoais resultan cada vez máis demandado, incluso cando a persoa goza de plena flexibilidade horaria para conseguir unha óptima xestión do tempo. As familias poderán solicitar a entrada das crianzas nestes servizos como recurso para a harmonizar e equilibrar a súa vida persoal e profesional. Neste espazo promoverase a igualdade de xénero a través de actividades inclusivas onde non se perpetúen os estereotipos e se elimine calquera prexuízo de xénero. Con estas actividades pretendemos incentivar a posta en práctica de actividades que contribúan de maneira real á conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes do municipio, ademais de fomentar a sensibilización en materia de corresponsabilidade.
OBXECTIVOS:
· Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
· Potenciar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
· Creación de redes e estruturas formais de apoio ao coidado que melloren a calidade de vida e o benestar das persoas que conforman as unidades familiares.
· Favorecer a convivencia escolar entre os distintos membros da comunidade educativa e en relación á contorna escolar.
· Ampliar o ofrecemento de servizos ao alumnado e ás familias, organizando actividades complementarias e extraescolares, antes do comezo das actividades lectivas.
· Coidar as crianzas durante os períodos de tempo no que existe incompatibilidade entre os horarios laborais e os horarios escolares.
· Satisfacer as necesidades de familias vulnerables desde a perspectiva social e de xénero e cunhas demandas e necesidades que non se adapten aos servizos normalizados.
· Acompañar e apoiar a nenas e nenos,mozas/os e familias vulnerables en situación e/ou risco de exclusión do municipio e outras que o requiran.
· Aproveitar a infraestrutura escolar para favorecer o uso dos centros escolares.
· Utilizar os recursos da contorna proporcionados por outras Administracións públicas como apoio ao proxecto.
BASES E NORMAS DE FUNCIONAMENTO E ORGANIZACIÓN DO PROXECTO XERMOLAR 2024:
1. O servizo está destinado a nenas e nenos de 3 a 16 anos de idade.
2. Será requisito para acceder aos servizos estar inscrito no Programa de Conciliación Xermolar e empadroado no concello de Coristanco e/ou matriculado/a nun centro escolar do Concello de Coristanco.
3. O prazo de inscrición ata o 1 de xullo de 2025.
4. Sempre se deben facilitar teléfonos de contacto con dispoñibilidade.
5. Será preciso entregar a documentación solicitada.
CRITERIOS DE VALORACIÓN:
· Non superar a renda da unidade familiar en 6,5 veces o IPREM 2023, tendo preferencia os de menos ingresos. 10 PUNTOS.
· As traballadoras que teñan a consideración de vítimas de violencia de xénero para atender o coidado da filla ou fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, ou no supostos de acollemento permanente ou garda con fin de adopción. 10 PUNTOS
· Para atender ao coidado de algún membro da unidade familiar que teña recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%. 10 PUNTOS
· Familias monoparentais. 10 PUNTOS
· Familias numerosas. 10 PUNTOS
· Con necesidade de conciliación obxectivamente demostradas. 10 PUNTOS
· Empadroados no concello. 10 PUNTOS
· Non empadronados con posto de traballo no municipio ou algún domicilio fiscal no mesmo. 5 PUNTOS
· Empadroados ou non no Concello con vivenda familiar no mesmo ou cursando estudos nalgúns dos centros do municipio. 5 PUNTOS.
· Con necesidade de conciliación aínda que só traballe un proxenitor. 5 PUNTOS.
5. Servizos ofertados :
· MADRUGADORES
· AULA LÚDICA
· ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
· CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE NADAL
· CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA
· CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE VERÁN
· CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN KENNEBEC
· CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE PERNOTA XUVENIL
* Para o desenrolo de todas as citadas actividades, será preciso contar cun número mínimo de participantes. O Concello de Coristanco reservase o dereito á reorganización, adaptación e/ou suspensión das actividades que considere oportuna.
15. DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
Tablas
6.- A cota a pagar polos usuarios será farase pública en cada convocatoria dos diferentes servizos ofertados. A aplicación destas tarifas está condicionada ao acordo aprobado pola Xunta de Goberno Local
Todos os importes inclúen unha bonificación do Concello de Coristanco do 50 % sobre o prezo real do servizo.A aplicación da correspondente bonificación tamén está suxeita a acordo acadado pola Xunta de Goberno Local.
7.- A maiores das tarifas, disporase das seguintes bonificacións:
BAREMO PARA A BONIFICACIÓN DAS TARIFAS:
A- SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR PUNTOS
· Mulleres víctimas violencia xénero 2
· Familia monoparental 2
· Familia numerosa 2
· Dous o mais crianzas usuarias do mesmo núcleo familiar 2
· Calquera outra situación socio-familiar susceptible de valoración 1
B-SITUACIÓN ECONÓMICA MEMBROS UD. FAMILIAR (RENDA PCAP.)
· Menor ou igual ao 75 % do IPREM (12 meses) 5
· Menor ou igual ao 125 % do IPREM (12 meses) 4
· Menor ou igual ao 175 % do IPREM (12 meses) 3
· Superior ao 175 % do IPREM (12 meses) 2
A bonificación que se aplicará se determinará en función da suma dos puntos do apartado anterior e conforme o seguinte:
PUNTUACIÓN REDUCCIÓN SOBRE A TARIFA
· De 10 puntos en diante 50%
· De 8 a 10 puntos 25%
· Menos de 8 puntos sen reducción
As persoas usuarias que pretendan a aplicación das bonificacións recollidas no apartado anterior deberán presentar a documentación xustificativa coa súa solicitude de participación na actividade.
A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas por matrimonio ou calquera outro tipo de relación estable análoga á conxugal e/ou de parentesco ou as unidades de convidencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.
A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por familia monoparental, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non convivan con outra persoa coa que manteña unha situación análoga á conxugal e as fillas ou fillos menores ao seu cargo, sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu substento
8.- A alta ou baixa dos servizos deberá ser notificada por escrito á Oficina de Cultura e Biblioteca Municipal do Concello de Coristanco. Aínda que o desestimento ou renuncia as actividades por parte do solicitante, unha vez iniciada a prestación dos servizos, non dará dereito á devolución das taxas, salvo por causa imputable á administración. Se a incorporación aos servizos se realiza unha vez comezado o mes, aboarase o mes completo.
9.- Serán causa de extinción dos servizos e baixa nos mesmos o seguinte:
¿ Incumprimento dos requisitos establecidos
¿ Incumprimento das normas de convivencia establecidas
¿ Por solicitude da/o nai/pai ou representantes legais( no período establecido)
¿ A comprobación de falsidade na documentación achegada
¿ A non asistencia ao servizo, sen causa debidamente xustificada.
SOLICITUDE PROGRAMAS XEMOLAR
Tablas
ANEXOS
ANEXO I DECLARACIÓN RESPONSABLE DE NON CONTAR CON REDES DE APOIO FAMILIAR
ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE DOS INGRESOS TOTAIS DA UNIDADE FAMILIAR
ANEXO III AUTORIZACIÓN DE USO DE IMAXE DE MENORES DE IDADE
ANEXO IV AUTORIZACIÓN PARA RECOLLIDA DE PARTICIPANTES
O Campamento de Verán de 2024, ofrecido polo Concello de Coristanco, foi financiado a través dunha subvención a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.
SI436A- PROGRAMA PLAN CORRESPONSABLES NO ÁMBITO LOCAL
SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE