Coristanco - Programa madrugadores 2024

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/07/2024 BOP Nº: 143
Aplicable dende: 26/07/2024

ANTECEDENTES:

O Concello de Coristanco quere ofertar unha interesante opción de conciliación durante o curso escolar cun servizo de conciliación municipal Madrugadoras/Madrugadores é a resposta á necesidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral de moitas familias coristanquesas. En horario de 07.30 a 09.00h, as familias poderán solicitar a entrada das crianzas nesta aula de Madrugadores/as como recurso para a harmonizar e equilibrar a súa vida persoal e profesional. Neste espazo para ata 10 nenas/os, ademais, promoverase a igualdade de xénero a través de actividades inclusivas onde non se perpetúen os estereotipos e se elimine calquera prexuízo de xénero. Esta actividade desenvolverase no CPI Alcalde Xosé Pichel, lugar onde pretendemos incentivar a posta en práctica de medidas e actividades que contribúan de maneira real á conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes do municipio, ademais de fomentar a sensibilización en materia de corresponsabilidade.

OBXECTIVOS:

· Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

· Favorecer a convivencia escolar entre os distintos membros da comunidade educativa e en relación á contorna escolar.

· Ampliar o ofrecemento de servizos ao alumnado e ás familias, organizando actividades complementarias e extraescolares, antes do comezo das actividades lectivas.

· Aproveitar a infraestrutura escolar para favorecer o uso dos centros escolares.

· Utilizar os recursos da contorna proporcionados por outras Administracións públicas como apoio ao proxecto.

BASES E NORMAS DE FUNCIONAMENTO E ORGANIZACIÓN DO SERVIZO DE MADRUGADORES:

1. O servizo está destinado a nenas e nenos de 3 a 16 anos de idade.

2. Disporase dun total de 10 prazas. Para a posta en marcha do servizo é necesario contar cun número mínimo de 8 usuarios.

3. O lugar de realización será no CPI Alcalde Xosé Pichel.

4. Será requisito para acceder ao servizo estar inscrito no Programa de Conciliación Xermolar e empadroado no concello de Coristanco e/ou matriculado/a nun centro escolar do Concello de Coristanco.

5. O servizo prestarase de luns a venres (días lectivos) en horario de 7:30 a 9:00 horas (do 11 de setembro de 2024 ao 20 de xuño de 2025).

6. As portas de colexio estarán abertas ás 7.30 horas, as entradas faranse cada 30 minutos segundo a solicitude. As familias non poderán acceder ao centro, será o persoal o que recolla as/os nenas/os na porta.

7. Sempre se deben facilitar teléfonos de contacto con dispoñibilidade.

8. Un dos obxectivos do programa é fomentar a autonomía das/dos nenas/nenos, polo tanto pedimos ás familias que non se lles saque as chaquetas nin a mochila as/os nenas/os.

9. No servizo non se administran medicamentos a ningún neno.

10. O prazo de prescrición realizarase na Oficina de Cultura e Biblioteca Municipal do Concello de Coristanco (situada na planta baixa de Edificio de Servizos Múltiples), en horario de 9:00 a 14:00 horas. Rematado o prazo de preinscrición fixado, poderán presentarse solicitudes con posterioridade, tendo en conta que, no suposto de que o grupo xa contara co máximo de alumnas/os, a/o solicitante sería incluída/o na lista de agarda.

11. Fíxase un prazo de preinscrición dende luns 15 de xullo ao mércores 31 de xullo de 2024.

12. Fíxase un prazo de renuncias de 10 días hábiles, dende o día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos.

13. Unha vez rematado o prazo de renuncias, publicarase unha listaxe definitiva e listaxe de agarda na que xa quedaría formalizada a matricula.

CRITERIOS DE VALORACIÓN:

· Non superar a renda da unidade familiar en 6,5 veces o IPREM 2023, tendo preferencia os de menos ingresos. 10 PUNTOS.

· As traballadoras que teñan a consideración de vítimas de violencia de xénero para atender o coidado da filla ou fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, ou no supostos de acollemento permanente ou garda con fin de adopción. 10 PUNTOS

· Para atender ao coidado de algún membro da unidade familiar que teña recoñecido un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%. 10 PUNTOS

· Familias monoparentais. 10 PUNTOS

· Familias numerosas. 10 PUNTOS

· Con necesidade de conciliación obxectivamente demostradas. 10 PUNTOS

· Empadroados no concello. 10 PUNTOS

· Non empadronados con posto de traballo no municipio ou algún domicilio fiscal no mesmo. 5 PUNTOS

· Empadroados ou non no Concello con vivenda familiar no mesmo ou cursando estudos nalgúns dos centros do municipio. 5 PUNTOS.

· Con necesidade de conciliación aínda que só traballe un proxenitor. 5 PUNTOS.

14. Existen dúas modalidades de solicitude: Todo o curso escolar ou emprego do servizo de xeito ocasional.

1. Todo o curso escolar , nesta opción poderase escoller tres alternativas horarias:

· Unha hora e media (7:30 a 9:00h)

· Unha hora (8:00 a 9:00h)

· Media hora (8:30 a 9:00h)

2. Utilización do servizo ocasionalmente. A utilización desta modalidade refírese ao emprego deste servizo de xeito esporádico, incluída a utilización do mesmo unha vez por semana. Os usos ocasionais estarán condicionados pola existencia de prazas dispoñibles e deberán comunicarse previamente pola persoa solicitante no teléfono 651664908 con 48 horas de antelación.

15. A cota a pagar polos usuarios será a seguinte:

- 1/2 HORA: 8,5 €/MES

- 1 HORA: 17€/MES

- 1,5 HORA: 25,5€/MES

- PREZO POR XORNADA OCASIONAL: 2 €/ día

(A aplicación destas tarifas está condicionada ao acordo aprobado pola Xunta de Goberno Local).

Todos estes importes inclúen unha bonificación do Concello de Coristanco do 50 % sobre o prezo real do servizo. A aplicación da correspondente bonificación tamén está suxeita a acordo acadado pola Xunta de Goberno Local.

O pagamento das tarifas poderá facerse mediante a modalidade de pago único polo importe total, con carácter previo ao inicio da prestación do servizo, ou ben mediante a domiciliación de 3 pagos trimestrais anticipados para o que deberase achegar cubierto e asinado o anexo correspondente á autorización de domiciliación bancaria. En caso de devolución do recibo, a persoa solicitante será responsable dos custos e procederase a baixa da/o usuaria/o.

16. A maiores destas tarifas, aprobánse as seguintes bonificacións:

BAREMO PARA A BONIFICACIÓN DAS TARIFAS:

A- SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR PUNTOS

· Mulleres víctimas violencia xénero 2

· Familia monoparental 2

· Familia numerosa 2

· Dous o mais crianzas usuarias do mesmo núcleo familiar 2

· Calquera outra situación socio-familiar susceptible de valoración 1

B-SITUACIÓN ECONÓMICA MEMBROS UD. FAMILIAR (RENDA PCAP.)

· Menor ou igual ao 75 % do IPREM (12 meses) 5

· Menor ou igual ao 125 % do IPREM (12 meses) 4

· Menor ou igual ao 175 % do IPREM (12 meses) 3

· Superior ao 175 % do IPREM (12 meses) 2

A bonificación que se aplicará se determinará en función da suma dos puntos do apartado anterior e conforme o seguinte:

PUNTUACIÓN REDUCCIÓN SOBRE A TARIFA

· De 10 puntos en diante 50%

· De 8 a 10 puntos 25%

· Menos de 8 puntos sen reducción

As persoas usuarias que pretendan a aplicación das bonificacións recollidas no apartado anterior deberán presentar a documentación xustificativa coa súa solicitude de participación na actividade.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas por matrimonio ou calquera outro tipo de relación estable análoga á conxugal e/ou de parentesco ou as unidades de convidencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por familia monoparental, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non convivan con outra persoa coa que manteña unha situación análoga á conxugal e as fillas ou fillos menores ao seu cargo, sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu substento

17. A alta ou baixa do servizo deberá ser notificada por escrito á Oficina de Cultura e Biblioteca Municipal do Concello de Coristanco. Aínda que o desestimento ou renuncia a actividade por parte do solicitante, unha vez iniciada a prestación do servizo, non dará dereito á devolución da taxa, salvo por causa imputable á administración. Se a incorporación ao servizo se realiza unha vez comenzado o mes, aboarase o mes completo.

18. Unha vez adxudicadas as prazas crearase unha listaxe de agarda segundo a puntuación obtida no período ordinario de inscrición. No caso de quedar prazas unha vez publicadas as listaxes definitivas, poderase acudir á mesma para cubrir as prazas dispoñibles

19. Serán causa de extinción do servizo e baixa no mesmo o seguinte:

¿ Incumprimento dos requisitos establecidos

¿ Incumprimento das normas de convivencia establecidas

¿ Por solicitude da/o nai/pai ou representantes legais (no período establecido)

¿ A comprobación de falsidade na documentación achegada

¿ A non asistencia ao servizo, sen causa debidamente xustificada.

SOLICITUDE MADRUGADORES

Tablas

TARIFAS

Tablas

A aplicación destas tarifas está condicionada ao acordo aprobado pola Xunta de Goberno Local.

Todos estes importes inclúen unha bonificación do Concello de Coristanco do 50 % sobre o prezo real de cada unha das actividades.(A aplicación da correspondente bonificación tamén está suxeita a acordo acadado pola Xunta de Goberno Local)

O pagamento das tarifas poderá facerse mediante a modalidade de pago único polo importe total, con carácter previo ao inicio da prestación do servizo, ou ben mediante a domiciliación de 3 pagos trimestrais anticipados para o que deberase achegar cubierto e asinado o anexo correspondenta á autorización de domiciliación bancaria.

 Para o desenrolo de todas as citadas actividades, será preciso contar cun número mínimo de participantes. O Concello de Coristanco reservase o dereito á reorganización, adaptación e/ou suspensión das actividades que considere oportuna.

De conformidade co establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmaselle que o CONCELLO DE CORISTANCO, con CIF P1502900B e domicilio en AVENIDA FISTERRA S/N 15147, CORISTANCO (A CORUÑA) é o Responsable do Tratamento. Os datos de carácter persoal facilitados a través do presente formulario, así como a documentación achegada, serán incorporados ao departamento de Cultura e Deportes á cal vaia dirixida a presente solicitude cuxa finalidade e xestionar a súa inclusión ao PROGRAMA XERMOLAR 2024. A base legal para o tratamento dos seus datos está fundada no art. 6.1 e) : ¿en cumprimento de misión realizada en interese público ou exercicio de poderes públicos conferidos a este Concello. Os datos serán tratados de maneira confidencial e só serán cedidos a outras entidades cando se cumpran as esixencias establecidas na lexislación vixente de Protección de Datos. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición mediante escrito remitido á dirección do Responsable arriba indicada, solicitar máis información mediante correo electrónico á dirección dpd@coristanco.gal ou a través do Rexistro xeral do Concello de Coristanco incluíndo os seguintes datos: nome e apelidos do interesado, fotocopia do documento válido que o identifique ou, no seu caso, da persoa que o represente, petición en que se concreta a solicitude, dirección a efectos de notificacións, data e firma do solicitante. Pode obter máis informaciónconsultando a Política de privacidade na páxina web do Concello: https://www.coristanco.gal/politica-de-privacidad/

AUTORIZACIÓN DOMICILIACIÓN BANCARIA

Tablas

O Servizo de Madrugadores 2024, ofrecido polo Concello de Coristanco, foi financiado a través dunha subvención a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.

SI436A- PROGRAMA PLAN CORRESPONSABLES NO ÁMBITO LOCAL

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE