Mesía - Ordenanza reguladora da protección de camiños e vías rurais, con motivo da execución de talas, depósito, carga e transporte de madeira do Concello de Mesía
Exposición de motivos.
O Concello de Mesía demostra interese e preocupación cara a xestión das súas masas arbóreas. No seu ámbito territorial as zonas de uso residencial atópanse difuminadas e mesturadas coas zonas agrícolas e forestais, de forma que en varias parroquias conviven os tres usos do solo, practicamente en unidade xeográfica.
É prioritaria a protección das persoas, edificacións e instalacións fronte aos incendios forestais. A proximidade, orografía, climatoloxía e outros factores poden xerar situacións de risco que esixen unha resposta practicamente inmediata na extinción dun incendio na súa etapa de conato. Para esta consecución é indispensable que os camiños e vías municipais en xeral, e os viais de acceso ás zonas forestais en particular, se atopen sempre en perfectas condicións.
O uso dos camiños forestais o os restantes camiños e vías municipais, é un dereito dunha importante comunidade de usuarios. Destacan ademais dos usos citados residencial e agrícola, os dos propietarios de montes para súas limpezas e mantementos, os usos cinexéticos e os de simple disfrute. Preséntase na actualidade un número crecente de cidadáns que disfrutan da actividade ao aire libre, en diferentes usos que transitan por estes camiños.
Todo isto debe combinarase co uso silvícola. É conveniente, pero ao mesmo tempo debe ser controlado pola administración, dando conta da extracción da madeira, con ánimo de lucro, tanto nos viais de acceso as zonas forestais, no lugar da súa corta, como nos viais municipais utlizados para o traslado da madeira, xerando en ocasións importantes desperfectos en zonas de uso común e público.
Respecto da Lei 3/2007, do 9 de decembro de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, en virtude da súa aplicación, ao atoparnos dentro dun termo municipal cun gran número de superficies de terreos afectadas, nas que cómpre unha xestión da biomasa vexetal e a adaptación de parte do seu arborado a unhas distancias de protección cara as vivendas, instalacións, edificacións e construcións, máis próximas, provocan severas actuacións sobre estes terreos e as súas plantacións, sobre todo en solos rústicos de protección paisaxística e forestal, incrementado ao mesmo tempo o uso dos viais municipais e dos camiños forestais que transcorren ata os montes.
A habilitación desta ordenanza emana da potestade regulamentaria das entidades locais recoñecida no art. 4.1.º.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, con respecto ás competencias en materia de conservación da súa infraestrutura viaria (art. 25.2.º.d), previndo o correspondente réxime sancionador polo incumprimento das súas determinacións e no suposto de ocasionar danos e desperfectos nas infraestruturas, instalacións e espazos públicos, derivados da actividade madeirista.
Artigo 1.º.¿ Obxecto.
O obxecto desta ordenanza é a conservación dos camiños municipais e vías forestais, con motivo da execución de talas e cortas de madeira no municipio de Mesía, así como a protección dos viais de acceso e demais infraestruturas anexas aos lugares da tala e o estado final da superficie talada. Tamén, a regulación dos lugares de depósito, almacenamento e carga, en relación co desenvolvemento da actividade e os posibles desperfectos producidos.
Artigo 2º.¿ Corta de plantacións. Comunicación previa.
2.1.¿ Para garantir a preservación do medio ambiente e a conservación dos camiños e pistas municipais, e sen prexuízo da necesaria obtención doutros permisos ou autorizacións, establécese a obrigatoriedade da comunicación previa da corta de plantacións forestais neste termo municipal ou, producíndose a tala total ou parcialmente noutro termo municipal, se a madeira se transporta en todo ou en parte por viais municipais do Concello de Mesía.
Esta comunicación será efectuada pola persoa física ou xurídica responsable da tala no Rexistro de Entrada, en calquera das formas previstas no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, debendo constar na mesma o seguinte:
¿ Declaración responsable identificando á empresa ou persoa física encargada da tala, constando expresamente en dita declaración que posúe os permisos ou licenzas de actividade preceptivos para a realización da actividade e a duración estimada dos traballos indicando data de inicio e de fin dos mesmos.
¿ Copia da comunicación ou, no seu caso, da autorización da tala polo órgano competente en materia forestal da Xunta de Galicia, na que deberán constar os datos da clase da madeira da tala e as toneladas a extraer.
¿ Identificación da/s parcela/s afectada/s, coa súa referencia catastral, e coa situación nun plano axeitado.
¿ Identificación do/s lugar/es de depósito e de carga, que deberán ser de titularidade privada,
¿ Identificación das vías a utilizar para o transporte da madeira, con identificación do tipo de pavimento (zahorra ou terra, pavimento de rego asfáltico, ou pavimento de aglomerado asfáltico) en plano axeitado ao efecto.
¿ Xustificante de ter presentada a fianza, nos termos descritos no artigo 3 para responder do amaño dos deterioros que puideran producirse no viario e da limpeza dos restos das operacións de depósito, carga e transporte da madeira de ser o caso.
2.2.¿ Estas comunicacións previas deberán presentarse cun mínimo de 15 días hábiles antes do inicio dos traballos, prazo no que os servizos municipais poderán comprobar o estado inicial do viario a utilizar pola empresa, a existencia ou non no mesmo de servizos municipais soterrados que se deban protexer, etc.
2.3.- Excepcionalmente, esta administración poderá limitar ou denegar o acceso polos viais solicitados por mor da capacidade de resistencia do firme da vía ou do seu mal estado, ou pola utilización dos ditos viais na data solicitada para outros fins, o que se porá en coñecemento do solicitante de forma motivada, coa achega do correspondente informe técnico, no prazo máximo de 15 días hábiles dende a comunicación de tala, debendo realizar posteriormente unha nova comunicación de tala en caso de ser denegado o dito acceso.
2.4.- Unha vez finalizados os traballos forestais, comunicarase ao Concello de Mesía, aos efectos de realización de informe municipal co obxecto da verificación do estado dos camiños para, de ser o caso, realizar a devolución da fianza.
Artigo 3º.¿ Fianza.
3.1.¿ A persoa ou empresa responsable da tala deberá presentar xustificante de ter presentada fianza, por calquera dos procedementos establecidos pola lexislación vixente, polo importe que se indica no apartado seguinte, para responder do amaño dos deterioros que puideran producirse no viario e/ou a terceiros que circulen polo mesmo, e da limpeza dos restos das operacións de depósito, carga e transporte da madeira.
Sendo depositada unha fianza por parte dunha persoa ou empresa para levar a cabo unha tala, rematada esta sen haber motivos para a execución total ou parcial de dita fianza por parte do Concello, e sempre que dita fianza sexa suficiente e non fose requirida a súa devolución, esa persoa ou empresa poderá solicitar ao Concello a validez da dita fianza para talas posteriores.
No caso de que nas operacións de depósito, carga e transporte interveña persoal e/ou maquinaria subcontratados pola persoa ou empresa responsable da tala que fixese a comunicación previa, as súas responsabilidades para con o Concello entenderanse subrogadas na fianza depositada.
3.2.¿ Establécense os seguintes parámetros a efectos de fixación das fianzas:
a) Por cada kilómetro ou fracción de viario municipal utilizado para calquera operación realizada pola persoa ou empresa responsable con pavimento de zahorra ou terras 1.800,00 €.
b) Por cada kilómetro ou fracción de vial municipal utilizado para calquera operación realizada pola persoa ou empresa responsable con pavimento de rego asfáltico 1000,00 €.
c) Por cada kilómetro ou fracción de vial municipal utilizado para calquera operación realizada pola persoa ou empresa responsable con pavimento de aglomerado asfáltico 1.000,00 €.
d) Por causas xustificadas, os servizos técnicos municipais poderán minorar ou aumentar as cantidades anteriores.
3.3.¿ A fianza será reintegrada e/ou cancelada previo informe favorable municipal, unha vez finalizada a tala forestal, no prazo de dous meses, sen prexuízo de que, de non obter dito informe favorable, se produza a incautación definitiva da mesma e a aplicación do réxime sancionador e demais consecuencias legais esixibles.
Artigo 4º.¿ Prohibicións específicas.
4.1.¿ Prohíbese o almacenamento de madeira nas vías públicas e o vertido dos residuos procedentes das operacións reguladas na presente ordenanza en lugares non autorizados expresamente para elo.
4.2.- Prohíbese realizar operacións de carga da madeira ocupando todo ou parte das vías públicas municipais, salvo que se traten de pistas forestais.
Nas vías públicas municipais que non teñan a consideración de pistas forestais, esas operacións deberán facerse en espazos privados se fora posible, ou de dominio público municipal contando coa autorización pertinente.
En todo caso deberá indicar estas actuacións de ocupación do dominio publico, para coñecemento da administración local, de ser o caso, xunto coa comunicación previa da tala, para que se estuden e sinalicen itinerarios alternativos ou se dispoñan ampliacións laterais temporais da vía, segundo instrucións dos servizos técnicos municipais, co obxectivo de que non se impida o uso das vías públicas municipais aos demais usuarios en ningún momento.
4.3.¿ Prohíbense os depósitos de rolla, ramas ou podalla que invadan e/ou molesten a zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas ou menoscaben a funcionalidade das cunetas, pozos, canalizacións, arquetas, pontes ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa ao viario, ou supoñan risco para os usuarios da vía e/ou os seus vehículos.
Artigo 5º.¿ Requisitos e obrigas para os madeireiros ou propietarios que realicen a tala e o depósito, carga e transporte. Comunicación e reparación de danos.
5.1.¿ Será o madeireiro encargado da tala o responsable dos desperfectos ocasionados nos lugares de tala, viais de acceso, instalacións ou demais infraestruturas anexas, como consecuencia tanto da tala como do depósito, carga e transporte da madeira, quedando obrigado ao arranxo e reparación inmediata do deterioro producido nos mesmos, incluíndo a limpeza, retirada ou eliminación de residuos procedentes da tala e das operacións de carga e almacenamento. No suposto de non ser identificado o mesmo, quedará obrigado o propietario do monte ou parcela.
5.2.- Sen prexuízo do cumprimento do establecido na lexislación urbanística, na de medio ambiente forestal, no Código de circulación, e demais lexislacións, normas e/ou ordenanzas que poidan ser de aplicación, a persoa ou empresa responsable da tala estará obrigada á comunicación inmediata ao Concello de Mesía dos deterioros producidos no viario ou nas infraestruturas soterradas ou anexas, e á súa reparación de ser o caso.
No caso de deterioro grave dos viais ou de roturas de canalizacións de abastecemento ou saneamento de auga ou de gas avisará sen demora ao Concello ou a Emerxencias de ser o caso, e correrán da conta da empresa madeirista e subsidiariamente do propietario da parcela, o establecemento de todas as medidas necesarias para a sinalización e reparación dos danos causados.
5.3.¿ A persoa ou empresa responsable deberá adoptar as medidas oportunas para que despois de cada dia de traballo, as vías municipais, polas que se fai o transporte da madeira, queden aptas para o uso normal das mesmas, libres de ramas, podalla, barro ou calquera outro elemento que supoña risco para os usuarios da vía e/ou os seus vehículos.
5.4.¿ Nos supostos previstos nos tres apartados anteriores, o madeireiro ou o propietario, deberán atender o requirimento de reparación ou limpeza que efectúe o concello, e no que previa inspección e realización de informe técnico, se lles outorgará un prazo de 15 días hábiles, para a realización dos traballos de reparación e limpeza que procedan.
Artigo 6º.¿ Execución da fianza.
Transcorrido un prazo de 15 días hábiles dende que se constate a existencia dos danos ou acumulación de restos, o que se fará a través do correspondente informe técnico, o Concello poderá realizar con cargo á fianza as operacións de amaño, corrección e/ou retirada de restos, sen prexuízo de exercer as accións oportunas para resarcirse dos custes, se non foran totalmente cubertos pola fianza.
O anterior, sen prexuízo da imposición das sancións que correspondan polo incumprimento desta ordenanza.
Artigo 7º.- Infraccións
Para os efectos da presente ordenanza, será infracción administrativa calquera incumprimento das obrigas, das prohibicións e dos requisitos establecidos nela.
Artigo 8º.¿ Clases de infraccións.
8.1.¿ As infraccións á presente Ordenanza clasifícanse en moi graves, graves e leves.
8.2.¿ Con carácter xeral, calquera incumprimento do contido da presente ordenanza considerarase como infracción de carácter leve.
8.3.¿ Son infraccións graves:
a) A realización das operacións de tala, depósito, carga e transporte de madeira da tala sen facer a comunicación previa que prevé o artigo 2º. da ordenanza ou falsear os datos que nela consten.
b) A realización das operacións de tala, depósito, carga e transporte de madeira da tala sen ter constituída a fianza nos termos previstos no artigo 3º.
c) A non comunicación inmediata ou no seu caso a non reparación dos deterioros producidos no viario, ou nas infraestruturas anexas, así como a non retirada dos restos procedentes das operacións de depósito, carga e transporte de madeira.
d) A utilización de calquera subterfuxio, no caso de que nas operacións de tala, depósito, carga e transporte interveñan persoal ou maquinaria de empresas distintas á que se encarga da tala, para non responsabilizarse dos danos causados.
e) O depósito de madeira e/ou a carga da mesma nas vías públicas e o vertido dos residuos procedentes das operacións reguladas na presente ordenanza en lugares públicos municipais non autorizados expresamente para elo.
f) Os depósitos de rolla, ramas ou podalla que invadan a zona de circulación, tanto de vehículos como de persoas, menoscaben a funcionalidade das cunetas, pozos, canalizacións, arquetas, pontes ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa ao viario, ou supoñan risco para os usuarios da vía.
g) A non adopción das medidas oportunas para que as vías municipais, polas que se fai o transporte da madeira, estean en todo momento libres de ramas, podalla, barro ou calquera outro elemento que supoña risco para os usuarios da vía.
h) A reincidencia en dúas infraccións leves. Entenderase que existe reincidencia cando se cometan dúas faltas leves no prazo dun ano, contado dende a data na que se constate polo Concello a existencia dos danos.
8.4.¿ Son infraccións moi graves:
a) Os feitos tipificados como infracción grave cando a perturbación ou os danos causados a elementos de titularidade pública municipal revistan unha especial gravidade ou relevancia e así se constate no informe técnico emitido ao efecto ou se dificulte ou impida o tráfico de vehículos e persoas polas vías municipais a causa de operacións de carga da madeira ou de calquera outra operación que levara a cabo o responsable.
b) A reincidencia en dúas infraccións graves. Entenderase que existe reincidencia cando se cometan dúas faltas graves no prazo dun ano, contado desde a data na que se constate dende o Concello a existencia dos danos.
Artigo 9º.¿ Prescrición das Infraccións.
1. As infraccións previstas na presente ordenanza prescribirán nos seguintes prazos:
a) as infraccións moi graves, aos tres anos.
b) as infraccións graves, aos dous anos.
c) as infraccións leves, aos seis meses.
2. O prazo de prescrición comezará a contar desde o día en que a infracción se cometese.
3. Interromperá a prescrición a iniciación, co coñecemento da parte interesada, do procedemento sancionador, reanudándose o prazo de prescrición se o expediente sancionador estivera paralizado durante máis dun mes por causa non imputable á parte presuntamente responsable.
Artigo 10º. ¿Sancións.
10.1.¿ As infraccións á presente ordenanza serán sancionadas do seguinte xeito:
* As leves, con multa de ate 300,00 €.
* As graves, con multa de 300,01 € a 1.000,00 €.
* As moi graves, con multa de 1.000,01 € a 3.00,00 €.
10.2.¿ Graduación das sancións.
Para a gradación das multas atenderase:
* á natureza do risco ou dano ocasionado, considerando dano extremo dificultar e/ou impedir o tráfico normal de vehículos e persoas polas vías públicas municipais.
* á súa repercusión e transcendencia polo que respecta ó prexuízo causado.
* ó custo de restitución.
* á existencia de intencionalidade ou reiteración na comisión de infraccións a esta ordenanza.
* ó retraso inxustificado na reparación dos elementos danados.
10.3.- A imposición das sancións pecuniarias anteriormente sinaladas, non eximirá aos responsables dos feitos de repoñer a realidade física alterada, e de realizar os traballos de reparación e limpeza que a tal fin sexan sinalados na resolución que se dite.
Artigo 11º.¿ Procedemento.
O exercicio da potestade sancionadora prevista nesta ordenanza requirirá a incoación e instrución do correspondente expediente administrativo de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e demais normativa aplicable.
Artigo 12º.¿ Obriga de repoñer e indemnizar os danos.
1. Sen prexuízo da sanción administrativa que se impuxera, quen infrinxa a presente ordenanza terá a obriga de repoñer e restaurar as cousas ao ser e estado anteriores á infracción cometida e responder dos danos e prexuízos causados, na forma e condicións establecidas polo órgano que impuxo a sanción. A tal fin a resolución sancionadora determinará o contido desta obriga, así como o prazo para a súa execución.
2. A prescrición de infraccións e sancións non afectará á obriga de repoñer ou restaurar as cousas ao seu ser e estado primitivo, nin á de indemnizar polos danos e prexuízos causados.
Disposición derrogatoria.
Coa entrada en vigor da presente ordenanza queda derrogada a anterior ¿Ordenanza reguladora da protección de camiños e vías rurais, con motivo da execución de talas, depósito, carga e transporte de madeira¿ aprobada polo Pleno en data 1 de xuño de 2012 e publicada no BOP n.º 155 de data 16 de agosto de 2012.
Disposición final. Entrada en vigor.
A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín oficial da provincia da Coruña e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
¿El requerimiento deberá
ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en
el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del
acuerdo.¿
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.