Tordoia - ORDENANZA REGULADORA DE AXUDAS PARA SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL E INCLUSIÓN SOCIAL

Publicación provisional: 04/07/2024 BOP Nº: 128
Publicación definitiva: 23/08/2024 BOP Nº: 162
Aplicable dende: 26/08/2024

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local, no seu artigo 25.2 e) atribúe ao municipio competencias en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

Pola súa banda, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula entre outros as funcións dos servizos sociais comunitarios básicos entre as que se inclúen as función en materia de exclusión social, incluíndo no catálogo de servizos sociais, no art. 21, as axudas de emerxencia ou necesidade social.

O Decreto 99/2012 do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e os eu financiamento, e a súa modificación posterior polo Decreto148/2014, no art.23 inclúeo programa básico de inserción social como programa básico de intervención dos servizos sociais comunitarios, e regula as disposicións relativas ao mesmo.

A Lei 27/2013 do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local. O seu art. 25.2.e): ¿O municipio exercerá , en todo caso como competencia propia, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, nas seguintes materias: e) avaliación e información de situación de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social¿

Mais especificamente, xa no eido da normativa sectorial, a L.13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia, atribúelle ás Corporacións locais a creación e xestión dos servizos comunitarios básicos, configurándose como servizos de carácter integrador, constituíndose na principal instancia do sistema galego de servizos sociais para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas, familias e de incorporación social e laboral.

A Lei 5/2014, do 27 de maio, do Parlamento de Galicia, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, considera que « non se entenderá como exercicio de novas competencias», entre outras, a continuidade na prestación dos servizos xa establecidos e da actividade de fomento e a formalización de convenios de colaboración de concesión de subvencións (Art. 3.3.).

Ademais, sinala claramente que, con carácter xeral, as competencias atribuídas ás EELL pola lexislación autonómica anterior á entrada en vigor da LRSAL: « continuarán exercéndoas elas, rexéndose pola indicada lexislación ou, de ser o caso, polo dereito estatal aplicable como supletorio, sen prexuízo do disposto nas disposicións adicionais cuarta e quinta sobre a asunción pola Comunidade Autónoma das competencias relativas á educación, saúde e servizos sociais»; e aclara que as competencias que a Comunidade Autónoma de Galicia deberá asumir en materia de educación, saúde e servizos sociais:

« continuarán sendo prestadas polos municipios mentres non se dean as condicións previstas para o seu traspaso na normativa básica e, en particular ,o establecemento do novo sistema de financiamento autonómico e das facendas Locais previsto nela» (Disps. Adics. 1ª e 4ª L.5/2014).

Será de aplicación á presente Ordenanza o disposto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións e regulamento de desenvolvemento, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Neste senso, o artigo 17 de dita Lei establece que as bases reguladoras de subvencións das corporacións locais deberanse aprobar no marco das bases de execución do orzamento, a través dunha ordenanza xeral de subvencións ou mediante unha ordenanza específica para as distintas modalidades de subvencións.

Esta ordenanza ten por obxecto a regulación da convocatoria e do réxime xurídico xeral das axudas municipais para a atención de necesidades sociais que outorgue o Concello de Tordoia figurando entre os obxectivos da presente ordenanza adaptar as disposicións de carácter xeral da Lei 38/2003 ás peculiaridades do Concello de Tordoia establecendo esixencias mínimas, criterios e procedemento para a concesión destas axudas.

ARTIGO 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

A ordenanza ten por obxecto a regulación das axudas económicas municipais destinadas á atención de necesidades sociais, entendendo por tales o conxunto de axudas económicas de carácter non periódico destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos, situacións de emerxencia social, previr situacións de exclusión social e favorecer a integración de sectores de poboación que carezan de recursos económicos para a atención das súas necesidades básicas. Forman parte dun conxunto de intervencións e actuacións específicas necesarias para a prevención, asistencia e promoción social.

ARTIGO 2.- CONCEPTO E FINALIDADE

- Esta axuda económica vai dirixida a atender de forma temporal acobertura de necesidades básicas daquelas persoas que teñan recursos limitados e que non poidan facer fronte a gastos específicos, considerados necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de exclusión social e que non poidan ser sufragados polos seus propios medios.

- A axuda económica trata de previr, evitar e paliar situacións de exclusión social. Para estimar a idoneidade da axuda será necesaria unha valoración técnica por parte do/a traballador/a social na que se determine se a prestación favorece a integración social da persoa beneficiaria e a súa unidade de convivencia ou se prevé o risco ou agravamento da situación de exclusión social.

- En ningún caso estas axudas poderán ir destinadas a liquidar débedas contraídas co Concello de Tordoia ou outras administracións públicas.

ARTIGO 3.- MODALIDADE DAS AXUDAS ECONÓMICAS

- Establécense as seguintes modalidades de axudas económicas en función da necesidade exposta e a súa valoración por parte da traballadora social dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos, cuxa concesión estará sempre condicionada á existencia de dispoñibilidade orzamentaria, así como ao cumprimento dos requisitos xerais de acceso e específicos de cada axuda, de acordo co fixado nesta ordenanza:

A) Alimentación básica, hixiene persoal e doméstica e vestimenta básica para persoas e/ou vivenda.

B) Habitabilidade e equipamento da vivenda.

C) Gastos de alugueiro, aloxamento urxente, hipoteca (amortización e intereses), comunidade, formalización do contrato de alugueiro, ata un máximo de 4 mensualidades.

D) Aloxamento temporal por imposibilidade de afrontar situacións de emerxencia ou sinistro, incendio, inundación, ruína, desafiuzamento ou outras causas imprevisibles e inevitables que obriguen ao abandono da vivenda por un período máximo dun mes ou dous, prorrogables segundo criterio técnico.

E) Gastos relativos á educación dos menores da unidade familiar, en idade escolar,sempre que non estivesen cubertos por axudas públicas ou fose necesario completalas para a súa correcta integración escolar. Neste apartado inclúense axudas para tratamentos de educación especial de menores con dificultades de aprendizaxe ou de integración social a proposta do Departamento de Orientación Escolar.

F) Gastos farmacéuticos, odontolóxicos, sanitarios, próteses e axudas técnicas (valorada a idoneidade para a promoción da autonomía persoal) non asumibles pola sistema sanitario e con prescrición facultativa do SERGAS.

G) Asistencia a actividades que favorezan a inserción socio-laboral e educativas (matrícula, material, gastos de desprazamento, obtención de carné de conducir...).

H) Subministración da vivenda.

I) Outras prestacións non recollidas nos anteriores apartados e que incidan directamente na inclusión social das persoas e así o valoren pola traballadora social dos Servizos Sociais comunitarios básicos (limpeza extraordinaria en domicilios cando exista risco sanitario, enterramentos, visitas médicas, ingresos en residencia, asistencia a tratamentos rehabilitadores de toxicomanías, de educación especial, etc..., ou calquera outra que sexa considerada necesaria segundo valoración e proposta do/a Traballador/a Social de Servizos Sociais Comunitarios básicos). Axustarase á contía da axuda a súa necesidade.

- Poderase cursar unha única solicitude anual, agás certos casos en que se poda presentar unha segunda solicitude cando concorran criterios socio- económicos obxectivabas relacionados co desamparo ou precariedade económica posterior á primeira solicitude e que serán valorados tendo en conta criterios técnicos tales como:

¿ Urxencia na necesidade.

¿ Infortunio familiar.

¿ Outros a valorar pola traballadora social.

- Os gastos non asumibles a través destas axudas económicas son os seguintes:

a) Débedas en xeral con calquera administración.

b) Intereses debedores de contas bancarias.

c) Intereses,recargas e sancións administrativas e penais.

d) Gastos de procedementos xudiciais ou derivados do cumprimento dunha sentencia xudicial condenatoria.

e) Devolucións de contía sin debidamente percibidas e requiridas por algunhas das administracións públicas.

- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionados poderá ser superior ao valor de mercado.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a persoa beneficiaria deberá destinar os ben ao fin concreto para o que se lle concedeu a subvención por un prazo mínimo de cinco anos no caso de bens inscribibles nun rexistro público, e de dous anos para o resto de bens.

No caso de bens inscribibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes extremos de inscrición no rexistro público correspondente.

Para o caso de incumprimento do destino dos ben ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, estarase ao disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e o seu regulamento de desenvolvemento, así como a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

ARTIGO 4.- CONTÍAS MÁXIMAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS

En cada solicitude poderanse solicitar os conceptos sinalados a continuación, sempre e cando non se superen as cantidades sinaladas tendo en conta o número de membros que conformen a unidade de convivencia:

Número de membros da unidade de convivencia

Máximacontía



1 persoa

300% do IPREM

2 persoas

350% do IPREM

3 persoas

400% do IPREM

4 ou máis persoas

450% do IPREM

Tipoloxía das prestacións económicas:

Tipoloxía

Máximacontía

Alimentación básica,hixiene persoal e doméstica e vestimenta básica para persoas e/ou vivenda

100% do IPREM

aumentando un10%

por cada membro da unidade familiar

Habitabilidade e equipamento da vivenda

200%doIPREM

Gastos de alugueiro, aloxamento urxente, hipoteca (amortización e intereses), comunidade, formalización do contrato de alugueiro

125%doIPREM

Aloxamento temporal por imposibilidade de afrontar situacións de emerxencia ou sinistro, incendio, inundación, ruína, desafiuzamento ou outras causas imprevisibles e inevitables que obriguen ao abandono da vivenda

150%doIPREM

Gastos relativos á educación dos menores da unidade familiar, en idade escolar

100%doIPREM

Asistencia a actividades que favorezcan a inserción socio- laboral e educativas

100%doIPREM

Gastos farmacéuticos, odontolóxicos, sanitarios, próteses e axudas técnicas non asumibles polo sistema sanitario

100%doIPREM

Subministración da vivenda

80%do IPREM

Outras prestacións non recollidas nos anteriores apartados e que incidan directamente na inclusión social das persoas e así o valoren polo/a traballador/a socialdos Servizos Sociais comunitarios básicos

100%doIPREM

ARTIGO 5.- PERSOAS BENEFICIARIAS.

Poderán ser beneficiarias destas axudas económicas, as unidades de convivencia residentes e empadroadas no Concello de Tordoia e que cumpran os requisitos establecidos.

Para os efectos do previsto nestas bases considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo domicilio.

Poderanse considerar a existencia de máis dunha unidade de convivencia no mesmo domicilio de forma excepcional, sempre que existan circunstancias motivadas e valoradas pola traballadora social no seu informe social.

- Requisitos xerais:

¿ Ser maior de idade ou menor legalmente emancipado.

¿ Ter nacionalidade española ou estranxeira con residencia legal en España. Con carácter excepcional, poderán ser tamén beneficiarias as persoas estranxeiras, sexa cal sexa a súa situación administrativa en España que se atopen nunha situación de desprotección ou en grave risco social.

¿ Estar a unidade de convivencia empadroada no Concello de Tordoia como mínimo con seis meses de antigüidade previos o inicio do expediente de solicitude.

¿ Excepcionalmente, diante situacións que comprometan gravemente a subsistencia das persoas destinatarias e, no seu caso, da súa unidade familiar ou de convivencia, a traballadora social, de xeito debidamente motivado, poderá eximir do cumprimento dos requisitos de domicilio e empadroamento.

¿ Non ter sido beneficiario/a de axudas ao abeiro desta mesma convocatoria no decurso do mesmo exercicio económico ou doutras convocatorias de organismos supra municipais para o mesmo concepto, agás circunstancias de especial gravidade que comprometan gravemente a subsistencia da unidade de convivencia e que se valorarán mediante informe técnico elaborado pola traballadora social.

¿ Aceptación expresa por parte da persoa solicitante, da participación no deseño do proxecto de intervención e no seu desenvolvemento cando sexa preceptivo segundo o criterio profesional.

¿ Cumprir cos requisitos económicos para acceso ás axudas económicas, recollidas nas presentes bases, así como as condicións de acceso específicas para as modalidades incluídas nos apartados correspondentes.

- Requisitos económicos:

Ingresos regulares da unidade de convivencia:

A contía das axudas que se concedan, establecerase en función do conxunto dos ingresos da unidade familiar de convivencia.

Para poder optar a percibir esta axuda económica non poderán superar os seguintes límites de ingresos mensuais:

a) Un membro na unidade familiar:100% do IPREM anual vixente.

b) Dous membros na unidade familiar:120% do IPREM.

c) Tres membros na unidade familiar:140% do IPREM.

d) Catro membros na unidade familiar:160% do IPREM.

e) Cinco ou máis membros na unidade familiar: incremento nun 10% máis por cada membro

Valorarase o conxunto de ingresos percibidos por cada unha das persoas que constitúen a unidade familiar de convivencia, e procedentes de retribucións, pensións, subsidios, salarios ou rendas regulares e/ou irregulares de calquera natureza, así como rendas do capital mobiliario.

Para o cómputo dos ingresos, o Concello terá en conta a base impoñible xeral e de aforro da última declaración do IRPF. No caso de variación das circunstancias socio-económicas terase en conta a totalidade dos ingresos netos dos seis meses anteriores á data de solicitude en concepto de rendemento de traballo, pensións , prestacións ou de calquera outra natureza. No caso de que a persoa non estea obrigada a presentar a declaración do IRPF acreditará os ingresos anuais a través de nóminas, certificados do INEM, certificados da Seguridade Social, percepción de subvencións, certificados de intereses bancarios ou de calquera outra forma que os Servizos Sociais Comunitarios Básicos considere necesaria para acreditar os ingresos. A estes ingresos descontaránselles os gastos de aluguer ou amortización da vivenda habitual ata un máximo de 300,00 € /mes

Non se computarán como ingresos aqueles de carácter finalista cuxa concesión estea condicionada a un destino concreto, salvo que sexa para a mesma finalidade a que foi destinada esta prestación.

Nos casos nos que quede acreditado que no momento da solicitude non se percibe ningún tipo de ingresos ou a minoración destes sexa do 50 % dos ingresos que se estaban a percibir, terase en conta esta circunstancia para o cómputo dos ingresos anuais e posterior aplicación da axuda que corresponda.

Capital mobiliario:

Entenderase medios económicos suficientes no que respecta aos recursos procedentes do capital mobiliario e para a valoración da concesión das presentes axudas, os que superen os 3.000,00 €en contas de aforros e/ou investimentos de toda a unidade familiar (tomarase o saldo recollido na certificación bancaria a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior ou a media do cuarto trimestre).

Capital Inmobiliario:

Que a persoa solicitante ou calquera membro da unidade familiar, non sexa propietariae/ouusufructuariadebensinmoblesque,polassúascaracterísticas, valoración, posibilidade de venda ou calquera forma de explotación, indiquen de xeito notorio a existencia de medios materiais suficientes para atender ao gasto obxecto da solicitude, agás a propiedade referente á vivenda destinada ao uso propio.

ARTIGO 6.- SOLICITUDES, PRAZOS E DOCUMENTACIÓN

A solicitude da axuda presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Tordoia coa documentación requirida sen prexuízo do establecido no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O procedemento iniciarase a instancia de parte ou de oficio. Os expedientes serán incoados de oficio cando concorran circunstancias graves, extraordinarias ou urxentes que así o aconsellen. Se se inicia de oficio deberá de garantirse na súa tramitación os requisitos e circunstancias documentais fixados para o caso de que se iniciase a instancia de parte.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto todo o ano, condicionado, en todo caso, á existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ao custo das axudas en cada un dos exercicios orzamentarios.

Á solicitude deberá de acompañarse a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos xerais e específicos para a obtención das axudas, agás que a documentación estea en poder do Concello de Tordoia ou se dean os requisitos fixados no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen carácter restrictivo, será necesario achegar a seguinte documentación:

¿ Fotocopia do DNI da persoa solicitante e das persoas maiores de 18 anos pertencentes á unidade de convivencia ou tarxeta de residencia (NIE) ou pasaporte, no caso de persoas estranxeiras.

¿ Fotocopia do libro familia.

¿ Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio e/ou do convenio regulador.

¿ Certificado de familia mono parental,si é ocaso.

¿ Fotocopia da demanda e/ou sentencia de impago de pensións.

¿ Fotocopia da última Declaración da Renda ou, no caso de non ter obriga de presentala, certificado negativo da Administración de Facenda cos datos fiscais de todos/as os/as convivintes maiores de 18 anos ou 16 se traballan.

¿ Fotocopia dos 6 últimos recibos de alugamento ou amortización da vivenda, no seu caso.

¿ Xustificantes de ingresos de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia maiores de 18 anos (ou 16 se traballan) e referidos ao período computable: nóminas, contratos de traballo, recibo/s de pensión/s, certificados de vida laboral, certificados do INEM, e outros segundo se lle indique.

¿ Movementos das contas bancarias que se posúan por tódalas persoas da unidade familiar e referidos aos doce meses anteriores á data da solicitude.

¿ Saldo das contas bancarias de tódalas persoas que formen a unidade de convivencia a 31 de decembro do exercicio inmediatamente anterior a presentación da solicitude e a media do cuarto trimestre.

¿ Informes de IBI,urbana,rústica, IAE e IVTM,que solicitarase de oficio.

¿ Declaración xurada de non ter solicitado nin percibido ningunha axuda que cubra os mesmos conceptos para os que se solicita a subvención e de estar ao corrente nas obrigas fiscais e coa seguridade social.

¿ Orzamentos dos gastos que se solicitan, adaptados á situación de necesidade.

¿ Calquera outro documento que a traballadora social estime oportuno para acreditar o cumprimento dos requisitos para a percepción das axudas ou para complementar ou actualizar a información.

Naquelas solicitudes nas que se observe a falla de documentación necesaria para a súa valoración, será requirida por escrito ás persoas interesadas para que, no prazo máximo de 10 días dende a recepción da comunicación, presenten a documentación solicitada, indicándoselles que, de non presentala, se lles terá por desistidas da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no art. 68 da Lei 30/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ARTIGO 7.- PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

O procedemento polo cal se establece a concesión destas axudas económicas será o de concorrencia competitiva, mediante o estudo pormenorizado de cada unha das solicitudes presentadas e a súa adaptación aos criterios de valoración establecidos nesta ordenanza.

Unha vez completada a documentación, realizarase o estudo da demanda e da situación socioeconómica da persoa solicitante e demais membros da unidade familiar. Para iso, teranse en conta os documentos presentados, entrevistas realizadas, visitas domiciliarias ou outros extremos que foran considerados de interese pola traballador/a social, para a emisión do informe social.

Recibidas as solicitudes da axuda, a valoración destas levarase a cabo pola traballadora social dos servizos sociais comunitarios básicos, con informe social coa valoración diagnóstica. Elevarase informe con proposta de resolución á Alcaldía, que resolverá o expediente previo informe de fiscalización e sen prexuízo da delegación da dita competencia de conformidade coa lexislación de réxime local.

A concesión da axuda económica estará vinculada a elaboración dun proxecto individualizado ou grupal de inserción. Cando xa exista un proxecto iniciado vincularase esta axuda económica ao dito proxecto. Nos casos nos que non se detecte unha problemática de integración non será obrigatorio realizar este proxecto e recollerase no informe social preceptivo.

ARTIGO 8.- RESOLUCIÓN

O procedemento de concesión será resolto pola Alcaldía ou órgano en quen delegue, e deberá de producirse nun prazo máximo de 30 días hábiles dende a presentación en rexistro da solicitude da axuda. O dito prazo máximo de resolución comezará a computarse dende que o expediente se atope completo.

Será prioritaria a resolución favorable das axudas destinadas á cobertura das necesidades básicas, entendidas como tales as que van destinadas a cubrir gastos derivados de alimentación, vivenda e outros de acordo cos criterios técnicos do/a traballador/a social.

A concesión das axudas estará sempre supeditada á existencia de consignación orzamentaria, polo tanto poderanse desestimar por este motivo as peticións que cumpran inicialmente todos os requisitos pero que non se consideren prioritarias.

ARTIGO 9.- NOTIFICACIÓN ÁS PERSOAS INTERESADAS

O texto íntegro da resolución adoptada será notificado ás persoas interesadas no domicilio que a efectos de notificacións figure no expediente e de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ARTIGO 10.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas beneficiarias destas axudas económicas están obrigadas a:

a) Destinar a axuda á finalidade para a que foi concedida.

b) Proporcionar toda a información necesaria para a xestión da axuda e facilitar as tarefas de avaliación e seguimento que se estableza no proxecto de intervención.

c) Comunicar os cambios que se produzan en relación ás condicións xerais e/ou requisitos específicos das axudas e que puideran dar lugar á modificación e/ou extinción destas, así como calquera outro cambio.

d) Comunicar ao órgano que concede as axudas, a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as axudas subvencionadas.

e) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución da concesión que está ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social na forma en que se determine.

f) Xustificar cos documentos e facturas oportunas, a realización do gasto para o fin que motivou a concesión da axuda económica no prazo máximo que se lle indique, e que será como máximo de dous meses.

ARTIGO 11.- CAUSAS DE DENEGACIÓN

Non procederá a concesión das axudas económicas cando se dean algunha das seguintes condicións:

a) Non cumprir os requisitos esixidos.

b) Que a axuda solicitada sexa competencia doutros organismos.

c) Que a prestación económica solicitada non constitúa unha solución axeitada u non resolva de forma significativa a necesidade formulada.

d) Non estar debidamente xustificada a situación de necesidade.

e) Non completar a documentación requirida.

f) Non xustificar a percepción de axudas concedidas en ocasións anteriores.

g) Que non exista crédito orzamentario para a atención da solicitude.

h) Que a prestación solicitada sexa para cubrir débedas derivadas do incumprimento de obrigas tributarias con calquera Administración Pública incluída a Seguridade Social ou calquera outro concepto non subvencionable de conformidade coa normativa reguladora das subvencións públicas.

ARTIGO 12.- CAUSAS DE EXTINCIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS

Son causas de extinción das axudas económicas:

a) O falecemento e/ou a renuncia da persoa solicitante.

b) A desaparición das circunstancias ou situación de necesidade que motivou a concesión da prestación económica.

c) A ocultación ou falsidade nos datos aportados e que foron tidos en conta para conceder a axuda.

d) Non destinara axuda á finalidade para a que foi concedida.

e) A perda dalgún dos requisitos ou condicións esixidas para ser persoa beneficiaria.

f) Non xustificar a axuda concedida ou non presentar as facturas xustificativas correspondentes para acreditar o destino e emprego axeitado desta.

ARTIGO13.- RÉXIME SANCIONADOR

No caso de que a persoa solicitante facilitara información falsa ou ocultara datos para obter, manter ou aumentar a axuda económica ou se, concedida ésta, non presentara a documentación ou facturas xustificativas que se lle requiran, procederase, en base a lexislación en materia de subvencións, a iniciar un procedemento de reintegro polo órgano competente, podendo ser motivo da denegación de futuras solicitudes de axudas.

En canto ao réxime sancionador aplicarase o previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións e regulamento de desenvolvemento desta, así como a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia .

ARTIGO 14.- XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS

A xustificación das cantidades recibidas acreditarase mediante factura ou documento probatorio que acredite a realización do gasto.

Así mesmo, para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados ou asinados pola persoa beneficiaria.

ARTIGO 15.- PAGAMENTO DAS AXUDAS ECONÓMICAS

O pagamento das axudas económicas poderase levarse a cabo nas seguintes modalidades:

A) Con carácter xeral, o pago das subvencións abonarase na conta bancaria da persoa beneficiaria unha vez esta aporte,no prazo que se lle indique, dende que recibe a notificación de concesión, as facturas ou documentación xustificativa que se determine, por importe igual ou superior, segundo corresponda, á contía concedida ou ao orzamento subvencionado.

B) Sempre que se recolla no informe-proposta da traballadora social, o pago das axudas poderase realizar anticipadamente ata o 100% do importe concedido esixíndose posteriormente a xustificación.

C) As axudas económicas poderán ser aboadas a entidades ou empresas legalmente constituídas sempre que, así se recolla no informe-proposta da traballadora social e que poidan emitir unha factura polos servizos prestados ou os bens que se adquiran.

Non obstante ao anterior, cando concorran circunstancias que fagan convinte a determinación doutro modo de pagamento, poderase alterar o sistema xeral establecendo, previo informe da traballadora social, outras modalidades de pagamento (pago fraccionado, pago en especie¿).

A modalidade de pago das prestacións e os prazos correspondentes serán recollidos no informe técnico emitido polos/as traballadores/as sociais.

ARTIGO 16.- RÉXIME DE INCOMPATIBILIDADES

Non se concederán axudas económicas destinadas á amortización de débedas contraídas co Concello de Tordoia ou outras Administracións Públicas nin para ao abono de servizos prestados por estas, agás que concorran no solicitante, circunstancias moi excepcionais que o fagan aconsellable ou necesario.

Non se poderá ser persoa beneficiaria simultaneamente de máis dunha axuda ou dereito á percepción económica para a mesma finalidade, calquera que sexa a administración pública ou privada outorgante. Poderán concederse axudas complementarias, cando as axudas económicas dos outros servizos ou administracións non cubran a totalidade do importe da prestación.

ARTIGO 17.- DO SEGUIMENTO DAS AXUDAS ECONÓMICAS

Serán os Servizos Sociais comunitarios básicos os que realicen o seguimento das situacións de necesidade protexida polas axudas e o destino desta; e poderán solicitarlle ás persoas beneficiarias a información ou documentación que sexa precisa para comprobar o bo uso das axudas.

Os servizos sociais comunitarios básicos, en colaboración con outras administracións (Xunta, Educación, Sanidade,...) e entidades privadas poderán establecer, de ser necesario, un sistema de coordinación e transferencia de datos necesarios co fin de realizar o seguimento das axudas concedidas ou solicitadas para garantir o bo uso destas e unha boa distribución dos recursos existentes, evitando a duplicidade nas concesións.

Así mesmo, realizarán o seguimento do Proxecto de Intervención , no caso de que se elaborara un proxecto asociado a esta axuda económica ao obxecto de avaliar os obxectivos acadados.

ARTIGO 18.- CONFIDENCIALIDADE.

Garántese a confidencialidade dos datos obtidos na tramitación dos expedientes, de conformidade coa lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.

Igualmente, estarase ao disposto na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

ARTIGO 19.- LÍMITE ORZAMENTARIO

Estas axudas económicas estarán supeditadas ás limitacións orzamentarias que anualmente se establezan.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

As solicitudes de axudas que se atopen en trámite ou fase de recursos na data de entrada en vigor das presentes bases, resultaralles de aplicación o disposto nesta en todo o que lle sexa favorable.

DISPOSICIÓN ADICIONAL 1.ª

Para o non previsto nesta ordenanza, aplicarase supletoriamente o previsto na Lei 38/2003, Xeral de subvencións e regulamento de desenvolvemento desta, así como a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia

DISPOSICIÓN FINAL

Esta Ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo establecido no ártigo 65.2 da Lei 7/85, reguladora de bases de réxime local, modificada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza específica reguladora das axudas de emerxencia social do concello de Tordoia, publicada no BOP número 43 do 21 de febreiro de 2009.