Mañón - Ordenanza fiscal reguladora de la taxa pola prestación do servicio da piscina municipal

Publicación provisional: 13/06/2024 BOP Nº: 114
Publicación definitiva: 28/08/2024 BOP Nº: 165
Aplicable dende: 28/08/2024

Artigo 1.-Fundamento e natureza.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladoras das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 27 e 58 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1988, do 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, este Concello establece a taxa pola prestación do servicio da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Feito imponible.

De acordo co previsto nos artigos 58 e 20.1.40 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito imponible da taxa a prestación do servicio da piscina municipal

Artigo 3.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas polo servicio prestado polo Concello na piscina municipal.

Artigo 4.-Responsables.

Serán responsables, solidariamente, das obrigas tributarias do suxeito pasivo establecidas nesta ordenanza, as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria.

A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, expresada no apartado seguinte:

5.1 ¿ Abonados:

5.1.1 ¿ Abono individual xeral 15 entradas: 25 euros

5.1.2 ¿ Abono individual para 15 entradas, menores de 18 anos e maiores de 65 anos: 20 euros

5.2 ¿ Non abonados:

5.2.1 ¿ Entrada menores de 3 anos: Gratuíta

5.2.2 ¿ Entrada individual xeral: 2 euros

5.2.3 ¿ Entrada individual menores de 18 anos e maiores de 65 anos: 1,50 euros

A entrada e o documento de abono que, en ningún caso, se poderán reintegrar, serán persoais e intransferibles e autorizan a entrada e o uso das instalacións durante a tempada no que se expiden.

Os menores de 12 anos deberán estar acompañados, en todo momento, por un adulto responsable

Artigo 6.-Retribución.

A taxa retribuirase no intre en que se inicie a prestación do servicio especificado no artigo anterior.

O pagamento da taxa efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina.

Artigo 7.-Exención e bonificación.

Estará exceptuada do pagamento, a utilización da piscina con motivo de competicións organizadas por iniciativa do Concello ou patrocinadas polo Concello, previa resolución do alcalde-presidente.

Artigo 8.-Infracción e sanción.

No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto na Lei Xeral Tributaria, artigos 77 a 89, de acordo co establecidos no artigo 11 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.

Disposición final.

A presente modificación acordada polo Pleno da Corporación o día 1 de setembro de 2004 entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2005.