Betanzos - REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL SANTIAGO DE LA FUENTE
ÍNDICE
CAPÍTULO I. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1. Obxecto
Artigo 2. Ámbito de aplicación
Artigo 3. Definición e datos do centro
CAPÍTULO II. FUNCIONAMENTO
Artigo 4. Obxectivos da escola infantil
Artigo 5. Capacidade do centro
Artigo 6. Servizos
Artigo 7. Prezos
Artigo 8. Calendario e horarios de funcionamento
Artigo 9. Procedemento de adxudicación de prazas. Admisión e baixas
CAPÍTULO III. ESTRUTURA ORGANIZATIVA
Artigo 10. Dependencia orgánica e funcional
Artigo 11. Organización interna
Artigo 12. Procedemento para substitucións e imprevistos do persoal
CAPÍTULO IV. NORMATIVA REFERENTE A TODO O PERSOAL
Artigo 13. Persoal da escola infantil municipal
Artigo 14. Funcións do persoal da escola
Artigo 15. Dereitos e obrigas do persoal
CAPÍTULO V. NORMATIVA REFERENTE AOS/ÁS NENOS/AS
Artigo 16. Dereitos dos/das nenos/as
Artigo 17. Normas de saúde e hixiene persoal
Artigo 18. Normas de alimentación
Artigo 19. Normas de convivencia
Artigo 20. Vestiario
Artigo 21. Uso das dependencias e materiais
Artigo 22. Uso da lingua
Artigo 23. Fomento da igualdade dos nenos e nenas
CAPÍTULO VI. NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA
Artigo 24. Dereitos dos/ das pais/nais
Artigo 25. Obrigas dos/das pais/nais
Artigo 26. Participación e relación coas familias
Artigo 27. Instrumentos de información ás familias
CAPÍTULO VII. NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA DO CENTRO
Artigo 28. Medidas de seguridade e hixiene e outras
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
ANEXOS
Anexo I. Ordenanza fiscal
CAPÍTULO I.-OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
ARTIGO 1.-OBXECTO.
O presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamiento da Escola Infantil Municipal do Concello de Betanzos, así como regular o procedemento de adxudicación de prazas e as condición de uso do servizo.
ARTIGO 2.-ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Constitúe o ámbito de aplicación do presente regulamento o servizo de Escola Infantil Municipal do Concello de Betanzos como equipamiento de atención á primeira infancia.
ARTIGO 3.-DEFINICIÓN E DATOS DO CENTRO.
3.1. Definición do centro.
A Escola Infantil Municipal de Betanzos defínese como un equipamiento diúrno de carácter educativo e asistencial dirixido á poboación infantil de 0-3 anos, que ten por finalidade favorecer o desenvolvemento harmónico e integral dos/das nenos/as, ademáis de apoiar ao labor educativa da propia familia e facilitar o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.
3.2. Datos identificativos.
Denominación do centro: Escola Infantil Municipal de Betanzos, ¿Santiago de la Fuente".
Enderezo: Rúa Cabildos, n.º 4. 15300-Betanzos.
Teléfono: 981 77 25 52.
3.3. Titularidade.
Entidade titular: Concello de Betanzos. Praza de Galicia, 1. 15300 - Betanzos.
Representante legal: Alcaldía-Presidencia do Concello de Betanzos.
Xestión: Directa.
N.º inscripción no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS): E-487.
3.4. Autorizacións.
Permiso de inicio de actividades por resolución de data 10 de xuño de 1997.
CAPÍTULO II.-FUNCIONAMENTO
ARTIGO 4.-OBXECTIVOS DA ESCOLA INFANTIL.
Os obxectivos xerais da Escola Infantil Municipal son os seguintes:
¿ Apoiar ás familias na crianza e educación dos seus fillos/as.
¿ Facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
¿ Contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos e nenas en estreita colaboración coas familias.
¿ Promover unha educación preventiva e compensadora de desigualdades.
¿ Posibilitar o acceso a un servizo de carácter educativo e asistencial de calidade á poboación.
ARTIGO 5.-CAPACIDADE DO CENTRO.
A Escola Infantil Municipal conta con autorización para o funcionamento de 4 unidades, cunha capacidade simultánea de 61 prazas, distribuidas coas seguintes ratios:
N.º UNIDADES | GRUPO DE IDADE | N.º DE PRAZAS |
1 | 0-1 anos | 8 prazas |
1 | 1-2 anos | 13 prazas |
1 | 2-3 anos | 20 prazas |
1 | 2-3 anos | 20 prazas |
No caso de non existir demanda suficiente para formar grupo do mismo nivel de idade, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á normativa autonómica de aplicación:
GRUPO | N.º DE PRAZAS |
0-2 anos | 10 prazas |
0-3 anos | 15 prazas |
Nas primeiras horas da mañá e no horario de tarde poderase modificar a distribución das unidades pola de agrupamentos motivado pola asusencia significativa de alumnos/as no centro.
No caso de integrarse nenos/as con necesidades educativas especiais non poderá haber máis dun/dunha por aula e para os efectos de ratio estas prazas contabilizarán como dúas.
ARTIGO 6.-SERVIZOS.
6.1. Atención educativa, conforme o establecido no currículo de primeiro ciclo de educación infantil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ademais do coidado e atención dos/das nenos/as de 0-3 anos, a escola infantil prestará os seguintes servizos:
6.2. Servizo de comedor, que será ofertado nas seguintes modalidades:
a) Como servizo de comedor propiamente dito, para os/as nenos/as comprendidos no grupo de idade de 1-2 e 2-3 anos. Este servizo abrangue o xantar, cun menú adaptado ás súas necesidades, e será prestado a través de empresa externa (servizo de catering); o persoal do centro encárgarase de distribuir e servir os alimentos.
Periódicamente entregarase ás familias unha relación dos menús, que tamén será exposta no taboleiro de anuncios da Escola Infantil.
Aqueles/as usuarios/as que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos, sempre que o soliciten con antelación suficiente e aboando o prezo estipulado.
b) Como servizo de cociña, facilitando os medios persoais e materiais precisos para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que levarán os propios usuarios/as. Incluirá o almorzo e a merenda para todos os grupos de idade, así como o xantar para os/as nenos/as do grupo 0-1 anos segundo as súas necesidades.
6.3. Horario amplo.
A Escola Infantil permanecerá aberta de 07.30 a 20.00 horas ininterrumpidamente.
6.4. Actividades complementarias.
Poderanse establecer dentro do currículo educativo da escola infantil actividades complementarias axeitadas para cada grupo de idade.
Os/as alumnos/as poderán realizar as saídas didácticas establecidas na programación do curso previa autorización por escrito por parte dos pais, nais ou representantes legais. As saídas serán sempre dentro do horario de apertura da escola infantil e comunicadas ás familias con antelación suficiente.
ARTIGO 7.-PREZOS.
Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias da Escola Infantil serán os regulados , en cada momento, pola correspondente Ordenanza Fiscal municipal, coas exencións e bonificacións nela contidas (Publicase como ANEXO I, a actualmente vixente).
ARTIGO 8.-CALENDARIO E HORARIOS DE FUNCIONAMENTO.
8.1. Calendario escolar.
A Escola Infantil Municipal permanecerá aberta de luns a vernes todos os meses do ano, excluídos os días considerados como festivos no calendario laboral e os días que determine o Concello como festas locais, así como o 22 de maio (Sta. Rita-Patrona de Admón. Local) e o 24 e 31 de decembro.
O curso escolar dará comezo o terceiro día hábil do mes de setembro e rematará no mes de agosto.
O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de 11 meses dentro do período de setembro a agosto de cada curso escolar, debendo disfrutar dun mes de vacacións (preferiblemente nos meses de xullo ou.agosto). En casos excepcionais, debidamente xustificados, poderase admitir a súa asistencia os 12 meses, previa solicitude e informe da dirección do centro.
8. 2. Horarios.
1. Dentro do horario de apertura do centro, de 07.30 a 20.00 horas, os/as usuarios/as terán que optar por unha das seguintes modalidades de xornadas:
¿ Xornada de mañá: de 07.30 a 15.30 horas.
- A entrada realizarase entre as 07.30 e as 10.00 horas, e a saída ás 13.00 horas, sen servizo de comedor e a partir das 14.00 horas con servizo de comedor.
¿ Xornada escolar:
- Continuada, de 10.00 a 18.00 horas (con comedor).
- Partida, de 10.00 a 13.00 horas e de 15.30 a 20.00 horas (sen comedor).
¿ Xornada de tarde: de 15.30 a 20.00 horas.
En todo caso o cencello de Betanzos poderá introducir modificacións atendendo a criterios de necesidade do servizo
2. O servizo de comedor prestarase nos seguintes horarios:
¿ Almorzo: de 07.30 a 09.00 horas.
¿ Xantar:
- Grupo 0-1 e 1-2 anos ás 12.00 horas.
- Grupo 2-3 anos ás 13.00 horas.
¿ Merenda:
- Grupo 0-1 e 1-2 anos ás 16.00 horas.
- Grupo 2-3 anos ás 17.00 horas.
3. Durante os meses de xullo e agosto o centro poderá ter horario reducido (ata ás 15.30 h.) en función da demanda existente.
4. O horario de permanencia dos/das nenos/as no centro non poderá superar as 8 horas diarias, agás que por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, teñan que permanecer un tempo superior.
ARTIGO 9.-PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS. ADMISIÓN E BAIXAS.
9.1. Requisitos.
Para ser adxudicatario/a de praza na Escola Infantil Municipal establécense como requisitos:
a) Que o/a neno/a xa nacese no momento da presentación da solicitude.
b) Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na Escola Infantil.
c) Non ter cumpridos os tres anos a 31 de decembro do ano que se solicita praza.
Poderán eximirse do límite de idade dos tres anos os/as nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo debidamente acreditadas, o seu ingreso estará supeditado á existencia de condicións de infraestructura idóneas e persoal axeitado.
9.2. Criterios de prioridade para a adxudicación das prazas. Baremo de admisión.
As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:
1. Solicitudes de renovación de praza.
Os nenos e nenas escolarizados na escola infantil terán dereito preferente á renovación da súa praza sempre que reúnan os requisitos para ser adxudicatario/a.
2. Solicitudes de novo ingreso, segundo os seguintes criterios preferentes:
a) Terán prioridade as solicitudes dos nenos/as cun/cunha irmán/á con praza adxudicada no centro.
b) O resto de solicitudes adxudicaranse segundo a puntuación que se obteña por aplicación do baremo que se estableza para o acceso ás escolas infantís da Xunta de Galicia, no que se refire aos factores sociofamiliares, laborais e económicos da unidade familiar. Terán preferencia segundo a seguinte orde:
b.1. Solicitudes dos/as nenos/as residentes no Concello de Betanzos, debendo estar empadroados/as alomenos con un dos seus proxenitores ou titores, no momento de presentar a solicitude e alomenos desde o 1 de xaneiro do ano que se pretenda o ingreso.
b.2. Solicitudes dos nenos/as cuxos proxenitores, estando empadroados noutro concello, teñan os seus postos de traballo no término municipal de Betanzos.
b.3. De seguido teranse en conta os resto de solicitudes.
No caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa, e tras a aplicación deste criterio ás solicitudes de atención con servizo de comedor. De seguir o empate o factor determinante sería a suma maior dos criterios sociofamiliares.
Para a aplicación do baremo teranse en conta as seguintes consideracións:
- Entenderase por unidade familiar a formada polos pais/nais e os fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimiento dos seus proxenitores, vivan independientes destes, ou fillos/as maiores de idade cunha discapacidade superior ao 33 % ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación.
- Entenderase por familia monoparental cando formara parte da unidade familiar unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal.
- A renda per cápita mensual será o importe dos ingresos totais de cada un dos membros da unidade familiar calculada pola suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), dividido polo número de membros computables da unidade familiar e por doce. Para as persoas non obrigadas a declarar os ingresos obteranse dos datos existentes na Axencia Estatal de Administración Tributaria, acreditados mediante a correspondente certificación, sumando os rendementos netos.
No caso de familias monoparentais incrementarase nun 0,8 o número real de membros que componen a unidade familiar.
9.3. Solicitudes e documentación.
a) Renovación de praza:
Os/as nenos/as que ingresen na escola infantil con anterioridade ao 1 de marzo, poderán solicitar a renovación automática da súa praza para o seguinte curso mediante o modelo normalizado de solicitude. O alumnado de xornada de tarde só poderá reservar praza nese horario.
Os requisitos acreditaranse mediante a presentación das autorizacións (ou os propios documentos no caso de opoñerse á consulta) para acceder a estes documentos de acordo co modelo de instancia aprobada atendendo aos convenios de interoperabilidade dispoñibles en cada momento:
a) xustificantes de ingresos económicos actualizados (autorización para consulta da última declaración do IRPF de todos os membros da unidade familiar ou, se é o caso, certificado emitido pola Axencia Tributaria), así como aqueles outros que acrediten a variación das circunstancias familiares que aleguen.
Para acceder a esta información será posible que se dea autorización para poder acceder aos datos que obren en poder da administración por seren un datos que está en poder doutra administración. Habilítase á alcaldía para o establecemento dun formulario normalizado para esta solicitude, onde se faga constar a autorización ou á oposición a consulta indicada. Este formulario poderá ser un formulario normalizado coa Deputación da Coruña.
b) Novo ingreso:
Estes requisitos acreditaranse mediante a presentación das autorizacións (ou os propios documentos no caso de opoñerse á consulta) para acceder a estes documentos de acordo co modelo de instancia aprobada atendendo aos convenios de interoperabilidade dispoñibles en cada momento:
- A solicitude de novo ingreso farase segundo o modelo normalizado. Xunto coa solicitude achegaráse a seguinte documentación:
- Autorización para a consulta do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
- Xustificación de ingresos económicos da unidade familiar: autorización para a consulta da última declaración do IRPF presentada ou o certificado negativo da Axencia Estatal Tributaria no caso de non facer declaración do IRPF.
- Xustificante de ocupación ou desemprego: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral, último recibo de pagamento da cota á Seguridade Social no caso de traballadores autónomos ou, no seu caso,certificación de ser demandante de emprego.
- No caso de non estar censados no Concello de Betanzos, pero algún algún dos proxenitores ou representantes legais do neno/a teña o seu posto de traballo no municipio, achegarase certificado da empresa que acredite esta situación.
- Autorización para a consulta do Título de familia numerosa, de ser o caso.
- Autorización para a consulta da documentación acreditativa do recoñecemento do grado de discapacidade ou dependencia, no caso de ser alegada por algún membro da unidade familiar.
- Informe médico expedido polos servizos públicos de saúde no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións graves alegadas polos membros da unidade familiar.
- Sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno,filiais, no caso de familias monoparentais
- No caso de nenos/as con necesidades de apoio específico informe emitido por organismo competente (Equipo de Valoración e Orientación da Xunta, Servizo de Atención Temperá, Inspección Educativa, etc) sobre a súa necesidade de integración.
- Outros documentos, se procede, que acrediten outras incidencias puntuables no baremo, tales como: cargas familiares, abandono do fogar, acollemento familiar, violencia de xénero , etc.
A falta de acreditación documental da situación sociofamiliar e laboral alegada na solicitude suporá a renuncia implícita a ser valorado na epígrafe correspondente do baremo.
Para acceder a esta información será posible que se dea autorización para poder acceder aos datos que obren en poder da administración por seren un datos que está en poder doutra administración. Habilítase á alcaldía para o establecemento dun formulario normalizado para esta solicitude, onde se faga constar a autorización ou á oposición a consulta indicada. Este formulario poderá ser un formulario normalizado coa Deputación da Coruña.
9.4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
As solicitudes, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, e a documentación requerida poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello.ou, preferiblemente, no centro municipal de servizos sociais.
O prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza será do 1 ao 15 de marzo, ambos os dous incluídos.
O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do día 1 ao 31de marzo, ambos os dous incluídos.
Cando a data de remate do prazo coincida con día non laborable, prorrogarase automáticamente ata o primeiro día laborable.
9.5. Solicitudes incompletas.
No caso de que as solicitudes non reúnan os requisitos esixidos neste regulamento, o Concello requirirá o/a interesado/a para que, nun prazo de dez días, corrixa os defectos detectados, con indicación de que, se non o fixese así, de acordo co artigo 71.1.º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se terá por desistido da súa petición.
O Concello poderá reclamar en calquera momento ampliación de datos, e a súa debida acreditación documental, que coiden precisos para a resolución do expediente.
9.6. Avaliación das solicitudes.
A selección das solicitudes efectuarase en función acadada segundo a aplicación do baremo ao que fai referencia o artigo 9.2 anterior.
Aplicaráselles a todas as solicitudes recibidas un procedemento de valoración, con tal fin constituirase no Concello unha comisión municipal de baremación e selección coa seguinte composición:
- Presidencia: o/a delegado/a da concellería competente.
- Vogais: o/a director/a do centro, o/a presidente/a da asociación de pais e nais da Escola Infantil Municipal e un/unha funcionario/a do Concello que actuará como secretario/a.
9.7. Relación provisional de admitidos/as.
Baremadas as solicitudes, a comisión elevará a proposta de selección á alcaldía-presidencia, facendo pública a relación provisional de admitidos/as e a lista de espera, coa puntuación obtida por cada un/unha dos/das solicitantes. Esta relación exporase no taboleiro de anuncios dos servizos socias do Concello.
Os/as solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días naturais posteriores á data da exposición pública da relación provisional. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.
9.8. Relación definitiva de admitidos/as e lista de espera.
Unha vez examinadas e resoltas pola comisión as reclamacións presentadas contra a relación provisional, a alcaldía aprobará a relación definitiva de admitidos/as e a lista de espera coa puntuación obtida, que será exposta no taboleiro de anuncios dos servizos sociais do Concello.
As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso escolar serán cubertas por rigurosa orde de puntuación entre os/as solicitantes en lista de espera en cada grupo de idade.
9.9. Solicitudes fóra de prazo.
1. Por circunstancias sobrevidas debidamente xustificadas:
a) Nacemento, acollemento o adopción do/a neno/a con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
b) Cambio de concello de residencia da unidade familiar con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
c) Outras circunstancias que motivadamente sexan valoradas polos técnicos dos servizos socias do Concello.
As solicitudes deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que a motiva e a súa adxudicación estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do/a neno/a, unha vez esgotada a lista de espera. As prazas serán cubertas segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo.
2. Por causas non xustificadas. Estas solicitudes estarán condicionadas á existencia de prazas vacantes no grupo de idade do/a neno/a e serán cubertas por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello, unha vez esgotada a lista de espera e resoltas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación.
9.10. Matrícula.
Os/as solicitantes de novo ingreso admitidos/as no procedemento ordinario disporán dun prazo de quince días naturais dende a publicación da lista definitiva para matricularse, presentando nos servizos socias do Concello o impreso de matrícula que lles será facilitado nesas dependencias, xunto co xustificante do aboamento da matrícula polo ingreso do/da neno/a na Escola Infantil e a domiciliación bancaria para o abono das tarifas pola prestación de servizos. .
O importe da matrícula será o regulado na ordenanza municipal correspondente e o seu pagamento efectuarase no n.º de conta bancaria que o Concello designe a tal efecto.
Para os ingresos fóra de prazo disporase de cinco días naturais dende a comunicación da concesión da praza para a formalización da matrícula. En calquera caso non se admitirá a matriculación de crianzas con posterioridade ao 31 de maio.
A formalización da matrícula do/a neno/a nos prazos sinalados é imprescindible para confirmar a praza, de non facelo así considérase decaído/a na súa solicitude.
9.11. Documentación complementaria.
Os pais/nais ou representantes legais dos/das nenos/nenas admitidos/as terán que aportar con anterioridade ao seu ingreso no centro a seguinte documentación:
- Certificado médico do/a neno/a (non é necesario poliza oficial).
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia da cartilla de vacinación actualizada (achega voluntaria).
- 1 fotografía tamaño carné.
- Autorización para a recollida/entrega dos/das nenos/as no centro.
- Autorización para a realización de reportaxes, visuais ou fotográficas.
A citada documentación será entregada na Escola Infantil o día da entrevista.
9.12. Período de adaptación.
Para facilitar o proceso de adaptación do alumnado de novo ingreso á escola infantil, establecerase a súa incorporación de xeito progresivo durante os primeiros quince días, nos que se irá aumentando pouco a pouco os tempos de estancia.
Poderase aumentar ou disminuir este período en función das necesidades específicas de cada neno/a.
O período de adaptación repercutirá na utilización do servizo de comedor por parte dos alumnos/as de novo ingreso admitidos no procedemento ordinario, comezando a súa prestación unha vez finalizado este.
9.13. Baixas.
Causarase baixa na escola infantil por algunha das circunstancias seguintes:
a) Por cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.
b) A solicitude dos pais/nais ou representantes legais.
c) Por non pagamento da cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda.
d) Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.
e) Por incopatibilidade ou inadaptación absoluta do/a neno/a para permanecer no centro.
f) Por falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada.
g) Por incumprimento reiterado das normas da escola.
h) Pola non presentación da documentación complementaria obrigatoria.
As baixas serán resoltas pola alcaldía a proposta do/da delegado/da da concellería competente.
CAPÍTULO III.-ESTRUTURA ORGANIZATIVA
ARTIGO 10.-DEPENDENCIA ORGÁNICA E FUNCIONAL.
A Escola Infantil Municipal dependerá orgánicamente do Concello de Betanzos, ostentando a súa representación legal a Alcaldía-Presidencia, e funcionalmente da Concellería de Servizos Sociais, que coordinará as actuacións das restantes áreas políticas e órganos técnicos da entidade relacionados coa escola.
ARTIGO 11.-ORGANIZACIÓN INTERNA.
11.1. A dirección.
É un órgano unipersonal, responsable do funcionamento da escola infantil. A persoa titular da dirección será nomeada polo Concello entre algún dos membros do persoal educativo da escola que posúa a titulación esixida pola normativa vixente.
11.2. O equipo educativo.
É o órgano propio de participación dos docentes no control da labor educativa da escola. Estará formado pola totalidade dos/as mestres/as, educadores/as e persoal de apoio que presten os seus servizos na escola, baixo a coordinación e supervisión da dirección do centro.
11.3. A asociación de nais e pais.
A escola infantil promoverá a existencia dunha asociación de nais e pais de alumnos/as (ANPA), facilitando a súa participación nas actividades da escola e o uso das instalacións para reunións sempre que non interfiran na actividade escolar.
ARTIGO 12.-PROCEDEMENTO PARA SUBSTITUCIÓNS E IMPREVISTOS DO PERSOAL.
1. A ausencia do persoal por enfermidade breve ou polo disfrute dalgún permiso, será cuberta polo persoal de apoio do propio centro.
2. Se ausencia do persoal fose como consecuencia dunha baixa de enfermidade, por algunha licenza, excedencia, renuncia ou calquera outra ausencia do seu posto de maneira prolongada, se procederá, no caso der ser necesario para cumprir os ratios establecidos por normativa, a súa substitución por persoal coa debida titulación, conforme o sistema de selección que determine o Concello.
CAPÍTULO IV.-NORMATIVA REFERENTE A TODO O PERSOAL.
ARTIGO 13.-PERSOAL DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.
1. A dirección pedagóxica do centro recaerá nalgún dos membros do persoal educativo coa titulación de licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía ou mestre/a especialista en educación infantil ou equivalente.
2. A plantilla básica do persoal educativo deberá cubrir as necesidades de funcionamento da escola en horario normalizado e estará composta por un equipo de docentes e de persoal auxiliar suficiente e axustado á normativa vixente da Administración competente en esta materia, que determinará asimismo a titulación académica esixida e outros requisitos para os distintos postos.
- Cada grupo de alumnos/as terá asignado un/unha titor/a, que deberá ter como mínimo a titulación de técnico superior en educación infantil ou equivalente.
- O persoal de apoio estará ao cuidado da orde, seguridade, entretemento, alimentación, aseo e atención persoal dos/das nenos/as, colaborando en todo momento cos titores/as de cada aula e baixo a supervisón da dirección da escola.
3. Responsable do servizo de comedor. Este cargo recaerá nalgún dos membros do persoal de apoio, fóra do horario de comedor desempeñará funcións de apoio en aula.
4. Persoal de limpeza.
ARTIGO 14.-FUNCIÓNS DO PERSOAL DA ESCOLA.
14.1. Da dirección.
a) Representar á escola.
b) Dinamizar, coordinar e garantir a elaboración dos documentos da escola: o proxecto educativo e a súa proposta pedagóxica, a programación xeral anual e a súa correspondente memoria anual; todo isto en colaboración directa co persoal educativo.
c) Organizar e supervisar o traballo do persoal da escola.
d) Desenvolver o traballo administrativo que lle corresponda.
e) Convocar e presidir reunións do persoal, así como executar e facer cumplir os acordos adoptados por escrito nestas.
f) Prestar atención personalizada aos/ás usuarios/usuarias tanto a través do desempeño da función educativa como directiva.
g) Canalizar e coordinar as relacións coas familias estimulando e garantindo a súa participación na vida da escola.
h) Comunicar ao Concello as incidencias relativas ás necesidades de mantemento da escola, baixas do persoal, necesidades materiais e calquera outra circunstancia que afecte ao ordinario funcionamento desta.
i) Exercer a garda dos/das usuarios/usuarias da escola acorde co previsto na legislación vixente.
j) Supervisar, coordinar e facer cumplir o correcto desenvolvemento das actividades programadas.
k) Cumprir e facer cumprir o marco lexislativo vixente para a infancia e de xeito específico de ámbito educativo, así como o previsto no presente regulamento.
l) Promover a relación da escola con outras escolas para intercambio de experiencias, actividades conxuntas, etc.
m) Participar en actividades de formación e promover a formación continua do persoal.
n) Calquera outra que lle poida ser encomendada polo Concello dentro do ámbito da súa competencia.
14.2. Do equipo educativo.
a) Colaborar coa dirección na elaboración e actualización do proxecto educativo e da proposta pedagóxica da escola.
b) Fixar criterios para o seguimento e a avaliación destes documentos.
c) Realizar as funcións educativas incluidas na lexislación vixente para o ciclo educativo, no referente ao desenvolvemento dos/das menores, á preparación e o deseño de propostas pedagóxicas, coordinación coas familias, hixiene, alimentación e sono dos nenos e nenas, organización dos espazos e materiais pedagóxicos,etc.
d) Establecer os criterios xerais aos que deben adaptarse as intervencións educativas de cada un dos grupos de idade.
e) Participar en actividades de formación permanente.
f) Avaliar o funcionamento e a organización da escola e propoñer iniciativas para a mellora do seu funcionamento ante a dirección.
g) Fomentar as canles de comunicación e información continua familia-escola.
h) Calquera outra que lle encomende a dirección da escola para un mellor funcionamento da mesma.
No marco destas funcións os/as mestres/mestras exercerán un papel de coordinación e animación da acción educativa.
Cando fose necesario, as funcións da dirección da escola poderán ser asumidas por algún integrante do persoal educativo que posúa a titulación esixida pola normativa aplicable.
14.3. Do/da responsable de comedor.
a) Tratar coa empresa de catering todos os apectos relacionados co servizo.
b) Controlar diariamente a calidade e cantidade dos menús e cubrir o parte de diario de incidencias da empresa de catering.
c) Controlar a hixiene do comedor, dos alimentos e do menaxe.
d) Levar o control diario de asistencia ao comedor dos/das alumnos/as.
e) Manter a orde a convivencia xeral no comedor.
f) Distribuir a relación dos menús mensuais entre as familias.
g) Elaborar e actualizar o inventario de menaxe de cociña.
h) Calquera outra función necesaria para o correcto desenvolvemento do servizo.
14.4. Do persoal de limpeza.
a) Orde, distribución, limpeza e mantemento das estancias da escola e dos materiais encomendados.
b) Limpeza dos patios exteriores.
c) Calquera outra que se lle encomende no ámbito da súa competencia.
ARTIGO 15.-DEREITOS E OBRIGAS DO PERSOAL.
15.1. Dereitos.
a) Recibir regularmente información da marcha e do funcionamento da escola, a través da dirección.
b) Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento da escola e a atención prestada aos menores.
c) Desenvolver as súas funcións educativas segundo o seu criterio persoal sempre que se axusten ao proxecto educativo e á programación anual da escola.
d) A que lle sexan proporcionados, dentro das posibilidades da escola, os recursos e os medios precisos para desenvolver as súas funcións axeitadamente en beneficio do alumnado que ten ao seu cargo.
15.2. Obrigas.
a) Cumprir e facer cumplir de acordo coas súas funcións o presente regulamento.
b) Velar polo respecto aos dereitos dos e das menores recollidos no presente regulamento e aqueloutros recoñecidos na lexislación vixente.
c) Gardar estrita confidencialidade sobre os datos persoais dos/das nenos/nenas e das súas familias aos que teñan acceso en razón das súas funcións.
d) Cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo.
e) Desenvolver o seu labor educativo de acordo co marco legislativo vixente para o tramo de idade 0 a 3 anos.
CAPÍTULO V.-NORMATIVA REFERENTE AOS/ÁS NENOS/AS
ARTIGO 16.-DEREITOS DOS/DAS NENOS/AS.
a) Ao acceso á escola e a ser tratado sen discriminación, por razón de nacionalidade, sexo, relixión, ideología ou calquera outra condición ou circunstacia persoal ou social.
b) Á confidencialidade sobre os datos do seu historial sanitario, socio-familiar e escolar.
c) A realizar saídas fóra da escola, sempre e cando os/as nenos/nenas vaian acompañados polo persoal da escola necesario para a súa seguridade, e sempre con autorización escrita por parte dos seus pais/nais ou representantes legais.
d) Á intimidade persoal.
e) A ter unha atención individualizada acorde coas súas necesidades específicas.
f) A que se lles facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa, cultural,etc, para acadar o seu desenvolvemento integral.
g) A recibir educación na tolerancia, na igualdade e na convivencia democrática, e a posibilitarlles que poidan facer uso das súas opcións de xeito libre e persoal.
ARTIGO 17.-NORMAS DE SAÚDE E HIXIENE PERSOAL.
1. Os/as nenos/nenas acudirán á escola en condicións correctas de saúde e hixiene.
2. Administración de medicamentos: nos casos en que a asistencia a escola estea autorizada polo/a médico/a e se lle deba administrar medicinas aos/ás nenos/as, a familia axustará a dose fóra dos tempos de permanencia no centro. Naqueles casos nos que sexa imprescindible administrárllelas na escola, estas deberán ir acompañadas de informe médico e receita actualizada á data do tratamento, na que constará o nome do/a neno/a, o nome do medicamento, forma, dose e periodicidade na administración. Non se administrará ninguna medicación que non veña acompañada así mesmo da autorización por escrito dos pasis/nais, titores o representantes legais, indicando as horas de administración e a dose correspondente.
3. O/a neno/nena non poderá asistir ao centro educativo no caso de ter máis de 38.ºC de febre, diarrea, vómitos ou enfermidade contaxiosa (rubéola, sarampelo varicela, escarlatina, conxuntivitis, etc). e a súa reincorporación só será posible transcorrido o período de contaxio achegando informe médico que acredite tal circunstancia.
4. No caso de enfermidade ou accidente sobrevido na escola infantil, logo das primeiras atencións, porase en coñecemento dos pais/nais ou representantes legais, que deberán acudir á escola para se facer cargo do/da neno/a. No caso de que a circunstancia concreta o requerise, procederase a dar aviso ao teléfono de emerxencias 112 co fin de garantir que o/a menor reciba atención médica axeitada.
5. A faltas de asistencia á escola infantil, debido a enfermidade ou a outras circunstancias, deberán ser xustificadas polas familias ou representantes legais.
6. Os/as nenos/nenas terán sempre unha muda completa de reposto.
7. Todos os nenos e nenas que usen cueiros deberán levar á escola medio paquete deles e unha caixa de toalliñas húmidas que terán que repoñer cando sexa preciso.
8. Calquera situación anómala que manifeste o/a neno/nena deberá ser comunicada polas familias no menor tempo posible.
ARTIGO 18.-NORMAS DE ALIMENTACIÓN.
1. Periódicamente expoñerase no taboleiro de anuncios da escola e facilitarese aos pasi/nais dos/das nenos/as usuarios/as do servizo de comedor unha copia dos menús previstos para cada mese, os cales deberán de proporcionar unha dieta sa, equilibrada e axeitada a súas idades.
2. Deberá presentarse informe pediátrico naqueles casos nos que se deba prestar unha especial atención ao tipo de comida, en razón de circunstancias persoais do/da neno/a.
ARTIGO 19.-NORMAS DE CONVIVENCIA.
1. O horario solicitado inicialmente deberá manterse ao longo do curso, calquera cambio deberá ser solicitado por escrito, alegando e xustificando as causas que o motivan, e estará suxeito á disponibilidade de prazas.
2. O horario de entrada-saída dos nenos/as débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non supoña alteración das actividades dos demáis nenos/as e do funcionamento normal do centro. Por este motivo, unha vez acordados coa Escola os horarios, as familias deberán respetalos
3. Os posibles retrasos e ausencias dos/das nenos/as deberán ser comunicadas á escola.
4. Os/as nenos/as serán recollidos con puntualidade e somentes se entregarán aos país/representantes legais ou ás persoas autorizadas por éstes. No caso de vir a recollelos outras persoas, os país deberán avisar previamente á escola e autorizalo por escrito. Teranse en conta as cuestión concretas establecidas por resolución judicial que deberán ser postas en coñecemento da Dirección da escola por quen ostente a garda e custodia do/da neno/a.
ARTIGO 20.-VESTIARIO.
1. É recomendable, ainda que non obrigatorio, o emprego de chándal.
2. En todo caso os/as nenos/as deberán acudir á escola con roupa que lles permita moverse con plena comodidade.
3. A roupa e os seus obxectos persoais irán marcados co seu nome e apelidos.
ARTIGO 21.-USO DAS DEPENDENCIAS E MATERIAIS.
As dependencias e materiais da escola infantil serán utilizadas para uso das actividades educativas e asistenciais que implican a prestación do servizo, polo persoal da mesma e os nenos e nenas que asisten a ela.
Poderá cederse o uso das dependencias para as reunións da ANPA, a asociación deberá solicitalo por escrito ante a dirección do centro polo menos con 48 horas de antelación.
O uso das dependencias por outra institución ou colectivo alleo á escola deberá ser solicitada ao Concello.
En ningún caso o uso das instalacións poderán interferir no desenvolvemento da actividade escolar.
ARTIGO 22.-USO DA LINGUA.
Nesta etapa da educación infantil 0-3, o persoal da escola usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado do grupo e coidará que adquira de forma oral o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa. A nivel individual utilizarase con cada neno/a a súa lingua materna.
ARTIGO 23.-FOMENTO DA IGUALDADE DOS NENOS E NENAS.
A escola promoverá á igualdade como valor fundamental de convivencia entre os/as nenos/nenas. Será o centro de todas as actividades que se desenvolvan na escola e reflectirase tanto nas actividades e no material de traballo como no comportamento habitual de todo o persoal da escola.
A direccion da escola prestará especial atención ao fomento e respecto da interculturalidade, como instrumento de superación de desigualdades, prexuizos e racismo.
CAPÍTULO VI.-NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA
ARTIGO 24.-DEREITOS DOS/ DAS PAIS/NAIS.
a) Ao acceso ao centro e a recibir información sin discriminación por razón de nacionalidade, sexo, relixión, ideología ou calquera outra condición ou circunstacia persoal ou social.
b) Á consideración no trato, tanto por parte do persoal do centro como dos demáis usuarios
c) Á confidencialidade sobre os seus datos de carácter persoal
d) A ser informados do desenvolvemento do/da neno/a e a pedir explicacións de canto afecte a súa educación.
e) A deixar de utilizar os servizos ou abandonar a escola por vontade propia.
f) A asociarse co obxecto de favorecer a súa participación nas actividades e proxectos da escola.
g) A participar nas actividades previamente planificadas polo persoal docente.
ARTIGO 25.-OBRIGAS DOS/DAS PAIS/NAIS.
a) Cumprir as normas que establezca o centro para o seu bo funcionamento, recollidas no presente regulamento.
b) Manter unha conducta baseada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia.
c) Participar na vida da escola, de acordo co que se dispoña neste regulamento.
d) Responsabilizarse daquelas situacións en que por motivos de saúde ou malestar sexa conveniente que o/a neno/a abandone á escola.
ARTIGO 26.-PARTICIPACIÓN E RELACIÓN COAS FAMILIAS.
- A dirección da escola fomentará a colaboración dos/das pais/nais coa escola e as relacións co persoal desta.
- Unha vez formalizada a matricula, as familias terán unha entrevista persoal co/coa titor/ titora do seu/súa fillo/filla para explicarlles todo o que se considere de interese para eles e visitar as instalacións.
- Ao comenzo do curso haberá unha reunión do persoal educativo coas familias do seu grupo.
- Ao longo do curso os/as pais/nais ou representantes legais poderán solicitar reunións de titoría ou coa dirección do centro.
- Porase a disposición das persoas usuarias un libro de reclamacións.
- As familias poderán facer suxestións de xeito directo á dirección da escola ou de xeito anónimo mediante o buzón de suxestións que se atopa no centro.
- As familias e representantes legais dos/das nenos/as terán acceso as instalacións.
- Desde á escola promoveranse intercambios de información informais.
- Utilizarase unha folla de rexistro diario de información para as familias.
- As familias participarán na vida da escola de diversas maneiras: obradoiros, actividades, saídas,etc. que serán organizadas e convocadas con suficiente antelación pola dirección da escola.
ARTIGO 27.-INSTRUMENTOS DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
- Reunións ao inicio do curso para dar a coñecer ás familias o proxecto educativo, período de adaptación, normativa do centro, programación da aula, saídas, etc.
- Reunións extraordinarias coas familias a petición propia ou promovidas pola dirección do centro ou persoal educativo.
- Intercambio diario de información coas familias a través de conversas informais no momento da entrega e recollida dos/das nenos/as.
- Os/as nenos/nenas levarán un parte diario con datos relativos á súa estadía no centro, informando da alimentación, cambio de cueiros, esfínteres, sono, incidencias, etc.
- A dirección comunicará por escrito calquera evento, saída, etc
CAPÍTULO VII.-NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA DO CENTRO
ARTIGO 28.-MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE E OUTRAS.
1. Todo o persoal que realice funcións de atención e coidado dos/das nenos/a deberá:
- Acreditar o seu correcto estado de saúde e con periodicidade anual someterse a un recoñecemento médico para acreditar que non padece enfermidade infecto-contaxiosa nin defecto físico ou psíquico que impida ou dificulte as súas funcións. Será igualmente preceptiva a vacinación do persoal contra a rubeola.
- Acreditar coñecementos básicos en primeiros auxilios.
2. O persoal que manipule alimentos deberá estar en posesión do correspondiente carné de manipulador.
3. A escola infantil deberá contar con:
- Plan de actuación para casos de emerxencia.
- Póliza de seguro de responsabilidade civil e accidentes.
- Libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias.
- Proxecto educativo a disposición dos pais/nais.
- Libro de rexistro e expediente individual de usuarios/as, debendo garantir a protección dos datos de carácter persoal.
4. A escola infantil deberá adaptarse na súa organización e funcionamento ao disposto neste regulamento, que estará a disposición das persoas usuarias. Unha copia deste deberá permancer exposta nun lugar visible do centro.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
O presente regulamento entrará en vigor, unha vez aprobado definitivamente, despois da publicación integra en el Boletin Oficial de la Provincia e transcorrido o plazo de quince días hábiles, previsto no art. 65,2 da ley 7/85 de Bases do Réximen Local.
DISPOSICION DERROGATORIA
O presente regulamento derroga o anterior, publicado no BOP. De 29 de decembro de 2001, así como as suas modificacións e cantas disposicións se opoñan a mesma.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia e transcorrido o prazo o plazo de quince días hábiles previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo."
Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.