Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR RECIBIR ENSINO NA ESCOLA DE TEATRO DE CEE
Artigo 1º.-Fundamento e natureza.
Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) do RDL 2/2004 Regulador das Facendas Locais, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.
Artigo 2º.-Feito Impoñible
Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servizos da Escola de Teatro.
Artigo 3º.-Devengo
A taxa se considerará devengada, nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servizo, que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula.
Artigo 4º.-Suxeitos pasivos
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ó servizo para as persoas beneficiarias do servizo.
Artigo 5º.- Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 41 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 6º.- Tarifas
Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será a fixada na tarifa seguinte:
- Matrícula: 10 € por curso
- Clases teatro grupos infantil e xuvenil: 60 € por curso
- Clases teatro grupo adultos: 100 € por curso
Dado que conta cunha tramitación semellante, tamén se procede a regular conxuntamente a tarifa dos prezos das entradas ós espectáculos teatrais, aínda non tratándose dunha taxa, senón dun prezo público.
- Entradas ós espectáculos teatrais da Escola Municipal:
Entrada para a función do Grupo de adultos: 2 euros
Entrada para a función dos Grupos infantil e xuvenil: gratuita
- Entradas a outros espectáculos teatrais organizados polo Concello de Cee:
Entrada público adulto: rango entre 5 e 10 € en función das Redes e espectáculos.
Entrada público infantil e colectivos con bonificación (desempregados, estudantes, pensionistas): rango entre 3 e 6 € en función das Redes e espectáculos.
- O prezo das entradas a outros espectáculos teatrais organizados por productoras teatrais alleas ó Concello de Cee será determinado polas propias productoras en función do espectáculo proposto.
Á esta tarifa de prezos públicos, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello.
Artigo 7º.-Normas de Xestión
1.-Os interesados na prestación deste servizo deberán presentar a solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano por Decreto da Alcaldía.
2.-A cota é obrigatoria dende o o momento do comenzo do curso, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta. En caso de alta, co curso xa iniciado, procederase o prorrateo por meses, tendo en conta o período que falte para o remate da actividade.
O cobro da tarifa relativa ás clases farase en dous pagos por domiciliación bancaria ou polo que determine a tesourería municipal. Faranse efectivos na primeira quincena dos meses de outubro e marzo.
3.- En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.
Artigo 8º.-Exencións e bonificacións
Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei, derivados dos tratados internacionais ou de convenios de persoal vixentes neste concello.
Artigo 9.-Infraccións e sancións
En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable
DISPOSICION FINAL
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2024-2025, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.