Cee - ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POR RECIBIR ENSINO NA ESCOLA DE MÚSICA DE CEE

Publicación provisional: 08/07/2024 BOP Nº: 130
Publicación definitiva: 25/09/2024 BOP Nº: 185
Aplicable dende: 01/09/2024

Artigo 1º.-Fundamento e natureza

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7185 de 2 de abril, Reguladora das Bases d Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4,v) do RDL 2/2004 Regulador das Facendas Locais, establece a Taxa por ensinos especiais en establecementos docentes das Entidades Locais, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real Decreto citado.

Artigo 2º.-Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación polo Concello de Cee dos servicios da Escola de Música. Prestaranse os servicios de ensinanza de linguaxe musical, utilización de instrumentos musicais e outras actividades análogas relacionadas coa ensinanza das artes musicais, nas instalacións da Escola Municipal de Música de Cee.

Artigo 3º.-Devengo

A taxa se considerará devengada, nacendo a obrigación de contribuír coa iniciación da prestación do servicio,que será no momento en que se formalice a correspondente matrícula

Artigo 4º.-Suxeitos pasivos

Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades as que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten ó servizo para as persoas beneficiarias do servizo.

Artigo 5º.- Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os artigos 41 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades ou síndicos, sociedades ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 6º.- Tarifas

Á cuantía das Taxas regulada nesta Ordenanza Fiscal será a fixada na tarifa seguinte:

Concepto

Importe

Matrícula (anual)*

25 €/curso

Música e Movemento

25 €/mes

Nenos 7 anos sen inst.

25 €/mes

Nenos 7 anos con inst.

35 €/mes

E.M.I.Cursos 1º a 6º (**)

42 €/mes

E.M.A. (***)

42 €/mes

Só Linguaxe Musical

20 €/mes

Só Instrumento

32 €/mes

* O importe da matrícula, non será obxecto de devolución en caso de renuncia voluntaria á praza.

* E.M.I. (Educación Musical Infantil): Os cursos de 1º a 6º son para alumnado a partir dos 8 anos. As clases inclúen linguaxe musical e un instrumento. No caso de solicitar un segundo instrumento, tería un coste a maiores de 20 €.

** E.M.A. (Educación Musical Adultos)

Nesta opción hai dúas modalidades:

- adultos que estudian linguaxe musical e un instrumento

- adultos que estudian harmonía/educación auditiva máis un instrumento. Esta modalidade só é valida para o alumnado que rematou o 6º curso.

De igual forma que na Educación Musical Infantil, aqueles alumnos que opten ademáis por un segundo instrumento, abonarían 20 € máis

Á tarifa anteriormente sinalada, se lle engadirán en todo caso, as taxas ou prezos públicos que poidan fixar en uso da súa competencia a Administración da Comunidade Autónoma e que baixo ningún concepto se considerarán ingresos deste Concello. 

Artigo 7º.-Normas de Xestión

1.-Os interesados na prestación deste servizo deberán presentar a solicitude de matrícula non prazos que se fixen cada ano polo Concello. A taxa de matrícula será abonada no momento da presentación da solicitude nunha das contas bancarias do Concello.

3.-A cota mensual, non prorrateable, é obrigatoria dende o día 1 o 5 de cada mes, ou aquel en que teña lugar a reincorporación ou alta, e será liquidada por períodos trimestrais, pola Tesourería Municipal.

As baixas que se produzan ó longo do curso, terán efectos no mes seguinte á presentación da solicitude de baixa no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios indicados na Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das AA.PP.

4.- En calquera momento e a requirimento da Intervención, o responsable das actividades poderá esixir ós suxeitos pasivos da taxa os xustificantes das liquidacións efectuadas, que non consten na Intervención deste Concello.

Artigo 8º.-Exencións e bonificacións

Non se poderán recoñecer outros beneficios fiscais na presente taxa que os expresamente previstos en normas con rango de lei, os derivados dos tratados internacionais ou de convenios de traballo vixentes neste Concello.

Artigo 9.-Infraccións e sancións

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICION FINAL.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a rexer a partir do curso escolar 2024-2025, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.