Coristanco - Aprobación prezos públicos actividades madrugadores, aula lúdica e extraescolares curso 2024-2025
1. Actividade madrugadores curso 2024/2025 (días lectivos):
- 1/2 hora: 8,5 €/mes
- 1 hora:17 €/mes
- 1,5 hora: 25,50 €/mes.
-PREZO DÍA SOLTO: 2 € DÍA.
2. Actividade aula lúdica curso 2024/2025 (días lectivos):
- 1 hora: 12,50 €/mes
- 2 horas: 25 €/mes
- 3 horas: 37,50 €/mes
- PREZO DÍA SOLTO: 2 €/DÍA
3. Actividades extraescolares curso 2024/2025:
- 10 € por actividade/mes.
As tarifas exisiranse en réxime de autoliquidación, debendo sinalar o interesado no momento da súa solicitude se opta polo pagamento previo conxunto para toda a actividade ou pola modalidade de pagamento rateado por trimestres con caracter anticipado ao inicio de cada trimestre natural.
· Unicamente procederá a devolución das cotas aboadas por adiantado nos casos en que non se preste o servizo por causas imputables ao Concello, rateando no seu caso polo tempo no que non se puido prestar o servizo.
2. Aprobar as seguintes bonificacións a aplicar nas tarifas anteriores:
BAREMO PARA A BONIFICACIÓN DAS TARIFAS | |
A- SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR | PUNTOS |
Mulleres víctimas violencia xénero | 2 |
Familia monoparental | 2 |
Familia numerosa | 2 |
Dous o mais crianzas usuarias do mesmo núcleo familiar | 2 |
Calquera outra situación socio-familiar susceptible de valoración | 1 |
B-SITUACIÓN ECONÓMICA MEMBROS UD. FAMILIAR (RENDA PCAP.) | |
Menor ou igual ao 75 % do IPREM (12 meses) | 5 |
Menor ou igual ao 125 % do IPREM (12 meses) | 4 |
Menor ou igual ao 175 % do IPREM (12 meses) | 3 |
Superior ao 175 % do IPREM (12 meses) | 2 |
- A bonificación que se aplicará se determinará en función da suma dos puntos do apartado anterior e conforme o seguinte:
PUNTUACIÓN | REDUCCIÓN SOBRE A TARIFA |
De 10 puntos en diante | 50% |
De 8 a 10 puntos | 25% |
Menos de 8 puntos | sen reducción |
As persoas usuarias que pretendan a aplicación das bonificacións recollidas no apartado anterior deberán presentar a documentación xustificativa coa súa solicitude de participación na actividade.
A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas por matrimonio ou calquera outro tipo de relación estable análoga á conxugal e/ou de parentesco ou as unidades de convidencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.
A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por familia monoparental, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non convivan con outra persoa coa que manteña unha situación análoga á conxugal e as fillas ou fillos menores ao seu cargo, sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu substento.