Laracha A - ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS ASISTENCIAIS DO CONCELLO DA LARACHA

Publicación provisional: 01/08/2024 BOP Nº: 147
Publicación definitiva: 25/09/2024 BOP Nº: 185
Aplicable dende: 16/10/2024

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as Persoas en Situación de Dependencia, establece que a atención as persoas en situación de dependencia e a promoción da súa autonomía persoal constitúe un dos principais retos da política social dos países desenvolvidos. O reto non e outro que atender as necesidades daquelas persoas que, por encontrarse en situación de especial vulnerabilidade, requiren apoios para desenvolver as actividades esenciais da vida diaria, alcanzar unha maior autonomía persoal e poder exercer plenamente os seus dereitos de cidadanía.

A estes efectos o artigo 12.1 da norma citada establece que as entidades locais participarán na xestión dos servizos de atención as persoas en situación de dependencia, segundo a normativa das respectivas Comunidades Autónomas e dentro das competencias que a lexislación vixente lles atribúe.

Así mesmo, o artigo 25.2.e da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local formula o deber dos Concellos de avaliar as situacións de necesidade social e prestar atención inmediata ás persoas que se atopen en situación ou risco ou exclusión social.

No concello da Laracha cerca do 35% da poboación é maior de 60 anos, o que implica que se dea un aumento das persoas con dependencia e/ou discapacidade que precisan uns coidados específicos debido ás súas limitacións funcionais.

Por tal motivo, a demanda de prestacións e servizos para cubrir as necesidades destas persoas por parte dos/das coidadores/as perante os servizos sociais aumentou considerablemente. De feito unha das peticións máis comúns nestes casos é a de axudas técnicas, en maior medida camas articuladas, dado que o seu uso simplifica o traballo dos/das coidadores/as, ao mesmo tempo que mellora a calidade de vida das persoas dependentes e/ou con discapacidade.

A través do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ADICIONAL 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024 o Concello adquiriu en concepto de alquiler 4 camas articuladas, destinadas ás persoas con discapacidade e/ou dependencia e que precisen apois, co fin de contribuír ao alivio da carga que supón a adquisición de dito material asistencial, en casos de limitación de ingresos da unidade familiar.

Artigo 1º.-Obxecto

É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de préstamo temporal de axudas técnicas asitenciais desenvolvido polo Concello da Laracha e destinado as persoas que precisen dispoñer de axudas técnicas debido a dificultades na súa mobilidade, e con limitación de medios económicos para facer fronte ao seu custo.

Artigo 2º.- Ámbito de aplicación

O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao termo municipal de A Laracha.

Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo.

O servizo de préstamo de axudas técnicas asistenciais é un servizo municipal e gratuíto para as persoas empadroadas no Concello da Laracha.

O servizo consistirá no préstamo temporal, é dicir durante o período de tempo que a persoa beneficiaria o precise, de axudas técnicas asistenciais a persoas valoradas como dependentes e/ou con discapacidade e con limitación de medios económicos para facer fronte ao seu custo.

O servizo dependerá da dispoñibilidade do equipamento técnico asistencial e da valoración dos Servizos Sociais das necesidades da persoa usuaria e da súa familia e unidade de convivencia.

Enténdese por axuda técnica todo producto, instrumento, equipamento ou sistema técnico utilizado por unha persoa con discapacidade ou en situación de dependencia destinado a prever, compensar, aliviar ou eliminar a deficiencia ou discapacidade.

Son obxectivos deste servizo os seguintes:

Favorecer a permanencia das persoas destinatarias na súa contorna familiar e o envellecemento de calidade, evitando ou retrasando a institucionalización mentres sexa posíbel.

Favorecer ás persoas en situación de dependencia e/ou con discapacidade a autonomía persoal e a accesibilidade no desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria.

Axudar a previr problemas de saúde tales como problemas cutáneos, músculo esqueléticos, respiratorios, cardiovasculares etc.

Mellorar a calidade de vida tanto do/a coidador/a como da persoa dependente e/ou con discapacidade.

Facilitar e posibilitar a atención de calquera situación sobrevida que requira de este servizo.

Artigo 4º.- Catálogo de axudas técnicas asistenciais en servizo de préstamo.

Inicialmente, o servizo de préstamo de axudas técnicas do Concello da Laracha inclúe no seu catálogo os seguintes productos:

Catálogo inicial de produtos de apoio

Unidades

Artigo

4

Cama articulada con colchón, varandas de suxeición e motor de elevación.


b) Incorporarase ao servizo todo aquel producto de apoio e axuda técnica que no seu momento o Concello da Laracha considere adecuado por novas adquisicións, previa valoración e proposta técnica do departamento de servizos sociais municipais.

Artigo 5º.- Requisitos para poder ser persoa beneficiaria do servizo de préstamo.

Poderán ser persoas beneficiarias do servizo de préstamo temporal de axudas técnicas do Concello da Laracha as que cumpran os seguintes requisitos:

Residir e estar empadroadas de forma ininterrumpida no municipio da Laracha un período mínimo de 6 meses anteriores a presentación da solicitude.

Atoparse nalguna destas situacións:

1. Persoas que teñen recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 75% e presentan dificultades de mobilidade.

2. Persoas que teñan recoñecido un grao III de dependencia, e presenten limitacións para a realización das actividades básicas da vida diaria e precisen apoio indispensable e continuo doutra persoa ou teñan necesidade de apoio xeneralizado para a súa autonomía persoal.

3. Persoas que non teñen recoñecido o grao de dependencia e/ou discapacidade sinalados no punto 1 e 2, e presentan unha situación de saúde que os fai dependentes de terceira persoa e/ou están encamados. Neste caso, a situación de dependencia, falla de autonomía e/ou necesidade de axuda de terceira persoa, acreditarase co correspondente informe médico expedido polo servizo galego de saúde que a tal efecto puideran aportar.

Non ter dereito nin estar disfrutando dunha axuda para o mesmo concepto a través doutros sistemas de protección social (Sistema Nacional de Saúde, Seguridade Social, empresas de axuda no fogar¿).

Que os ingresos da unidade familiar sexan iguais ou inferiores ao importe mensual do IPREM fixado na lexislación específica que resulta de aplicación. No caso de unidades de convivencia de máis dun membro, esta cuantía verase incrementada nun 20% por cada membro da unidade familiar a partir do segundo.

Artigo 6º. Procedemento e tramitación de solicitudes.

INICIACIÓN DO PROCEDEMENTO

O procedemento poderá iniciarse de oficio ou a instancia de parte. A solicitude deberá presentarse no rexistro xeral do Concello da Laracha por calquera medio recollido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e ir asinada pola persoa beneficiaria ou polo seu representante.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

- Modelo de solicitude cuberta e asinada correctamente (Anexo I).

- Declaración responsable de que non se solicitaron nin se concederon outras axudas Polo mesmo concepto e que se vai cumprir coas obrigas estipuladas (Anexo II).

- Fotocopia do DNI da persoa solicitante, representante de ser o caso, e de todos os membros da unidade de convivencia.

- Documentación acreditativa da identidade da persoa que actúa como representante.

- Documentación acreditativa do grao de dependencia e/ou da discapacidade da persoa solicitante.

- Informe médico que acredite a necesidade do servizo e o tipo de axuda necesaria que necesita a persoa (Únicamente no caso de atoparse no suposto sinalado no art 5º, b3).

- Xustificación da capacidade económica da unidade familiar:

Nóminas de todos os membros da unidade familiar computables.

Certificación bancaria de saldos, contas, depósitos e valores en conta de todos os membros da unidade familiar ata segundo grao de consanguinidade.

Última Declaración da renda presentada, de selo caso.

Certificación de percibir ou non prestacións ou pensións por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social.

Calquera outro ingreso percibido polos membros computables.

Unha vez recibidas as solicitudes comprobarase que reúnen os requisitos sinalados e no caso de non ser así, requerirase á persoa interesada para que no prazo de 10 días hábiles subsane a falla ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se non o fai, terase por desestimada a súa petición, procedendo ao arquivo da mesma.

VALORACIÓN DA SOLICITUDE

Unha vez completada a solicitude esta será valorada por parte do persoal técnico dos servizos sociais do Concello da Laracha, que emitirán proposta de resolución.

RESOLUCIÓN

No suposto de concesión ou desestimación da solicitude, será emitido informe social (conforme ao Anexo III) por parte do persoal ténico de servizos sociais xustificando e motivando da mesma.

O prazo máximo de resolución deste procedemento e para a notificación do acto que lle poña término é de 3 meses; transcorrido o prazo sinalado sen que se dictase e notificase polo Concello a resolución correspondente, o efecto do silencio administrativo será positivo. Non obstante, o citado prazo máximo legal para resolver o procedemento e notificar a resolución poderase suspender nos casos previstos no artigo 22 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Todas aquelas persoas que cumprindo o requisito para o acceso á axuda non poidan ser atendidas de xeito inmediato, debido a falla de disposición de axudas ténicas asistenciais, incluiranse nunha lista de agarda cuxa orde de atención se rexerá pola data de rexistro de entrada da solicitude.


Artigo 7º.- Dereitos das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias do servizo de préstamo terán dereito a:

Que sexa respectada en todo momento a súa individualidade e dignidade persoal.

Recibir o servizo adecuadamente.

Ser informadas puntualmente das modificacións que poidan producirse no réxime da prestación.

A intimidade e a confidencialidade.

Exercer o seu dereito de queixa conforme as disposicións vixentes.

Artigo 8º.- Deberes das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das axudas técnicas reguladas nestas bases están obrigadas a cumprir co obxectivo das mesmas e a empregalas conforme á finalidade para a que foron concedidas.

A persoa solicitante recoñece que esta axuda técnica é propiedade do Concello da Laracha e que se entrega en condicións óptimas de uso. A axuda técnica prestada deberá ser devolta no mesmo estado en que foi recibida (agás o desgaste derivado do uso).

Ademais, as persoas beneficiarias están obrigadas a:

-Aceptar as condicións da prestación asignada.

-Destinar a prestación á finalidade para a que se concede. A axuda técnica deberá ser destinada exclusivamente á persoa beneficiaria, sen que poida ser alugada ou cedida a terceiras persoas.

-Facilitar a información e someterse ás actuacións de comprobación que efectuarán, de ser o caso, os servizos sociais a través do seu persoal.

-Comunicar calquera variación que se produza na situación social, económica e familiar da unidade de convivencia.

-Informar, sen esconder nin falsear, sobre as circunstancias persoais, familiares,médicas, económicas e sociais que determinen a necesidade da prestación.

-Responsabilizarse da recollida e devolución da axuda técnica no lugar e nas condicións que lles comunique o persoal dos servizos sociais comunitarios.


Artigo 9.- Causas de extinción

Por renuncia das persoas usuarias ou dos/as seus/súas representantes legais

Por incumprimento das obrigas estipuladas no artigo 8.

Por modificación da situación da persoa beneficiaria que deu lugar a concesión da axuda técnica.

Pasamento da persoa beneficiaria.

Por traslado da súa residencia a outro Concello.

Artigo 10.- Causas de denegación

Serán causas de denegación das solicitudes:

1. Non presentación da documentación requirida.

2. Non cumprir algún dos requisitos do artigo 5.

Artigo 11.- Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto, e de xeito indefinido, dende o día seguinte ao da publicación da aprobación definitiva desta ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP)

Artigo 12.- Financiamento

Tendo en conta que estas axudas técnicas son un apoio básico na atención ás persoas con necesidades de apoio non se cobrará ningunha tarifa económica pola prestación deste servizo.

Artigo 13. Responsabilidade por parte do Concello.

O Concello non asume responsabilidade algunha por danos ou accidentes que o usuario/a poida ocasionar no uso do axuda técnica, tanto así mesmo/a como a terceiros/as, non podendo reclamar indemnización por danos e prexuízos por tal concepto.

ANEXOS

ANEXO I

SOLICITUDE SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS CONCELLO DA LARACHA



Nome

Apelido 1

Apelido 2



NIF/CIF/NIE/N.º Pasaporte

Data de nacemento








Domicilio: Tipo de vía

Nome da vía

N.º

Piso

Porta

Outros

Código postal















Localidade

Municipio

Teléfono

Fax

Enderezo de correo











Convive con:




Nome

Apelido 1

Apelido 2



NIF/CIF/NIE/N.º Pasaporte

Data de nacemento








Domicilio: Tipo de vía

Nome da vía

N.º

Piso

Porta

Outros

Código postal















Localidade

Municipio

Teléfono

Fax

Enderezo de correo












Solicita o servizo de préstamo da/as seguinte/s axudas técnicas de apoio a mobilidade:

Documentación adxunta (marque o que proceda)

TIPO DE DOCUMENTO

ENTREGADO COA SOLICITUDE

1. DNI do solicitante e representante de ser o caso, e dos membros da unidade familiar.



2. Documentación acreditativa da Identidade da persoa que actúa como representante de ser o caso.



3. Documento acreditativo do grado de discapacidade ou dependencia da persoa solicitante.



4. Informe médico do Sistema Nacional de Saúde no que se indique a situación médica que motive a necesidade da axuda técnica (ANEXO III). Únicamente no caso de atoparse no suposto sinalado no art 5º, b3.



5. Xustificantes de ingresos da unidade familiar: nóminas, certificado bancario de saldos, contas, depósitos e valores, certificado de percibir ou non Prestacións, pensións do INSS, declaración do IRPF, etc.



6. Declaración responsable asinada (Anexo II)




Declaración responsable







A Laracha, a¿¿¿¿¿¿¿de de 20_

Asdo.:

Son certos cantos datos figuran na presente solicitude e, no seu caso, na documentación adxunta e esta última é fiel copia dos orixinais.

Coñezo e acepto que o Concello da Laracha poderá comprobar, en calquera momento, a veracidade de todos os documentos, datos e cumprimento dos requisitos por calquera medio admitido en Dereito.

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Don/a _____________________________________________________________ con DNI número _______________, e domicilio en ___________________________________________.

E no seu nome, Don/a ________________________________________________con DNI número ________________, e domicilio en ____________________________________________.

A persoa asinante, declara baixo a súa responsabilidade:

Que non solicitou nin se lle concederon outras axudas de análoga naturaleza ás das axudas técnicas que solicita ao Concello da Laracha.

Que cumpre con todos os requisitos estipulados nesta ordenanza e se fará cargo do mantemento da axuda mentres esta permaneza no seu domicilio, asumindo o custo de calquera deterioro que non sexa propio do seu uso, así como do traslado da axuda técnica tanto na recollida como na devolución segundo as indicacións oportunas do departamento de servizos sociais.

Que se fai entrega da axuda técnica en condicións óptimas de uso, e que se empregará esta axuda conforme a finalidade para o que foi destinada, quedando obrigada a comunicar calquera variación da situación actual ao departamento de servizos sociais.


A Laracha, a¿¿¿¿¿¿¿de de 20_


ANEXO III

INFORME SOCIAL

ASUNTO: SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS DO CONCELLO DA LARACHA

_____________________________________ Traballador/a Social do Concello da Laracha


INFORMA:

-DATOS PERSONAIS DO BENEFICIARIO/A:

Nome e apelidos:

DNI:

Data de nacemento:

-DATOS ECONÓMICOS DA UNIDADE FAMILIAR:

-DATOS DE SAÚDE:

Limitación funcional do usuario/a do servizo:

-VALORACIÓN DO RECURSO SOLICITADO E DA NECESIDADE OBSERVADA:

-PROPOSTA:


A Laracha a............... de de 20



O/A Traballador/a Social

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:

...Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales..... (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).

Artigo 65.2:  El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.