Carballo - ORDENANZA FISCAL N.º 22, ORDENANZA REGULADORA DAS TAXAS POLA UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DEPORTIVOS
ARTIGO 1.º.-FUNDAMENTO E NATUREZA.
1.-A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na súa redacción vixente operada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostibilidade da Administración local, recolle, no seu artigo 25.2.l), a competencia dos municipios na promoción do deporte e nas instalacións deportivas e de ocupación do tempo de lecer, en tanto que no artigo 26.1.c) establece como competencia obrigatoria para os municipios de máis de 20.000 habitantes, a dotación de instalacións deportivas de uso público.
2.-Vista a referida competencia, este municipio, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e ao abeiro do disposto nos artigos 2.1 e), da facultade recoñecida no artigo 57, e das previsións contidas nos artigos 20 a 27 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e pola Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, acorda establecer as taxas pola utilización privativa e o aproveitamento especial das instalacións deportivas municipais, e pola prestación de servizos deportivos nas mesmas, que se rexerán pola presente Ordenanza e polo previsto na Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubes deportivos do Concello de Carballo.
ARTIGO 2.º.-FEITO IMPOÑIBLE. SUPOSTOS DE NON SUXECIÓN.
1.-Constitúen o feito impoñible desta taxa:
a) A utilización das instalacións deportivas municipais que se atopen incluidas nas tarifas especificadas no artigo 6.
b) A prestación ou a recepción dos seus servicios anexos, complementarios, ou que sexan prestados nas mesmas, segundo se detalla nas tarifas especificadas no artigo 6.
2.-Non estarán suxeitas:
a) A utilización das instalacións deportivas ás que non se lles teña establecido tarifa específica no artigo 6.
b) A realización de actividades ou servizos deportivos aos que non se lles teña establecido tarifa no artigo 6 e que non sexan susceptibles do establecemento dun prezo público, ou, séndoo, non o teñan establecido.
ARTIGO 3.º.-SUXEITOS PASIVOS.
1.-Son suxeitos pasivos da taxa, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas que utilicen as instalacións deportivas municipais. Tamén terán a consideración de contribuíntes as asociacións ou entidades que soliciten a utilización das instalacións para os seus afiliados.
2.-Nos supostos de utilización por menores de 16 anos, terá a condición de suxeito pasivo o pai ou titor legal dos mesmos, ao que se emitirá a liquidación correspondente.
ARTIGO 4.º.-RESPONSABILIDADE.
En materia de responsabilidade, estarase ao disposto na Lei Xeral Tributaria e na normativa que a desenvolva ou substitúa.
ARTIGO 5.º.-DEIVINDICACIÓN.
1.-Nos supostos de aboamento, a obriga de contribuir nacerá desde a solicitude de admisión ao abono.
2.-Nos supostos de realización de cursos, a obriga de contribuir nacerá desde a solicitude de admisión ao mesmo, ao se constituir a taxa coma de depósito previo.
3.-Nos supostos de utilización sen abono das instalacións, ou da prestación dos servizos previstos no artigo 6.º, a obriga de contribuir nacerá desde a solicitude de entrada ou admisión ao recinto deportivo, por constituirse esta taxa coma de depósito previo ao desfrute da instalación ou servizo solicitado. Non obstante, cando por causas non imputables ao demandante, non puidera chegar a se desfrutar o uso da instalación ou a prestación efectiva do servizo, o usuario terá dereito á devolución do importe previamente depositado.
4.-Non se esixirá o depósito previo ás asociacións e entidades que teñan subscrito algún convenio co Concello no que se estableza un xeito diferente de cumprimento das obrigas de pagamento. O devandito convenio deberá atoparse subscrito con anterioridade á pretensión de uso das instalacións por parte dos entes citados. Do contrario, o depósito previo será esixible ata que esista o convenio ao efecto.
Artigo 6.º.-TARIFAS.
1.-Normas comúns.
As referencias a importes por hora ou mes, entenderanse referidas á tarifa por fracción excedente, isto é, o redondeo dos excesos sobre da fracción tarifable redondearase sempre por exceso á fracción inmediatamente superior.
2.- Tarifas de aboamento.
Establécese un réxime especial de desfrute das instalacións e recepción dos servizos que nelas se prestan, consistente no aboamento anual para tal fin, que outorga aos contribuintes que elixan este réxime algunhas tarifas reducidas a cambio da súa fidelización coma usuario habitual, nos termos establecidos na Normativa de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais, outras actividades e as entidades e clubes deportivos do Concello de Carballo, e consonte á seguinte táboa de tipos de aboamento:
A) Cota de matrícula (común para todos os abonos):
2.1.- Matrícula (abóase só no momento de formalizar a matrícula): 20,00 €
B) Abonos piscina:
2.2.- Abono individual (de 18-59 anos): 19,00 €/mes
2.3.- Abono individual xove (ata 18 anos): 15,00 €/mes
2.4.- Abono individual maiores de 60 (60 en diante): 15,00 €/mes
2.4.- Abono de mañá (adulto 18-59 anos até as 14:00 h.): 17,00 €/mes
2.5.- Abono familiar #1 (titular, cónxuxe, e fillos menores de 18 anos): 26,00 €/mes
2.6.- Abono familiar #2 (titular, cónxuxe, fillos menores de 18 e 1 fillo de 18 a 22): 30,00 €/,mes
2.7.- Abono familiar #3 (titular, cónxuxe, fillos menores de 18 e 2> fillos de 18-22): 32,00 €/,mes
C) Abonos piscina con sala fitness:
2.8.- Abono individual adulto: 27,50 €/mes
2.9.- Abono individual xove (16-18 anos): 21,50 €/mes
2.10.- Abono individual maiores 60 (60 en diante): 21,50 €/mes
2.11.- Abono familiar #1 (cunha persoa en sala fitness, titular, cónxuxe e fillos menores de 18 anos): 32,00 €/mes
2.12.- Abono familiar #2 (con 2 persoas en sala fitness, titular, cónxuxe e fillos menores, e 1 fillo de 18-22 anos): 36,00 €/mes
2.13.- Abono familiar #3 (con 3 ou máis persoas en sala fitness, titular, cónxuxe e fillos menores, e 2 ou máis fillos de 18-22 anos): 38,00 €/mes
D) Expedición de tarxetas:
2.14.- Expedición de primeira tarxeta de aboados: 0,00 € (incluída na matrícula)
2.15.- Expedición de primeira tarxeta de cursos ou entidades: 4,00 €
2.16.- Expedición de tarxeta por perda ou deterioro: 4,00 € »
3.-Utilización dos pavillóns polideportivos.
3.1.-Campo ou pista central.
a) Categorías inferiores (benxamín, alevín, cadetes e xuvenís): 8,00 €/hora
b) Categorías junior e senior: 15,00 €/hora
3.2.-Pistas A/B/C laterais.
a) Categorías inferiores (benxamín, alevín, cadetes e xuvenís): 5,00 €/hora
b) Categorías junior e senior: 12,00 €/hora
3.3.-Celebración de maratóns deportivos: 350,00 €/día
3.4.-Actividades deportivas ou extradeportivas singulares: 600,00 €/día
4.-Utilización dos campos de fútbol.
4.1.-Campo de futbol 11
a) Con luz: 40,00 €/hora
b) Sen luz: 25,00 €/hora
4.2.-Campo de futbol 7
a) Con luz: 30,00 €/hora
b) Sen luz: 15,00 €/hora
4.3.-Realización de maratóns deportivos: 800,00 €/día
4.4.-Actividades deportivas ou extradeportivas singulares: 1.200,00 €/día
5.- Servizos: Actividades dirixidas.
5.1.- Curso actividades dirixidas adultos 1 día/semana:
a) Aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. 5,00 €/mes
b) Non aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 12,50 €/mes
5.2.- Curso actividades dirixidas adultos 2 días/semana:
a) Aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ 10,00 €/mes
b) Non aboados¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. 20,00 €/mes
6.- Utilización das piscinas:
6.1.- Instalacións do complexo R/Vila de Noia.
Entradas individuais.
a) Entrada xoven (ata 18 anos): 2,50 €.
b) Entrada adulto (18-59 anos): 4,00 €.
c) Entrada a partires de 60 anos: 3,00 €.
6.2.- Instalacións do complexo R/Carballo Calero.
Entradas individuais.
a) Entrada xoven (ata 18 anos): 2,50 €.
b) Entrada adulto (18-59 anos): 4,00 €.
c) Entrada maiores de 60 anos: 3,00 €
6.3.- Entradas individuais piscina + sala fitness: 5,50 €
6.4.- Aluguer de rúa de piscina en calquera complexo. 45,00 €/hora. »
«7.- Servizos e actividades nas piscinas.
7.1.- Curso de natación para nenos ata 16 anos, 1 día/semana:
a) Aboados: 4,00 €/mes
b) Non aboados: 16,00 €/mes
7.2.- Curso de natación para nenos ata 16 anos 2 días/semana:
a) Aboados: 8,00 €/mes
b) Non aboados: 32,00 €/mes
7.3.- Curso de natación para nenos ata 16 anos 3 días/semana:
a) Aboados: 12,00 €/mes
b) Non aboados: 48,00 €/mes
7.4.- Curso de natación para nenos ata 16 anos 4 días/semana:
a) Aboados: 16,00 €/mes
b) Non aboados: 64,00 €/mes
7.5.- Curso natación adultos 1 día/semana:
a) Aboados: 5,00 €/mes
b) Non aboados: 15,00 €/mes
7.6.- Curso natación adultos 2 días/semana:
a) Aboados: 10,00 €/mes
b) Non aboados: 30,00 €/mes
7.7.- Curso natación adultos 3 días/semana:
a) Aboados: 15,00 €/mes
b) Non aboados: 45,00 €/mes
7.8.- Curso natación a partires de 60 anos, 1 día/semana:
a) Aboados: 4,00 €/mes
b) Non aboados: 12,00 €/mes
7.9.- Curso natación a partires de 60 anos, 2 días/semana:
a) Aboados: 8,00 €/mes
b) Non aboados: 24,00 €/mes
7.10.- Curso natación a partires de 60 anos, 3 días/semana:
a) Aboados: 12,00 €/mes
b) Non aboados: 36,00 €/mes
7.11.- Curso natación terapéutica 1 día/semana:
a) Aboados: 5,00 €/mes
b) Non aboados: 15,00 €/mes
7.12.- Curso natación terapéutica 2 días/semana:
a) Aboados: 10,00 €/mes
b) Non aboados: 30,00 €/mes
7.13.- Curso natación aquagym 1 día/semana:
a) Aboados: 10,00 €/mes
b) Non aboados: 25,00 €/mes
7.14.- Curso natación aquagym 2 días/semana:
a) Aboados: 15,00 €/mes
b) Non aboados: 45,00 €/mes
7.15.- Curso de matronatación 1 día/semana:
a) Aboados: 5,00 €/mes
b) Non aboados: 15,00 €/mes
7.16.- Curso de matronatación 2 días/semana:
a) Aboados: 10,00 €/mes
b) Non aboados: 30,00 €/mes
7.17.- Curso de natación para bebés de 6 meses a 3 anos 1 día/semana:
a) Aboados: 4,00 €/mes
b) Non aboados: 16,00 €/mes
7.18.- Curso de natación para bebés de 6 meses a 3 anos 2 días/semana:
a) Aboados: 8,00 €/mes
b) Non aboados: 32,00 €/mes
ARTIGO 7.º.-NORMAS DE XESTIÓN E RECADACIÓN.
1.-O pagamento da taxas pola entrada individual nas piscinas realizarase antes da entrada á instalación, en metálico.
2.-O pagamento da taxa polas utilizacións previstas nos apartados 3, 4, 6 e 8 do artigo 6, realizarase dentro dos tres días naturais seguintes ao da entrega da solicitude de reserva, ingresando a liquidación ou autoliquidación nas contas de recadación que se indiquen na carta de pagamento. Do contrario, entenderase desistido da solicitude, sen máis trámite. No suposto de renuncia á solicitude, se ésta se producise alomenos con 24 horas de antelación á hora de inicio concedida para a reserva, procederá a devolución do importe satisfeito. Se se producise fóra do dito prazo, non procederá a devolución, salvo que a instalación, por petición doutro solicitante, puidera ser efectivamente utilizada.
3.-Nos supostos de alta como aboado, o pagamento da cota de matrícula, a primeira mensualidade, e o custe de expedición da primeira tarxeta, serán aboados mediante autoliquidación e ingreso bancario, debendo xuntarse o xustificante do seu ingreso á solicitude de aboamento para que se tramite a mesma.
4.-As cotas mensuais de aboamento serán de obrigada domiciliación bancaria, para o cal deberán completarse os datos da orde de domiciliación xunto coa solicitude de alta como aboado. A Administración xirará os cobros de xeito anticipado, nos primeiros 5 días da súa respectiva mensualidade. No caso de non cumprimentarse a orde de obrigada domiciliación, non se dará curso á solicitude de admisión como aboado.
5.-A taxa pola expedición dunha nova tarxeta, por perda o u deterioro da inicialmente facilitada, serán xiradas incorporándose á liquidación da mensualidade seguinte á data da súa expedición. De causar baixa o abonado antes da dita mensualidade, xirarase liquidación tan só polo importe da renovación da tarxeta.
6.-O Concello poderá subscribir convenios de colaboración en materia de xestión e recadación tributaria das taxas reguladas na presente Ordenanza con entidades, institucións e organizacións representativas dos suxeitos pasivos co fin de simplificar o cumprimento das obrigas formais e materiais derivadas das mesmas.
En especial, as entidades que se atopen incluidas nos programas de subvención en exercicio da actividade de fomento á práctica deportiva -relativos aos gastos ordinarios do seu funcionamento-, suxeitaranse ao réxime de liquidación administrativa posterior á deivindicación das taxas, de xeito que se practicará unha liquidación anual dos usos realizados, con posterioridade ao fin de cada tempada, cuxo prazo de pagamento se suspenderá automáticamente até a concesión da subvención anual para o sostemento dos gastos de funcionamento ordinario das mesmas, compensándose, no seu caso, co importe da subvención concedida.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.