Santa Comba - ORDENANZA REGULADORA DO PRECIO PÚBLICO POLA ENTRADA A ACTUACIÓNS E ESPECTÁCULOS A CELEBRAS NAS INSTALACIONS DE CARÁCTER CULTURAL DO CONCELLO DE SANTA COMBA

Publicación provisional: 06/08/2024 BOP Nº: 150
Publicación definitiva: 26/09/2024 BOP Nº: 186
Aplicable dende: 27/09/2024

1 FUNDAMENTO, NATUREZA E OBXECTO.

ARTIGO 1.1.- En uso das facultades concedidas polos artigos 41 e 127 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, o Concello de Santa Comba acorda establecer o Prezo Público pola entrada a actuacións e espectáculos a celebrar nas instalacións de carácter cultural do Concello de Santa Comba.

ARTIGO 1.2.- Será obxecto desta exacción o ter dereito á asistencia ás actuacións e espectáculos a celebrar nas instalacións de carácter cultural do Concello de Santa Comba, e en concreto no Auditorio do Edificio Multiusos e no Baixa da Vivenda Comunitaria, así como noutros espazos e dependencias municipais.

2 OBRIGACIÓN DO PAGO.

ARTIGO 2.1.- A obrigación do pago nace pola solicitude de asistencia á actuación ou espectáculo, e efectuarase de forma inmediata nos puntos de venda de entrada que estableza o Concello. Todo iso de acordo có establecido no artigo 46 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais.

3 OBRIGADOS AO PAGO E EXENCIÓNS.

ARTIGO 3.1.- Estarán obrigados ao pago do Prezo Público as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impoña o cumprimento das obrigacións previstas no artigo 35 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

4 BASES DE PERCEPCIÓN E TARIFAS.

ARTIGO 4.1.-Fixación dun prezo público xenérico ordinario por persoa para asistir aos espectáculos e actos culturais organizados polo Concello de Santa Comba no Auditorio do Edificio Multiusos, no Baixo da Vivenda Comunitaria, así como noutros espazos e dependencias municipais, de acordo a:

Tarifa 1.- 3€/persoa: cando as actuacións sexan de grupos profesionais.

Tarifa 2.- 2€/persoa: cando as actuacións sexan de compañías, grupos ou entidades asociativas non profesionais.

O cobro do importe regulado na tarifa 1 e 2, realizarase cando non vaian específicamente dirixidas a un colectivo concreto e sempre e cando a entidade contratada ou coa que acepta colaborar o Concello de Santa Comba non esixa que a asistencia sexa libre e gratuíta ou esixa un prezo de entrada distinto.

ARTIGO 4.2.- Prezos públicos a aplicar con carácter xeral:

4.2.1 Nos espectáculos contratados polo Concello de Santa Comba no marco das programacións realizadas en colaboración coa Agadic (Programa Cultura no Camiño) e a Rede Cultural da Deputación da Coruña, así como outros programas ou ciclos aos que se puidera adherir, establécense prezos xerais para os espectáculos en función dos distintos intervalos de caché do espectáculo contratado, tendo en conta que poderase efectuar o seu incremento, establecer descontos para determinados colectivos ou crear abonos para ciclos de programación. Atendendo ao anterior, establécense os seguintes prezos xerais para os espectáculos que programe o Concello de Santa Comba:

CACHÉ ENTRE

PREZO ENTRADA

200 € e 750 €

1 €

751 € e 2500 €

3 €

2501 € e 5000 €

5 €

>5001 €

7 €


4.2.2 Ocasionalmente, e atendendo ao custo extraordinario dalgún dos espectáculos nos que o Concello asuma a totalidade ou a maior parte dos gastos que se derivan dos mesmos, a outros acordos que o Concello de Santa Comba poida establecer con outras entidades ou cos propios grupos ou compañías para incrementar e/ou mellorar a oferta cultural ou de lecer, ou a outras cuestións derivadas do programa no que se integra a programación, poderá acordarse na Xunta de Goberno Local un prezo distinto ao establecido de maneira xeral.

O importe do prezo público aprobado darase a coñecer mediante anuncios a publicar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Taboleiro de Anuncios da Corporación.

5 REDUCIÓNS, BONIFICACIÓNS E DEVOLUCIÓN .

ARTIGO 5.1 Atendendo a motivacións particulares e xustificadas do Concello de Santa Comba, poderase proclamar a gratuidade dun determinado espectáculo ou acto cultural.

ARTIGO 5.2 Tendo en conta circunstancias especiais de persoas e colectivos que asistan ás representacións, poderá substituírse a entrada por un convite exento de pago (xornalistas, programadores doutras entidades, membros da corporación, representantes doutras institucións ou entidades que estean implicadas na organización da programación, invitados da propia compañía de teatro ou grupo musical, convidados de honra por parte do Concello, colectivos de especial interese relacionados coa temática do espectáculo, etc.).

ARTIGO 5.3 Dado o carácter excepcional que ten a estrea dun espectáculo, poderá acordarse coas compañías ou grupos o establecemento dun número excepcional de convites para a sesión da estrea co obxecto de apoiar a presentacións e difusión das obras artísticas.

ARTIGO 5.4 Debido a programacións, ocasións, eventos e efemérides específicas ou a espectáculos dirixidos a públicos e colectivos concretos, o Concello de Santa Comba poderá acordar a gratuidade da entrada.

ARTIGO 5.5 Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos a cidadáns pertencentes a idades de especial protección e a grupos desfavorecidos, potenciando tamén a participación de rapaces e rapazas en período de formación, establécense os seguintes prezos reducidos de acordo cos seguintes importes de prezos ordinarios:

CACHÉ ENTRE

PREZO ORDINARIO

PREZO REDUCIDO

200 € e 750 €

1 €

1€

751 € e 2500 €

3 €

2 €

2501 € e 5000 €

5 €

3 €

>5001 €

7 €

5 €


Os colectivos beneficiarios serán:

- Mozas e mozos en posesión do Carné Xove.

- Maiores de 65 anos.

- Menores de 18 anos.

- Mersoas con grao de discapacidade recoñecida.

- Persoas desempregadas.

- Persoas perceptoras de rendas sociais.

- Membros de familias monoparentais ou numerosas.

Para beneficiarse das reducións, toda persoa deberá presentar a acreditación documental que corresponda para demostrar unha das condicións citadas.

ARTIGO 5.6 Cando o espectáculo se considere de interese especial para un destes colectivos ou atendendo a circunstancias especiais, o concello poderá acordar un prezo reducido diferente ao habitual que, en todo caso, non poderá ser inferior ao 50% do custe ordinario da entrada.

ARTIGO 5.7 Co obxectivo de fidelizar ao público, acórdase o establecemento dun bono para asistir a todos ou á maior parte dos espectáculos dun determinado ciclo, cun prezo reducido que, como máximo, descontará o 40% da suma do custe total das entradas para todos os espectáculos programados en dito ciclo.

ARTIGO 5.8 Tan só procederá a devolución do prezo da entrada cando por causas non imputables aos obrigados ao pago non se desenvolveu a actuación ou o espectáculo.

6 INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

ARTIGO 6.1.- En materia de infraccións e sancións, estarase ao disposto na lexislación básica de carácter xeral reguladora dos prezos públicos, na Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.

7 NORMAS COMPLEMENTARIAS

ARTIGO 7.1.- No non previsto na presente Ordenanza, rexerá a normativa aplicable ás Entidades Locais en virtude do disposto na Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e o Texto Refundido da Lei de Facendas Locais, así como na Ordenanza reguladora do propio servizo, no seu caso.

8 APROBACIÓN E VIXENCIA

ARTIGO 8.1.- Esta ordenanza entrará en vigor unha vez transcorridos os trámites regulamentarios, e comenzará a aplicarse a partir do día seguinte ao da publicación do acordo de aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.