Cabana de Bergantiños - PREZO PUBLICO POLAS ACTIVIDADES SOCIAIS, DEPORTIVAS E CULTURAIS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 04/09/2024 BOP Nº: 170
Aplicable dende: 04/09/2024

TARIFA

PREZO PÚBLICO

TARIFA ANUAL

CARNÉ MUNICIPAL DE ACTIVIDADES

o Empadroados no concello:

- individual.............................20,00 €

- familiar.................................36,00 €

o Non empadroados no concello:

- individual.......................... ...30,00 €

- familiar.................................45,00 €

ESCOLAS DEPORTIVAS

-Bailes de salón: 80,00 €

Requisito imprescindible carné de actividades debidamente actualizado


BONIFICACIÓNS:

1.- bonificación do 50% para os carnés dos maiores de 65 anos (empadroados e non empadroados)

2.- bonificación do 50% para os carnés das persoas que acrediten unha discapacidade superior ao 33%.

NORMAS DE XESTIÓN

- Entenderase por carné municipal de actividades tipo familiar o que ostente o responsable da unidade familiar, incluído o seu cónxuxe e fillos menores de 26 anos ao seu cargo.

- O carné de maior de 65 anos será de tipo individual e en ningún caso poderá ser de tipo familiar.

- Será requisito imprescindible para participar nas escolas deportivas e actividades culturais, sociais e deportivas estar en posesión do carné municipal de actividades debidamente actualizado. O período de vixencia do carné de actividades abrangue dende o 1 de setembro ao 31 de agosto do ano seguinte.

- No caso das actividades deportivas, culturais e socioeducativas presentaranse as solicitudes a través da plataforma de xestión de actividades (http://www.concello-cabana.es/inscricionactividades/) ou excepcionalmente, ante o departamento correspondente, nos prazos que se fixen cada ano. Unha vez se completen as prazas mínimas para cada actividade resolverase o inicio da actividade.

- As baixas en calquera actividade comunicaranse ao departamento que corresponda a organización da actividade. No caso das actividades de Bailes e Ritmos as baixas, a efectos de devolución do prezo público, serán excepcionais e debidamente xustificadas, prorrateando o importe por períodos cuatrimestrais.

- Excepcionalmente poderanse producir altas ao longo do ano sempre e cando existan prazas nas distintas actividades. No caso das actividades de Bailes e Ritmos as altas producidas ao longo do ano devengarán un prezo público prorrateado por períodos cuatrimestrais (De producirse a alta no segundo cuatrimestre o importe da tarifa será de 40,00 €).

O abono do prezo público realizarase a través dos medios habilitados polo Concello, principalmente a través de tarxeta bancaria e no seu defecto, a través de domiciliación bancaria do recibo correspondente.