Rianxo - Prezo público para o servizo Rianxo Madruga 2024/2025
Tarifas
A Xunta de Goberno do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o día 02.09.2024, acordou a aprobación de prezos públicos para o Servizo Rianxo Madruga 2024/2025 tal e como se indica a continuación:
1. Aprobar o prezo público como cota de matrícula de 35 euros mensuais por usuario.
2. Aprobar os prezos públicos como cotas de matrícula, tendo en conta as diversas circunstancias familiares:
Familias nas que participen 2 irmáns: 30 euros mensuais por participante.
Familias con tres ou mais irmáns participantes, coa condición de familia numerosa ou familias monoparentais. A condición de familia numerosa ou familia monoparental terá que acreditarse coa presentación da documentación de recoñecemento oficial: 25 euros mensuais por participantes.
Gratuidade de 10 prazas para aquelas familias derivadas do Departamento de servizos Sociais do Concello de Rianxo.
3. As condicións para a xestión recadadora do evento serán as que establece a normativa municipal sobre prezos públicos; en todo caso, o ingreso do prezo público polo usuario realizarase con carta de pago emitida pola Recadación municipal a partir dos datos emitidos polo departamento xestor unha vez pechado o período de pre-inscrición, e en todo caso sometidas ao criterio da Tesourería municipal.
4. Débese publicar o presente Acordo no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia a efectos do seu xeral coñecemento e efectos.