Frades - Ordenanza Reguladora da concesión de emerxencia social do Concello de Frades
ARTIGO 1.- OBXECTO
Constitúe o obxecto desta ordenanza a regulación das axudas municipais de emerxencia social destinadas a persoas ou familias empadroadas e residentes no Concello de Frades.
Enténdese por axudas de emerxencia social o conxunto de axudas e prestacións económicas, en especie e dinerarias destinadas a paliar ou resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia, reforzar procesos de integración familiar e inclusión social e previr situacións de exclusión social.
A finalidade das axudas de emerxencia social é dar resposta inmediata a situacións puntuais de necesidade das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de carencia urxente.
ARTIGO 2.-TIPOS DE AXUDAS
As axudas poderán cubrir os seguintes tipos de gastos:
- Necesidades básicas de subsistencia non cubertas por outros sistemas de protección: produtos básicos de alimentación, roupa e/ou calzado, produtos de aseo persoal e hixiene doméstica
- Cobertura de gastos médicos ou farmacéuticos non cubertos polo sistema público de saúde.
- Gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento: subministracións esenciais, mensualidades para alugueiro ou hipoteca, mobiliario ou equipamento esencial e imprescindible¿
- Gastos de carácter básico relativos á educación dos menores ou membros da unidade de convivencia en idade escolar, sempre que non estiveran cubertos por outras axudas públicas
- Outros gastos considerados de primeira e urxente necesidade, xustificados suficientemente no informe técnico elaborado polo traballador social.
ARTGO 3.- BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas ou unidades familiares de convivencia, empadroadas e residentes no Concello de Frades, cun estado de necesidade recoñecido polos Servizos Sociais Comunitarios e sempre que cumpran os requisitos esixidos para a súa concesión.
Enténdese por unidade de convivencia ó conxunto de persoas que convivan no mesmo domicilio unidos por lazos de consanguinidade ou afinidade.
REQUISITOS
1. Ser maior de idade ou menor emancipado/a
2. Estar empadroado/a e residir efectivamente no concello de forma ininterrompida cunha antelación mínima de 6 meses á data de presentación da solicitude.
Excepcionalmente poderán ser beneficiarias as persoas que non cumpran este requisito, previo informe do traballador social, sempre que a gravidade ou urxencia da situación fagan necesaria esta axuda.
3. Non ter sido ningún membro da unidade de convivencia beneficiario dunha Axuda Municipal de Emerxencia Social para a mesma finalidade, dentro do mesmo exercicio económico (agás o disposto para as necesidades básicas de subsistencia)
4. Non ter sido ningún membro da unidade familiar de convivencia beneficiario de axudas concedidas por outra Administración Pública, organismo ou entidade, para a mesma finalidade, dentro do mesmo exercicio económico, que cubran o 100% da necesidade pola que se solicita a prestación.
5. Acreditar a situación de necesidade a xuízo dos servizos sociais comunitarios.
6. Carecer de medios económicos para facer fronte á situación de emerxencia de conformidade cos baremos establecidos no artigo seguinte.
7. Que exista dotación orzamentaria.
ARTIGO 4.- BAREMOS ECONÓMICOS
Considerase carencia de medios económicos aos efectos desta ordenanza, dispor dunha renda per cápita mensual 90% do IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples) por persoa, nin ser propietario de bens inmobles, vehículos, etc... que indiquen de xeito notorio a existencia de medios materiais suficientes par atender o gasto solicitado, agás a vivenda de uso habitual.
ARTIGO 5.- CONTIA DAS AXUDAS
O importe das axudas modularase atendendo ó concepto da necesidade, ó gasto necesario para satisfacela, á situación económica do/a solicitante etc. A axuda poderá cubrir o gasto total ou parcial da necesidade, cun máximo de 1000 € por unidade familiar e ano. Esta circunstancia será avaliada polo traballador social que o fará constar no informe social.
ARTIGO 6.- DOCUMENTACION
A documentación que se deberá de presentar xunto coa solicitude é a seguinte:
- Fotocopia DNI, NIE ou pasaporte dos membros da unidade familiar de convivencia que o posúan.
- Fotocopia do libro de familia, se é o caso.
- Certificado de convivencia do solicitante, no que se acredite unha antigüidade mínima e ininterrompida de 6 meses anteriores á formulación da solicitude.
- Presuposto correspondente á solicitude, de ser o caso
- No caso de solicitar axuda para tratamento farmacolóxico, deberá aportar receta médica do Sergas e documentación acreditativa da farmacia, indicando a aportación que ten que asumir o interesado.
- No caso de solicitar axudas para facer fronte a situacións de emerxencia derivadas de gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento achegar segundo o caso:
1) Fotocopia do contrato de aluguer e declaración responsable do propietario da vivenda na que se acredite a existencia dunha débeda e o importe da mesma
2) Xustificante da cota mensual do crédito hipotecario do exercicio en curso
3) Xustificante acreditativo dos gastos de mantemento da vivenda pendentes de pago
- Xustificantes de ingresos de todos os membros da unidade familiar de convivencia: nóminas, pensións, última declaración do IRPF, tarxeta de demandante de emprego e certificado de prestacións de desemprego ou negativo emitido polo SEPE
- Cota mensual do crédito hipotecario ou importe do aluguer
- Extracto bancario das entidades nas que confiasen as contas ou depósitos, sobre os movementos bancarios existentes nos 3 meses anteriores á petición da axuda.
- No caso de separación ou divorcio, deberá presentarse documentación acreditativa de pensións alimenticias e compensatorias
- Certificación bancaria do número de conta bancaria na que conste como titular o solicitante, si é o caso
- Os servizos sociais comunitarios poderán solicitar do interesado calquera outro documento que consideren necesario para a adecuada valoración e/ou resolución do expediente.
ARTIGO 7.- XESTIÓN E PROCEDEMENTO
As solicitudes, acompañadas pola documentación especificada nesta ordenanza, formalizarase conforme ó modelo establecido como anexo I e presentarase no rexistro municipal ou por calquera dos medios previsto na lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.
A solicitude e documentación presentada será estudada e valorada polo traballador social, que emitirá un informe no que se porá de manifesto se a persoa interesada cumpre os requisitos sinalados para percibir a prestación.
A Alcaldía ou órgano municipal competente, logo de ver o informe-proposta resolverá a adxudicación da axuda de emerxencia social no prazo máximo de 7 días hábiles. Se transcorrido este prazo, a solicitude non é respostada polo concello, considerarase desestimada.
De forma excepcional, os expedientes poderán ser iniciados de oficio, mediante informe social, cando concorran circunstancias extraordinarios ou urxentes que así o aconsellen.
As solicitudes de emerxencia social poderán presentarse en calquera momento do ano.
A concesión das axudas está limitada pola dispoñibilidade orzamentaria establecida nos orzamentos do Concello de Frades. Polo tanto, a concesión destas axudas supeditarase en todo momento ó crédito dispoñible existente, polo que en calquera caso o concello denegará a axuda solicitada cando, aínda reunindo os requisitos necesarios, se esgotara a correspondente aplicación orzamentaria.
ARTIGO 8.- PAGAMENTO DAS AXUDAS
a) O importe de concesión librarase mediante un único pagamento.
b) O libramento faráselle preferentemente á persoa ou entidade que esta autorice (pagamento delegado) que preste o servizo para o que se solicita a axuda, e unha vez realizado o mesmo. Excepcionalmente, previo informe social, poderase facer o pagamento directamente ao solicitante. Os pagamentos faranse e mediante transferencia bancaria ou anticipo a xustificar. Neste último caso farase polo persoal dos servizos sociais
c) A axuda xustificarase no prazo dun mes dende que se lle notifique a concesión da axuda, e farase mediante facturas ou outros documentos orixinais de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, que deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello de Frades ou diante dos Servizos Sociais.
ARTIGO 9.- SEGUIMENTO E CONTROL
Serán os servizos sociais municipais os que fagan o seguimento das situacións de emerxencia, así como o destino que se lles dea. Poderán solicitarlles ás persoas beneficiarias a información ou documentación necesarias para o exercicio desta función de forma axeitada.
ARTIGO 10.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
As persoas beneficiarias están obrigadas a:
- Destinar a axuda á finalidade concedida
- Acreditar ou xustificar a realización da actividade financiada, e o cumprimento dos requisitos e condicións que determinen a concesión da axuda.
- Permitir e facilitar a actuación dos servizos sociais para avaliar a situación e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que se concedeu.
- Comunicar ó concello calquera variación que se produza na situación socio-económica e familiar no prazo de 10 días. Este caso dará lugar a unha nova valoración da situación que poderá modificar, manter ou extinguir a axuda concedida.
- Gardar as facturas referidas ó gasto subvencionado durante o prazo dun ano, no caso de axudas pagadas directamente ó solicitante.
ARTIGO 11.- PERDA E REINTEGRO DO PAGO
Procederá declaración da perda do dereito ó cobro ou reintegro total ou parcial das cantidades percibidas nos seguintes casos:
- Incumprimento das obrigas e requisitos establecidos nestas bases
- Non adicar a axuda á finalidade para a que foi concedida
- Incumprimento da obriga de xustificar no prazo establecido, se fora o caso
- Falseamento ou ocultación de datos para obter ou conservar o dereito á axuda
- Desaparición das circunstancias que deron orixe á súa concesión
- Baixa do Padrón Municipal
ARTIGO 12.- ORZAMENTO
As axudas reguladas nesta convocatoria financiaranse con cargo á aplicación presupostaría 231 48000 con un importe máximo de 7.000 euros anuais.
ANEXOS
ANEXO I
SOLICITUDE EMERXENCIA SOCIAL
NOME | |||
DNI | TELÉFONO | ||
DIRECCION |
UNIDADE DE CONVIVENCIA | ||||
Nome | Parentesco | DNI | Data Nacemento | Ingresos Anuais |
SOLICITO
Para o que achego a seguinte documentación:
- Fotocopia DNI, NIE ou pasaporte dos membros da unidade familiar de convivencia que o posúan.
- Fotocopia do libro de familia, se é o caso.
- Certificado de convivencia do solicitante, no que se acredite unha antigüidade mínima e ininterrompida de 6 meses anteriores á formulación da solicitude.
- Presuposto correspondente á solicitude, de ser o caso
- No caso de solicitar axuda para tratamento farmacolóxico, deberá aportar receita médica do Sergas e documentación acreditativa da farmacia, indicando a aportación que ten que asumir o interesado.
- No caso de solicitar axudas para facer fronte a situacións de emerxencia derivadas de gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento achegar segundo o caso:
- Fotocopia do contrato de aluguer e declaración responsable do propietario da vivenda na que se acredite a existencia dunha débeda e o importe da mesma
- Xustificante da cota mensual do crédito hipotecario do exercicio en curso
- Xustificante acreditativo dos gastos de mantemento da vivenda pendentes de pago
- Xustificantes de ingresos de todos os membros da unidade familiar de convivencia : nóminas, pensións, última declaración do IRPF, tarxeta de demandante de emprego e certificado de prestacións de desemprego ou negativo emitido polo SEPE
- Cota mensual do crédito hipotecario ou importe do aluguer
- Extracto bancario das entidades nas que confiasen as contas ou depósitos, sobre os movementos bancarios existentes nos 3 meses anteriores á petición da axuda.
- No caso de separación ou divorcio, deberá presentarse documentación acreditativa de pensións alimenticias e compensatorias
- Certificación bancaria do número de conta bancaria na que conste como titular o solicitante, si é o caso
Os servizos sociais comunitarios poderán solicitar do interesado calquera outro documento que consideren necesario para a adecuada valoración e/ou resolución do expediente:
DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE
- Que todos os datos facilitados son certos e completos, e que autorizo ó Concello de Frades para que realice as consultas necesarias de ficheiros públicos para os efectos de comprobar a veracidade dos datos declarados.
- Que non recibo nin teño solicitada outra axuda para o mesmo concepto.
- Que a axuda será destinada á finalidade para a que é concedida
- Que me comprometo a informar ó Concello de calquera variación nos datos declarados
- Que me comprometo a gardar as facturas referidas ó gasto subvencionado durante o prazo dun ano, de ser o caso
- Que acepto a supervisión do programa por parte dos Servizos Sociais
- Que me atopo ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa seguridade social
FRADES de de 20
SINATURA DO SOLICITANTE OU REPRESENTANTE LEGAL
Asdo:
ANEXO II. DECLARACION DO PAGAMENTO
DATOS DA PERSOA SOLICITANTE
NOME E APELIDOS | D.N.I. Nº: |
NÚMERO DE EXPEDIENTE | IMPORTE CONCEDIDO |
CONCEPTO |
AUTORIZACIÓN DE COBRAMENTO
Eu, _______________________________________________________________________________, co DNI Nº________________________________, autorizo a__________________________________________________________________ con DNI/NIF__________________________________, a percibir a contía de_________________________ € en concepto de _____________________________________ _________________________________________________________________________________________ Sinatura da persoa solicitante |
DATOS BANCARIOS DO PROVEDOR OU DA EMPRESA AUTORIZADA
NOME E APELIDOS OU RAZÓN SOCIAL | |
ENDEREZO | |
LOCALIDADE | PROVINCIA |
CÓDIGO POSTAL | D.N.I. OU NIF |
NOME DA ENTIDDE FINANCIERA | |
IBAN/Nº DE CONTA: | |
LOCALIDADE | PROVINCIA |
DATA Sinatura ou selo da persoa ou empresa autorizada |
NOTA: caso de delegar o pagamento a máis de un provedor/a ou empresa, deberá cubrir un modelo para cada un deles.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ao día seguinte da súa publicación no B.O.P., pero débese ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
...Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales..... (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).
Artigo 65.2: El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.