Val do Dubra - ORDENANZA DO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE AXUDAS TÉCNICAS DE APOIO Á MOBILIDADE DO CONCELLO DE VAL DO DUBRA
ÍNDICE
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Artigo 1º.- Obxecto
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo
Artigo 4º.- Beneficiarios e requisitos
Artigo 5º.- Dereitos das persoas beneficiarias
Artigo 6º.- Deberes das persoas beneficiarias
Artigo 7º.- Duración do préstamo
Artigo 8º.- Causas de denegación
Artigo 9º.- Solicitude e documentación a achegar
Artigo 10º.- Prazo
Artigo 11º.- Metodoloxía a seguir
Artigo 13º.- Financiamento
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A atención ás persoas en situación de dependencia e con discapacidade e o apoio ás súas familias e coidadores constitúen un dos eixos fundamentais e prioritarios das políticas sociais do Concello de Val do Dubra.
O aumento da esperanza de vida, como consecuencia dos avances sanitarios e sociais, leva tamén consigo un aumento do número de persoas dependentes que non poden realizar por si mesmas actividades básicas da vida diaria, como vestirse, levantarse, lavarse... Como consecuencia do anterior, nos últimos anos produciuse un aumento da demanda de servizos e axudas por parte de familiares e coidadores de persoas dependentes, e as previsións demográficas apuntan a que seguirá aumentando nos próximos anos.
O aumento da intensidade asistencial a estas persoas require, en moitas ocasións, da asistencia de axudas técnicas para prestar unha atención adecuada e facilitar así o traballo dos familiares e coidadores. Non obstante, o acceso a estas axudas técnicas supón un desembolso económico que moitas familias do noso municipio non poden afrontar, provocando así situacións de exclusión social no acceso aos coidados imprescindibles para garantir a calidade de vida destas persoas e das súas familias.
Por iso, a finalidade deste servizo social non é outra que a de prestar axuda aos familiares e coidadores de persoas dependentes, evitando así situacións de desigualdade no acceso á atención sociosanitaria básica.
Hai axudas que poden parecer superfluas pero cando son necesarias, son de crucial importancia para o benestar das persoas e das familias. Dispoñer ou non de cadeira de rodas ou grúa de mobilización, marca unha gran diferenza no día a día dun fogar, na calidade de vida das persoas en situación de dependencia e dos coidadores. Temos que garantir que calquera persoa que o necesite poida acceder a estes elementos de apoio no momento en que o precise, sempre primando a atención ás persoas con menos recursos.
Tendo en conta a normativa que se cita:
- Lei Xeral de Sanidade.
- Estatuto de Autonomía de Galicia.
- Decreto 15/2010, de 4 de febreiro polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e da elaboración do Programa Individual de Atención.
- Decreto 240/1995, do 28 de xullo polo que se regulan os Servizos Sociais de Atención Primaria.
- Orde do 22 de xaneiro de 2009, que regula o Servizo de Axuda no Fogar.
- Regulamento e Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar do concello de Val do Dubra.
- Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
Mención especial merece a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, pois establece que a atención ás persoas en situación de dependencia e a promoción da súa autonomía persoal constitúen un dos principais retos da política social nos países desenvolvidos. O reto non é outro que atender as necesidades daquelas persoas que, por atoparse nunha situación de especial vulnerabilidade, precisan de apoio para desenvolver as actividades esenciais da vida diaria, acadar unha maior autonomía persoal e poder exercer plenamente os seus dereitos de cidadanía. Para estes efectos, o artigo 12.1 do citado regulamento establece que as entidades locais participarán na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia, de acordo coa normativa das súas respectivas comunidades autónomas e dentro das competencias que a lexislación vixente lles atribúa.
No marco da citada normativa, regúlase, en virtude destas bases, o servizo de préstamo de axudas técnicas, que se inscribe no Programa de Apoio á Unidade de Convivencia e Axuda no Fogar, como prestación básica de carácter comunitario, co fin de contribuír a acadar unha mellor calidade de vida e autonomía persoal das persoas con problemas de mobilidade, discapacidade ou en situación de dependencia.
Artigo 1º.- Obxecto
É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de préstamo de axudas técnicas de apoio a mobilidade desenvolvido polo Concello de Val do Dubra.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao termo municipal de Val do Dubra.
Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo
3.1. O servizo de préstamo de axudas técnicas de apoio a mobilidade é un servizo municipal e gratuíto. Está dirixido a persoas que necesiten dispoñer de axudas técnicas debido as súas dificultades na mobilidade e que se encontren nunha situación ou risco de exclusión social.
3.2. O servizo dependerá da dispoñibilidade do material e da valoración por parte dos Servizos Sociais das necesidades das persoas usuarias e das súas familias.
Son obxectivos de este servizo os seguintes:
a) Favorecer a permanencia das persoas destinatarias na súa contorna familiar e o envellecemento de calidade, evitando ou retardando a institucionalización mentres sexa posíbel.
b) Aportar estas axudas técnicas para que os coidadores simplifiquen a súa labor.
c) Previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar limitacións na actividade diaria e restricións na promoción da autonomía persoal.
d) Garantir que haxa unhas axudas técnicas que preveñan varios problemas de saúde dos usuarios do servizo tales como: problemas cutáneos, músculo esqueléticos, respiratorios, cardiovasculares etc.
e) Procurar a mellora da calidade de vida tanto do coidador/a como da persoa dependente.
Artigo 4º.- Beneficiarios e requisitos
Poderán beneficiarse das axudas técnicas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- As persoas que padezan limitacións funcionais graves, para as que necesiten axuda doutra persoa para realizar ABVD (as actividades básicas da vida diaria son as relacionadas co autocoidado, como levantarse, deitarse, vestirse, camiñar, alimentarse, realizar a hixiene persoal, manter o control do esfínter, etc.) e que lles sexa necesaria unha axuda técnica deste tipo. Deberán ter unha situación de dependencia ou discapacidade recoñecida e valorada ou un informe médico que o xustifique.
- Persoas que, por motivos temporais, teñan reducida a mobilidade e necesiten axudas técnicas para mellorar a súa capacidade funcional, por exemplo despois de ter sufrido un accidente, unha operación, etc.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 150% do IPREM. Para a determinación desta capacidade económica tomarase como referencia os ingresos totais anuais da unidade familiar convivinte, procedentes de salarios, pensións, alugueres e calquera outro, dividíndoos polo número de persoas que integran a unidade familiar. No caso de persoas que vivan soas, os ingresos dividiranse por 1,5 en compensación de gastos xerais.
- Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Val do Dubra durante, polo menos, seis meses anteriores á data da solicitude, salvo aquelas persoas que se atopen nunha situación de emerxencia, previa valoración polos servizos sociais comunitarios.
- Non ter acceso á prestación de axuda técnica por ningún outro medio..
Para os efectos destas bases, considerarase unidade económica de convivencia a formada pola persoa solicitante do servizo e, se é o caso, o seu cónxuxe ou parella de feito, así como os ascendentes e descendentes e demais familiares dun ou outro por consanguinidade e afinidade, ata segundo grao inclusive, así como por adopción, tutela ou acollemento constituído por resolución xudicial ou administrativa, sempre que convivan co primeiro no mesmo domicilio.
Artigo 5º.- Dereitos das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias do servizo terán dereito a:
1. Que sexa respectada en todo momento a súa individualidade e dignidade persoal.
2. Recibir o servizo adecuadamente.
3. Ser informadas puntualmente das modificacións que poidan producirse no réxime da prestación.
4. A intimidade e a confidencialidade.
Artigo 6º.- Deberes das persoas beneficiarias
6.1 As persoas beneficiarias das axudas técnicas reguladas en estas bases están obrigadas a cumprir co obxectivo das mesmas e a empregalas conforme á finalidade para a que foron concedidas. O solicitante recoñece que este artigo é propiedade do Concello de Val do Dubra e que se entrega en condicións óptimas de uso. O obxecto prestado deberá ser devolto no mesmo estado en que foi recibido.
6.2. Ademais, as persoas beneficiarias están obrigadas a:
a) Facilitar toda a información requirida polos servizos sociais.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará, de ser o caso, os servizos sociais a través do seu persoal.
c) Informar ó/á traballador/a social de posibles modificacións ou variacións que se produzan na situación persoal e económica da unidade familiar do beneficiario, que poidan dar lugar á modificación, suspensión ou extinción da prestación, no prazo máximo de 10 días.
O artigo prestado só poderá ser utilizado pola persoa beneficiaria e no ámbito xeográfico do concello de Val do Dubra. No caso de que o usuario se ausentase máis dun mes do seu domicilio sen comunicación e xustificación da mesma, estará obrigado a devolver a axuda técnica prestada .
d) O beneficiario comprométese a recibir a axuda no momento da súa concesión e a devolvela unha vez transcurrido o prazo de prestación que rematará aos doce meses dende a concesión e en bo estado. A non devolución no prazo acordado, considerarase como apropiación indebida e adoptaranse as medidas oportunas.
No caso de que, no momento da devolución do material, este non estea en bo estado por mal uso ou neglixencia ou porque non se realizara o mantemento necesario, o custo da reparación, sustitución ou posta a punto, correrá a cargo do usuario.
O transporte e recollida do material, así como o mantemento necesario, será a cargo da persoa beneficiaria do servizo.
Con carácter xeral, o desfrute por parte dun mesmo beneficiario de varias axudas técnicas será compatible, sempre que teñan diferentes finalidades e satisfagan necesidades diferentes e sempre que así o valore o/a traballador/a social.
Artigo 7º.- Duración do préstamo
O servizo de préstamo para axudas técnicas caducará aos 12 meses despois do préstamo (sendo necesaria unha solicitude de prórroga para o mesmo, sempre que se manteñan as mesmas circunstancias, a valorar polo Departamento de Servizos Sociais municipal) ou por algún dos seguintes motivos:
a) falecemento da persoa beneficiaria.
b) Solicitude de baixa do/da usuario/a ou do seu representante.
c) Perda dos requisitos de acceso ao servizo.
d) Ingreso da persoa usuaria nun centro de aloxamento alternativo.
e) Traslado de domicilio a outro termo municipal.
f) Uso indebido da asistencia técnica, falsificación de datos ou ocultación da mesma.
g) Esixencia dos servizos sociais municipais por causa xustificada, informe previo e notificación ao usuario/a
Artigo 8º.- Causas de denegación
Serán causas de denegación das solicitudes:
1¿Presentación da documentación requirida fóra do prazo establecido.
2¿Non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 4º.
Artigo 9º.- Solicitudes e documentación a achegar
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Val do Dubra, xunto coa seguinte documentación:
- Contrato cumprimentado e asinado (ANEXO I)
- Compromiso de devolución (ANEXO II)
- Solicitude do servizo (ANEXO III)
Estes anexos deberán ir acompañados da seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia de todos os membros da unidade económica de convivencia.
- Fotocopia dos xustificantes dos ingresos económicos de todos os membros da unidade económica de convivencia maiores de idade.
- Certificado de situación de desemprego se fora o caso.
- Documentos acreditativos da limitación funcional grave mediante informe médico, certificado acreditativo do grao de discapacidade, resolución de valoración do grao de dependencia...
- Calquera outra documentación requirida polos Servizos Sociais municipais.
Artigo 10º.- Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comezará dende o día seguinte ó da publicación da aprobación definitiva deste regulamento no BOP.
O prazo máximo para ditar e notificar ós interesados a resolución, será dun mes contado dende o día seguinte da presentación da solicitude.
En caso de non recibir notificación entenderase desestimada a solicitude por silencio administrativo.
Artigo 11º.- Metodoloxía a seguir
O solicitante presentará unha solicitude no Rexistro Xeral do concello. A traballadora social poderá realizar a solicitude de oficio sempre que a urxencia do caso así o requira.
Realizarase un informe social sobre se o solicitante reúne os requisitos establecidos neste regulamento así como das súas circunstancias socioeconómicas e familiares.
A aprobación deste servizo concederase segundo a orde de recepción das solicitudes, sempre que se cumpran os requisitos establecidos e se acompañe toda a documentación requirida.
Pasarán a formar parte dunha lista de agarda todas aquelas persoas que, cumprindo o requisito para acceder á prestación, non poidan ser atendidas de xeito inmediato por estar xa concedidas as axudas técnicas. Para estos supostos, establecerase a seguinte orde de prelación:
1. Usuarios dependentes recoñecidos que reciban o servizo de axuda no fogar.
2. Beneficiarios que, de xeito temporal, con motivo de postoperatorios ou rehabilitación por accidentes ou similares, requiran estes servizos, concedéndolle por un prazo máximo non superior a seis meses, transcorrido o cal haberá que revisar as condicións de concesión e volver a valorar a solicitude
3. Beneficiarios con grao de discapacidade ou dependencia recoñecido para os que sexa nacesaria a axuda técnica, segundo informe médico informativo.
4. Outros solicitantes valorados polos servizos sociais municipais.
Artigo 12º.- Financiamento
Tendo en conta que estas axudas técnicas son un apoio básico na atención ás persoas con limitacións funcionais non se cobrará ningunha tarifa económica pola prestación deste servizo.
CONTRATO (ANEXO I)
Para acceder ao préstamo da axuda técnica, o solicitante deberá asinar este contrato:
Condicións do préstamo
O solicitante recoñece que este artigo ou accesorio é propiedade do Concello de Val do Dubra e que se entrega en condicións óptimas de uso. O obxecto prestado deberá ser devolto no mesmo estado en que foi recibido.
A non devolución transcorrido o prazo acordado, considerarase como apropiación indebida e adoptaranse as medidas oportunas.
O usuario comprométese a facer un uso coidadoso do artigo entregado e a seguir as seguintes regras:
- O artigo só poderá ser utilizado para o seu propio fin, e non debe ser utilizado para fins distintos do seu uso habitual.
- O artigo prestado só poderá ser utilizado pola persoa beneficiaria e no ámbito xeográfico do Concello de Val do Dubra.
- O artigo ou axuda técnica non poderá ser retirado nin utilizado fóra do domicilio do beneficiario, salvo indicación por parte dos servizos sociais municipais.
- A duración do presente contrato establécese por un período que rematará aos 12 meses dende a concesión da axuda.
Responsabilidade
O usuario é responsable do uso e destino do artigo tanto fronte a terceiros e acompañantes como contra si mesmo.
O concello non asume responsabilidade algunha polos danos ou accidentes que o usuario poida ocasionar no uso do artigo ou accesorio cedido, tanto a si mesmo como a terceiros, non podendo reclamar indemnización por danos e prexuízos por tal concepto.
Reparacións
As reparacións ordinarias e obrigatorias derivadas do uso normal e frecuente dun complemento prestado, correrán a cargo do adxudicatario, salvo que os danos ou avarías se orixinen por uso indebido ou neglixencia por parte do usuario, caso en que o custo da reparación, substitución ou a afinación recaerá no usuario.
O usuario ten a obriga de comunicar inmediatamente calquera fallo ou disfunción no normal funcionamento do obxecto prestado.
Devolucións
A devolución do artigo obxecto deste contrato, así como dos seus correspondentes accesorios, realizarase na data e hora fixadas no compromiso de devolución. O Departamento de Servizos Sociais verificará que o artigo e os accesorios se devolvan en perfecto estado, podendo reclamar ao usuario os defectos no momento da recollida.
En Val do Dubra, a ____ de __________________________ 20___
Asdo.:________________________________________________________
COMPROMISO DE DEVOLUCION (ANEXO II)
D/Dna____________________________________con DNI _______________
e domicilio_______________________________________________________
Tlfno:________________________________
DECLARA:
Que con data __________________________ os Servizos Sociais municipais do Concello de Val do Dubra danme en usufruto, como préstamo:
_____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Polo tanto comprométome a:
- Destinar a prestación á finalidade para a que se concede.
- As axudas técnicas deberán ser destinadas exclusivamente ao beneficiario sen que poida ser arrendadas ou cedidas a terceiros
- Ser responsable do mantemento da axuda técnica concedida mentres permaneza no meu domicilio
- Encargarme daquelas reparacións ou substitucións de pezas que deban realizarse debido a un uso incorrecto do material, unha vez se me entreguen as instrucións necesarias ou se me explique o seu funcionamento.
- Devolver a este concello, no momento do cesamento da necesidade que orixinaba este préstamo, nas mesmas condicións en que me foi cedida, a axuda técnica e os seus complementos.
Data de devolución prevista:
_________________________________________________________
Val do Dubra, _______de ________________________ de 20_______
Asdo.:____________________________________________________
SOLICITUDE DE SERVIZO PRÉSTAMO AXUDAS TÉCNICAS (ANEXO III)
DATOS DO SOLICITANTE | ||
Apelidos: | Nome: | |
DNI: | Teléfonos: | Fixo: Móbil: |
Enderezo: | ||
Data Nacemento: | Grado Dependencia: | Grado Discapacidade: |
DATOS DO REPRESENTANTE OU GARDADOR DE FEITO | ||
Apelidos: | Nome: | |
DNI: | Teléfonos: | Fixo: Móbil: |
Enderezo: |
DATOS DA UNIDADE FAMILIAR | ||||
Nome e Apelidos | DNI | Data Nacemento | Parentesco | Ingresos anuais |
SOLICITO: A concesión do servizo de préstamo para a seguinte axuda técnica:
1. DOCUMENTACIÓN QUE SE ACOMPAÑA
- Fotocopia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia de todos os membros da unidade económica de convivencia.
- Fotocopia dos xustificantes dos ingresos económicos de todos os membros da unidade económica de convivencia maiores de idade.
- Certificado de situación de desemprego se fora o caso.
- Documentos acreditativos da limitación funcional grave mediante informe médico, certificado acreditativo do grao de discapacidade, resolución de valoración do grao de dependencia...
- Calquera outra documentación requirida polos Servizos Sociais municipais.
2. COMPROMISOS
No caso de ser aprobada esta solicitude comprométome a:
- Permitir e facilitar a labor do traballador social para verificar a súa situación sociofamiliar e económica, e facilitar o control e seguimento do cumprimento da axuda.
- Comunicar ó departamento de servizos sociais calquera variación na súa situación que poida afectar á concesión da solicitude, nun prazo máximo de 10 días.
3. DECLARACIÓNS RESPONSABLES
A persoa asinante, declara baixo a súa responsabilidade:
Estar ó corrente coas obrigas tributarias de carácter local, autonómico e estatal, así como coas obrigas coa Seguridade Social e a AEAT.
AUTORIZA ó Concello de Val do Dubra para consultar os datos de empadroamento.
Non teño dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE, etc ou calquera outra entidade
A veracidade da documentación presentada e comprométese a que se despois de presentar esta declaración se produce algunha variación na súa situación persoal, económica ou de convivencia, deberá comunicalo a este Concello.
Acepto a supervisión da axuda por parte dos servizos municipais.
Val do Dubra ___________ de ____________________ de 20________
Asdo.:__________________________________________________________
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
...Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales..... (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).
Artigo 65.2: El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.