Sada - Prezo público polas actividades socioculturais (formación non regrada) e deportivas PP01/2024

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 02/10/2024 BOP Nº: 190
Aplicable dende: 03/10/2024

Único.-

Establecer o prezo público para a participación nas actividades socioculturais e deportivas nos seguintes termos:

Concepto: De conformidade co previsto nos artigos 41 e 127 do R.D. Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece prezo público por:

- Actividades de carácter deportivo: actividades suxeitas ao convenio colectivo de instalacións deportivas cunha prestación de 8 horas ao mes

- Actividades de formación no regrada: actividades suxeitas ao convenio colectivo de ensino e formación non regrada cunha prestación de 8 horas ao mes

Obrigados ao pagamento: Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado no presente acordo, quen se beneficie dos servizos ou actividades, prestados por este Concello, aos que se refire o artigo anterior

Contía

- Actividades de carácter deportivo: 45 €/trimestrais

- Actividades de formación no regrada: 45 €/trimestrais

Para a xestión do prezo público establécese o réxime de autoliquidación trimestral realizándose o ingreso nas contas municipais autorizadas previa obtención do documento de cobro na Oficina virtual tributaria do Concello dentro dos quince días naturais anteriores ao comezo do trimestre respectivo.

Nos resto aspectos resultará de aplicación a regulación contida na ordenanza xeral de prezos públicos do Concello.

Disposición

Este prezo público comenzará a esixirse dende o día seguinte ao da publicación do presente acordo no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.