Rois - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS, DEPORTIVOS, SOCIOCULTURAIS E DE CONCILIACIÓN
Artigo 1. Fundamento
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos deportivos, socioculturais e de conciliación polo Concello de Rois.
Artigo 2. Concepto
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polas persoas usuarias que voluntariamente soliciten os servizos deportivos, socioculturais e de conciliación da vida familiar, laboral e persoal prestados polo Concello de Rois
Artigo 3. Obrigados ao pagamento
Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos, socioculturais e de conciliación prestados polo Concello de Rois e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4. Tarifas
1.-O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos, socioculturais e de conciliación municipais cinguirase ás seguintes tarifas:
4.1. Servizos deportivos
4.1.1. Escolas deportivas municipais (EDM)
Están dirixidas á poboación infantil matriculados entre 5º de educación infantil e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (idades comprendidas entre os 4 ata a maioría de idade no curso en vigor). No caso de menores matriculados en 4º de infantil no curso en vigor, poderán matricularse sempre que o monitorado considere que o/a menor reúna as habilidades suficientes para realizar a actividade con normalidade e non se vexa afectado o funcionamento do grupo. As modalidades deportivas encadradas nas EDM son as que se relacionan a continuación:
- Atletismo
- Baile deportivo
- Baloncesto
- Judo
- Patinaxe artística
- Tenis
- Xadrez
- Ximnasia rítmica
As modalidades deportivas dunha sesión semanal terán un prezo público de 70,00 euros/curso; as de dúas sesións semanais terán un prezo público de 90,00 euros/curso. As modalidades deportivas cunha sesión semanal de menos dunha hora terán un prezo público de 40,00 euros/curso por modalidade deportiva.
4.1.2. Actividades físico deportivas municipais. Están dirixidas á poboación adulta a partir dos 18 anos (incluídos). No caso de menores de idades comprendidas entre os 16 e 17 anos, poderán matricularse sempre que o monitorado considere que o/a menor reúna as habilidades suficientes para realizar a actividade con normalidade e non se vexa afectado o funcionamento do grupo e sempre con autorización do pai/nai/titor/a legal do/a menor. As modalidades deportivas encadradas nas actividades físico deportivas son as que se relacionan a continuación:
- Aeróbic
- Baile en parella
- Hipopresivos
- Ioga
- Pilates
- Zumba
- Ximnasia para persoas maiores de 55 anos
As modalidades deportivas dunha sesión semanal terán un prezo público de 70,00 euros/curso por modalidade deportiva, agás Baile en parella que terá un prezo de 50,00 euros/curso por persoa ou de 100,00 euros/curso por parella; as modalidades deportivas de dúas sesións semanais terán un prezo público de 90,00 euros/curso por modalidade deportiva, agás Ximnasia para persoas maiores de 55 anos que terá un prezo público de 60,00 euros/curso.
As modalidades deportivas cunha sesión semanal de menos dunha hora terán un prezo público de 40,00 euros/curso por modalidade deportiva.
4.2. Servizos socioculturais
4.2.1. Actividades socioculturais para a poboación infantil
As actividades socioculturais ofertadas polo Concello son as que se relacionan a continuación:
- Multiobradoiro de arte e creatividade (para menores matriculados a partir de 1º de educación primaria): 80,00 €/trimestre
-Contacontos: 50,00 €/curso
- Teatro. Grupo municipal Vacalouras (para menores matriculados a partir de 1º de educación primaria): 50,00 €/trimestre
- Arrorois na biblioteca de Rois (quincenal, para familias con menores de 0 a 3 anos, incluíndo saídas culturais): 60,00 €/curso
- Informática/Mecanografía (para menores matriculados en educación primaria e secundaria): 70,00 €/curso
- Cociña: 70,00 €/ curso
No caso de menores que non cumpran o requisito de idade nas actividades nas que así se indica, poderán matricularse sempre que o monitorado considere que o/a menor reúna as capacidades suficientes para realizar a actividade con normalidade e non se vexa afectado o funcionamento do grupo.
4.2.2. Actividades socioculturais para a poboación adulta
As actividades socioculturais ofertadas polo Concello son as que se relacionan a continuación:
- Multiobradoiro de arte e creatividade: 80,00 €/trimestre
- Teatro. Grupo municipal ¿Vacalouras¿: 50,00 €/trimestre
4.3. Servizos de conciliación
4.3.1. Conciliación durante os períodos lectivos
4.3.1.1. Servizo Amencer
Programa de conciliación da vida laboral, familiar e persoal nos centros educativos que se desenvolvan dende ás 7.30 horas ate o comezo das aulas, durante todos os días do período lectivo do ensino infantil, educación primaria e educación secundaria, sempre e cando exista demanda do servizo. Este servizo abrangue tanto unha atención lúdica como o almorzo para o alumnado interesado.
O prezo público por mes se uso do servizo vén determinado polas horas e días de uso do servizo:
- 1 hora ao día por semana: 1 día: 12 euros; 2 días: 14€; 3 días: 16€; 4 días: 18€; 5 días: 20€. Días soltos: 6 euros
- 1,5 horas ao día por semana: 1 día: 18 euros; 2 días: 21€; 3 días: 24€; 4 días: 27€; 5 días: 30€. Días soltos: 9 euros
- 2 horas ao día por semana: 1 día: 22 euros; 2 días: 24€; 3 días: 26€;4 día: 28€; 5 días: 30€. Días soltos: 10 euros
4.3.1.2. Ludoteca
Programa de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolva a partir do remate das aulas nos centros educativos, durante a tarde, todos os días do período lectivo do ensino infantil, educación primaria e educación secundaria, sempre e cando exista demanda do servizo. Este servizo consiste na atención do alumnado desde a finalización das clases ata a recollida polas familias ou a transferencia a actividades extraescolares.
O prezo público por mes se uso do servizo vén determinado polas horas e días de uso do servizo:
- 1 hora ao día por semana: 1 día: 12 euros; 2 días: 14€; 3 días: 16€; 4 días: 18€; 5 días: 20€. Días soltos: 6 euros
- 2 horas ao día por semana: 1 día: 22 euros; 2 días: 24€; 3 días: 26€; 4 día: 28€; 5 días: 30€. Días soltos: 10 euros
4.3.2. Conciliación durante os períodos non lectivos
Os servizos de conciliación teñen un importante cometido durante os períodos non lectivos, xa que deben dar resposta á necesidade de atención que nenos e nenas teñen satisfeita durante o seu período escolar. Poderanse desenvolver en diferentes períodos non lectivos, sempre e cando exista demanda do servizo:
- Nadal
- Entroido
- Semana Santa
- Verán
O horario de atención será entre as 9.30 horas e as 14.30. Habilitarase tamén o servizo de Amencer, no caso de demanda, en horario de 7.30 a 9.30.
Este servizo abrangue tanto unha atención lúdica como o almorzo para os/as participantes interesados.
O prezo do servizo que incluirá atención educativa e de tempo libre será de 6,00 € diarios polo uso de 9.30 a 14.30. O cómputo total será a multiplicación desta cifra polo número de días de uso de cada unha das convocatorias.
Nos servizos que se organicen en quendas, para o/a participante que se matricule en dúas ou máis quendas, o prezo descende a 5,00 euros diarios polo uso de 9.30 a 14.30.
O uso do servizo Amencer, terá un custe de 0,50 euros por día de uso completo (por programa ou quenda), calculando o cómputo total coa multiplicación desta cifra polo número de días de uso de cada unha das convocatorias. Tamén se establece un custe de 2,00 euros/día por uso puntual do servizo, por días soltos.
4.4. Viaxes organizadas polo Concello
O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que, polo número das persoas solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, socioculturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.5. Entrada a espectáculos, obras de teatro, actuacións musicais e similares nos centros socioculturais, organizados polo Concello
O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que polo número das persoas solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, socioculturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
Artigo 5. Bonificacións e exencións
As bonificacións que non son acumulables aplicaranse na actividade de menor custe, se é o caso.
5.1. Bonificacións nos servizos deportivos
5.1.1. Bonificacións nas Escolas deportivas municipais
A matriculación dun alumno/a en dúas ou máis actividades terá unha bonificación do 15% na segunda modalidade deportiva e sucesivas.
A matriculación dun 2º irmán ou irmá terá unha bonificación do 15% no prezo total.
Concederase unha única bonificación do 15% no total da matrícula no caso de familias numerosas, familias monoparentais e/ou con algún membro con discapacidade recoñecida de máis do 33%.
5.1.2. Bonificacións nas Actividades físico deportivas municipais
A matriculación dun alumno/a en dúas ou máis actividades terá unha bonificación do 5% no prezo total.
Concederase unha única bonificación do 15% no total da matrícula no caso de familias numerosas, familias monoparentais e/ou con algún membro con discapacidade recoñecida de máis do 33%.
5.2. Bonificacións nas actividades socioculturais
5.2.1. Bonificacións nas Actividades socioculturais para a poboación infantil
A matriculación dun alumno/a en dúas ou máis actividades terá unha bonificación do 15% na segunda modalidade deportiva e sucesivas.
A matriculación dun 2º irmán ou irmá terá unha bonificación do 15% no prezo total.
Concederase unha única bonificación do 15% no total da matrícula no caso de familias numerosas, familias monoparentais e/ou con algún membro con discapacidade recoñecida de máis do 33%.
5.2.2. Bonificacións nas Actividades socioculturais para a poboación adulta
A matriculación dun alumno/a en dúas ou máis actividades terá unha bonificación do 5% no prezo total.
Concederase unha única bonificación do 15% no total da matrícula no caso de familias numerosas, familias monoparentais e/ou con algún membro con discapacidade recoñecida de máis do 33%.
5.3. Bonificacións para os servizos de conciliación
5.3.1. Bonificacións Conciliación durante os períodos lectivos
Co pagamento do curso completo obterase unha redución do 5% sobre o prezo total da matrícula.
A matriculación dun 2º irmán ou irmá terá unha bonificación do 15% no prezo total.
Concederase unha única bonificación do 15% no total da matrícula no caso de familias numerosas, familias monoparentais e/ou con algún membro con discapacidade recoñecida de máis do 33%.
5.3.2. Bonificacións Conciliación durante os períodos non lectivos
A matriculación dun 2º irmán ou irmá terá unha bonificación do 15% no prezo total.
Concederase unha única bonificación do 15% % no total da matrícula no caso de familias numerosas, familias monoparentais e/ou con algún membro con discapacidade recoñecida de máis do 33%.
5.4. Exencións e reducións
A emisión dun Informe Social do departamento de servizos sociais que indique a necesidade do servizo, determinará a exención ou redución da porcentaxe da cota en todas as actividades recollidas nesta ordenanza.
Artigo 6. Réxime de pagamento e xestión
6.1. Normas xerais
No caso de existir varias solicitudes coincidentes nunha actividade e estas superen o límite de prazas estipuladas, darase preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Rois e no seu caso ás entidades que teñan a súa sede social no Concello.
As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
6.1. Servizos deportivos e socioculturais
A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou sociocultural enumerado nos artigos anteriores. Sen embargo, o Concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.
O ingreso do prezo público farase ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta nos prazos estipulados.
As baixas unha vez comezada a actividade non darán lugar á devolución do pago realizado como matrícula. As que se produzan antes poderán dar lugar á devolución cando esta baixa estea xustificada por un motivo de forza maior ou de enfermidade.
Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.
6.2. Servizo de conciliación
Nos servizos recollidos no artigo 4.3.1. Conciliación durante os períodos lectivos, o Concello realizará o cobro do servizo no número de conta que se indique na folla de matrícula. A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, dará lugar á perda do dereito a dispoñer do servizo.
Nos servizos recollidos no artigo 4.3.2. Conciliación durante os períodos non lectivos o pagamento será aboado polas persoas interesadas na conta do Concello que se indique e nos prazos estipulados.
As persoas usuarias poderán variar a frecuencia de utilización do servizo sempre que a organización o permita e o soliciten mediante escrito motivado presentado con antelación de sete días naturais. O Concello poderá negarse no caso de que as solicitudes de cambios na utilización do servizo supoñan problemas para a organización do mesmo, ou orixine problemas de compatibilidade no uso do servizo por parte dos/as outros/as usuarios/as.
No caso de procederse unha baixa ou modificación de matrícula terá que comunicarse por escrito. A efectos do cobro, os cambios de frecuencia da utilización do servizo por parte das persoas usuarias xurdirán efecto no mes seguinte sempre que se faga cunha antelación mínima de cinco días hábiles ao remate do mes anterior. No caso de cambios no medio dun mes en curso, os comunicadas entre o día 1 e 15, xurdirán efectos na segunda quincena do mes. Os comunicados con posterioridade ao día 15, xurdirán efectos ao mes seguinte. A baixa provoca a extinción da obriga de pagamento sempre que se faga cunha antelación mínima de cinco días hábiles ao remate do mes anterior en que a baixa xurdirá efectos. No caso de baixas no medio dun mes en curso, as comunicadas entre o día 1 e 15, darán lugar ao pagamento do 50% da mensualidade. Nas comunicadas con posterioridade ao día 15, o pagamento será da mensualidade completa.
Artigo 7. Delegación na Xunta de Goberno Local
No suposto de que o servizo ou actividade sociocultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.
Disposicións
Disposición Derrogatoria
Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos vixente ata hoxe no concello de Rois.
Disposición Derradeira
A presente Ordenanza Reguladora entrará en vigor a partires do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e manterá a súa vixencia indefinidamente en tanto non sexa modificada ou derrogada expresamente.