Aranga - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
ARTIGO 1.- CONCEPTO
De conformidade co previsto no artigo 20 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar, especificado nas tarifas comprendidas nos artigos 4 e 5, e que se rexerán pola presente ordenanza fiscal.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito, deste prezo público, a prestación do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia e a prestación do servizo de axuda no fogar ás persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, polo órgano competente da Comunidade Autónoma, se lle asigne a axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) ou como respiro complementario doutro recursos ou prestación. A participación no servizo será esixible tanto se os servizos son prestados directamente, como de xeito indirecto a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público.
ARTIGO 3. SUXEITOS OBRIGADOS AO PAGAMENTO
Serán suxeitos pasivos da taxa reguladora na presente ordenanza:
a) As persoas recoñecidas como dependentes, ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro e teñan recoñecido o servizo de axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención e estean dadas de alta no servizo.
b) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo ao estipulado na Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar.
Se a persoa beneficiaria carece da capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal, ou no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.
ARTIGO 4. DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR BÁSICO (LIBRE CONCORRENCIA).
De acordo co Decreto 99/2012, de 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e o Decreto 148/2014, de 6 novembro, que modifica o Decreto 99/2012, de 16 de marzo, as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar básica (libre concorrencia) deberán participar no financiamento do custo do servizo, atendendo ao seguintes criterios:
Para os efectos deste artigo considerarase persoa usuaria aquela que teña solicitado e concedido o servizo. No caso de intervencións con menores, entenderase como persoa usuaria a un dos membros da unidade de convivencia responsables de ditos menores.
a) Computaranse a renda de tódalas persoas residentes na mesma unidade de convivencia.
Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingresos a que se refire ao artigo 6.2. da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do imposto sobre renda das persoas físicas.
b) Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de tódalas persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos considérase patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico dos que sexan titulares, determinados consonte ás regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, de 6 xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como as débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Para estes efectos teranse en conta as exencións para o cómputo do patrimonio neto previstas na Lei 19/1991, de 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e outros bens e dereito.
O período que computará para a determinación da renda e do patrimonio será o correspondente ao último exercicio fiscal anterior á data de presentación da solicitude.
Cando a capacidade económica da persoa usuaria, ou de algún membros da unidade de convivencia, só proveña da percepción de pensións, prestacións ou subsidios públicos o período que computará será o da anualidade anterior á data de solicitude.
c) A capacidade económica calcularase sumando tódalas rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5 % do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado de dita suma entre o número total de persoas que integren a unidade de convivencia.
d) A capacidade económica da persoa usuaria determinarase en cómputo mensual, calculada como a doceava parte da súa capacidade económica anual.
e) Aos efectos do cálculo do copagamento da persoa usuaria tomarase como referencia o IPREM mensual, calculado como a doceava parte do IPREM anual vixente.
f) Para facer efectiva a obriga das persoas usuarias de participar no custo do servizo aplicaranse a seguinte táboa, na que se expresa a porcentaxe do copagamento sobre o custo hora, calculada en base a a capacidade económica da persoa solicitantes:
Capacidade económica (Referencia ao IPREM) Ata: | Participación no custo do servizo SAF BASICO |
Menor o igual 0,80 do IPREM | 0,00 % |
Maior do 0,80 e menor ou igual do 1,00 do IPREM | 10,00 % |
Maior do 1,00 e menor ou igual do 1,15 do IPREM | 12,00 % |
Maior do 1,15 e menor ou igual do 1,30 do IPREM | 15,00 % |
Maior do 1,30 e menor ou igual do 1,50 do IPREM | 17,00 % |
Maior do 1,50 e menor ou igual do 1,65 do IPREM | 20,00 % |
Maior do 1,65 e menor ou igual do 1,80 do IPREM | 25,00 % |
Maior do 1,80 e menor ou igual do 2,00 do IPREM | 30,00 % |
Maior do 2,00 e menor ou igual do 2,15 do IPREM | 40,00 % |
Maior do 2,15 e menor ou igual do 2,30 do IPREM | 45,00 % |
Maior do 2,30 e menor ou igual do 2,50 do IPREM | 50,00 % |
Maior do 2,50 e menor ou igual do 3,50 do IPREM | 60,00 % |
Maior do 3,50 e menor ou igual do 4,50 do IPREM | 70,00 % |
Maior do 4,50 e menor ou igual do 5,50 do IPREM | 80,00 % |
Maior ao 5,50 do IPREM | 90,00 % |
g) O importe que corresponda aboar polo servizo de axuda no fogar libre concorrencia que goce a persoa usuaria, determinarase dun xeito progresivo, segundo a súa capacidade económica e o prezo da hora que o concello deberá aboar á empresa adxudicataria da xestión do servicio.
h) Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais no referido ao copagamento nos casos en que a alta no servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestructuración familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá ser acreditada debidamente no correspondente informe social.
i) Establecerase un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40 % da súa capacidade económica.
ARTIGO 5.- DETERMINACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA DAS PERSOAS USUARIAS DOS SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR POLA VIA DE RECOÑECEMENTO DA SITUACIÓN DE DEPENDENCIA.
1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capitulo II do titulo III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e que determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia.
2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, así como a participación no custo do servizo, de conformidade co artigo 21 do Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
3. Establécese como mínimo vital ou contía mínima para gastos persoais, e quedará integramente a disposición do seu perceptor, unha contía equivalente ao 49 % dos ingresos líquidos percibidos, calculados en cómputo anual. No caso de que a persoas usuaria traballe nun centro especial de emprego garantiráselle unha dispoñibilidade anual mínima de 2.653 euros, este importe será actualizado anualmente consonte a variación interanual do IPREM.
4. Nos ingresos da persoa usuaria non se terán en consideración como renda a contía das prestacións de análoga natureza e finalidade recollidas no artigo 31 da Lei 39/2006, do 14 de decembro. As ditas prestacións sumaráselle a contía calculada de acordo cos criterios de participación do servizo ata o 100% do custo de referencia do servizo.
5. No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta a obriga de participar no custo do servizo.
6. Nos demais supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoas usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (Referencia ao IPREM) Ata: | GRAO I 20 a 37 horas | GRAO II 38 a 64 horas | GRAO III 65 a 94 horas |
100,00 % | 0,00 % | 0,00 % | 0,00 % |
115,00 % | 4,52 % | 9,61 % | 14,70 % |
125,00 % | 5,41 % | 11,50 % | 17,58 % |
150,00 % | 5,55 % | 11,79 % | 18,03 % |
175,00 % | 5,65 % | 12,00 % | 18,35 % |
200,00 % | 5,72 % | 12,16 % | 18,60 % |
215,00 % | 6,03 % | 12,82 % | 19,61 % |
300,00 % | 6,24 % | 13,26 % | 20,29 % |
350,00 % | 6,42 % | 13,63 % | 20,85 % |
400,00 % | 6,54 % | 13,90 % | 21,25 % |
450,00 % | 6,63 % | 14,09 % | 21,55 % |
500,00 € | 6,70 % | 14,25 % | 21,79 % |
>500,00 % | 6,73 % | 14,36 % | 21,97 % |
1. Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no proxecto individual de atención, ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do servizo de axuda no fogar con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade a pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
2. En ningún caso, a participación económica da persoa beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder do 90 % do custo do servizo determinado en termos prezos/hora.
ARTIGO 6.- PROCEDEMENTO PARA A ACTULIZACIÓN OU MODIFICACIÓN DA CAPACIDADE ECONÓMICA NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR LIBRE CONCORRENCIA
1. Anualmente os servizos sociais comunitarias procederán á actualización da capacidade económica, para elo, as persoas beneficiarias deberán presentar, a información fiscal bancaria de tódalas contas, depósitos e valores de tódolos membros computables da unidade de convivencia.
No caso de que algún membro integrante da unidade de convivencia non autorizase, ao Concello de Aranga, á consulta dos datos aos efectos de verificar os datos sobre a súa situación económica e patrimonial, deberán achegar a documentación recollida no artigo 10.2 da ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.
Establécese como prazo de presentación de documentación o mes de novembro.
2. As persoas beneficiarias do servizo que experimenten modificacións durante o exercicio deberán comunicar as variacións das circunstancias económicas e sociofamiliares que serviron para o recoñecemento da súa capacidade económica anterior. Esta comunicación deberá realizarase no prazo dos tres meses seguintes a que as modificacións sucedesen e acreditarase documentalmente.
Unha vez valorada a modificación das circunstancias económicas e/ou sociofamiliares, o departamento de servizos sociais emitirá un informe proposta do novo copagamento, que será elevado ao Órgano municipal competente, para ditar resolución, que en todo caso será notificada ás persoas usuarias, tendo efectos económicos dende a data de resolución.
3. O departamento de servizos sociais emitirá un informe proposta do copagamento da persoas usuarias que será elevado ao Órgano competente municipal para ditar resolución, que en todo caso debe ser notificada ás persoas usuarias, tendo efectos económicos dende o 1 de xaneiro.
ARTIGO 7. NACEMENTO DA OBRIGA
O réxime xurídico da participación económica das persoas usuarias no custo do servizo é o establecido polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais
O nacemento da obriga prodúcese o primeiro día en que se inicie a prestación do servizo de axuda no fogar.
As liquidacións practicaranse por meses naturais, o abono efectuarase mediante cargo na conta corrente da persoa beneficiaria, aportada xunto coa solicitude, e deberá facerse efectivo de acordo coas seguinte normas de xestión:
1. Os prezos públicos contemplados nesta ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico, nos primeiros vinte días do mes seguinte.
2. A facturación mensual do servizo calcularase de acordo ás horas reais e efectivamente prestadas que se realicen no mes en curso, sempre que non incorran nunha causa de ausencia inxustificada. Naqueles supostos que incorran en ausencias inxustificadas e non avisen con dez días de antelación, agás causas sobrevidas e xustificadas, de acordo co recollido no artigo 7 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar e no artigo 18 da Ordenanza Reguladora Municipal do servizo de axuda no fogar, facturaráselles, segundo a táboa de copagamento, como hora efectivamente prestada.
3. Por parte do concello e, sobre a base do parte de traballo asinado, conxuntamente pola persoa usuaria e polo persoal de atención directa, elaborarase un recibo individual co importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior, que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria, para que se efectúe o pagamento.
ARTIGO 8. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza do prezo público polo servizo de axuda no fogar no Concello de Aranga, publicada no BOP da Coruña núm. 3 do 4 de abril de 2024.