Trazo - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, SOCIAIS E OUTRAS DE NATUREZA ANÁLOGA

Publicación provisional: 20/08/2024 BOP Nº: 159
Publicación definitiva: 14/10/2024 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 05/11/2024

ARTIGO 1.º- Fundamento e natureza.

Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), este Concello establece o prezo público por actividades culturais, deportivas, sociais e outras de natureza análoga que se rexerá polo que dispón esta ordenanza.

ARTIGO 2.º.- Concepto.

Poderán ser usuarios das actividades todas aquelas persoas físicas que soliciten a participación nas mesmas, cumprindo en todo caso os requisitos de acceso según a actividade. No caso de que sexan os menores de idade os beneficiarios da actividade, serán os seus pais, nais, titores ou representante legal, as persoas que asinen a solicitude.

ARTIGO 3.º.- Obrigados ó pagamento

Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas, que tendo solicitado a súa participación nas actividades culturais, deportivas, sociais e outras de natureza análoga, sexan admitidas como potenciais beneficiarios según orde de inscrición (sempre e cando non se contemple outro xeito de valoración de solicitudes na oferta da actividade).

ARTIGO 4.- Contías

ACTIVIDADES (ximnasia, baile, pilates, ioga, zumba e pandeireta)

- Persoas maiores de 60 anos: 55.00 €/curso

- Persoas maiores de 18 anos e menores de 60 anos: 80.00 €/curso

Desconto por actividade a partir da segunda: 20%

Desconto a persoas con discapacidade recoñecida: 20%

Os descontos non son acumulativos.

ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR.

- Actividades programadas en Semana Santa e Nadal: 35.00 €

- Actividades programadas nos meses de verán: 70.00 €/mes (ou parte proporcional en caso de que sexa quincena).

Desconto a menores con discapacidade ou familias con título de familia numerosa: 20%

RESPIRO FAMILIAR

- Persoas sen discapacidade: 12.50 €/mes

- Persoas con discapacidade: 10.00 €/mes

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

- 55€/ curso académico.

Desconto a menores con discapacidade ou familias con título de familia numerosa: 20%

XIMNASIO MUNICIPAL

Calquera outra actividade sempre e cando non se contemple a gratuidade da mesma, terá un custo de 55.00€ para maiores de 60 anos e de 80.00€ para menores de 60 anos.

Para saídas, entradas a espectáculos e demáis eventos organizadas polo Concello de Trazo o prezo das mesmas será acordado mediante Xunta de Goberno Local, sempre e cando no se contemple a gratuidade das mesmas.


ARTIGO 5.º.- Obrigas de pagamento.

A obriga de pagamento nace dende que se comunica ás persoas a admisión na actividade, e deberán de aboar a contía correspondente de xeito previo ó inicio das mesmas e no prazo establecido, de conformidade coa habilitación prevista no artigo 66 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo.

Unha vez feito efectivo o ingreso nunha conta habilitada para tal fin, farase entrega no Concello, do xustificante de ter aboado a cantidade correspondente.

¿ Cando unha persoa se dé de baixa, agás causa xustificada, non terá dereito ó reembolso da contía aboada e ó longo do seguinte ano non terá preferencia na adxudicación da praza en tódalas actividades organizadas polo Concello.

¿ Cando a baixa sexa por un motivo xustificado, a persoa partirá en igualdade de condicións que o resto dos solicitantes para ser admitido na praza.

¿ No suposto de que por causas non imputables ó interesado deixara de realizarse a actividade solicitada, procederase á devolución do depósito constituído, que poderá ser prorrateado segundo as prestación parciais feitas.

ARTIGO 6.º.- Procedemento de tramitación.

As solicitudes para acceder ás actividades plantexadas tramitaranse na área correspondente, de acordo co seguinte procedemento.

a) Presentación do impreso de solicitude, ben por parte do interesado ou do seu representante legal.

b) As solicitudes serán presentadas no prazo establecido para cada actividade. Fóra dese prazo a persoa será incluída nunha lista de espera e pasará a ser admitida en caso de que queden prazas libres.

c) Toda solicitude virá acompañada como mínimo da seguinte documentación:

- DNI do solicitante, ou equivalente.

- DNI do menor para o que se solita a praza, ou equivalente

- Certificado de discapacidade

- Título de familia numerosa

A falta desta documentación dará lugar a un requirimento para a súa presentación no prazo de 10 días que, de non cumprirse, producirá o arquivo da solicitude.

Posteriormente remitirase comunicación ó interesado, que recollerá como mínimo:

- En caso de concesión: data de incorporación, horarios, quendas, prezos, n.º de conta onde se realizará o ingreso e compromisos adquiridos polo solicitante.

- En caso de denegación: valoración das causas que a motivan.

- En caso de que pase á lista de espera: lugar que ocupa na lista.

Poderase solicitar calquera documentación que se considere pertinente, a efectos de valoralas condicións do solicitante e de todos aqueles aspectos que deban ser tidos en conta para a concesión da praza.

ARTIGO 7.º.- Causa de baixa.

a) Por decisión propia do usuario.

b) Por incumprimento das condicións establecidas, así como das normas que regulan as actividades e os programas.

ARTIGO 8.º.- Incidencias.

Para o suposto de que xurdan dúbidas na relación coa prestación dos programas e actividades que contempla esta ordenanza, queda atribuída ós técnicos responsables da actividade a resolución de tales dúbidas ou situacións.

ARTIGO 9.º.- Competencia.

As actividades correspondentes teñen carácter municipal, e poderán prestarse directamente ou mediante as diversas modalidades de contratación do servizo público reguladas na normativa vixente sobre contratos no sector público, a través de entidades privadas ou de iniciativa social.

Así mesmo, e dada a natureza das actividades a desenvolver, poderanse formalizar convenios de colaboración con axentes sociais representativos e/ou outras administracións para o desenvolvemento íntegro ou a colaboración en determinadas actividades que resultes de interese público.

ARTIGO 10.º.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas calificacións, así como nas sancións que ás mesmas correspondan, en cada caso, aplicaranse as normas establecidas nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez aprobado definitivamente polo Concello, e publicado o seu texto íntegramente no Boletín Oficial da Provincia, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril.