Vedra - Regulamento de réxime interno do Pavillón Polideportivo Municipal de Vedra
CAPÍTULO I
Disposicións xerais
Artigo 1. O presente regulamento ten por obxecto a regulación do uso do pavillón deportivo municipal de Vedra propiedade do concello de Vedra, de aquí en diante o concello, co propósito de regular o funcionamento da instalación para unha óptima consecución de obxectivos e desenvolvemento das competencias do concello de Vedra de ¿fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar¿ e iso é o que pretende co desenvolvemento dun programa de actividades anual.
Artigo 2. A dita instalación está conformada pola pista polideportiva central da instalación, as salas de actividades e o ximnasio, os vestiarios, aseos e almacéns e as zonas de recibidor, escaleiras, acesos e gradas. Todo o conxunto da instalación terá a consideración de ben de dominio público, tanto bens mobles como inmobles, e estarán sometidos a normativas reguladoras autonómicas e estatais vixentes en materia deportiva, de espectáculos públicos culturais e deportivos, e actividades recreativas e deportivas.
Artigo 3. O pavillón permanecerá aberto no horario que estableza o concello e que estarán expostos na entrada, tendo o concello dereito a modificar horarios de actividades e servizos, ou mesmo o peche da instalación, de xeito excepcional ante causas xustificadas,eventos ou actividades de interese público ou causas de forza maior. En calquera deses supostos o concello tratará de avisar coa maior brevidade ás persoas usuarias.
Artigo 4. Na entrada, ou recibidor da instalación figurará nun lugar visible o horario da instalación, as actividades e servizos da mesma, o regulamento de réxime interno e canta documentación se poida colocar coa finalidade de facilitar información ás persoas usuarias.
Artigo 5. En cada espazo deportivo da instalación practicarase preferentemente aqueles deportes ou actividades para os que está destinada. Para o desenvolvemento doutras actividades deportivas que non se axusten ao fin para o que foi construída a instalación, ou actividades non deportivas, deberase contar coa autorización expresa mediante resolución do concello.
Artigo 6. O concello dispón dun seguro de responsabilidade civil que cobre os danos e prexuízos que poidan derivarse do uso da instalación. O concello tamén esixirá ese mesmo seguro a empresa que xestione a instalación.
Artigo 7. O concello e a empresa que xestione a instalación non se fan responsables dos accidentes que poidan acontecer pola práctica deportiva por incumprimento das normas, caso omiso dos sinais e avisos, ou uso incorrecto das instalacións, actividades e servizos. Nese senso, os accidentes que se produzan por esvaróns quedarán baixo a responsabilidade das persoas usuarias.
Artigo 8. Os eventos que non sexan organizados polo concello deberán contar coa autorización expresa deste. En caso de cobro de entrada será propiedade da entidade que as organice, quedando obrigada a mesma ao pago da correspondente taxa municipal, de existir, e facéndose responsable dos impostos en vigor, de existir.
Artigo 9. O concello pode autorizar a instalación de publicidade estática ou móbil, permanente o non, realizada por calquera elemento técnico ou soporte sempre que cumpra as normas legais ao respecto, se o solicita algunha entidade deportiva e conforme ás normas ditadas polo concello na autorización correspondente.
Artigo 10. Todas as sinalizacións que teña a instalación deberán estar suxeitas á normativa municipal correspondente.
Artigo 11. Segundo a natureza da actividade, servizo, reserva ou concesión estableceranse dous tipos de personalidades:
11.1. Persoas físicas, que responderán individualmente ante o cumprimento das normas e bo uso do pavillón.
11.2. Persoas xurídicas (clubs, federacións, asociacións, ANPAS, centros educativos...) que responderán como colectivos do cumprimento das normas e do bo uso da instalación, sen prexuízo de esixir responsabilidades individuais, como persoas físicas, as persoas integrantes de ditos colectivos, cando estas incumpran as normas de bo uso e conduta na instalación. Ás persoas xurídicas esixiráselles a entrega dunha listaxe coas persoas físicas usuarias da instalación que conforman o colectivo.
Dentro das persoas xurídicas, o CPI de Vedra terá unha consideración especial durante o curso escolar, sendo usuario exclusivo da instalación durante o seu horario lectivo. Nese horario a instalación permanecerá pechada ao público, e asumirá a responsabilidade total e o control da instalación o CPI de Vedra. No horario habitual de apertura da instalación ao público xeral ou aperturas extraordinarias fóra do horario lectivo, o procedemento para utilizar a instalación por parte do CPI de Vedra será idéntico ao das demais persoas xurídicas.
Artigo 12. A práctica deportiva na instalación realizarase co material e vestimenta adecuados, coidando especialmente o calzado, utilizando preferentemente calzado que non marque o chan das distintas zonas deportivas.
Artigo 13. Non estará permitido xogar, quentar ou realizar calquera outra actividade deportiva nos vestiarios, accesos, gradas ou todas aquelas zonas que non se consideren deportivas.
Artigo 14. Estará totalmente prohibido fumar na instalación, e a introdución e consumo de alcohol e sustancias estupefacientes na instalación, así coma a exhibición de pancartas, símbolos, emblemas ou lendas que polo seu contido ou significado inciten á violencia, odio, racismo, etc. Queda totalmente prohibido introducir armas ou obxectos utilizables como armas, bengalas ou fogos de artificio.
CAPÍTULO II
Do acceso a instalación
Artigo 15. O acceso ao pavillón deportivo municipal de Vedra supón a aceptación das normas e contidos deste regulamento.
Artigo 16. Permitirase o acceso á instalación ao público xeral e ás persoas usuarias do xeito e forma que se indica a continuación:
16.1. persoas usuarias habituais.
Soamente poderán acceder as zonas deportivas e aos espazos establecidos na súa inscrición ou reserva e aos vestiarios as persoas usuarias da instalación que cumpran un dos seguintes requisitos, e estean inscritas segundo o procedemento de cada actividade ou servizo:
16.1.1. Persoas inscritas nas actividades deportivas para adultos.
16.1.2. Nenas e nenos das actividades deportivas en idade escolar.
16.1.3. Persoas aboadas ao ximnasio municipal.
16.1.4. Persoas que participen en competicións ou eventos ou ligas, federados ou non federados, de carácter regular, organizados polo concello.
16.1.5. Persoas que reserven a pista polideportiva.
16.1.6. Integrantes de colectivos de persoas xurídicas (colexios, ANPAS, clubs, federacións, asociacións...) para práctica deportiva regular.
16.2. Persoas usuarias eventuais.
Son as persoas que participan en eventos ou competición de carácter puntual: neste suposto incluíranse:
- Deportistas, técnicos e delegados dos equipos federados visitantes de competicións federadas.
- Os equipos arbitrais nas competicións federadas, ou de calquera outra competición ou evento, regulares ou puntuais.
- Deportistas ou persoas participantes en eventos federados ou non federados, deportivos ou non deportivos de carácter puntual.
Todas estas persoas poderán acceder segundo corresponda aos espazos autorizados, segundo o regulamento do propio evento ou actividade ou segundo o reflectido na concesión de uso eventual correspondente: zonas deportivas ou vestiarios. Terán a todos os efectos os mesmos dereitos e obrigas que as persoas usuarias.
16.3. Persoas non usuarias.
As demais persoas: pais e nais de nenas e nenos das escolas deportivas, acompañantes, público das competicións e/ou eventos, e en xeral calquera persoa que acceda á instalación como público ou a solicitar información non terá a condición de persoa usuaria. Poderá acceder aos espazos comúns da instalación: recepción, oficina, gradas, aseos.., pero non ás zonas deportivas nin aos vestiarios salvo autorización expresa.
Cando se trate do uso da instalación mediante a reserva dunha persoa física para un grupo de persoas físicas, ou a participación en actividades deportivas organizadas polo concello de equipos (ligas de fútbol sala ou outros deportes) que non estean baixo o amparo dun colectivo con personalidade xurídica, a persoa que efectúe a reserva ou inscriba ao equipo será a responsable ante o concello do cumprimento das normas e do bo uso da instalación.
Artigo 17. Coa finalidade de promover a seguridade e a protección das persoas usuarias, deportistas e público, non se permitirá acceder a instalación con:
17.1.- Pancartas, símbolos, emblemas ou lendas que polo seu contido ou significado inciten a violencia odio, racismo, etc.
17.2.- Armas ou obxectos utilizables como armas.
17.3.- Bengalas ou fogos de artificio.
Artigo 18. Non estará permitido acceder á instalación con bebidas alcohólicas, nin sustancias estupefacientes, estando tamén prohibido o consumo na mesma, constituído unha falta tipificada como moi grave, ante a que se aplicarán as sancións que se especifican máis adiante no regulamento de sancións de faltas moi graves.
Artigo 19. Non estará permitido fumar na instalación, constituído unha falta tipificada como moi grave, ante a que se aplicarán as sancións que se especifican máis adiante no regulamento sancionador de faltas moi graves.
CAPITULO III
Das actividades e servizos da instalación
Artigo 20. A instalación prestará os seguintes servizos e actividades dentro do horario de apertura:
20.1. Actividades deportivas municipais en idade escolar.
20.2. Actividades deportivas municipais para adultos.
20.3. Ximnasio municipal.
20.4. Reserva da pista polideportiva para a práctica deportiva.
20.5. Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas regulares de titularidade municipal.
20.6 Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas puntuais de titularidade municipal.
20.7. Organización doutros eventos municipais non deportivos con carácter puntual.
20.8. Concesión regular anual para a práctica de actividade deportiva regular (adestramentos e competicións federadas) a entidades con personalidade xurídica: organismos, colexios, asociacións, federacións, clubs, etc.
20.9. Concesión puntual de espazos a entidades con personalidade xurídica: organismos, colexios, asociacións, federacións, clubs, etc. para a celebración de actividades ou eventos deportivos federados ou non federados, dentro do horario de apertura da instalación.
20.10. Concesión puntual a persoas xurídicas para a celebración doutros eventos non deportivos, dentro do horario de apertura da instalación.
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación, o coidado da mesma e o cumprimento do presente regulamento non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
Artigo 21. O pavillón fóra do horario de apertura habitual prestará os seguintes servizos e actividades:
21.1. Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas regulares de titularidade municipal.
21.2 Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas puntuais de titularidade municipal.
21.3. Organización doutros eventos municipais non deportivos con carácter puntual.
21.4. Concesión regular anual para competicións deportivas federadas a clubs.
21.5. Concesión puntual de espazos a entidades con personalidade xurídica: organismos, colexios, asociacións, federacións, clubs, etc. para a celebración de actividades ou eventos deportivos federados ou non federados.
21.6. Concesión puntual a persoas xurídicas para a celebración doutros eventos non deportivos.
21.7. Concesión especial ao CPI de Vedra durante o horario lectivo e o curso escolar.
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación o coidado da mesma e o cumprimento do presente regulamento, non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
Artigo 22. Normativa específica das persoas usuarias das distintas actividades e servizos da instalación:
22.1. Dentro do horario habitual de apertura da instalación:
22.1.1. Actividades deportivas municipais en idade escolar:
O calendario, procedementos de inscrición e baixa estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
A demais normativa específica das actividades deportivas en idade escolar serán:
A) Para acceder ás zonas deportivas é obrigatorio que os/as alumnos/as estean debidamente inscritos nas actividades.
B) Os/as alumnos/as permanecerán nas zonas deportivas (arredores da pista, polideportivo e sala de actividades) única e exclusivamente o tempo que dure a mesma. Soamente poderán acceder a ditas zonas no momento do inicio da actividade e deberán abandonala obrigatoriamente unha vez remate.
C) Para acceder á pista polideportiva é necesario usar calzado deportivo diferente ao da rúa e roupa axeitada para a práctica deportiva.
D) Os/as alumnos/as serán responsabilidade do persoal da instalación só durante o tempo que dure a actividade.
E) Antes do inicio e despois do remate da actividade na que estean inscritos/as a responsabilidade dos cativos é total e absoluta dos pais/titores, mesmo dos posibles danos que poidan causar a terceiros ou ao mobiliario da instalación.
F) Os pais/titores dos/das alumnos/as non accederán ás zonas deportivas excepto no momento de deixar e recoller os cativos (agás en casos especiais, previa autorización da dirección e/ou monitores da instalación).
G) Queda totalmente prohibido comer nas zonas deportivas (recinto da pista polideportiva, ximnasio e salas de actividades), podendo facelo no resto da instalación e nas zonas habilitadas ao efecto.
H) Colocaranse os materiais nos seus lugares unha vez sexan utilizados.
I) Non se abandonarán desperdicios nas zonas deportivas, nin en ningún outro lugar da instalación, debendo depositalos nas papeleiras habilitadas para tal fin.
En calquera caso, todas as persoas usuarias das actividades deportivas municipais, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.1.2. Actividades deportivas municipais para adultos:
O calendario, procedementos de inscrición e baixa estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
A demais normativa específica das actividades deportivas para persoas adultas será:
A) Para acceder ás zonas deportivas é obrigatorio que os/as alumnos/as estean debidamente inscritos nas actividades.
B) Os/as alumnos/as permanecerán nas zonas deportivas (arredores da pista, polideportivo e sala de actividades) única e exclusivamente o tempo que dure a mesma. Soamente poderán acceder a ditas zonas no momento do inicio da actividade e deberán abandonala obrigatoriamente unha vez remate.
C) Para acceder á pista polideportiva e ás salas de actividades é necesario usar calzado deportivo diferente ao da rúa e roupa axeitada para a práctica deportiva.
D) Queda totalmente prohibido comer nas zonas deportivas (recinto da pista polideportiva, ximnasio e salas de actividades), podendo facelo no resto da instalación e nas zonas habilitadas ao efecto.
E) Colocaranse os materiais nos seus lugares unha vez sexan utilizados
F) Non se abandonarán desperdicios nas zonas deportivas, nin en ningún outro lugar da instalación, debendo depositalos nas papeleiras habilitadas para tal fin.
En calquera caso, todas as persoas usuarias das actividades deportivas municipais, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.1.3. Ximnasio municipal.
O calendario, procedementos de inscrición e baixa estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
A demais normativa específica do ximnasio será:
A) Poderán acceder ao ximnasio as persoas usuarias que estean aboadas ao mesmo.
B) Para o acceso ao ximnasio será necesario pasar a tarxeta identificadora polo lector na entrada do mesmo. A tarxeta é de uso unipersoal e non se pode prestar a terceiros.
C) Estará totalmente prohibido acceder sen tarxeta. Cando unha persoa se esqueza da mesma debe dirixirse ao persoal responsable da instalación e serán eles que lle indiquen a forma de acceso.
D) Poderase estar no ximnasio todo o tempo que este permaneza aberto.
E) Non poderán baixo ningún concepto acceder ao ximnasio persoas menores de 18 anos.
F) É obrigatorio acceder con calzado deportivo ao ximnasio, e recoméndase que este sexa diferente ao calzado co que se accede dende a rúa, e que se utilice roupa deportiva.
G) É obrigatorio usar unha toalla para limpar a suor e limpar os aparellos unha vez utilizados.
H) É obrigatorio deixar libre os aparellos durante os descansos e respectar os tempos dos mesmos.
I) Na zona de peso libre é obrigatorio colocar os discos, barras e pesas nos seus lugares unha vez utilizadas.
J) Está prohibido sacar material do ximnasio, salvo autorización do persoal da instalación.
K) Está prohibido comer no ximnasio.
L) Utilizaranse as papeleiras do ximnasio, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. As persoas usuarias colaborarán para manter limpa a instalación.
M) Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.
En calquera caso, todas as persoas usuarias do ximnasio, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.1.4. Reserva da pista polideportiva para a práctica deportiva.
O calendario e procedementos de reserva estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
As reservas de pista non contarán con outra normativa específica que non sexa a recollida no presente regulamento como obrigas e dereitos das persoas usuarias e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación.
22.1.5. Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas regulares de titularidade municipal.
O concello incluirá no plan anual de actividades e servizos da instalación, actividades deportivas federadas ou non federadas regulares, tales como ligas. Nelas detallaranse os procedementos e prazos de inscrición e as normas específicas das mesmas, así como as taxas e o prezo das mesmas.
En calquera caso, todas as persoas que se inscriban en ditas competicións ou eventos, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.1.6. Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas puntuais de titularidade municipal.
O concello poderá organizar eventos ou competicións con carácter puntual, tales como campus ou campionatos. Neles detallaranse os procedementos e prazos de inscrición e as normas específicas das mesmas, así como as taxas e o prezo das mesmas.
En calquera caso, todas as persoas que se inscriban en ditas competicións ou eventos, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.1.7. Organización doutros eventos municipais non deportivos con carácter puntual.
O concello poderá programar en calquera momento outro tipo de actividades non deportivas (semana da ciencia, exposicións...) Nelas detallaranse os procedementos e prazos de inscrición e as normas específicas das mesmas, así como as taxas ou o prezo das mesmas.
En calquera caso, todas as persoas que se inscriban en ditos eventos ou actividades, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
20.1.8. Concesión regular anual para práctica de actividade deportiva regular (adestramentos e competicións) a entidades con personalidade xurídica: organismos, colexios, asociacións, federacións, clubs, etc.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación, non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
20.1.9. Concesión puntual de espazos a entidades con personalidade xurídica: organismos, colexios, asociacións, federacións, clubs, etc. para a celebración de actividades ou eventos deportivos federados ou non federados, dentro do horario de apertura da instalación.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas e exencións que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación, non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
20.1.10. Concesión puntual a persoas xurídicas para a celebración doutros eventos non deportivos, dentro do horario de apertura da instalación.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas e exencións que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación, non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
22.2. Fóra do horario habitual de apertura da instalación:
22.2.1. Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas regulares de titularidade municipal fóra do horario de apertura.
O concello incluirá no plan anual de actividades e servizos da instalación, actividades deportivas federadas ou non federadas regulares, tales como ligas. Nelas detallaranse os procedementos e prazos de inscrición e as normas específicas das mesmas, así como as taxas e o prezo das mesmas.
En calquera caso, todas as persoas que se inscriban en ditas competicións ou eventos, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.2.2. Organización de eventos ou competicións deportivas federadas ou non federadas puntuais de titularidade municipal.
O concello poderá organizar eventos ou competicións con carácter puntual, tales como campus ou campionatos. Neles detallaranse os procedementos e prazos de inscrición e as normas específicas das mesmas, así como as taxas e o prezo das mesmas.
En calquera caso, todas as persoas que se inscriban en ditas competicións ou eventos, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.2.3. Organización doutros eventos municipais non deportivos con carácter puntual.
O concello poderá programar en calquera momento outro tipo de actividades non deportivas (semana da ciencia, exposicións...) Nelas detallaranse os procedementos e prazos de inscrición e as normas específicas das mesmas, así como as taxas ou o prezo das mesmas.
En calquera caso, todas as persoas que se inscriban en ditos eventos ou actividades, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
22.2.4. Concesión regular anual para competicións deportivas federadas a clubs.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas e exencións que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
En calquera caso, todas as persoas participantes en ditas competicións ou eventos, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación, non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
22.2.5. Concesión puntual de espazos a entidades con personalidade xurídica: organismos, colexios, asociacións, federacións, clubs, etc. para a celebración de actividades ou eventos deportivos federados ou non federados.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas e exencións que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
En calquera caso, todas as persoas participantes en ditas competicións ou eventos, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento.
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación, non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
22.2.6. Concesión puntual a persoas xurídicas para a celebración doutros eventos non deportivos.
O calendario e procedementos de solicitude estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación e aboaranse as taxas e exencións que estean recollidas na Ordenanza Municipal.
En calquera caso, todas as persoas participantes en ditas competicións ou eventos, terán os dereitos e obrigas das persoas usuarias recollidos no presente regulamento e o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación. Do mesmo xeito, de haber público estes terán os dereitos e obrigas das persoas non usuarias do presente regulamento
Nas concesións, será responsabilidade do colectivo ao que se lle concede a instalación, non participando o concello na xestión da actividade ou competición que se programe e quedando exento de responsabilidade sobre a mesma.
22.2.7. Concesión especial de uso ao CPI de Vedra durante o horario lectivo do curso escolar.
O CPI de Vedra será usuario exclusivo da instalación durante o horario lectivo, permanecendo pechada ao público. A coordinación e horarios estableceranse no plan anual de actividades e servizos da instalación. En calquera caso, será necesario o cumprimento das normas que rexen nos distintos espazos da instalación, outorgando acceso a determinados espazos ao persoal do colexio ou aos profesores (cadros de luces, almacéns...) A responsabilidade do que aconteza nesa franxa horaria na instalación será do CPI de Vedra.
Artigo 23. O concello establecerá cada curso as actividades e servizos no plan anual de actividades e xestión da instalación. No mesmo tamén se establecerá en cada actividade ou servizo os períodos, prazos e procedementos de inscrición ou reserva e os prazos e procedementos de baixa ou renuncia, os prezos segundo as cotas que establezan as ordenanzas municipais reguladoras en cada ámbito e as formas de pagamento.
Artigo 24. Con independencia das propias taxas das actividades e servizos, o concello poderá esixir o depósito dunha fianza para responder dos danos que se puideran orixinar nas instalacións ou no valor dos dispositivos.
Artigo 25. Toda xestión, xa sexa inscrición, reserva, baixa ou renuncia deberá acreditarse mediante instancia, correo electrónico, sistema en liña de inscrición ou reserva, ou correo electrónico, en cada caso segundo corresponda, pero garantindo que a persoa usuaria poida ter un xustificante da xestión realizada. Nunca se aceptarán inscricións, reservas ou baixa nas actividades de palabra.
Artigo 26. A inscrición ou reserva nunha actividade ou servizo do pavillón levará implícita a aceptación das normas da instalación e do presente Regulamento de Réxime Interno.
Artigo 27. O concello poderá limitar o número de persoas nas actividades e/ou servizos da instalación para un óptimo desenvolvemento das mesmas.
CAPÍTULO IV
Dos dereitos e obrigas das persoas usuarias e non usuarias
Artigo 28. As persoas usuarias teñen os seguintes dereitos:
28.1. Acceder á instalación e gozar das actividades e servizos, nos que se inscribisen ou reservasen, dentro horarios e espazos previstos para as mesmas, así como aos vestiarios e duchas.
28.2. Utilizar os materiais que se propoñan en cada actividade ou servizo, sempre utilizándoos con responsabilidade.
28.3. Esixir o cumprimento dos compromisos adquiridos na oferta pública de actividades e servizos, podendo formular as reclamacións e suxestións que crean oportunas en relación ao funcionamento das actividades e servizos da instalación. Así mesmo, poderán solicitar a identificación do persoal empregado ou responsable dos servizos na instalación, ao efecto de realizar as pertinentes reclamacións.
Artigo 29. As persoas non usuarias teñen dereito a:
29.1. Acceder aos espazos comúns da instalación: recibidor, oficina, aseos, accesos e gradas.
29.2. Poderán formular as reclamacións e suxestións que crean oportunas en relación ao funcionamento das actividades e servizos da instalación. Así mesmo, poderán solicitar a identificación do persoal empregado ou responsable dos servizos na instalación, ao efecto de realizar as pertinentes reclamacións.
Non terán dereito a acceder aos vestiarios e ás zonas deportivas, agás autorización expresa.
Artigo 30. Serán obrigas das persoas usuarias:
30.1. Satisfacer as cotas e taxas das actividades e servizos en tempo e forma e presentar os documentos ou tarxetas de identificación que fosen necesarias para gozar dos distintos servizos e actividades e acceder aos distintos espazos. En caso de ter pendente de pago unha cota ou débeda nalgún dos servizos ou actividades da instalación, non poderán facer uso de ningún servizo da mesma ata a liquidación da débeda.
Artigo 31. Será obriga das persoas usuarias e non usuarias:
31.1. Comportarse dentro das instalacións coa debida corrección, tanto en actos como en linguaxe, procurando non molestar ao resto das persoas usuarias e actuando sempre dentro dos límites que impón a convivencia social. Este concepto de respecto mutuo faise tamén extensivo ao persoal da instalación, respectando os horarios das distintas actividades, servizos e espazos e cumprindo as indicacións do persoal.
31.2. Utilizar as instalacións, dependencias e materiais responsablemente, coidándoas e facendo coidalas, sendo responsables as persoas usuarias dos danos e prexuízos que por mala intención ocasione durante a súa estancia na instalación, tanto as mesmas e os materiais como a terceiros.
31.3. Ter especial coidado en manter limpas as zonas que utilicen, facendo uso das papeleiras e demais elementos destinados á recollida de desperdicios.
31.4. É obriga das persoas usuarias e non usuarias cumprir as sancións que lle impoña o concello.
Artigo 32. As persoas usuarias menores de 18 anos estarán baixo a tutela do monitor, cando estean inscritas nunha actividade deportiva municipal ou evento deportivo municipal. Cando accedan mediante unha reserva de pista, esta deberá ser realizada por unha persoa maior de idade que deberá estar presente na instalación, e será responsable de ditos menores. Nas concesións (regulares ou puntuais) a un colectivo (club, colexio, asociación, federación, etc), este nomeará un representante maior de idade que estará presente na instalación, facéndose responsable de ditos menores. O abandono de ditos menores na instalación por parte da persoa responsable será considerado como falta moi grave, non quedando exento de responsabilidade. En todos os casos deberá haber cos menores un responsable maior de idade quedando totalmente eximido de responsabilidade o concello de Vedra e o persoal da instalación.
Artigo 33. As persoas non usuarias menores de 12 anos deberán ir acompañadas dun maior de idade que asumirá a súa garda e custodia. No caso das persoas non usuarias de entre 13 e 18 anos poderán acceder como público xeral á instalación. Nos dous casos serán os seus responsables, titores ou proxenitores do posible incumprimento das normas e das responsabilidades que se poidan esixir.
Artigo 34. As persoas usuarias e non usuarias asumirán as perdas de obxectos persoais que se produzan nas instalacións como consecuencia da súa desaparición, extravío, deterioro ou posible roubo. O concello de Vedra e a empresa responsable da instalación non se farán responsables de ditas perdas, sexa cal sexa a súa natureza. Os obxectos perdidos, que se recollan na instalación depositaranse en ¿obxectos perdidos¿ durante o período de un mes. Transcorrido ese tempo trasladaranse a un almacén ou ao concello para que sigan o trámite legalmente establecido.
Artigo 35. Aquelas persoas usuarias e non usuarias que provoquen altercados, alteren a normal convivencia, teñan comportamentos neglixentes, ou incumpran calquera das normas de uso da instalación, poderán ser expulsadas das mesmas, perdendo todos os dereitos que como usuarios puideran ter. Dita expulsión provisional pode ser decidida en primeira instancia pola dirección da instalación. Para a proposta de expulsión definitiva a dirección da instalación dará traslado ao concello de Vedra, que será quen tome a decisión definitiva, previa audiencia da persoa usuaria se fose necesario.
CAPÍTULO V
Normativa específica de uso dos distintos espazos do pavillón
Artigo 36. Uso da pista polideportiva.
36.1. Poderán acceder á pista polideportiva soamente as persoas usuarias da instalación nos horarios das actividades que estean inscritas, ou durante o tempo que teñan reservado ou concedido.
36.2. En ditos espazos poderán practicarse todos os deportes que por dimensións e características permitan as canchas e as regulamentacións específicas de ditos deportes.
36.3. Respectarase estritamente o tempo de uso que se teña concedido, non podendo acceder á pista antes do horario previsto, nin permanecer nela unha vez rematado este.
36.4. Os tempos de utilización estarán indicados no tipo de actividade e na concesión de horario da mesma, xa sexa mediante reserva, concesión ou inscrición nunha actividade.
36.5. As persoas usuarias menores de 18 anos accederán á pista baixo a tutela do monitor, cando estean inscritos nunha actividade deportiva municipal. Cando accedan mediante unha reserva ou outra concesión a un colectivo, farano baixo a responsabilidade da persoa maior de idade que reservou a instalación, ou da persoa responsable do colectivo que teña concedida a mesma.
36.6. É obrigatorio acceder con calzado deportivo á pista polideportiva, e recoméndase que este sexa diferente ao calzado co que se accede dende a rúa, e que se utilice roupa deportiva.
36.7. É obrigatorio colocar os materiais no seu lugar unha vez utilizados. O persoal da instalación non está obrigado a prestar máis que aquel material de infraestrutura deportiva: porterías, canastras, marcadores; ou non deportivo: bancos, mesas, cadeiras, debendo colaborar os colectivos co persoal da instalación na súa instalación e posterior colocación ou almacenaxe ao rematar o adestramento ou competición.
36.8. Está prohibido comer na pista polideportiva.
36.9. Utilizaranse as papeleiras da pista polideportiva, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. As persoas usuarias colaborarán para manter limpa a instalación.
36.10. Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.
Artigo 37. Uso das salas de actividades.
37.1. Poderán acceder ás salas de actividades as persoas usuarias da instalación nos horarios das actividades nas que estean inscritas.
37.2. En ditos espazos poderán practicarse as actividades específicas.
37.3. Limitarase o tempo de permanencia nas salas ao que duren as actividades, non accedendo a elas antes do horario previsto, nin permanecendo nelas unha vez rematada a actividade.
37.4. As persoas usuarias menores de 18 anos accederán ás actividades que teñan lugar na salas de actividades e estarán baixo a tutela do monitor da mesma.
37.5. É obrigatorio acceder con calzado deportivo ás salas de actividades, e recoméndase que este sexa diferente ao calzado co que se accede dende a rúa, e que se utilice roupa deportiva.
37.6. É obrigatorio colocar os materiais no seu lugar unha vez utilizados.
37.7. Está prohibido comer nas salas de actividades.
37.8. Utilizaranse as papeleiras das salas de actividades, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. As persoas usuarias colaborarán para manter limpa a instalación.
37.9. Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.
Artigo 38. Uso do ximnasio:
38.1. Poderán acceder ao ximnasio as persoas usuarias que estean aboadas ao mesmo.
38.2. Para o acceso ao ximnasio será necesario pasar a tarxeta de identificación polo lector na entrada do mesmo. A tarxeta é de uso persoal e non se pode prestar a terceiros.
38.3. Estará totalmente prohibido acceder sen tarxeta. Cando unha persoa se esqueza da mesma debe dirixirse ao persoal responsable da instalación e serán eles os que lle indiquen a forma de acceso.
38.4. Poderase estar no ximnasio todo o tempo que este permaneza aberto.
38.5. Non poderán baixo ningún concepto acceder ao ximnasio persoas menores de 18 anos.
38.6. É obrigatorio acceder con calzado deportivo ao ximnasio, e recoméndase que este sexa diferente ao calzado co que se accede dende a rúa, e que se utilice roupa deportiva.
38.7. É obrigatorio usar unha toalla para limpar a suor e limpar os aparellos unha vez utilizados.
38.8. É obrigatorio deixar libre os aparellos durante os descansos e respectar os tempos dos mesmos.
38.9. Na zona de peso libre é obrigatorio colocar os discos, barras e pesas nos seus lugares unha vez utilizadas.
38.10. Está prohibido sacar material do ximnasio, salvo autorización do persoal da instalación.
38.11. Está prohibido comer no ximnasio.
38.12. Utilizaranse as papeleiras do ximnasio, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. As persoas usuarias colaborarán para manter limpa a instalación.
38.13. Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.
Artigo 39. Uso dos vestiarios.
39.1. Poderán acceder aos vestiarios soamente as persoas usuarias.
39.2. Será obrigatorio que as persoas usuarias os usen sempre para cambiarse de vestimenta, quedando totalmente prohibido vestirse ou espirse fóra deles.
39.3. En ningún caso se poderá acceder aos vestiarios doutro sexo, agás nenas e nenos menores de idade que sexan persoas usuarias, en compaña da súa nai, do seu pai ou do/a titor/a.
39.4. Deberán utilizarse os gardarroupas para gardar a roupa, non podendo utilizalos máis tempo que o que se estea na instalación, quedando totalmente prohibido bloquealos ao rematar a xornada. En caso de observar o bloqueo dos mesmos, o persoal da instalación abriraos e procederá a depositar as pertenzas que neles estean en ¿obxectos perdidos¿, seguindo o mesmo procedemento e prazos que o resto de obxectos que alí estean depositados.
39.5. Cando unha persoa usuaria bloquee un gardarroupa, tendo en conta que a primeira vez pode producirse por erro ou despiste, o persoal da instalación faralle a advertencia desta prohibición. A reiteración pode ocasionar a perda da condición de persoa usuaria da instalación.
39.6. Se unha persoa usuaria perde a chave do gardarroupa no que teñan depositadas as súas pertenzas, indicarallo á persoa responsable da instalación e esta abriralle o gardarroupa, sempre e cando a persoa poida demostrar a propiedade de dito material.
39.7. Utilizaranse as papeleiras dos vestiarios, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. Por motivos de hixiene, queda terminantemente prohibido afeitarse, depilarse, facer a manicura ou a pedicura, ou tratamentos similares nos mesmos. As persoas usuarias colaborarán para manter limpa a instalación
39.8. Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.
Artigo 40. Uso dos aseos.
40.1. Poderán acceder aos aseos as persoas usuarias e as persoas non usuarias da instalación.
40.2. En ningún caso se poderá acceder ao aseo doutro sexo, agás nenas e nenos menores de idade en compaña da súa nai, do seu pai ou do/a titor/a.
40.3. Utilizaranse as papeleiras dos aseos, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. Por motivos de hixiene, queda terminantemente prohibido afeitarse, depilarse, facer a manicura ou a pedicura, ou tratamentos similares nos mesmos. As persoas usuarias e non usuarias colaborarán para manter limpa a instalación.
40.4. Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.
Artigo 41. Uso das zonas comúns (recibidor, corredores e gradas):
41.1. Poderán acceder ás zonas comúns as persoas usuarias e as persoas non usuarias da instalación.
41.2. Utilizaranse as papeleiras, non deixando obxectos nin desperdicios abandonados. As persoas usuarias e non usuarias colaborarán para manter limpa a instalación.
41.3. Respectaranse os horarios de funcionamento e evacuación da instalación e as indicacións do persoal empregado nese senso.
41.4. Non se correrá, nin practicará deporte nas zonas comúns. Tampouco se utilizarán para cambiarse, vestirse ou espirse.
CAPÍTULO VIII
Infraccións e réxime sancionador
Artigo 42. Corresponde ao concello a adopción de medidas disciplinarias para coas persoas usuarias ou non usuarias, co obxectivo de salvagardar o cumprimento do regulamento de uso e os bens municipais existentes na instalación.
Artigo 43. As persoas empregadas na instalación están facultadas para expulsar da mesma a persoas usuarias e non usuarias cando estes fagan caso omiso das súas indicacións ou amoestacións verbais, incumprindo de forma reiterada algunha das normas contidas neste regulamento (ou normativa legal aplicable), ou que realicen accións que poñan en perigo a seguridade ou tranquilidade das demais persoas, á marxe da posterior sanción que poida impor o concello á persoa infractora.
Artigo 44. Todo incumprimento das normas e regulamentacións establecidas no presente regulamento será susceptible de sanción. Estas sancións serán impostas polo concello previo informe, nos casos de faltas graves ou moi graves. As sancións imporanse segundo a gravidade do feito, tendo en conta as reincidencias e poderán chegar a prohibir o acceso á instalación ou a perda da condición de persoa usuaria. No caso de que a infracción causara perda económica por rotura ou deterioro dalgún servizo, mobiliario, etc, a persoa causante deberá aboar o importe, e facer fronte á correspondente sanción.
Artigo 45. Ante un incumprimento que supoña sanción, a dirección da instalación enviará á maior brevidade un informe detallado ao concello, que será quen resolva a sanción a aplicar e a suspensión cautelar ou definitiva.
Artigo 46. As infraccións cualificaranse en leves, graves e moi graves:
46.1. Serán infraccións leves:
46.1.1. Non respectar a normativa específica de cada espazo, actividade ou o seu horario.
46.1.2. Utilizar as instalacións sen cumprir as normas establecidas.
46.1.3. Comer nas zonas deportivas ou fóra das permitidas.
46.1.4. Utilizar de xeito inadecuado os gardarroupas.
46.1.5. Non recoller o material unha vez utilizado.
46.1.6. Non utilizar as papeleiras ou abandonar desperdicios na instalación.
46.1.7. Correr, practicar deporte, vestirse ou espirse nas zonas comúns, cando exista un lugar habilitado ao efecto para todas esas cuestións (pista polideportiva, salas, vestiarios ou aseos).
46.1.8. Non atender as indicacións do persoal empregado na instalación.
46.2. Serán infraccións graves:
46.2.1. Provocar altercados aínda que non chegue ao nivel de agresións físicas ou verbais.
46.2.2. Introducir nas instalacións deportivas produtos que deterioren as instalacións.
46.2.3. Interromper deliberadamente de xeito puntual o normal desenvolvemento das actividades e servizos.
46.2.4. A reiteración de dúas infraccións leves.
46.3. Serán infraccións moi graves
46.3.1. Fumar, beber ou introducir bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes na instalación.
46.3.2. Agredir física ou verbalmente a outra persoa ou ao persoal da instalación.
46.3.3. Introducir nas instalacións deportivas produtos que deterioren gravemente as instalacións.
46.3.4. Interromper deliberadamente unha actividade ou servizo, ata o punto de obrigar á suspensión da mesma ou do mesmo nesa xornada.
46.3.5. Furtar ou roubar material das instalacións.
46.3.6. Furtar ou roubar pertenzas doutras persoas.
46.3.7. A reiteración de dúas faltas graves.
46.3.8. Romper ou danar deliberadamente o material ou as instalacións.
46.3.9. Abandonar sen xustificación a menores de idade na instalación, cando se figure como responsable deles.
Artigo 47. As sancións que se imporán segundo a gravidade das faltas serán as seguintes:
47.1.- Sancións ás infraccións leves:
47.1.1. Advertencia verbal por parte do persoal da instalación.
47.2.- Sancións ás infraccións graves:
47.2.1. Amoestación privada por parte do persoal da instalación.
47.2.2. Obrigar a sufragar os gastos da reparación do dano ocasionado
47.3.- Sancións ás moi graves:
47.3.1. Amoestación por parte do concello.
47.3.2. Obrigar a sufragar os gastos da reparación do gasto ocasionado.
47.3.3. A prohibición temporal ou definitiva do acceso á instalación.
Artigo 48. O regulamento sancionador non entrará nas faltas leves ou agresións físicas ou verbais que se produzan nas competicións oficiais ou non oficiais, que conten xa cun réxime sancionador propio.
Artigo 49. As infraccións leves e graves serán sancionadas pola dirección da propia instalación. As infraccións moi graves só poderán ser sancionadas polo concello, previo informe da dirección da instalación e audiencia das persoas interesadas se fose necesario.
Artigo 50. Ante sancións por infraccións moi grave poderase interpoñer recurso administrativo.
Artigo 51. O procedemento sancionador no caso das faltas moi graves será o previsto na Lei 39/2015 de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
CAPÍTULO IX
Do disposto no presente regulamento.
Artigo 52. A interpretación e aplicación do presente regulamento corresponde ao concello. A persoa ou entidade encargada da xestión do servizo actuará por delegación municipal nas funcións de interpretar e aplicar as disposicións, debendo liquidar do xeito máis xusto e equitativo os problemas no uso diario das instalacións.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
...Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales..... (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).
Artigo 65.2: El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.