Corcubión - ORDENANZA FICAL NÚM. 17 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo 1.º.
O imposto sobre bens inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos bens inmobles, dos cales o feito impoñible está constituído pola titularidade dos seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos e urbanos e sobre os inmobles de características especiais: a) Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servicios públicos a que se atopen afectos. b) Dun dereito real de superficie. c) Dun dereito real de usufructo. d) Dun dereito de propiedade.
Artigo 2.º .
Por motivos de eficiencia e economía na xestión recadadora do imposto, se establecen as seguintes exencións:
1. Para aos bens de natureza urbana dos cales a cota líquida non supere os 2,67 euros.
2. Para aos bens de natureza rústica dos cales a cota líquida agrupada que resulte do previsto no apartado 2 do artigo 77.2 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, non supere os 3,61 euros.
Artigo 3.º .
De conformidade co previsto no artigo 72 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, o tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles, aplicable neste Concello, queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.
Artigo 4.º .
1. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza urbana queda fixado no 0,500 por cento.
2. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza rústica, queda fixado no 0,300 por cento.
3. O tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de características especiais queda fixado no 0,600 por cento.
Artigo 5.º .
1. Para os efectos do disposto no artigo 73 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, se establecen as seguintes bonificacións:
a) Bonificación do 50 por cento da cota íntegra do imposto, sempre que así o soliciten os interesados antes do inicio das obras, dos inmobles que constitúen o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figure entre os bens do seu inmobilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior o remate destas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso, poda exceder de tres períodos impositivos.
b) Bonificación anual do 50 por cento da cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes, unha vez rematado o prazo previsto no parágrafo primeiro do apartado 2 do artigo 73 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, aplicable as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme a normativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
A dita bonificación, previa acreditación da cualificación administrativa correspondente, concederase a petición do interesado e, a cal poderá efectuarse en calquera momento anterior ao remate dos tres períodos impositivos de duración desta e producirá efectos, no seu caso, desde o período seguinte a aquel en que se solicite.
c) Bonificación do 95 por cento da cota íntegra e, no seu caso, do recargo do imposto ao que se refire o artigo 153 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, os bens rústicos de cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra, nos términos establecidos na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre réxime fiscal de cooperativas.
2. De conformidade co establecido no artigo 74 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, establécense as seguintes bonificacións:
a) Do 50 por cento da cota íntegra do imposto durante un prazo dos tres períodos impositivos seguintes ao da súa concesión, para os titulares de bens inmobles de natureza urbana que ostenten a condición de titulares de familia numerosa.
A concesión desta bonificación requirirá a previa solicitude do interesado e aportación do documento acreditativo da condición de familia numerosa no momento da solicitude por parte do órgano competente da Comunidade Autónoma.
Esta bonificación será compatible coas bonificacións previstas neste artigo.
Artigo 6.º .
Tratándose de inmobles de uso residencial que se atopen desocupados con carácter permanente, esixirase un recargo do 50 por cento da cota líquida do imposto.
O dito recargo que se esixirá aos suxeitos pasivos deste tributo e ao que resultará aplacable as disposicións reguladoras desta, devengarase o 31 de decembro e liquidarase polo Concello, ou Administración delegada, unha vez constatada a desocupación do inmoble, xuntamente co acto administrativo polo que esta se declare.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2025, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.