Laracha A - ORDENANZA FISCAL 3.2 REGULADORA DA TAXA POR TÍTULOS HABILITANTES DE NATUREZA URBANÍSTICA

Publicación provisional: 04/10/2024 BOP Nº: 192
Publicación definitiva: 29/11/2024 BOP Nº: 231
Aplicable dende: 02/12/2024

Artigo 1. Fundamento e natureza.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), o Concello da Laracha establece a taxa por expedición de títulos habilitantes de natureza urbanística.

Artigo 2. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 142 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, ou norma que a substitúa, así como a súa normativa de desenvolvemento, e que teñan que realizarse no término municipal, se axustan ao planeamento e lexislación urbanísticas e, no suposto de comunicacións previas de primeira ocupación, se a edificación pode destinarse ao uso pretendido, se se axusta ao proxecto técnico presentado.

2. Constitúe igualmente o feito impoñible a actividade municipal de verificación da normativa recollida no Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, ou norma que a substitúa. Se entenden incluidas expresamente as actividades desenvoltas con motivo da autorización, comunicación previa ou declaración responsable para o exercicio dunha actividade económica, industrial, mercantil. Neste senso, non se entenden incluídas no feito impoñible desta taxa, as actividades de venda ambulante ou as actividades temporais, tales como as derivadas de verbenas e festas populares, incluidas na disposición adicional cuarta da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

Artigo 3. Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan propietarios ou posuidores, os arrendatarios dos inmobles nos que se realicen as construcións ou instalacións ou se executen as obras, ou ben solicitantes do título habilitante que corresponda.

2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras, conforme o artigo 23.2 b. do TRLRFL, que virán obrigados o pagamento da taxa e con eles entenderanse as actuacións municipais relativas á xestión e cobro do tributo.

Artigo 4. Responsables.

O réxime de responsabilidades axustarase ao previsto nos artigos 41 a 43 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

Artigo 5. Base impoñible.

Constitúe a base impoñible da taxa o custo real e efectivo da obra civil tal e como este se define no artigo 102.1 do TRLRFL naqueles casos nos que a cota tributaria se calcule como porcentaxe do mesmo. Nestes casos para a solicitude do título habilitante se tomará como dato provisional o importe do orzamento de execución material do correspondente proxecto básico/proxecto de execución, orzamento ou documento técnico equivalente. Os importes anteriores non poderán ser inferiores aos recollidos como referencia no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), que se considerarán como importes mínimos na base impoñible da taxa, conforme o criterio técnico.

Artigo 6. Cota Tributaria.

As cotas tributarias son as seguintes:

1. Sinalización de liñas e rasantes

100 €

2.Por expedición de licenzas de parcelación ou segregación, ou declaración de innecesariedade de licenza de segregación

0,1 € por m2 de finca parcelada, cun mínimo de 100 €

3. Cambios de titularidade ou transmisións de títulos habilitantes

60 €

4. Actuacións de inspección ou control de actividades ou establecementos a solicitude de persoas interesadas, nos termos da Lei de emprendemento e da competitividade de Galicia

250 €

5.Verificación de espectáculos públicos de carácter extraordinario con venda de entrada. En función do aforo máximo acumulado ao número de días ou sesións

De 1 a 500 persoas

300 €

De 501 a 1.000 persoas

450 €

Máis de 1.000 persoas

600 €


6. Pola tramitación de títulos habilitantes de primeira utilización, primeira ocupación ou apertura:

SUPERFICIE

VIVENDAS UNIFAMILIARES

TAXA XERAL

TAXA EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS

0 ¿ 100 m2

150 €

400 €

360 €

101 ¿ 200 m2

200 €

500 €

450 €

201 ¿ 500 m2

250 €

800 €

720 €

501 ¿ 1.000 m2

300 €

1.000 €

900 €

1.001 ¿ 2.000 m2

 


1.450 €

1.305 €

2.001 ¿ 3.500 m2

 


1.750 €

1.575 €

3.501 ¿ 5.000 m2

 


2.250 €

2.025 €

5.001 ¿ 7.500 m2

 


2.750 €

2.475 €

7.501 ¿ 10.000 m2

 


3.000 €

2.700 €

10.001 ¿ 13.000 m2

 


3.600 €

3.240 €

A partir de 13.000 m2

 


0,27 €/m2

0,25 €/m2

7. Expedición de documentos que correspondan aos servizos urbanísticos:

Documento

Taxa

Informe urbanístico

35 €

Certificado urbanístico con informe previo

45 €

Certificado del Punto de Información Catastral (PIC)

10 €

8. Expedición de copias de documentos relativos aos servizos urbanísticos, por cada cara procesada e sen incluír un soporte de almacenamento:

Por expedición de copias, por cada cara procesada

Formato dixital

Formato impreso

A4

0,2 €

0,4 €

A3

0,4 €

0,8 €

Outros formatos especiais

6,00 €

8,00 €


9.Para os restantes supostos non incluidos noutros epígrafes:

Suposto

Cota tributaria

Mínimo

Regra xeral

0,4% da base impoñible da taxa

10,00 €

Nos casos de proxectos de execución presentados separadamente do proxecto básico

0,2% da base impoñible da taxa

10,00 €

En modificacións sobre proxectos ou orzamentos inicialmente presentados.

0,4% da base impoñible da taxa, con deducción do importe abonado previamente.

50 % da tasa inicial


Artigo 7. Exencións e bonificacións.

Non se concederán exención ni bonificación ningunha na exacción da taxa.

Artigo 8. Devengo.

1. Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da oportuna solicitude de título habilitante.

2. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo ningún pola denegación do título habilitante solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistencia da persoa solicitante, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.

Artigo 9. Xestión da taxa

1.De acordo previsto no artigo 27 do Real Decreto lexislativo 2/2004, establécese o réxime de autoliquidación ou liquidación da taxa, segundo o modelo establecido polo Concello. Para os efectos, a persoa solicitante presentará, de xeito simultáneo á solicitude do título habilitante, xustificante de ter ingresado a cota tributaria correspondente.

2.A administración municipal poderá comprobar o custe real e efectivo ou os parámetros determinantes para a devindicación da taxa, unha vez terminadas as obras ou iniciadas as actividades, e a superficie dos carteis declarada polo solicitante, e, á vista do resultado de tal comprobación, practicará a liquidación definitiva que proceda, con dedución do, no seu caso, ingresado en provisional.

3. Para garantir a reposición do pavimento nos cruces de vías públicas, quedará a criterio técnico a constitución e importe dunha garantía que será devolta unha vez que conclúan as obras e se certifique pola oficina técnica municipal que se atopan en perfectas condicións.

Artigo 10. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, rexerase segundo o disposto no Título IV da Lei xeral tributaria.

Disposicións.

Disposición Derrogatoria.

Quedan derrogadas as seguintes ordenanzas:

- Ordenanza fiscal número 2 reguladora da taxa por expedición de licenzas, permisos e demais autorizacións en materia urbanística, publicada no BOP 41 do 28 de febreiro de 2018.

- Ordenanza fiscal número 3 reguladora da taxa por expedición de licenzas de primeira utilización de edificios e cambios de uso, publicada no BOP 41 do 28 de febreiro de 2018.

- Ordenanza fiscal número 4 reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de apertura de establecementos ou de actividades, publicada no BOP 41 do 28 de febreiro de 2018.

- Ordenanza fiscal número 25 reguladora da taxa pola elaboración de resolucións/declaracións de natureza urbanística, publicada no BOP 222, do 24 de novembro de 2011.

Disposición Derradeira.

A presente Ordenanza fiscal, que foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 26 de setembro de 2024, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir de dita data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.