Abegondo - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS

Publicación provisional: 03/10/2024 BOP Nº: 191
Publicación definitiva: 13/12/2024 BOP Nº: 240
Aplicable dende: 13/12/2024

Artigo 1.º- Fundamento e natureza

En uso das facultades conferidas pola Constitución e polo art. 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a ¿taxa pola expedición de documentos administrativos¿ que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo ao previsto no art. 58 da Lei 39/1988.

Artigo 2.º- Feito impoñible

1. Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes que entenda ou coñeza a Administración municipal.

2. Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fose provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa do interesado.

3. Non están suxeitos a esta taxa os documentos ou certificacións que expida a Administración municipal en virtude de oficio de xulgados ou tribunais para toda clase de preitos.

Artigo 3.º- Suxeito pasivo

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o art. 33 da Lei xeral tributaria que soliciten ou provoquen a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4.º- Responsables

Serán aplicables as normas de responsabilidade solidaria e subsidiaria establecidas nos artigos 37 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.º- Exencións

Non se recoñece beneficio ou exención ningunha, agás aquelas que veñan recollidas en normas con rango de lei ou as que resulten da aplicación dos tratados internacionais ratificados polo Estado.

Artigo 6.º- Cota tributaria

1.A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.

Artigo 7.º- Tarifa

A taxa esixirase aplicando as seguintes cotas tributarias:

7.1. Certificación de documentos de acordos municipais: 6,00 euros

7.2. Por verificación da suficiencia de poderes: 3,00 euros

7.3. Por contrato administrativo, que se subscriba de bens, obras ou servizos 0,4 % cun mínimo de 100,00 euros

7.4. Pola tramitación das solicitudes para participar nos procesos de selección do persoal ao servizo desta Administración

Concepto

Grupo de clasificación profesional

Importe €

7.4.1

Subgrupo A1 ou asimilado

80,00

7.4.2

Subgrupo A2 ou asimilado

70,00

7.4.3

Subgrupo C1 ou asimilado

60,00

7.4.4

Subgrupo C2 ou asimilado

50,00

7.4.5

Outras agrupacións profesionais ou asimilado

40,00

Artigo 8.º- Criterios xenéricos de capacidade económica

As cotas indicadas no parágrafo anterior aplicaráselles unha redución do 90 % no caso de que os contribuíntes persoas físicas teñan escaseza de recursos económicos, sempre que así o acredite un informe da asistente social do Concello e previa solicitude do interesado.

Artigo 9.º- Retribución

1. Devindícase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

2. Nos casos aos que se refire o número 2 do artigo 2.º, a retribución prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provexan a actuación municipal de oficio ou cando esta comece sen a previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.

3. Non se retribuirá esta taxa cando a actividade administrativa estea suxeita a calquera outra taxa esixida por este Concello.

Artigo 10.º- Liquidación e ingreso

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, debendo presentarse o acreditativo de pago da taxa xunto coa solicitude, ou escrito presentado. Non se realizará trámite ningún sen o pago desta.

Artigo 11.º- Infraccións e sancións

Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e ás correspondentes sancións, rexerá o disposto nos arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

Disposicións.

Disposición adicional

Derrogada.

Disposición final

A presente ordenanza, unha vez aprobada polo Pleno da corporación, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.