Laxe - ORDENANZA FISCAL Nº 8, REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABLADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA.
ARTIGO 1.- Fundamento e Obxecto
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e o artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade cos artigos 15 a 27 e 57 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece a «taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas e tablados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa» que estará ao establecido na presente Ordenanza fiscal.
ARTIGO 2.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible do presente taxa a ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa.
ARTIGO 3.- Suxeitos Pasivos
Son suxeitos pasivos da presente taxa, en calidade de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, seguintes:
- Os titulares de licenzas ou concesións municipais e aqueles en cuxo beneficio redunde o aproveitamento ou utilización privativa do dominio público local.
- Os que, sen licenza ou concesión, realicen algún dos aproveitamentos incluídos nesta Ordenanza.
- Os que, cesando no aproveitamento, non presenten á Entidade local a baixa correspondente.
ARTIGO 4.- Responsables
Responderán da débeda tributaria os debedores principais xunto a outras persoas ou entidades. A estes efectos consideraranse debedores principais os obrigados tributarios do artigo 35.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Salvo precepto legal expreso en contrario, a responsabilidade será sempre subsidiaria.
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
En relación á responsabilidade solidaria e subsidiaria da débeda tributaria estarase ao establecido, respectivamente, nos artigos 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
ARTIGO 5.- Cota tributaria
1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa sinalada de acordo coa contía contida no apartado seguinte, atendendo á temporalidade en que esta instálese (duración da ocupación e festividades ou momento do ano) e ao espazo ocupado (superficie en metros cadrados da instalación).
2.- As contías, para os supostos contemplados no artigo 20.3.l) do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, quedan establecidas da maneira seguinte:
a.) Por cada metro cadrado de superficie ocupada con mesas, cadeiras e outros elementos:
a.1.- Meses de xaneiro a maio e de outubro a decembro: 0,10€/metro cadrado por día.
a.2.- Meses de xuño e setembro: 0,15€/metro cadrado por día.
a.3.- Meses de xullo e agosto: 0,40€/metro cadrado por día.
3.- Ós efectos previstos para a aplicación do apartado anterior terase en conta o seguinte:
a) en consonancia co disposto no artigo 12, parágrafos 1 e 2 da ordenanza reguladora das licenzas de instalacións de terrazas,
a.1) o prazo de duración das licenzas das terrazas e elementos vinculados non poderá ser superior a catro anos nin inferior a un mes.
a.2) o prazo máximo solicitado polo interesado comprenderá algún dos seguintes períodos:
¿ Por anos naturais completos, isto é, do 1 de xaneiro ao 31 de decembro.
¿ Por tempada, entendendo por tal o período comprendido entre o 1 de xuño ao 30 de setembro do mesmo ano.
¿ Por un ou varios meses naturais completos e consecutivos, é dicir, do día 1 dun mes ata o último do mesmo mes ou doutro posterior.
Por razóns de interese público, debidamente motivados, poderá outorgarse a licenza por un período inferior ao solicitado, pero sempre dentro do establecido no apartado anterior.
b) se o número de metros cadrados do aproveitamento non fose enteiro, redondearase por exceso para obter a superficie ocupada.
c) se como consecuencia da colocación de toldos, marquesinas, separadores, barbacoas e outros elementos auxiliares se delimita unha superficie maior á ocupada por mesas e cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.
ARTIGO 6.- Exencións e Bonificacións
Non se concederá exención nin bonificación ningunha na exacción da presente Taxa, agás a prevista en normas con rango de lei ou as derivadas de aplicación dos tratados internacionais, resultando de aplicación, en todo caso, canto se dispón co artigo 9 da Lei Reguladora de Facendas Locais.
ARTIGO 7.- Deveño
A taxa devindicarase cando se inicie a utilización privativa ou o aproveitamento especial, áchese ou non autorizada, todo iso sen prexuízo da posibilidade de esixir o depósito previo do seu importe total ou parcial, de conformidade co artigo 26.1 e 2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
Procederá a devolución das taxas que se esixiron, cando non se realice o seu feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo, a tenor do artigo 12 da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos.
A tenor do artigo 24.5 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrución ou deterioración do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pago da taxa a que houber lugar, estará obrigado ao reintegro do custo total do respectivos gasto de reconstrución ou reparación e ao depósito previo do seu importe.
Se os danos fosen irreparables, a Entidade será indemnizada en contía igual ao valor dos bens destruídos ou ao importe da deterioración dos danados.
As Entidades Locais non poderán condonar total nin parcialmente as indemnizacións e reintegros a que se refire este apartado.
ARTIGO 8.- Normas de xestión
A xestión, liquidación, inspección e recadación desta taxa realizarase segundo o disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e nas demais Leis reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Os suxeitos pasivos da taxa estarán obrigados a presentar autoliquidación tributaria determinándose a cota tributaria atendendo á temporalidade da ocupación e á superficie en metros cadrados da instalación e a realizar o ingreso do seu importe no Tesouro facendo efectivo o pago da taxa a través das contas bancarias de que é titular este Concello. O pago da autoliquidación presentada será a conta da liquidación provisional e, no seu caso, da liquidación definitiva que se practique unha vez autorizada a ocupación do dominio público.
As cantidades esixibles con arranxo ás contías liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polo período autorizado.
As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza deberán solicitar a correspondente licenza e realizar o correspondente ingreso e formular declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que se van instalar, así como un plano detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Municipio.
Os servicios técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as autorizacións de non encontrar diferencias cas peticións de licencias. Se houbera diferencias, notificaranse as mesmas aos interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan, concedéndose as autorizacións unha vez subsanadas as diferencias polos interesados e, no seu caso, realizados os ingresos complementarios que procedan.-
Os aproveitamentos autorizaranse sempre discrecionalmente e sen prexuizo de terceiros.
En caso de denegarse as autorizacións ou cando por causas non imputables ó suxeito pasivo o dereito á utilizacion ou o aproveitamento do dominio público non se realice, procederá a devolución do importe correspondente.
Non se consentirá a ocupación da vía pública ata que non se teña aboado o ingreso correspondente e se obteña a correspondente licencia polos interesados. O incumprimento deste mandato poderá dar lugar á non concesión da licencia sen prexuízo do pago da Taxa e das sancións e recargos que procedan.
As autorizacións entenderanse concedidas con carácter provisional e a precario. En base a esta declaración, que deberá facerse constar nos correspondentes acordos de concesión das devanditas autorizacións, se o interés xeral esixise a supresión do aproveitamento, por Decreto de Alcaldía revogarase a licencia concedida, requerindo ao titular para que suprima, a súa custa, o aproveitamento.
As autorizacións terán carácter persoal e non poderán ser cedidas ou subalugadas a terceiros. O incumprimento deste mandado dará lugar á anulación da licencia.
As licencias poderán se revogadas polo órgano que as concedeu nos seguintes casos:
a.) Polo non uso ou uso indebido.
b.) Por cambiar as circunstancias en base ás que se lle concedeu a licencia.
c.) se o interés xeral esixise a supresión do aproveitamento.
d) En xeral, por incumprimento de calquera das obrigas impostas nesta Ordenanza ou na licencia de autorización.
Cando os suxeitos pasivos non tiveran aboado a correspondente autoliquidación pola taxa, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador. Unha vez aprobada a liquidación polo órgano competente notificarase ao interesado indicando os medios de impugnación que poidan interpoñerse contra a devandita liquidación, os órganos ante os que terán que ser interpostos, o período voluntario de cobro e cando quedará incursa en apremio a cota non satisfeita.
O período voluntario de ingreso da liquidación será:
-Para as notificacións efectuadas na primeira quincena do mes, ata o día 5 do mes natural seguinte.
-Para as notificacións efectuadas na segunda quincena do mes, ata o día 20 do mes natural seguinte.
Transcorrido o período voluntario de cobro sen terse efectuado o ingreso, o período executivo iníciase o día seguinte ao do remate de aquel.
O inicio do período executivo determina o devengo dun recargo do 20 por 100 do importe da débeda non ingresada, así como o dos xuros de demora correspondente a ésta.
Este recargo será do 10 por 100 cando a débeda tributaria non ingresada se satisfaga antes de que sexa notificada ao debedor a providencia de constrinximento, e non se esixirán os xuros de demora devengados dende o inicio do período executivo.
Dita liquidación efectuarase por ingreso directo na Tesourería Municipal ou onde estableza o Concello.
ARTIGO 9.- Infraccións e Sancións
En todo o referente a infraccións e sancións, será de aplicación a Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, en concreto os artigos 181 e seguintes, así como as súas disposicións de desenvolvemento, segundo o disposto no artigo 11 o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
ARTIGO 10.- Lexislación Aplicable
En todo o non previsto na presente Ordenanza estarase ao disposto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 28 de novembro de 2024, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e será de aplicación a partir do mesmo día da publicación, permanecendo na devandita situación até en tanto non se acorde a súa modificación ou a súa derrogación expresa.