Laxe - Ordenanza fiscal nº 39, reguladora da taxa pola prestación do servizo da pista municipal de pádel.
ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 y 142 da Constitución e polo art.106 da Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 18 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello establece a taxa pola utilización da pista de pádel, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
ARTIGO 2.- OBXECTO
É obxecto da presente ordenanza:
a) Establecer as normas xerais de uso da pista de pádel municipal.
b) Establecer a taxa a satisfacer pola utilización de dita instalación.
ARTIGO 3.- COMPETENCIA.
Facúltase á Alcaldía para:
a) Esixir responsabilidades e indemnizacións por danos e perxuízos ocasionados ás instalacións, así como impoñer sancións ós usuarios polo incumprimento do establecido nesta Ordenanza.
b) Alterar, por necesidades do servizo público, de interés xeral ou de forza maior, a orde de preferencia na utilización do servizo e os horarios de apertura e de peche.
TÍTULO PRIMEIRO.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO
ARTIGO 4.- USUARIOS
1. Poderán utilizar as pistas de pádel calquera persoa que o solicite e que aboara o correspondente aluguer da pista.
2. Queda prohibido o uso da pista:
¿Aos menores de 12 anos, salvo que se encontren baixo a supervisión dun adulto.
¿Aquelas persoas que fosen sancionadas conforme a esta Ordenanza e durante o tempo que dure a sanción.
ARTIGO 5.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA INSTALACIÓN
5.1.- CONDICIÓNS DE USO
1. Para poder usar a pista é necesario reservar mediante unha solicitude e pagar a taxa correspondente.
2. As reservas poderán realizarse en periodos de unha hora e trinta minutos.
3. Non se devolverá o importe da reserva cando se tivera reservado con anterioridade. En caso de que as condicións da pista ou a climatoloxía non permitan a práctica deportiva, terase a opción de anular a reserva cambiándoa para outro día.
4. Os acompañantes non poderán acceder á pista.
5. Dentro da pista non está permitido comer, fumar nin introducir obxectos de vidro ou calquera outro que poida causar danos ao céspede ou ás mamparas. Tampouco está permitida a entrada de animais.
6. Algunha das persoas que en cada momento estén utilizando as pistas deberá coincidir exactamente con aquela que se encontre apuntada na solicitude. De non ser así, veranse obrigados a abandonar a pista.
7. Os usuarios serán responsables dos desperfectos ocasionados, podendo impoñerse sancións conforme á normativa legal e o disposto nesta ordenanza.
8. Os usuarios deberán seguir as instrucións e requerimentos do persoal encargado da instalación.
9. O Concello de Laxe non se fará responsable en ningún caso de:
¿Lesións que poideran derivarse da práctica deste deporte.
¿Perda, roubo ou extravío de calquera tipo de obxecto que se deixe nas instalacións.
5.2.- EQUIPAMENTO
O equipamento para acceder á pista debe ser deportivo e adecuado á práctica deste deporte. Só se usarán palas e pelotas de pádel, quedando excluídos outros artefactos de impacto como raquetas de tenis, palas de praia, palas de frontón, pelotas de tenis, pelotas de frontón. A pista está adecuada á práctica de pádel, polo que calquera outro xogo queda prohibido.
5.3.- HORARIOS DE USO
Con carácter xeral, a solicitude de reserva da pista formularase con antelación suficiente á data de utilización e a súa reserva precisará de confirmación previa polo Concello, o cal comprobará se existe persoal encargado de atender a pista no horario solicitado, e se facilitarán datos de contacto.
Os horarios regulares de uso da pista serán:
Todos os días de 9:00 ata as 22:30 horas. Excepcionalmente, e fóra deste horario, poderase autorizar a súa utilización se existe disponibilidade de medios persoais no Concello para atender o servizo. A tal efecto, a solicitude de pista fóra do horario regular establecido formularase con antelación suficiente á data de utilización e a reserva, precisará de confirmación previa polo Concello, o cal comprobará se existe persoal encargado de atender a pista no horario solicitado, e se facilitarán datos de contacto do encargado de atender a instalación.
5.4.- DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES
O Concello de Laxe poderá organizar competicións deportivas, cursos de pádel, etc.., quedando anulado o sistema de reservas ata a conclusión de ditas actividades, xa que a pista quedará reservada a este fin. Tamén poderá o Concello restrinxir as reservas en determinadas horas ou días para labores de mantemento ou por ausencia de persoal que poida atender o servizo.
5.5.- CONSERVACIÓN DA PISTA
1. Antes de entrar na pista os xogadores deberán eliminar restos de terra ou barro que poideran levar nas zapatillas. Igualmente, ao saír da pista procurarán non deixar abandonados utensilios, complementos, roupas, botes de pelotas, botellas, etc.
2. Se os usuarios observan algunha anomalía ou desperfecto na instalación, deberán poñelo en coñecemento do Concello.
TÍTULO SEGUNDO.- TAXA
ARTIGO 6.- OBRIGADOS Ó PAGO
Están obrigados ao pago da taxa as persoas físicas ou xurídicas (entidades, clubes, federacións etc) que soliciten a utilización da pista de pádel que depende deste Concello.
ARTIGO 7.- CONTÍA
A coantía da cota tributaria será a que resulte de aplicación da seguinte tarifa:
-10 euros hora e media sen luz.
-12 euros hora e media con luz.
ARTIGO 8.- ABONO DA COTA TRIBUTARIA
O ingreso da taxa faráse da seguinte maneira:
8.1.- Mediante autoliquidación en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado a correspondente taxa.
8.2.- A través da plataforma de reservas habilitada para ese efecto.
A reserva e o abono da taxa por uso da instalación efectuarase a través da plataforma descrita no punto anterior, nos horarios de apertura da instalación e con carácter previo a acceder á mesma, abonando a cantidade correspondente.
TÍTULO TERCEIRO.- RÉXIME SANCIONADOR
ARTIGO 10.- INFRACCIÓNS
1. Terá a consideración de infracción calquera incumprimento das normas establecidas na presente ordenanza, de conformidade co establecido no título XI da Lei 7/1985, de 2 de abril, rexedora das Bases do réxime local, tipificándose como moi graves, graves e leves.
Quenes fagan un mal uso da instalación ou provoquen danos intencionados poderán ser sancionados sen utilizar a pista, así como, ó abono dos danos causados.
2. Tipificación das infraccións.
2.1. Infraccións moi graves:
a) O acceso ilegal ou non autorizado ás instalacións.
b) A perturbación relevante que afecte de maneira grave, inmediata e directa á tranquilidade ou ó normal desenvolvemento das actividades deportivas, sempre que a conduta non sexa subsumible nos tipos previstos no capítulo IV da Lei Orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, de Protección da Seguridade Cidadana.
c) O impedimento do uso das instalacións aos demais usuarios.
d) O impedimento ou a grave e relevante obstrución ao normal desenvolvemento do servizo.
e) O deterioro grave e relevante das instalacións.
2.2. Infraccións graves:
Son infraccións graves as que supoñan danos ás instalacións distintos dos enumerados no apartado anterior.
2.3. Infraccións leves:
Son infraccións leves calquera outro incumprimento das disposicións da presente ordenanza que non poida cualificarse como grave ou moi grave.
ARTIGO 11.- SANCIÓNS.
1. As infraccións moi graves serán sancionadas con multa de 1.501 ata 3.000 euros.
2. As infraccións graves serán sancionadas con multa de 751 ata 1.500 euros.
3. As infraccións leves serán sancionadas con multa de 75 ata 750 euros.
4. Así mesmo poderase impoñer como sanción a prohibición de utilizar as instalacións por tempo de ata tres meses para infraccións leves, de ata seis meses para as graves e de ata un ano para infraccións moi graves.
ARTIGO 12.- PROCEDEMENTO SANCIONADOR
Para a sanción das infraccións tramitarase o correspondente expediente sancionador, con arranxo as disposicións contidas na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e o Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto.
ARTIGO 13.- INDEMNIZACIÓN DE DANOS E PREXUÍZOS
A imposición das sancións que procedan será independiente e compatible coa esixencia polo Concello da responsabilidade que corresponda aos usuarios polos danos e prexuízos causados nas instalacións.
DISPOSICIÓN FINAL.- ENTRADA EN VIGOR
A presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 28 de novembro de 2024, entrará en vigor o mesmo día da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do mesmo día da publicación, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou a súa derrogación expresa.