Aranga - ORDENANZA FISCAL N.º 14.-ORDENANZA FISCAL REGULADORA DEL IMPUESTO SOBRE CONSTRUCCIONES, INSTALACIONES Y OBRAS

Publicación provisional: 07/11/2024 BOP Nº: 215
Publicación definitiva: 26/12/2024 BOP Nº: 248
Aplicable dende: 27/12/2024

Artigo 1.- Natureza e fundamento.

De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello de Aranga establece o Imposto sobre Construccións, intalacións e obras , nos termos da presente ordenanza fiscal. 

Artígo 2. Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible do imposto a realización dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza,ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, presentarse ou non, sempre que a expedición da licenza ou actividade de control corresponda ao concello.

Artigo 3º: Suxeitos Pasivos

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalaicón ou obra sexan o non propietarios dos dos inmobles sobre os que se realicen aquelas.

A estos efectos do previsto neste artigo, terá a consideración de dono da construccións , instalacións ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a realización.

2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen solicite as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuíntes. 

Artigo 4º: Base impoñible, cota e pagamento.

1. A Base Impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obras.

2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.Establécese unha cuota mínima de 60,00 €.

3. O tipo de gravame será o 3 por cento.

4. O imposto devindícase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivo a correspondente licenza.

Artigo 5º. Bonificacións

Gozarán dunha bonificación de ata o 95 por cento da cuota do imposto para as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego,.

A gradación do porcentaxe da bonificación aplicaráse do seguinte xeito:

- Un 95 por 100 pola creación de máis de 20 postos de traballo.

- Un 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.

- Un 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo.

Esta bonificación será de aplicación únicamente a aquelas construccións, instalacións e obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros nos que se amplíen as instalacións sempre e cando implique creación de emprego, e manteráse durante o prazo de tres anos.

Corresponderá ao Pleno da Corporación a declaración de especial interese ou de utilidade municipal, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros. que xustifiquen tal declaración.

Artigo 6º. Xestión.

1. Os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación polo imposto, que deberá ser presentado polo interesado xunto co xustificante do ingreso na conta municipal, nos seguintes prazos:

a) no momento de presentar comunicación previa ou declaración responsable

b) No prazo dun mes dende a notificación da concesión da licenza

c) No caso de que non se teña solicitado, concedido ou denegado expersamente a licenza, ou presentado comunicaciòn previa ou declaración responsable, a autoliquidación , xunto co xustificante de ingreso, deberá presentarse no prazo dun mes dende a iniciación da instalación, construcción ou obra.

Cando se conceda a licenza preceptiva practicaráse unha liquidación provisional.

A autoliquidación ou liquidación terá carácter provisional e deberá practicarse tomando como base impoñible o orzamento de execución material presentado polo interesado, sempre que o mesmo estivera visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitua requisito preceptivo. Noutro cao a base impoñible será determinada polos Técnicos municipais .

2. Á vista das construcions, instalacions ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas , o concello, previa oportuna comprobación administrativa e cuantificación polos servizos técnicos municipais , poderá modificar a base impoñible, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando a cantidade que corresponda polas diferencias existentes nas respectivas bases impoñibles.

3. No suposto de que non se inicien ou executen integramente as construcións, instalacións ou obras o interesado poderá solicitar a devoluciòn das cotas do ICIO satisfeitas correspondentes á base impoñible das no realizadas, sempre e cando formule renuncia expresa á licenza ou sexa declarada caducada mediate resolución administrativa. O mesmo dereito lle asiste nos supostos de presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

Artígo 7º.-Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizaráse de acordo co previsto na Lei Xeral tributaria e disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artígo 8º.- Infraccions e Sancions.

A calificación das infraccións tribuarias así como a determinación das sancións que correspondan, rexerase polo disposto na Lei Xeral Tributaria e disposicións que a desenvolvan ou complementen.

Artigo 9º.- Disposicións supletorias.

No non previsto na presente ordenanza, rixirán os preceptos contidos no Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais e nas demais disposicións de desenvolvemento .

DISPOSICION FINAL.-

A presente Ordenanza Fiscal , entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.