Arteixo - REGULAMENTO ORGÁNICO DO CONCELLO DE ARTEIXO.
INDICE
PREAMBULO
TÍTULO PREMILINAR. - DISPOSICIÓN XERAIS.-
ARTIGO 1.- FONTES NORMATIVAS
ARTIGO 2.- INTERPRETACIÓN DO ROM
TÍTULO I.- DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS.-
ARTIGO 3.- CONSTITUCIÓN
ARTIGO 4.- COÑECEMENTO POR PARTE DO PLENO
ARTIGO 5.- REQUISITOS
ARTIGO 6.- MEMBROS NON ADSCRITOS
ARTIGO 7.- MEDIOS A DISPOSICIÓN.
ARTIGO 8.- VOCEIRAS/OS.
TÍTULO II. DA ORGANIZACION NECESARIA DO CONCELLO
ARTIGO 9.- ÓRGANOS MUNICIPAIS NECESARIOS
CAPÍTULO I.- DO ALCALDE/ALCALDESA
ARTIGO 10.- ATRIBUCIÓNS DO ALCALDE/ALCALDESA.
ARTIGO 11.- DELEGACIÓNS DA ALCALDÍA.
ARTIGO 12.- DELEGACIÓNS XENÉRICAS.
ARTIGO 13.- OUTRAS DELEGACIÓNS
ARTIGO 14.- PROCEDEMENTO
CAPÍTULO II.- DO TENENTE ALCALDE/ALCALDESA
ARTIGO 15.- NOMEAMENTO.
ARTIGO 16.- PERDA DA CONDICIÓN
ARTIGO 17.- FUNCIÓNS.
ARTIGO 18.- LIMITACIÓN DE FUNCIÓNS.
CAPÍTULO III.- DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
ARTIGO 19.- FORMACIÓN e DELEGACIÓNS
ARTIGO 20.- FUNCIÓNS
ARTIGO 21.¿ CONSTITUCIÓN E PERIOCIDADE DAS SESIÓNS
ARTIGO 22.- RÉXIME DE FUNCIONAMENTO
CAPÍTULO IV.- DO PLENO.
ARTIGO 23.- RÉXIME XERAL.-
ARTIGO 24.- ESTRUTURA DAS SESIÓNS PLENARIAS ORDINARIAS.-
ARTIGO 25.- REMATE. UNIDADE DE ACTO.-
ARTIGO 26.- AFORO E SEGURIDADE DO SALÓN DE PLENOS.
ARTIGO 27.- ORDE DO DÍA.
ARTIGO 28.- MOCIÓNS.
1.Incluídas na orde do día
2.Urxentes
ARTIGO 29.- TRAMITACIÓN DAS MOCIÓNS DE URXENCIA.
ARTIGO 30.- EXPOSICIÓN DO PUNTO DA ORDE DO DÍA.-
ARTIGO 31.- DESENVOLVEMENTO E DURACIÓN DO DEBATE.-
ARTIGO 32.- RECESOS.-
ARTIGO 33.- DACIÓN DE CONTA DE ASUNTOS.-
ARTIGO 34.- CÓMPUTO DE VOTO E RESULTADO.-
ARTIGO 35.- ROGOS.-
ARTIGO 36.- PREGUNTAS.-
1.- Definición.-
2.- Preguntas de resposta oral.
3.- Preguntas de resposta escrita.-
ARTIGO 37.- GRAVACIÓN DAS SESIÓNS PLENARIAS.-
ARTIGO 38- CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS.-
ARTIGO 39.- EXAME DOS EXPEDIENTES DO PLENO.-
ARTIGO 40.- HORARIO. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DE PLENOS.-
TÍTULO III.- DA ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA DO CONCELLO
ARTIGO 41.- ÓRGANOS COMPLEMENTARIOS
ARTIGO 42.- CONCELLEIROS/AS DELEGADOS/AS
ARTIGO 43.- COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS DO PLENO.
ARTIGO 44.- COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS.-
ARTIGO 45.- XUNTA DE VOCEIROS/AS.-
ARTIGO 46.- MESA CONTRATACIÓN
TÍTULO IV. ACTAS, BANDOS E RESOLUCIÓNS
ARTIGO 47.- REDACCIÓN
ARTIGO 48.- OS LIBROS DE ACTAS
ARTIGO 49.- BANDOS e RESOLUCIÓNS.
1.- Bandos
2.- Resolucións.
TÍTULO V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN
ARTIGO 50.- REPRESENTACIÓN PROTOCOLARIA
ARTIGO 51.- CARNÉ DE CONCELLEIRO/A
ARTIGO 52.- DEREITO A INFORMACIÓN.
ARTIGO 53 .- REXISTRO DE INTERESES.-
ARTIGO 54.- ACCESO AO REXISTRO E INTERESES.
ARTIGO 55.- DEREITOS ECONÓMICOS.
ARTIGO 56.- DEREITO E DEBER DE ASISTENCIA.-
ARTIGO 57.- ABSTENCIÓNS E RECUSACIÓNS.-
ARTIGO 58.- RESPONSABILIDADE.
ARTIGO 59.- DEBER DE RESERVA E SIXILO.-
TÍTULO VI.- DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ E O DEFENSOR DA VECIÑANZA
ARTIGO 60.- PROCEDEMENTOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
ARTIGO 61.- DEFENSOR DA VECIÑANZA
DISPOSICIÓN ADICIONAL
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
DISPOSICIÓN FINAL
ÚNICA.- ENTRADA EN VIGOR
ANEXO I
REXISTRO DE INTERESES
DECLARACIÓN DE BENS PATRIMONIAIS E DAPARTICIPACIÓN EN SOCIEDADES
ANEXO II
REXISTRO DE INTERESES
DECLARACION DE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E RELACIÓN DE ACTIVIDADES
PRÉAMBULO
A Constitución Española de 1978 garante a autonomía dos Municipios que son parte da organización territorial do Estado.
As dúas manifestacións derivadas do principio de autonomía son as potestades regulamentarias e de auto- organización e ambas as dúas corresponden aos Concellos, segundo se desprende do preceptuado tanto na Carta Europea de Autonomía Local ¿ratificada por España por instrumento de 20 de xaneiro de 1988-, como na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
O Regulamento Orgánico é froito da combinación das dúas manifestacións: Do poder de innovar o ordenamento xurídico e da potestade auto- organizadora.
Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (en adiante ROF), que se aplicará de xeito supletorio para aquelas materias nas que resulte insuficiente a normativa establecida no regulamento orgánico.
Este Regulamento, polo tanto, ten como obxecto regular o Estatuto dos Concelleiros, a existencia dos órganos municipais e o procedemento a seguir para dotar a esta administración de maior eficacia na toma de decisións e na execución das mesmas.
Non se recolle neste Regulamento, aínda que a meirande parte dos concellos si o recollen, o tema da participación cidadá por ter este Concello un regulamento específico para dita materia, así como tampouco non se recolle o tema de distincións honoríficas por ter tamén aprobado o Regulamento Especial de Honras e Distincións.
TÍTULO PREMILINAR. - DISPOSICIÓN XERAIS.-
ARTIGO 1.- FONTES NORMATIVAS
A organización e funcionamento interno do Concello de Arteixo axustarase á seguinte orde xerárquica de fontes normativas:
a) Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
b) Artigos básicos do Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril.
c) Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia.
d) Artigos básicos do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, poloo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais.
e) Regulamento Orgánico Municipal.
ARTIGO 2.- INTERPRETACIÓN DO ROM
Correspóndelle ao alcalde ou alcaldesa ditar as instrucións interpretativas e aclaratorias da normativa descrita neste Regulamento para a súa aplicación.
TÍTULO I.- DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS.-
ARTIGO 3.- CONSTITUCIÓN
1. As/os concelleiras/os, para os efectos da súa actuación corporativa, constituiranse en grupos que se corresponderán coas listas electoriais dos partidos políticos, federacións, coalicións ou agrupacións que obtiveran postos na Corporación.
2. Os grupos políticos constituiranse mediante escrito dirixido ao presidente/a e subscrito por todos os seus integrantes, que se presentará no Rexistro Xeral do Concello dentro dos cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación.
3. Se algún concelleiro non asinase o escrito de constitución do grupo, isto non impedirá a súa constitución e, os non asinantes terán a consideración de concelleiros/as non adscritos/as.
4. No mesmo escrito de constitución farase constar a designación de voceiro ou voceira do grupo, podendo ser designados tamén suplentes.
ARTIGO 4.- COÑECEMENTO POR PARTE DO PLENO
Da constitución dos grupos políticos e dos seus integrantes e voceiras/os, o presidente daralle conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre tras cumprirse o prazo previsto no número 2 do antedito artigo.
ARTIGO 5.- REQUISITOS
1. Cada partido político, federación, coalición ou agrupación constituirá un único grupo. Ninguén pode pertencer simultaneamente a máis de un grupo.
2. Os grupos políticos municipais constitúense en función da listaxe electoral pola que foron elixidos.
3. Para constituír un grupo político municipal non requirirase ningún número mínimo de concelleiros/as, podendo quedar constituído polo partido político, federación, coalición ou agrupación que obtivera un só concelleiro.
4. En ningún caso se poderán constituír nun grupo municipal separado as/os concelleiras/os que pertenzan a unha mesma listaxe electoral.
5. Durante o mandato da Corporación ningún membro poderá integrarse nun grupo distinto daquel no que o fixera inicialmente.
6. Os membros da Corporación que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva da mesma deberán incorporarse ao grupo correspondente á listaxe electoral pola que foran elixidos, mediante escrito dirixido ao Sr. alcalde/alcaldesa cursado no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día da toma de posesión do cargo. A este escrito deberán acompañar a conformidade do voceiro/a do grupo ao que se adscriba.
7. Correspóndelle aos grupos políticos designar, mediante escrito da súa voceira ou voceiro dirixido ao presidente, aqueles dos seus compoñentes que os vaian representar en todos os órganos colexiados integrados por corporativos pertencentes aos diversos grupos e nomear aos suplentes que os substitúan.
ARTIGO 6.- MEMBROS NON ADSCRITOS
1. As/os concelleiras/os que adscritos inicialmente a un grupo desexen abandonalo, deberán dirixirse por escrito ao alcalde/alcaldesa e a efectividade do abandono do grupo municipal ao que pertencía será dende a data de presentación do escrito no Rexistro xeral do Concello. No caso de seren expulsados dun grupo político, o voceiro/a do mesmo presentará un escrito dirixido ao alcalde/alcaldesa no que se poña isto de manifesto, de xeito fidedigno e se acredite dita expulsión.
2. As/os concelleiras/os que opten por non incluírse en ningún grupo político municipal terán a consideración de concelleiras/os non adscritas/os.
3. A consideración dunha concelleira ou concelleiro como non adscrita/o non menoscabará, en ningún caso, os dereitos e obrigas que en canto á participación na organización municipal corresponde a toda concelleira/o de acordo co artigo 20 da Lei 7/1985, do 2 de abril de bases de réxime local. Terán o dereito de asistiren ás Comisións Informativas e Xunta de Voceiros convocadas de acordo co previsto neste regulamento e terán nas mesmas dereito de voto. Se o número de concelleiras ou concelleiros non adscritos impide que a composicións das Comisións Informativas se acomode á proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos representados na Corporación, dita proporcionalidade volverá ser calculada.
ARTIGO 7.- MEDIOS A DISPOSICIÓN.
1. Na medida das posibilidades funcionais de organización administrativa do Concello, poñerase, sempre que sexa posible, a disposición dos grupos políticos municipais unha infraestrutura mínima de medios materiais na Casa do Concello ou inmoble próximo pertencente ou alugado polo Concello, de acordo cos niveis de representación política de cada un deles, infraestrutura que poderá ser común para todos os grupos políticos.
2. Previa solicitude á Alcaldía, cunha antelación de cinco días hábiles, os grupos políticos municipais terán dereito ao uso de locais municipais destinados á celebración de xuntanzas, sempre que estean dispoñibles. Non se poderá usar o Salón de Plenos da Corporación para estas finalidades.
3. No se permitirá este tipo de xuntanzas coincidindo coas Xuntas de voceiros/as, Comisións Informativas, sesións do Pleno nin da Xunta de Goberno Local.
4. Os mesmos dereitos terán os/as concelleiras/os non adscritos, podendo, ante a insuficiencia de medios debidamente motivada, ter que compartiren os medios á súa disposición cos restantes grupos.
5. Por resolución motivada da Alcaldía- Presidencia establecerase o réxime concreto de utilización dos locais por parte dos Grupos Políticos Municipais, tendo en conta a necesaria coordinación funcional e de acordo cos niveis de representación política de cada un dos grupos.
ARTIGO 8.- VOCEIRAS/OS.
1. Será voceira ou voceiro de cada grupo municipal o que designen os membros no momento da súa constitución ou ben, o que sexa designado pola maioría dos seus compoñentes da listaxe respectiva en cada momento.
2. Os concelleiros/as non adscritos terán dereito a intervir en calidade de voceiros nas mesmas condicións que os voceiros de cada grupo municipal.
3. O voceiro/a de cada grupo será o encargado de intervir normalmente nas deliberacións dos asuntos.
4. As modificacións respecto aos voceiros/as ou suplente serán efectivas dende a presentación do escrito no Rexistro Xeral. En consecuencia na vindeira sesión plenaria que se celebre a continuación, fixarase a toma de coñecemento como punto da Orde do Día, despois de aprobar a acta se a houbese.
TÍTULO II. DA ORGANIZACION NECESARIA DO CONCELLO
ARTIGO 9.- ÓRGANOS MUNICIPAIS NECESARIOS
A organización do goberno municipal estruturarase nos seguintes órganos:
- Alcalde/alcaldesa,
- Tenente de alcalde
- Xunta de Goberno Local,
- Pleno do Concello,
CAPÍTULO I.- DO ALCALDE/ALCALDESA
ARTIGO 10.- ATRIBUCIÓNS DO ALCALDE/ALCALDESA.
1. O alcalde ou alcaldesa ostenta a máxima representación do municipio e é responsable da súa xestión política ante o Pleno.
2. Correspóndelle ao alcalde ou alcaldesa o exercicio das atribucións que as leis lle confiran.
3. Correspóndelle así mesmo ao alcalde ou alcaldesa o nomeamento dos/as tenentes de Alcalde.
ARTIGO 11.- DELEGACIÓNS DA ALCALDÍA.
O alcalde ou alcaldesa pode delegar o exercicio das súas atribucións, agás as de convocar e presidir as sesións do Pleno e da Xunta de Goberno Local, decidir os empates co voto de calidade, a concertación de operacións de crédito, a xefatura superior de todo o persoal, a separación do servizo dos funcionarios e o despedimento do persoal laboral, e as enunciadas nos parágrafos a), e), j), k), l) e m) do apartado 1 do artigo 21 da Lei 7/1985 do 2 de abril (LRBRL). Non obstante, poderá delegar na Xunta de Goberno Local o exercicio das atribucións contempladas no parágrafo j) da mesma lei.
ARTIGO 12.- DELEGACIÓNS XENÉRICAS.
1. As delegacións xenéricas, cando con esta expresión se confiran, referiranse a unha ou varias áreas ou materias determinadas e poderán abranguer tanto a facultade de dirixir os servizos correspondentes coma a de xestionalos, en xeral, incluída a facultade de resolver mediante actos administrativos que lle afecten a terceiros.
2. Agás mención expresa, inclúense nas devanditas delegacións todas aquelas que resulten necesarias para a axeitada xestión da área ou servizo. A título simplemente indicativo sinálanse as seguintes:
a. Dirixir, xestionar, inspeccionar e impulsar o servizo ou servizos e áreas respectivas.
b. Outorgar autorizacións sobre as materias delegadas.
c. Resolver mediante Decreto as cuestións que lle afecten a terceiros.
d. Asinar as propostas de acordo que servirán para a formación da orde do día dos Plenos e Xuntas de Goberno Local.
e. Asinar todas as disposicións que sexan precisas para o cumprimento das facultades anteditas.
ARTIGO 13.- OUTRAS DELEGACIÓNS
Poderá tamén o alcalde/alcaldesa efectuar delegacións en calquera concelleiro/a para a dirección e xestión de asuntos determinados incluídos no artigo anterior. Neste caso, o concelleiro/a que ostente unha delegación xenérica terá a facultade de supervisar a actuación dos concelleiros/as con delegacións especiais para labores específicos na súa área ou en caso contrario a supervisión será realizada pola Alcaldía titular da competencia orixinal.
Estas delegacións especiais poderán ser de dous tipos:
a) Relativas a un proxecto ou asunto determinado. Neste caso a eficacia da delegación poderá conter todas as facultades delegables do alcalde/alcaldesa, incluída a de emitir actos que afecten a terceiros.
b) Relativas a un determinado servizo. Neste caso a delegación comprenderá a dirección interna dos servizos correspondentes pero non poderá incluír a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
ARTIGO 14.- PROCEDEMENTO
As delegacións a que se refiren os artigos anteriores serán realizadas mediante Decreto do alcalde/alcaldesa que conterá o ámbito dos asuntos a que se refire a delegación, as facultades que se deleguen, así como as condicións específicas do exercicio destas na medida que se concreten ou aparten do réxime xeral previsto neste regulamento.
A delegación de atribucións do alcalde/alcaldesa fará efecto dende o día seguinte á data do Decreto, salvo que nela se dispoña outra cousa e sen prexuízo da súa publicación polos medios de costume, logo de aceptación.
De todas as delegacións e das súas modificacións darase conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre.
Os Decretos dos delegados inscribiranse no Libro de Resolucións da Alcaldía e poñerán fin á vía administrativa, salvo nos casos previstos na lei.
CAPÍTULO II.- DO TENENTE ALCALDE/ALCALDESA
ARTIGO 15.- NOMEAMENTO.
O nomeamento dos/as tenentes de alcalde/alcaldesa será realizado libremente polo alcalde/alcaldesa de entre os concelleiros que formen parte da Xunta de Goberno Local.
O nomeamento, así como o cesamento, farase mediante Decreto do alcalde/alcaldesa do que se dará conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, notificándose ademais persoalmente aos designados e facéndose público polos medios de costume, todo iso sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte á firma do Decreto polo alcalde/alcaldesa, se nela non se dispuxese outra cousa.
ARTIGO 16.- PERDA DA CONDICIÓN
A condición de tenente de alcalde/alcaldesa pérdese, ademais de polo cesamento, por renuncia expresa manifestada por escrito e por perda da condición de membro da Xunta de Goberno Local.
ARTIGO 17.- FUNCIÓNS.
1. Correspóndelle aos/ás tenentes de alcalde/alcaldesa en canto tales, substituíren o alcalde/alcaldesa na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite este para o exercicio das súas atribucións.
2. En caso de ausencia, enfermidade ou impedimento, as funcións do alcalde/alcaldesa non poderán ser asumidas polo/a tenente de alcalde/alcaldesa a quen corresponda sen expresa delegación na forma sinalada neste regulamento.
3. Non obstante o disposto anteriormente, cando o alcalde/alcaldesa se ausente do termo municipal por máis de vinte e catro horas, sen conferir a delegación ou cando por causa imprevista lle resultase imposible outorgala, substituirao o/a tenente de alcalde/alcaldesa a quen corresponda, dando conta ao resto da Corporación.
ARTIGO 18.- LIMITACIÓN DE FUNCIÓNS.
Nos supostos de substitución do alcalde/alcaldesa por razóns de ausencia ou enfermidade, o/a tenente de alcalde/alcaldesa que asume as súas funcións non poderá revogar as delegacións que tiver outorgado o primeiro.
CAPÍTULO III.- DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
ARTIGO 19.- FORMACIÓN e DELEGACIÓNS
1. A Xunta de Goberno Local intégrase polo alcalde e un número de concelleiros/as non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dándolle conta ao Pleno.
2. Os/as tenentes de alcalde substitúen, pola orde do seu nomeamento e nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, ao alcalde, sendo libremente designados e removido por este de entre os membros da Xunta de Goberno Local e, onde esta non exista, de entre os concelleiros/as.
3. O alcalde/alcaldesa pode delegar o exercicio de determinadas atribucións nos membros da Xunta de Goberno Local e, onde esta non exista, nos tenentes de alcalde, sen prexuízo das delegacións especiais que, para labores específicos, poida realizar en favor de calquera concelleiro/a, aínda que non pertencesen a aquela.
4. Correspóndelle ao alcalde/alcaldesa nomear e separar libremente os membros da Xunta de Goberno Local, cuxo número non poderá exceder dun terzo do número legal de membros do Pleno, ademais do alcalde/alcaldesa.
5. Todos os membros da Xunta de Goberno terán o mesmo réxime de honras, distincións, incompatibilidades, etc. e poderán dispoñer do mesmo réxime de retribucións.
ARTIGO 20.- FUNCIÓNS
Correspóndelle á Xunta de Goberno Local:
1. Como atribución propia e indelegable da Xunta de Goberno a asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas atribucións. A tal fin, a Comisión de Goberno será informada de todas as decisións do alcalde. Esta información terá carácter previo á adopción da decisión sempre que a importancia do asunto así o requira.
2. Así mesmo, a Xunta de Goberno exercerá as atribucións que lle deleguen, en virtude do disposto nos artigos 43 e 51 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais., o alcalde ou o Pleno, así coma aquelas atribucións que expresamente lle asignen as leis.
ARTIGO 21.¿ CONSTITUCIÓN E PERIOCIDADE DAS SESIÓNS
1. O Alcalde/Alcaldesa efectuará o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno dentro dos 30 días seguintes á constitución da Corporación. A Xunta de Goberno Local celebrará sesión constitutiva a convocatoria do alcalde/alcaldesa, dentro dos quince días seguintes a aquel en que éste designase os membros que a integran.
2. Correspóndelle ao Pleno fixar a periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno e ao Alcalde as das sesións extraordinarias.
3. As sesións extraordinarias e as urxentes terán lugar cando con tal carácter sexan convocadas polo alcalde/alcaldesa.
4. O alcalde/alcaldesa poderá en calquera momento reunir a Xunta de Goberno Local cando considere necesario coñecer o seu parecer ou pedir a súa asistencia con anterioridade a ditar Decretos en exercicio das atribucións que lle corresponden.
ARTIGO 22.- RÉXIME DE FUNCIONAMENTO
As sesións da Xunta de Goberno Local axustaranse ao disposto na lexislación vixente para as sesións plenarias, coas modificacións seguintes:
a) Entre a convocatoria e a celebración da sesión non poderán transcorrer menos de vinte e catro horas, salvo nos casos de sesións extraordinarias e urxentes, nas que, antes de entrar a coñecer os asuntos incluídos na orde do día, deberá ser ratificada a urxencia por acordo favorable da maioría dos membros.
b) As deliberacións da Xunta de Goberno Local serán secretas, sen prexuízo da publicidade e comunicación ás Administracións Estatal e Autonómica dos acordos adoptados, agás cando a Xunta de Goberno adopte acordos relativos a materias delegadas polo Pleno da Corporación, desenvolvéndose as deliberacións desta en acto público.
c) Para a válida constitución da Xunta de Goberno Local requírese a asistencia do terzo do número de membros que a compoñen, non podendo ser nunca inferior a tres incluídos o alcalde/alcaldesa e o secretario/a ou os que legalmente os substitúan. Este quórum deberá manterse durante toda a sesión. Se non existise quórum en primeira convocatoria, constituirase en segunda convocatoria, dúas horas despois da fixada para a primeira, co mesmo quórum mínimo sinalado anteriormente.
d) O alcalde/alcaldesa dirixe e ordena ao seu prudente arbitrio os debates no seo da Xunta de Goberno Local.
CAPÍTULO IV.- DO PLENO.
ARTIGO 23.- RÉXIME XERAL.-
1. O funcionamento das sesións do Pleno do Concello será o previsto na Lei da Administración Local de Galicia, na Lei de Bases de Réxime Local e no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións Locais, sen prexuízo do que se regulará nos artigos seguintes, asimilándose os concelleiros/as Non adscritos aos grupos políticos Municipais.
2. O réxime de sesións ordinarias será de unha mensual e así o fixará o Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre despois do Pleno constitutivo da corporación, que de acordo co artigo 46.2 a) da Lei 7/85, do 2 de abril deberá respectar a periodicidade mínima dun pleno ao mes.
3. A Xunta de Voceiros/as sinalará a situación no Salón de Plenos de cada un dos corporativos, tendo preferencia o grupo formado polos membros da listaxe que obtivera maior número de votos. No caso de que non se chegara a ningún acordo, o alcalde/alcaldesa da Corporación ditará a resolución correspondente, situando xuntos a todos os membros dun mesmo grupo municipal e tendo en conta, en calquera caso, que a colocación dos membros corporativos tenderá sempre a facilitar a emisión e reconto dos votos.
4. O presidente deberá garantir a liberdade de debate e votación, así coma ordenar debidamente a función das sesións, evitando nas mesmas manifestacións impropias e superfluas. Non se permitirá a exhibición ostentosa ou fóra de lugar de símbolos, carteis ou expresións gráficas de tendencias ou de peticións e reivindicacións
5. No caso de que se producise nalgún momento algún dos feitos que se detallan no apartado antedito, o presidente deberá ordenar a supresión ou agachado dos devanditos elementos, chegando incluso á expulsión dos seus responsables ou portadores se fora necesario para tal fin.
6. Similar comportamento deberá ser esixido do público, producíndose no caso contrario a súa expulsión inmediata.
ARTIGO 24.- ESTRUTURA DAS SESIÓNS PLENARIAS ORDINARIAS.-
O desenvolvemento das sesións ordinarias poderá axustarse á seguinte estrutura:
a) Aprobación da acta ou actas das sesións anteriores.
b) Asuntos ditaminados polas comisións informativas.
c) Proposicións non ditaminadas.
d) Asuntos de urxencia.
e) Mocións urxentes.
f) Dación de conta de Acordos da Xunta de Goberno Local, Decretos e Resolucións de Alcaldía ou concelleiros/as delegados/as.
g) Rogos
h) Preguntas.
i) Comparecencias formuladas polo público unha vez levantada a sesión sobre temas concretos de interese municipal, sempre e cando cumpran cos requisitos establecidos no artigo 7 do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Arteixo, cun máximo de dúas comparecencias por cada pleno e unha duración que non exceda dos dez minutos cada unha.
ARTIGO 25.- REMATE. UNIDADE DE ACTO.-
Tanto as sesións ordinarias de Pleno, coma as extraordinarias e extraordinarias de carácter urxente, respectarán o principio de unidade de acto e rematarán no mesmo día do seu comezo. Se este terminara sen que se debateran ou resolveran todos os asuntos incluídos na orde do día, o presidente poderá levantar a sesión. Neste caso os asuntos non debatidos incluiranse na orde do día da seguinte sesión.
Procurarase que a duración das sesións non exceda de seis horas.
ARTIGO 26.- AFORO E SEGURIDADE DO SALÓN DE PLENOS.
1. Colocarase un panel informativo no Salón de Plenos indicando o aforo limitado, que nestes momentos é de 91 persoas distribuídas do seguinte xeito: 55 persoas nas butacas destinadas para o público, 10 para os medios de comunicación e 24 butacas destinadas ás formacións políticas, deixando expeditos os corredores central e laterais.
2. A Policía Local velará polo cumprimento do aforo do Salón de Plenos así coma pola seguridade dentro do mesmo e na Casa do Concello durante a celebración do mesmo. Cando menos, un membro permanecerá no vestíbulo de entrada da Casa do Concello se o Pleno se desenvolve fóra do horario de apertura da mesma.
ARTIGO 27.- ORDE DO DÍA.
1. A orde do día será fixada polo Alcaldía- Presidencia, asistido polo secretario/a aínda que poderá solicitar tamén a asistencia das/dos concelleiras/os delegadas/os e consultar á xunta de voceiros/as.
2. Na orde do día só poden incluírse os asuntos que fosen previamente ditaminados, informados ou sometidos á consulta da comisión informativa correspondente, agás os asuntos non ditaminados propostos pola Alcaldía ¿ Presidencia.
ARTIGO 28.- MOCIÓNS.
1. Incluídas na orde do día
Moción é a proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno. Deberán formularse por escrito no Rexistro xeral de entrada antes de que se realice a convocatoria da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno. Cada grupo político poderá presentar un máximo de dúas mocións e os membros non adscritos unha.
2. Urxentes
Nas sesións ordinarias o presidente/a preguntará se algún grupo municipal, por razóns de urxencia, desexa someter á consideración do Pleno algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba á convocatoria. Estas mocións deberán referirse só a asuntos de competencia plenaria, entendendo por tales os establecidos no artigo 22 da Lei 7/85, de 2 de abril e do artigo 50 do ROF. Cada grupo político e membros non adscritos poderán presentar como máximo unha moción urxente.
ARTIGO 29.- TRAMITACIÓN DAS MOCIÓNS DE URXENCIA.
1. O voceiro/a do grupo político que presenta a moción xustificará a urxencia e o Pleno votaraa debendo acadar o quórum de maioría absoluta do número legal de membros da corporación, non podendo exceder a xustificación da mesma de tres minutos, e acto seguido se a urxencia prospera procederase ao seu debate (de acordo cos tempos establecidos neste regulamento para o debate dos asuntos e mocións incluídos na orde do día) e reflectirase o contido da mesma na acta da sesión.
2. De non prosperar a urxencia non se procederá á transcrición da mesma na acta e non se producirá debate.
3. As mocións de urxencia deberán anunciarse á Presidencia antes do comezo da sesión e entregaráselle copia da mesma á persoa que exercerá de secretario/a e os/as voceiros/as dos grupos municipais.
4. As mocións deberán presentarse en dous corpos separados:
a. Xustificación da urxencia.
b. Proposta que se somete a coñecemento do Pleno.
ARTIGO 30.- EXPOSICIÓN DO PUNTO DA ORDE DO DÍA.-
A consideración de cada punto engadido na orde do día, iniciarase mediante a exposición do asunto pola Alcaldía- Presidencia, quen poderá delegalo no voceiro/a do grupo político municipal gobernante, ou concelleira/o delegada/o, ou solicitar da secretaria/o que proceda sen máis a ler a proposta do alcalde ou o ditame da comisión informativa.
No suposto de propostas e mocións presentadas por grupos políticos, a exposición realizarase, nun prazo máximo de cinco minutos, polo voceiro/a do grupo propoñente ou pola/o concelleira/o en quen este delegue.
Se ninguén solicitase a palabra trala exposición, o asunto someterase a votación, e en caso de debate desenvolverase de acordo co establecido neste regulamento.
ARTIGO 31.- DESENVOLVEMENTO E DURACIÓN DO DEBATE.-
No caso de producirse debate dentro do asunto da orde do día a tratar, cumpriranse as seguintes normas:
1. Só poderá facerse uso da palabra previa autorización da Presidencia.
2. Os diversos grupos políticos municipais consumirán unha primeira quenda por orde decrecente de representatividade na corporación (esta medirase atendendo ao número de concelleiros/as, e se fora o mesmo ao de votos obtidos na listaxe electoral), intervindo en primeiro lugar os concelleiros/as non adscritos e, en último lugar, o grupo máis representativo en relación á composición da corporación. Esta primeira intervención non excederá de cinco minutos, podendo aumentar o alcalde/alcaldesa/presidente/a de xeito motivado a duración do mesmo.
3. De o solicitar algún grupo, procederase a unha segunda quenda. Esta segunda intervención non excederá de tres minutos
4. Nos plenos extraordinarios e extraordinarios urxentes o alcalde/alcaldesa presidente poderá ampliar de xeito motivado a duración da primeira intervención. Se o solicita algún grupo, procederase a unha segunda quenda. Esta segunda intervención non excederá da metade do tempo acordado para a primeira intervención, e en todo caso non será inferior a tres minutos.
5. O debate do asunto pecharase cunha intervención do alcalde/alcaldesa - presidente previo a votación correspondente.
6. A Presidencia velará porque se cumpran os tempos, procurando que as intervencións de todos os grupos teñan unha duración similar.
7. No caso da existencia de concelleiras/os non adscritas/os, respectaráselles os tempos antes sinalados nas súas intervencións.
ARTIGO 32.- RECESOS.-
A Presidencia poderá acordar, durante o transcurso dunha sesión, que se interrompa esta para permitir as deliberacións dos grupos sobre a cuestión debatida, para discurso dos debates, ou para descansar, se é o caso. Estas interrupcións non terán unha duración superior a dez minutos.
ARTIGO 33.- DACIÓN DE CONTA DE ASUNTOS.-
1. O alcalde/alcaldesa dará conta sucinta á corporación, en cada sesión ordinaria de Pleno, dos Acordos da Xunta de Goberno Local, Decretos e Resolucións de Alcaldía ou concelleiros/as delegados/as que se adoptasen dende a última sesión plenaria ordinaria, ben directamente ou por delegación, para que os concelleiros/as coñezan o desenvolvemento da administración municipal para os efectos de control e fiscalización dos órganos de goberno.
2. Do mesmo xeito procederase cos Bandos: Dándolle conta inmediata ao Pleno do Concello na primeira sesión que se celebre.
3. Cando un asunto a tratar no Pleno consista unicamente en ¿dar conta¿, o Presidente non abrirá unha quenda de intervencións.
4. De todas as delegacións e das súas modificacións darase conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre con posterioridade ás mesmas, así coma da súa aceptación.
ARTIGO 34.- CÓMPUTO DE VOTO E RESULTADO.-
Cando existan emendas ou votos particulares, someteranse a votación en primeiro lugar as emendas e votos particulares e, por último, as propostas.
Se o resultado dunha votación é positivo, non haberá máis debate nin votacións sobre o mesmo obxecto concreto da votación.
ARTIGO 35.- ROGOS.-
E a formulación dunha proposta de actuación dirixida a algúns dos órganos de goberno municipal.
Poden formular rogos todos os membros da Corporación o dos grupos políticos municipais a través dos seus voceiros ou voceiras, oralmente ou por escrito, sempre que os anuncien á Presidencia mediante escrito presentado no Rexistro xeral de entrada do concello con 24 horas de antelación ao comezo da sesión.
O/a presidente/a non estará obrigado a abrir unha quenda de intervencións neste punto, sendo a norma xeral prescindir do debate neste punto da orde do día.
En ningún caso os rogos poderán ser sometidos a votación.
O número máximo de rogos a tratar por sesión ordinaria será de tres por grupo, respectándose o mesmo número por concelleiro/a non adscrito, así mesmo no se poderá exceder de cinco minutos a exposición de todos os rogos que presente un mesmo grupo político ou membro non adscrito.
ARTIGO 36.- PREGUNTAS.-
1.- Definición.-
Pregunta é calquera cuestión formulada aos órganos de goberno no seno do Pleno co gallo de obter información. Por tal motivo, o texto das preguntas estará dirixido exclusivamente á identificar a cuestión e formular a pregunta, sen que sexan admisibles introduccións ou preámbulos innecesarios para o fin interpelativo.
Poden formular preguntas de resposta oral e de resposta escrita todos os membros da Corporación ou os grupos municipais a través dos seus voceiros.
O Presidente poderá acordar que a lectura en viva voz das preguntas formuladas por escrito se realice polo Secretario da Corporación, quen excluirá da lectura aqueles parágrafos innecesarios para contextualizar e formular a pregunta.
As preguntas deberán formularase de forma clara e concisa no Rexistro xeral de entrada con 48 horas de antelación á celebración do Pleno, especificando en dita solicitude se son de resposta oral ou por escrito.
En ningún caso haberá lugar a desenvolverse debate motivado por unha pregunta.
O alcalde/alcaldesa ¿ presidente/a non admitirá a trámite as preguntas nos seguintes casos:
· As que se refiran a asuntos alleos ás competencias municipais.
· As que sexan de exclusivo interese persoal de quen a formula ou de calquera outra persoa singularizada.
· As que supoñan unha consulta de índole estritamente xurídica.
2.- Preguntas de resposta oral.
Poderán presentarse por cada grupo ata un máximo de tres preguntas de resposta oral en cada Pleno ordinario que serán contestadas xeralmente polo seu destinatario/a na sesión seguinte, sen prexuízo de que o preguntado queira darlle resposta inmediata nesa mesma sesión.
O alcalde/alcaldesa- presidente/a poderá incluír na orde do día do Pleno as preguntas de resposta oral presentadas no Rexistro xeral de entrada antes de que se realice a convocatoria da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, ou pospoñelo á sesión ordinaria seguinte.
3.- Preguntas de resposta escrita.-
As preguntas de resposta escrita serán contestadas polo seu destinatario/a antes da celebración da sesión plenaria seguinte a que foron presentadas, sen prexuízo de que o preguntado queira darlle resposta oral inmediata na sesión plenaria.
ARTIGO 37.- GRAVACIÓN DAS SESIÓNS PLENARIAS.-
1. As sesións plenarias son públicas polo que se permite a gravación dos Plenos por calquera medio que facilite a súa difusión garantindo o dereito recoñecido constitucionalmente a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión, coa única excepción de que se trate de asuntos cuxo debate e votación sexa secreto por poder afectar ao dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da Constitución, cando así se acorde polo Pleno por maioría absoluta.
Pola alcaldía-presidencia poderáse limitar este dereito, de forma debidamente motivada, por razóns de limitación de aforo, de alteración do orde público, de concurrencia en masa de medios de comunicación ou calquera outro previsto na lexislación vixente que impida o desenvolvemento da sesión.
2. Colocarase un panel informativo na entrada e no interior do Salón de Plenos que poña de manifesto que as sesións plenarias poden ser gravadas.
3. A publicación dos datos gravados por calquera interesado implica unha cesión de datos ou comunicación de datos de carácter persoal amparada pola Lei sendo responsables do uso que se faga delas as persoas que os difundan e non o concello.
ARTIGO 38- CONVOCATORIAS DAS SESIÓNS.-
1. A Presidencia convocará aos concelleiros á sesión que corresponda coa antelación mínima fixada na Lexislación Local vixente, remitíndolles xunto coa comunicación de convocatoria a orde do día á que haberá de suxeitarse a sesión, na que figurarán numerados e salientados suficientemente os asuntos a tratar.
2. Os/as concelleiros/as acusarán recibo da convocatoria asinando en comunicación cursada para o efecto, podendo recibir tamén a convocatoria por medios telemáticos, debendo para iso facilitar un medio seguro para a notificación telemática que lle permita ao concello deixar constancia da súa recepción. Este medio telemático utilizarase con carácter preferente.
ARTIGO 39.- EXAME DOS EXPEDIENTES DO PLENO.-
1. Os/as concelleiros/as da corporación poderán examinar os expedientes ou antecedentes que teñan relación cos asuntos incluídos na orde do día.
2. O horario para o exame de expedientes será o correspondente ao normal de oficinas (de 8:00 horas a 15:00 horas) de luns a venres, tendo en conta a redución que se produce no período estival (horario de verán).
3. Non obstante, dito horario poderá ser ampliado pola Presidencia cando o número ou importancia dos asuntos así o requira. Dita ampliación será posta en coñecemento dos señores concelleiros/as e da Secretaría Xeral.
4. Baixo ningún concepto os expedientes poderán extraerse da Secretaría Xeral ou dependencia na que se atopen. Procurarase que a entrega de copias da información demandada se faga mediante documentos escanados que serán facilitados, preferentemente, por medios telemáticos.
5. Se varios concelleiros/as desexaran examinar os expedientes á vez, distribuiranos entre eles mesmos. A falta de acordo entre as/os interesadas/os someterase á decisión da Presidencia quen resolverá distribuíndo o tempo e os expedientes de forma que estes poidan ser vistos polas persoas que quixesen facelo.
6. As/os concelleiras/os do Concello de Arteixo, teñen o deber de gardaren reserva, en relación coas informacións que se lles facilite para facer posible o desenvolvemento da súa función e singularmente as que deben servir de antecedente para decisións futuras.
ARTIGO 40.- HORARIO. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DE PLENOS.-
1. Os plenos ordinarios celebraranse cunha periodicidade de unha sesión mensual de acordo coa lexislación vixente en materia de réxime local, non obstante, motivadamente, o pleno poderá trasladar a celebración da sesión ordinaria na semana inmediatamente anterior ou posterior.
2. Os días de celebración serán os últimos xoves de mes salvo que este fora inhábil que se trasladará ao seguinte día hábil.
3. O horario de celebración dos plenos será de mañá.
4. Os plenos extraordinarios e extraordinarios urxentes procurarán celebrarse tamén dentro do horario de atención ao público deste Concello.
5. Todos os plenos celebraranse no Salón de Sesións da Casa do Concello salvo que, de forma motivada ou xustificada pola Alcaldía e en atención á repercusión e transcendencia que os asuntos a tratar teñan para a veciñanza, poidan excepcionalmente celebrárense no Auditorio do Centro Cívico Cultural ou noutro local municipal adecuado para tal fin.
TÍTULO III.- DA ORGANIZACIÓN COMPLEMENTARIA DO CONCELLO
ARTIGO 41.- ÓRGANOS COMPLEMENTARIOS
Os órganos complementarios do Concello de Arteixo son:
- Os/as concelleiros/as delegados/as.
- As Comisións Informativas de asuntos do Pleno.
- A Comisión Especial de Contas que actuará como Comisión Informativa de Asuntos Económicos.
- A Xunta de Voceiros/as.
- A Mesa de Contratación.
ARTIGO 42.- CONCELLEIROS/AS DELEGADOS/AS
1. Os concelleiros/as- delegados/as son aqueles Concelleiros/as que ostentan algunha das delegacións de atribucións da Alcaldía, segundo se prevé no disposto neste regulamento.
2. Os/as concelleiros/as con delegación xenérica denominaranse poñentes. As delegacións xenéricas a favor dos membros da Xunta de Goberno Local terán as atribucións que se especifiquen no Decreto de delegación
3. A condición de concelleiro/a- delegado/a pérdese nos seguintes casos:
a) Por renuncia expresa, que haberá de ser formalizada por escrito perante a Alcaldía.
b) Por revogación da delegación, adoptada polo alcalde ou alcaldesa coas mesmas formalidades previstas para outorgala.
ARTIGO 43.- COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS DO PLENO.
1. O Concello de Arteixo, mediante este regulamento crea a Comisión Informativa de Asuntos do Pleno.
2. A composición concreta da mesma farase tendo en conta as seguintes regras:
a) O alcalde/alcaldesa é o presidente nato de todas elas, pero en todo caso a Presidencia efectiva poderá delegala a calquera concelleiro/a. Dita delegación realizarase mediante Decreto, dándose conta ao Pleno e publicidade no taboleiro de anuncios e no web municipal.
En todo caso o Presidente efectivo conservará o voto de calidade, para a resolución de empates.
b) A adscrición concreta a Comisións Informativa de Asuntos do Pleno dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación de cada grupo, realizarase mediante escrito do/a voceiro/a do mesmo por Rexistro Xeral dirixido ao alcalde/alcaldesa, e do que dará conta ao Pleno.
De igual xeito, designarase un ou unha suplente por cada titular. Terase en conta a especialidade dos concelleiros/as non adscritos/as, posto que todos poderán asistir á Comisión.
3. As Comisións Informativa de Asuntos do Pleno celebrará sesións ordinarias nas datas que estableza a Alcaldía- Presidencia da Corporación ou ao/a presidente/a da comisión, quen poderán así mesmo convocar sesións extraordinarias ou urxentes destas. A Alcaldía- Presidencia da Corporación ou o/a presidente/a da comisión terá a obriga de convocar sesión extraordinaria cando o solicite a cuarta parte, polo menos, dos membros da comisión. Neste caso e polo que respecta á orde do día, aplicarase o disposto no artigo 81 do ROF.
4. As convocatorias corresponden á Alcaldía- Presidencia ou ao/á presidente/a da comisión e deberán ser notificadas aos membros da comisión ou no seu caso aos grupos políticos municipais cunha antelación de dous días hábiles, salvo as urxentes. En todo caso, achegarase mediante escrito a orde do día das comisións.
5. As reunións Comisións Informativa de Asuntos do Pleno celebraranse normalmente no Salón de Sesións da Casa do Concello, Alcaldía, ou ben na dependencia que se sinale na convocatoria.
6. Os ditames da Comisións Informativa de Asuntos do Pleno teñen carácter preceptivo e non vinculante.
7. A Comisión Informativa de Asuntos do Pleno é un órgano sen atribucións resolutivas que ten por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que se sometan á decisión do Pleno, salvo cando se trate de sesións extraordinarias urxentes ou de mocións.
8. A Comisión Informativa de Asuntos do Pleno estará integrada pola Alcaldía- Presidencia amais polos representantes dos grupos políticos municipais en proporción á súa representación. Integraranse tamén neste órgano os/as concelleiros/as que teñan a condición de non adscritos/as.
ARTIGO 44.- COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS.-
1. A Comisión Especial de Contas é de existencia preceptiva, segundo dispón o artigo 116 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e a súa constitución, composición e integración e funcionamento axústase ao establecido para as demais Comisións Informativas.
2. A Comisión Especial de Contas actuará como Comisión Informativa de Asuntos Económicos, relativos á economía e á facenda da entidade.
3. Correspóndelle á Comisión Especial de Contas o exame, estudo e informe de todas as contas orzamentarias e extraorzamentarias, que debe aprobar o Pleno da Corporación de acordo co establecido na lexislación reguladora en materia de Facendas Locais.
4. A creación e composición da Comisión Especial de Contas, realízase neste regulamento, sendo as normas de funcionamento as mesmas cás da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno.
5. As convocatorias correspóndenlle á Alcaldía- Presidencia ou ao/á presidente/a da comisión e deberán ser notificadas aos membros da comisión ou no seu caso aos grupos políticos municipais cunha antelación de dous días hábiles, salvo as urxentes; as previstas para informe da Conta Xeral, será como mínimo de 15 días. En todo caso, achegarase mediante escrito a orde do día das comisións.
6. As reunións da Comisión Especial de Contas celebraranse normalmente no Salón de Sesións da Casa do Concello, na Alcaldía, ou ben na dependencia que se sinale na convocatoria.
ARTIGO 45.- XUNTA DE VOCEIROS/AS.-
1. A Xunta de Voceiros/as é un órgano de consulta e negociación política sendo a súa misión a de asistir e asesorara ao alcalde ou alcaldesa na súa condición de presidente da sesión do Pleno, naqueles asuntos que estime de interese corporativo
2. A Xunta de Voceiros/as está integrada polos/as voceiros/as de todos os grupos políticos municipais e presidida pola Alcaldía - Presidencia; e actuará como secretario/a o que o sexa da corporación ou funcionario/a en quen delegue
3. Poderá constituírse a Xunta de Voceiros/as, se así o acorda o Pleno do Concello, a iniciativa do alcalde- presidente ou dunha cuarta parte dos concelleiros/as.
4. As sesións da Xunta de voceiros/as terán carácter deliberante non se adoptarán acordos nin resolucións con forza de obrigar a terceiros.
5. O/a secretario/a levantará acta limitada só ás conclusións, se as houbera.
6. A Xunta de voceiros/as deberá convocarse como mínimo con dous días hábiles de antelación salvo por razóns de urxencia debidamente motivada no que o prazo pode ser inferior.
7. A Xunta de voceiros/as reunirase cando así o convoque a Alcaldía- Presidencia, mediante decreto, que poderá ser notificado por medios telemáticos, telefonicamente ou por Fax.
ARTIGO 46.- MESA CONTRATACIÓN
1. A Mesa de Contratación regulamentarase de acordo coa lexislación vixente en materia de contratación co sector público, así coma toda a normativa que poida ser de aplicación.
2. Non é obxecto deste regulamento a composición, funcións, determinacións, etc., que en todo caso, se así se decidise, se desenvolverá en texto independente.
TÍTULO IV. ACTAS, BANDOS E RESOLUCIÓNS
ARTIGO 47.- REDACCIÓN
1. As actas das sesións e reunións celebrados polos órganos políticos, redactaranse en lingua galega, co contido establecido no artigo 50 do Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e o artigo 109 do Real Decreto 2568/86, regulamento de organización e funcionamento das entidades locais.
2. As actas dos plenos municipais adoptarán, como norma xeral, o sistema de viedoactas, sempre que tecnicamente sexa posible.
O vídeo acta é un documento público e oficial, rubricado e validado por quen exerce as funcións de fedatario público, o/a Secretario/a Xeral do Concello ou o/a funcionario/a que exerza as súas función.
Co obxecto de outorgar a adecuada protección á intimidade das persoas que asistan ás sesión do Pleno, non serán gravadas nin emitidas as imaxes do público asistente, salvo que outorguen expresamente o seu consentimento para a gravación e difusión das intervencións e imaxes que se obteñan.
Os vídeo actas terán o contido previsto no apartado anterior deste artigo.
ARTIGO 48.- OS LIBROS DE ACTAS
Os libros de actas, de decretos e de resolucións confeccionaranse coas esixencias de seguridade e integridade que establece o ROF nos seus artigos 198, 199, 200 e 201.
Os libros de actas estarán compostos de follas móbiles empregándose o papel selado e numerado pola Xunta de Galicia. Unha vez aprobadas as actas das sesións transcribiranse no Libro correspondente ás sesións plenarias. Deben de estar asinados polo alcalde ou presidente da Sesión e polo secretario/a. Estas normas aplicaranse para o libro de Actas de Plenos e de Actas da Xunta de Goberno Local.
As actas das Comisións Informativas, non requirirán transcrición en papel selado e numerado da Xunta de Galicia; nembargante, farase Libro para o efecto, con dilixencia de apertura, peche e número de follas, asinadas polo/a secretario/a xeral e polo/a presidente/a da Comisión.
Impulsarase a implantación dos sistemas informáticos para a xestión electrónica dos libros de actas, de decretos e resolucións.
ARTIGO 49.- BANDOS e RESOLUCIÓNS.
1.- Bandos
Os bandos teñen como finalidade exhortar á cidadanía á observancia das obrigas e deberes establecidos nas leis e nas ordenanzas e regulamentos municipais, actualizar os seus mandatos cando se produzan as situacións que contemplen, recordar o contido preciso das devanditas obrigas e os prazos establecidos para o seu cumprimento, así coma efectuar convocatorias populares con motivos de acontecementos cidadáns ou, no seu caso, facer fronte a situacións de catástrofe ou extraordinarias.
Os bandos poden ser ordinarios e extraordinarios, sendo ordinarios os que atenden a situacións de normalidade e extraordinarios os que se ditan nos casos de catástrofe, infortunio público ou grave risco mentres persista a situación, adoptando as medidas necesarias e axeitadas para garantir a integridade das persoas e dos bens do termo municipal.
Para a difusión xeral á poboación dos Bandos ordinarios e extraordinarios poderá utilizarse calquera medio audiovisual ou escrito. Os bandos publicaranse na páxina web do Concello e, en todo caso, no taboleiro de anuncios da Corporación.
2.- Resolucións.
As resolucións que adopte o Alcalde/alcaldesa no exercicio das súas competencias así coma os que adopten os concelleiros/as por delegación da Alcaldía, denominaranse Decretos da Alcaldía, que serán consignados, ademais de nos expedientes administrativos de que deriven, nun libro habilitado para o efecto na Secretaría Municipal.
Os decretos serán publicados, cando así o esixa a Lei ou se considere necesario, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
TÍTULO V.- ESTATUTO DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN
ARTIGO 50.- REPRESENTACIÓN PROTOCOLARIA
A representación do Concello de Arteixo efectuarase de maneira corporativa ou unipersoal.
- A representación corporativa realizarase por toda a corporación.
- A representación unipersoal correspondente ao alcalde/alcaldesa- presidente que poderá exercela persoalmente ou por delegación.
ARTIGO 51.- CARNÉ DE CONCELLEIRO/A
1. Os concelleiros/as disporán dun carné corporativo que acredite a súa condición de concelleiro/a desta Corporación de acordo co seguinte modelo:
2. O presente carné deberá ser depositado na Secretaría Xeral cando sobreveña calquera das causas de perda da condición de concelleiro/a no momento de presentar a declaración de cesamento no Rexistro de intereses.
ARTIGO 52.- DEREITO A INFORMACIÓN.
1. Todos/as as persoas que son membros das Corporacións locais teñen dereito a obteren do Alcalde -Presidente ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función.
2. As solicitudes de petición de información deberán realizarse por escrito de xeito motivado e razoadamente, presentado perante o Rexistro xeral do Concello.
3. Cando se reclame por unha concelleira/o calquera tipo de información, deberá atenderse e facilitárselle coa maior dilixencia posible. Non obstante, cando a petición sexa de difícil cumprimento pola súa extensión ou cando o traballo de facilitala supoña prexuízo para o servizo correspondente, poderá demorarse a información mediante decisión motivada.
4. A emisión de copias dos expedientes farase, na medida do posible, mediante documentos escanados, empregando medios telemáticos.
5. A consulta de calquera tipo de documentación deberá realizarse sempre no Departamento municipal no que figure ese expediente e sempre diante dun funcionario que levantará dilixencia de acceso á mesma co visto e prace do concelleiro solicitante da mesma de ter accedido o solicitado. En ningún caso poderá sacarse a documentación orixinal das dependencias onde se encontre.
6. As/os concelleiras/os velarán porque a atención das súas peticións de información non entorpezan o normal funcionamento da dependencia correspondente.
7. As/os concelleiras/os teñen o deber de gardaren reserva en relación coas informacións que se lles faciliten e queda expresamente prohibida a reprodución exacta da documentación facilitada para o seu estudo nin a súa gravación por calquera medio. O alcalde/alcaldesa poderá sancionar ás/ós concelleiras/os polo incumprimento destas obrigas, nos termos que se establezan polas leis do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia.
8. Todos os Grupos Políticos disporán na Casa do Concello dunha caixa de correo pechada para a correspondencia oficial interior e para a de procedencia externa.
ARTIGO 53 .- REXISTRO DE INTERESES.-
1. O Pleno da Corporación aprobará os modelos de:
· DECLARACIÓN DE BENS PATRIMONIAIS E DA PARTICIPACIÓN EN SOCIEDADES,
· CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E RELACIÓN DE ACTIVIDADES,
Sendo os vixentes á entrada en vigor deste regulamento os aprobados polo Pleno da Corporación de data trinta e un de marzo de 2011, que se incorporarán como anexo a este regulamento.
2. Durante os meses de xullo dos anos do seu mandato, todos os concelleiros/as que compoñen a Corporación municipal teñen a obriga de presentar na Secretaría Xeral, debidamente cuberta:
· A declaración de bens e dereitos patrimoniais e da participación en sociedades,
· Copia compulsada da liquidación do Imposto sobre a renda das persoas físicas,
3. Asemade, calquera modificación ou declaración complementaria deberá notificarse no inmediato mes seguinte á Secretaría Xeral mediante copia compulsada das mesmas.
4. Os modelos de declaración de bens patrimoniais e da participación en sociedades de todo tipo do Concello de Arteixo publicaranse con carácter anual, no mes de agosto, na páxina web municipal, que será de libre acceso. A mesma publicación levarase a cabo coas declaracións presentadas con ocasión do cesamento no cargo ou ao final do mandato ou de producirse calquera modificación.
5. Para salvagardar a privacidade e seguridade dos membros da Corporación excluiranse, tendo en conta a Lei 13/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais como: DNI, enderezos, números de teléfono, números de contas bancarias, matrículas de automóbiles e calquera outro que corresponda en aplicación da antedita normativa, así coma a localización dos seus bens.
6. O departamento de informática do Concello en colaboración directa coa Secretaría Xeral dará cumprimento á publicidade na páxina web municipal dos modelos de declaracións así coma á incorporación dos datos persoais que serán tratados no ficheiro ¿REXISTRO DE INTERESES¿ do Concello de Arteixo sendo a finalidade coñecer os bens e as causas de posible incompatibilidade e actividades dos membros da Corporación, podendo ser utilizados de conformidade co establecido no artigo 75.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, regulamentadora das bases de réxime local. O/a interesado/a poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, polos motivos indicados na Lei orgánica 15/1999, presentando a solicitude no Rexistro xeral do concello.
7. De todas as declaracións que se presenten entregarase unha copia dilixenciada ao interesado ou interesada e o orixinal quedará na Secretaría Xeral durante o mandato do declarante, para a súa custodia en lugar pechado.
8. Ao rematar o mandato da Corporación as declaracións presentadas ao iniciarse ou as que foron presentadas durante o mesmo encadernaranse e arquivaranse definitivamente.
9. A secretaria ou secretario municipal velará polo cumprimento desta obriga, poñendo, se fose o caso, en coñecemento da autoridade competente a omisión da mesma.
ARTIGO 54.- ACCESO AO REXISTRO E INTERESES.
1. O acceso ao Rexistro de causas de incompatibilidade, de actividades e de bens patrimoniais, será o establecido na lexislación vixente.
ARTIGO 55.- DEREITOS ECONÓMICOS.
1. Os membros da Corporación terán dereito a percibiren retribucións polo exercicio dos seus cargos cando os desempeñen con dedicación parcial ou exclusiva, en cuxo caso serán dados de alta no Réxime xeral da Seguridade Social, asumindo a Corporación o pagamento das cotas empresariais correspondentes.
2. Así mesmo os membros da Corporación, incluídos os que desempeñan cargos en réxime de dedicación exclusiva, terán dereito a percibiren indemnizacións polos gastos ocasionados polo exercicio do seu cargo, logo de xustificación documental.
3. Só os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva ou parcial percibirán asistencias pola concorrencia efectiva a sesións dos órganos colexiados dos que formen parte.
4. O Pleno da Corporación, con cargo aos orzamentos anuais da mesma, poderá asignar aos grupos políticos municipais unha dotación económica que deberá contar cun compoñente fixo, idéntico para todos os grupos, e outro variable en función do número de membros de cada un deles, dentro dos límites que, no seu caso, se establezan con carácter xeral na Lei de orzamentos xerais do Estado, e sen que se poidan destinar ao pagamento de remuneracións de persoal de calquera tipo ao servizo da Corporación ou á adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial
5. Os grupos políticos municipais deberán levar unha contabilidade específica da dotación a que se refire o antedito parágrafo, que poñerán a disposición do Pleno da Corporación sempre que este así o requira ou, no seu defecto, na primeira sesión ordinaria anual do mes de xaneiro que se celebre, a contabilidade correspondente ao exercicio do ano anterior. Esta contabilidade estará sempre a disposición do Sr/a. Interventor/a municipal.
ARTIGO 56.- DEREITO E DEBER DE ASISTENCIA.-
Os membros da Corporación terán o dereito e a obriga de asistiren a todas as sesións do Pleno e das Comisións das que formen parte, salvo causa xustificada que llo impida e que deberán comunicar con antelación abondo ao Presidente do órgano correspondente, ben directamente ou ben a través dalgún concelleiro do seu grupo.
ARTIGO 57.- ABSTENCIÓNS E RECUSACIÓNS.-
No exercicio dos seus cargos, os membros da Corporación observarán, en todo momento, as normas sobre incompatibilidades establecidas no ordenamento vixente e absteranse de participar na deliberación, votación, decisión e execución de calquera asunto se concorren nel algunhas das causas a que se refire a lexislación sobre procedemento administrativo e contratos das Administracións Públicas.
A actuación dos membros da Corporación en que concorran as devanditas causas comportará, se foi determinante, a invalidez dos actos en que interviñeron.
ARTIGO 58.- RESPONSABILIDADE.
Os membros da Corporación están suxeitos a responsabilidade civil e penal polos actos e omisións realizados no exercicio do seu cargo. As responsabilidades esixiranse ante os Tribunais de xustiza competentes e tramitaranse polo procedemento ordinario aplicable.
Son responsables dos acordos da Corporación os membros desta que os tivesen votado favorablemente.
A Corporación Municipal poderá esixir a responsabilidade dos seus membros cando por dolo ou culpa grave causen danos e perdas á propia Corporación ou a terceiros, se estes tivesen que ser indemnizados por aquela.
O Presidente da Corporación poderá sancionar con multa os membros desta por falta non xustificada de asistencia ás sesións ou por incumprimento reiterado das súas obrigas, nos termos que legalmente se establecen.
ARTIGO 59.- DEBER DE RESERVA E SIXILO.-
Todos os membros da Corporación teñen a obriga de gardar reserva e sixilo en relación coas informacións que se lles faciliten para facer posible o desenvolvemento das súas funcións, singularmente das que servirán de antecedentes para decisións que aínda se encontren pendentes de adopción, así coma para evitar a reprodución de documentos que poidan facilitárselle para o seu estudo.
TÍTULO VI.- DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ E O DEFENSOR DA VECIÑANZA
ARTIGO 60.- PROCEDEMENTOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
O réxime orgánico xurídico así coma os procedementos de participación cidadá son obxecto de regulación regulamentaria independente.
ARTIGO 61.- DEFENSOR DA VECIÑANZA
Co fin de defender os dereitos da veciñanza ante a Administración Municipal créase o órgano denominado Defensor da Veciñanza.
A constitución, organización e funcionamento deste órgano será obxecto do correspondente Regulamento específico e independente.
Nos orzamentos municipais destinarase unha partida para sufragar os gastos do órgano denominado Defensor da Veciñanza.
O Pleno da Corporación municipal, a proposta do alcalde poderá nomear ao Defensor da Veciñanza.
DISPOSICIÓNS
DISPOSICIÓN ADICIONAL
En tanto que o presente Regulamento está adecuado á Lei de Bases de Réxime local, trala modificación efectuada pola Lei 57/2003 e leis posteriores que a modificaron, este será de aplicación preferente ás disposicións normativas anteriores que conteñan previsións que contradigan á devandita Lei de Bases.
En particular, en canto á regulación do Pleno, as disposicións do presente regulamento serán de aplicación preferente ás contidas no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, que regulan a mesma materia.
Non obstante, no non previsto neste Regulamento, estarase, con carácter supletorio, ó previsto na Lexislación vixente en materia de réxime local e no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
A partir da entrada en vigor do presente Regulamento orgánico quedarán derrogadas todas as disposicións do Concello de Arteixo, que se opoñan, contradigan ou resulten incompatibles co mesmo.
DISPOSICIÓN FINAL
ÚNICA.- ENTRADA EN VIGOR
O presente Regulamento entrará en vigor aos quince días da súa completa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña de acordo co establecido no artigo 70 en relación co 65.2 da Lei 7/1985 de 2 de abril, permanecendo vixente até que se acorde a súa modificación ou expresa derrogación.
ANEXO
ANEXO I
REXISTRO DE INTERESES
DECLARACIÓN DE BENS PATRIMONIAIS E DAPARTICIPACIÓN EN SOCIEDADES
Corporación: ANO 20____ /20_______ | Data de anotación _____/_____________/______ |
Número Rexistro ________________ |
Datos do/da declarante | ||
Apelidos e nome | DNI | |
Domicilio Rúa | C.Postal | |
Localidade | Provincia | Teléfono |
Tipo de declaración | |
Sinale cun X o recadro que proceda | |
- Inicial (Antes da toma de posesión) | - Anual |
- Modificación (Variación das circunstancias de feito) | - Final (declaración por cesamento no cargo) |
En cumprimento do disposto no artigo 75.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o/a que subscribe, cuxos datos de identidade arriba se consignan, formula a presente declaración de bens patrimoniais e da participación en sociedades que consta de _____ páxinas e manifesta, baixo a súa responsabilidade, que os datos son rigorosamente certos:
1.-PATRIMONIO INMOBILIARIO | |||||||
Clase (1) | Tipo (2) | Descrición | Ref. catastral | Valor Catastral | % de participación | Data de Adquisición | Observacións |
| | | | | | | |
| | | | | | | |
| | | | | | | |
| | | | | | | |
| | | | | | | |
| | | | | | | |
(1) Clase de ben: R:rústico; U:urbano
(2) Tipo de dereito: P:pleno dominio; N:nuda propiedade; M:multipropiedade, propiedade a tempo parcial ou fórmulas semellantes, con titularidade parcial do ben; D:dereito real de uso e goce; C:concesión administrativa.
- Nada que declarar neste epígrafe 1.
Se o espazo reservado para indicar os bens é insuficiente, indique o número de follas adicionais que se xuntan: ______
2.-DEPÓSITOS EN CONTA CORRENTE, DE AFORRO E OUTROS TIPOS DE IMPOSICIÓNS EN CONTA | |
Clase | Entidade de depósito |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
| |
- Nada que declarar neste epígrafe 2.
Se o espazo reservado para indicar as imposicións é insuficiente, indique o número de follas adicionais que se xuntan: ______
3.-OUTRO PATRIMONIO MOBILIARIO | ||||
Clase | Denominación e obxecto social | % de participación | Data de adquisición ou subscrición | Sociedades participadas |
Accións e participacións de todo tipo en sociedades e institucións de investimento colectivo | | | | |
| | | | |
| | | | |
| | | | |
Seguros de vida, plans de pensións, rendas temporais e vitalicias | Denominación e obxecto social | Data de adquisición ou subscrición | ||
| | |||
| | |||
| | |||
| | |||
Débeda pública, obrigas e bonos | | | ||
| | |||
| | |||
| | |||
Outros bens patrimoniais (dereitos derivados da propiedade intelectual ou industrial, obrigas de pagamento, etc..) | | | ||
| | |||
| | |||
| |
- Nada que declarar neste epígrafe 3.
Se o espazo reservado para indicar os bens é insuficiente, indique o número de follas adicionais que se xuntan: ______
4.-VEHÍCULOS (1) | ||
Clase | Marca-Modelo | Data de Matriculación |
| | |
| | |
| | |
(1) Automóbiles, embarcacións, aeronaves...etc.
- Nada que declarar neste epígrafe 4.
Se o espazo reservado para indicar os bens é insuficiente, indique o número de follas adicionais que se xuntan: ______
5.-OBRAS DE ARTE, XOIAS, OUTROS BENS* | ||
Clase | Descrición | Data de Adquisición |
| | |
| | |
| | |
*Decláraranse aqueles cuxo importe supere os 6.000 €
- Nada que declarar neste epígrafe 5.
Se o espazo reservado para indicar os bens é insuficiente, indique o número de follas adicionais que se xuntan: ______
6.-SEMOVIENTES | |||
Especie | Nº de cabezas | Descrición | Observacións |
| | | |
| | | |
| | | |
- Nada que declarar neste epígrafe 6.
Se o espazo reservado para indicar os bens é insuficiente, indique o número de follas adicionais que se xuntan: ______
7.-LIQUIDACIÓN DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS
- Achégase copia cotexada da liquidación do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio ______ (especificar ano)
- Manifesta que no exercicio ______ non ten obriga de declarar.
8.-LIQUIDACIÓN DO IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES
- Achégase copia cotexada da liquidación do imposto sobre Sociedades correspondente ao exercicio ______ (especificar ano)
- Manifesta que no ejercicio _______ non ten obriga de declarar.
Arteixo, ___________de ____________ de 20___
ANEXO II
REXISTRO DE INTERESES
DECLARACION DE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E RELACIÓN DE ACTIVIDADES
Declaración núm._______ Data de presentación.___________
Periodo do 20____ a 20____
TIPO DE DECLARACIÓN:
Sinale cun X o recadro que proceda | |
- Inicial (Antes da toma de posesión) | - Anual |
- Modificación (Variación das circunstancias de feito) | - Final (declaración por cesamento no cargo) |
A persoa que suscribe, D/Dª. ........................................................, en calidade de concelleiro/a ............................ (electo, en exercicio, cesante), deste Concello, en posesión de Documento Nacional de Identidade número ..........................., de data ........................, en cumprimento do disposto polo artigo 75.7 da lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime (modificado por lei 14/2000, de 29 de decembro) e artigos 30 e 31 do Regulamento de organización, funcionamiento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado por Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, en aplicación do artigo 30 deste Regulamento, formula a seguinte DECLARACIÓN sobre as materias que a continuación de detallan.
Primeiro.- Causas de posible incompatibilidade, segundo sinala núm. 1, parágrafo 2º do citado artigo 75 da referida Lei:
Segundo.- Relación de actividades e ocupacións Profesionais, mercantís ou industriais, traballos por conta allea e outras fontes de ingresos privados con especificación do seu ámbito e carácter dos empregos ou cargos que se ostenten en entidades privadas, así como o nome ou razón social das mesma:
Terceiro.- Outros intereses ou actividades privadas que, aínda non sendo susceptibles de proporcionar ingresos, afectan ou estean en relación co ámbito de competencias da Corporación:
Cuarto.- En caso de producirse causa de incompatibilidade no cargo de Concelleiro, durante o mandato, comprométome a poñela en coñecemento da Corporación de forma inmediata.
E para os mencionados efectos legais, asino a presente declaración sobre causas de posible incompatibilidade e relación de actividades en Arteixo a ... de ....................dous mil .....
DILIXENCIA.-
Como secretario desta Corporación fago constar que a precedente declaración foi presentada no Rexistro de Intereses no día da data indicada. Certifico en Arteixo a ........... de .......................... de dous mil ..........