Índice

Rianxo - Prezos públicos para curso de lingua de signos española - 30 horas -presencial - nivel básico usuario A1.1

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/02/2025 BOP Nº: 39
Aplicable dende: 26/02/2025

Tarifa

A Xunta de Goberno do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o día 20.02.2025, acordou a aprobación de prezo público para o Curso de Lingua de signos Española -30 horas ¿ presencial-Nivel Básico Usuario A1.1 tal e como se indica a continuación:

1. Aprobar a cota por persoa participante que será de 50 euros por participante.

2. Establecer o prezo reducido de 35,00 euros como medida de apoio a persoas: en situación de desemprego, estudantes, membros de familias numerosas, persoas con discapacidade e persoas vítimas de violencia de xénero

3. As condicións para a xestión recadadora do evento serán as que establece a normativa municipal sobre prezos públicos; en todo caso, o ingreso do prezo público polo usuario realizarase con carta de pago emitida pola Recadación municipal a partir dos datos emitidos polo departamento xestor unha vez pechado o período de pre-inscrición, e en todo caso sometidas ao criterio da Tesourería municipal.