Coristanco - Prezo público Campamento Semana Santa

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 14/03/2025 BOP Nº: 50
Aplicable dende: 14/03/2025

1.- Tarifa, pago e devolucións.

Con data 7 de marzo de 2025 a Xunta de Goberno Local aprobou o prezo público da actividade Campamento Semana Santa segundo o seguinte detalle:

1. Aprobar a seguinte tarifa para a actividade Campamento Semana Santa 2025: 20 euros persoa.

As tarifas exisiranse en réxime de autoliquidación, debendo efectuarse o abono do importe con carácter previo á prestación do servizo previamente solicitado.

Unicamente procederá a devolución das cotas aboadas por adiantado nos casos en que non se preste o servizo por causas imputables ao Concello, rateando no seu caso polo tempo no que non se puido prestar o servizo.

2.- Bonificacións

2. Aprobar as seguintes bonificacións a aplicar nas tarifas anteriores:

BAREMO PARA A BONIFICACIÓN DAS TARIFAS

 


A- SITUACIÓN SOCIO-FAMILIAR

PUNTOS

Mulleres víctimas violencia xénero

2

Familia monoparental

2

Familia numerosa

2

Dous o mais crianzas usuarias do mesmo núcleo familiar

2

Calquera outra situación socio-familiar susceptible de valoración

1

B-SITUACIÓN ECONÓMICA MEMBROS UD. FAMILIAR (RENDA PCAP.)

 


Menor ou igual ao 75 % do IPREM (12 meses)

5

Menor ou igual ao 125 % do IPREM (12 meses)

4

Menor ou igual ao 175 % do IPREM (12 meses)

3

Superior ao 175 % do IPREM (12 meses)

2


A bonificación que se aplicará se determinará en función da suma dos puntos do apartado anterior e conforme o seguinte:

PUNTUACIÓN

REDUCCIÓN SOBRE A TARIFA

De 10 puntos en diante

50%

De 8 a 10 puntos

25%

Menos de 8 puntos

sen reducción


As persoas usuarias que pretendan a aplicación das bonificacións recollidas no apartado anterior deberán presentar a documentación xustificativa coa súa solicitude de participación na actividade.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por unidade familiar o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas por matrimonio ou calquera outro tipo de relación estable análoga á conxugal e/ou de parentesco ou as unidades de convidencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.

A efectos da aplicación destas bonificacións, enténdese por familia monoparental, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non convivan con outra persoa coa que manteña unha situación análoga á conxugal e as fillas ou fillos menores ao seu cargo, sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa económicamente ao seu substento.