Vedra - ORDENANZA FISCAL NÚM. 17 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
ARTIGO 1.- CONCEPTO
De conformidade co previsto no artigo 20 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, especificado nas tarifas comprendidas nos artigos 16 e 18 da Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar, e que se rexerán pola presente ordenanza fiscal.
ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito, desta taxa a prestación efectiva do servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia e do servizo de axuda no fogar ás persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, polo órgano competente da Comunidade Autónoma, se lle asigne a axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención (PIA) ou como respiro complementario doutro recursos ou prestación. A participación no servizo será esixible tanto se os servizos son prestados directamente, como de xeito indirecto a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público.
ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS
Serán suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes da taxa reguladora na presente ordenanza:
a) As persoas recoñecidas como dependentes, ao abeiro da Lei 39/2006, do 14 de decembro e teñan recoñecido o servizo de axuda no fogar na correspondente resolución do programa individual de atención e estean dadas de alta no servizo.
b) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo ao estipulado na Ordenanza Reguladora do Servizo de Axuda no Fogar.
Se a persoa beneficiaria carece da capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal, ou no seu caso, sobre quen exerza de gardador de feito.
ARTIGO 4.-RESPONSABLES
1.-Responderan solidariamente das débedas as persoas ou entidades ás que se refire o artigo. 42 da Lei 58/2003 do 17 de decembro xeral tributaria.
1.2-Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003 do 17 de decembro xeral tributaria
ARTIGO 5.- COTA TRIBUTARIA
A cota tributaria será o resultado de aplicar o disposto nos artigos 16 e 18 para persoas usuarias da modalidade de Libre Concorrencia e nos artigos 15 e 17 na modalidade de Dependencia respectivamente , da Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar.
ARTIGO 6.-NORMAS DE XESTION
6.1-As normas de altas modificacións e baixas na prestación do servizo son as recollidas nos artigos 8, 9. 12 e 13 da Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar.
6.-2- As taxas contempladas nesta Ordenanza satisfaranse con carácter posterior á prestación do servizo e con carácter específico durante a primeira quincena do mes seguinte.
6.3-Por parte do Concello elaborarase un recibo individual có importe correspondente ao servizo prestado no mes anterior que se remitirá á entidade bancaria elixida pola persoa beneficiaria para que se efectúe o pagamento.
6.-4-O Concello de Vedra revisará e adaptará anualmente as porcentaxes correspondentes ás achegas das persoas usuarias segundo o contemplado no artigo 12 e 19 da Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar así como nas modificacións que poderán emanar dos órganos autonómicos correspondentes.
DISPOSICONS
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Esta ordenanza derroga expresamente a ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Vedra, publicada no BOP núm. 84/13, do 3 de maio , e a súa modificación posterior publicada no BOP núm. 89/14, do 13 de maio.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta ordenanza entrará en vigor o mesmo dia da publicación do seu texto íntegro no BOP.